I Concurso de vídeos sobre enxeñaría informática e química
A Comisión de Normalización Lingüística da ETSE, co apoio do Servizo de Normalización Lingüística da USC, convocou o concurso de vídeos VÍDEO-ENXEÑOS, cuxos obxectivos son:
- Promover o uso do galego entre o alumnado das titulacións da ETSE.
- Visibilizar as titulacións de grao e mestrado do centro e mellorar o coñecemento da ETSE pola sociedade.
- Divulgar entre a sociedade galega aspectos interesantes da enxeñaría informática e da enxeñaría química.
- Estimular a creatividade do estudantado cos medios audiovisuais.
As bases dos premios están aquí
Xurados dos premios:
Xurado 1:
O xurado estivo presidido por David E. Losada Carril (subdirector da ETSE e presidente da comisión de normalización lingüística da ETSE), e contou ademais co profesor Xosé Manuel Pardo e María Isabel Vaquero Quintela, representante do Servizo de Normalización lingüística da USC.
Xurado 2:
O xurado estivo presidido por Julia González (directora da ETSE), e contou ademais co profesor Héctor Rodríguez e María Isabel Vaquero Quintela, representante do Servizo de Normalización lingüística da USC.
Fallos dos xurados:
O 13 de maio de 2022 ás 11:05h reuniuse o xurado 1 e acordou premiar os seguintes vídeos pola súa calidade técnica como de contido:
-
Categoría de "Mestrados do ámbito da enx. informática (Big Data, CAP, Visión por Computador) ou Doutoramento en Investigación en Tecnoloxías da Información".
Concédese premio de 325€ a Fernando Estévez Casado polo vídeo "Dispositivos intelixentes que aprenden en sociedade". -
Categoría de "Alumnado de Grao en Enx. Informática" concédese premio de 325€ a María Caseiro Arias e Juan Pablo García Amboage polo vídeo "¿Qué é o Bitcoin?". Concédese accésit de 162.5€ a Daniel Mosteiro Angueira polo vídeo "Intelixencia Artificial".
O 12 de maio de 2022 ás 09:30h reuniuse o xurado 2 e acordou premiar os seguintes vídeos pola súa calidade técnica como de contido:
-
Categoría de "Alumnado de Grao en Enx. Química" concédese premio de 325€ a Iván Rego Camiño, Antón Vázquez Seoane e Samuel Santiago Pose
polo vídeo "Coches de Hidróxeno". Concédese accésit de 162.5€ a Rubén González Sanmartín polo vídeo "Reactores químicos".
Vídeos premiados:
