Planta de produción de ácido acético a partir de metanol.
Autoría
M.A.G.
Grao en Enxeñaría Química
M.A.G.
Grao en Enxeñaría Química
Data da defensa
16.07.2025 09:30
16.07.2025 09:30
Resumo
Obtención de 70.000 t/ano de ácido acético a partir de metanol e monóxido de carbono mediante o proceso de carbonilación do metanol. Este composto orgánico ten unha gran variedad de utilidades, dende a elaboración de produtos cosméticos, farmacéuticos ou na industria alimentaria, téxtil e química, o cual o convirte nun produto de gran interese industrial. Neste proxecto, Martín Álvarez levará a cabo o diseño riguroso do reactor, encargado do proceso de carbonilación do metanol para a obtención de ácido acético, e Elena Ojea da primeira columna, encargada de separar o ácido acético e o auga do resto de compoñentes do medio de reacción.

Dirección
FREIRE LEIRA, MARIA SONIA (Titoría)
González Álvarez, Julia Cotitoría
FREIRE LEIRA, MARIA SONIA (Titoría)
González Álvarez, Julia Cotitoría
Tribunal
VIDAL TATO, MARIA ISABEL (Presidente/a)
MAURICIO IGLESIAS, MIGUEL (Secretario/a)
RODRIGUEZ MARTINEZ, HECTOR (Vogal)

Arquetipo Backend con Arquitectura Hexagonal
Autoría
S.A.P.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
S.A.P.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
18.07.2025 11:00
18.07.2025 11:00
Resumo
No desenvolvemento de software, a fase inicial dun novo proxecto soe implicar tarefas repetitivas e propensas a erros, especialmente cando se require o uso de patróns arquitectónicos complexos, como é o caso da arquitectura hexagonal, que promove unha estrita separación entre o dominio do negocio e as súas dependencias externas. Neste contexto, o presente Traballo de Fin de Grao aborda a necesidade de facilitar e estandarizar esta fase nun entorno empresarial real, concretamente en colaboración con Altia Consultores. Para iso, desenvolveuse un xerador de proxectos basado no motor de plantillas Yeoman, que permite automatizar a construción dunha estrutura base en Java con Spring Boot. O xerador crea, a partir dun modelo de datos, todas as capas necesarias dun microservizo en arquitectura hexagonal, incluíndo entidades de negocio, casos de uso, portos e adaptadores, servindo como punto de partida para o desenvolvemento de novas aplicacións.

Fernández Pena, Anselmo Tomás (Titoría)
Rial Dosil, Mónica Cotitoría
Antón Bueso, José Luis Cotitoría
Fernández Pena, Anselmo Tomás (Titoría)
Rial Dosil, Mónica Cotitoría
Antón Bueso, José Luis Cotitoría
Tribunal
Blanco Heras, Dora (Presidente/a)
GAGO COUSO, FELIPE (Secretario/a)
Sánchez Vila, Eduardo Manuel (Vogal)
Blanco Heras, Dora (Presidente/a)
GAGO COUSO, FELIPE (Secretario/a)
Sánchez Vila, Eduardo Manuel (Vogal)
TrollHunter: Sistema de xestión de rescesións baseado en Modelos de Linguaxe Grande e Intelixencia Artificial
Autoría
J.A.R.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
J.A.R.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
18.07.2025 11:30
18.07.2025 11:30
Resumo
Na era dixital actual, a reputación en liña converteuse nun dos activos máis estratéxicos para calquera empresa. Plataformas como Google Maps, Trustpilot ou as redes sociais funcionan como espazos públicos onde os clientes comparten as súas experiencias, xerando un gran volume de datos. Xestionar correctamente esta información, distinguir entre críticas lexítimas e ataques malintencionados, e extraer conclusións útiles representa hoxe un verdadeiro reto para as organizacións. Este Traballo de Fin de Grao propón o deseño e implementación de TrollHunter, un sistema baseado en intelixencia artificial orientado á análise e xestión da reputación en liña empresarial. O seu obxectivo principal é dobre: por unha banda, optimizar a medición da satisfacción do cliente mediante informes estatísticos detallados a partir das reseñas; e por outra, mellorar a imaxe corporativa facilitando ferramentas para detectar e xestionar comentarios anómalos ou procedentes de trolls, incluíndo respostas xeradas con asistencia de IA. Para acadar estes fins, desenvolveuse unha solución tecnolóxica composta por un backend robusto en Python e unha interface web construída con React e TypeScript. O sistema permite a extracción automatizada de reseñas desde Google Places, combinando o uso da súa API oficial con técnicas de scraping. O compoñente de intelixencia artificial opera localmente mediante Ollama e baséase nunha arquitectura de Xeración Aumentada por Recuperación (RAG), sustentada por unha base de datos vectorial persistente. Esta base de datos centraliza tanto o sistema conversacional como os procesos de análise, garantindo coherencia na información procesada. Finalmente, implementouse un portal web que permite aos usuarios interactuar con todas as funcionalidades: busca de negocios, conversa co modelo, xeración de informes por empresa e suxestión automática de respostas ante comentarios anómalos. Este sistema ofrece unha vía eficaz para comprender mellor a percepción pública dunha empresa en contornos dixitais.

TABOADA IGLESIAS, MARÍA JESÚS (Titoría)
Vidal De la Rosa, José Luis Cotitoría
TABOADA IGLESIAS, MARÍA JESÚS (Titoría)
Vidal De la Rosa, José Luis Cotitoría
Tribunal
Blanco Heras, Dora (Presidente/a)
GAGO COUSO, FELIPE (Secretario/a)
Sánchez Vila, Eduardo Manuel (Vogal)
Blanco Heras, Dora (Presidente/a)
GAGO COUSO, FELIPE (Secretario/a)
Sánchez Vila, Eduardo Manuel (Vogal)
Arquitecturas de aprendizaxe profunda basadas en estados para monitorización preditiva
Autoría
J.A.V.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
J.A.V.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
17.07.2025 09:30
17.07.2025 09:30
Resumo
A minería de procesos é unha área que permite analizar rexistros de eventos co fin de descubrir, monitorizar e mellorar procesos de negocio. Dentro deste campo, a predición da seguinte actividade é unha tarefa central na monitorización predictiva, que foi abordada con éxito mediante arquitecturas de aprendizaxe profunda, especialmente mediante redes neuronais recorrentes, LSTM e Transformers. Neste traballo estúdase o rendemento de Mamba, unha arquitectura recente baseada en modelos de espazos de estados, que ten amosado resultados prometedores en áreas como o procesamento da linguaxe natural e será adaptada especificamente para a tarefa de predición da seguinte actividade por primeira vez. Para iso, lévase a cabo unha análise comparativa entre Mamba, LSTM e Transformers, mediante a implementación de cinco versións incrementais de cada arquitectura. Estas versións incorporan progresivamente atributos temporais, do recurso e mecanismos de atención, e son avaliadas sobre tres conxuntos de datos públicos seguindo un protocolo de validación cruzada. Os resultados obtidos amosan que Mamba pode competir en precisión coas arquitecturas tradicionais. Porén, o seu rendemento presenta maior variabilidade e os seus tempos de adestramento son considerablemente elevados, o que indica que aínda require optimización. Este traballo pon de manifesto o potencial de Mamba no eido da minería de procesos e sente as bases para futuras investigacións que afonden no seu uso e mellora.

VIDAL AGUIAR, JUAN CARLOS (Titoría)
LAMA PENIN, MANUEL Cotitoría
GAMALLO FERNANDEZ, PEDRO Cotitoría
VIDAL AGUIAR, JUAN CARLOS (Titoría)
LAMA PENIN, MANUEL Cotitoría
GAMALLO FERNANDEZ, PEDRO Cotitoría
Tribunal
CABALEIRO DOMINGUEZ, JOSE CARLOS (Presidente/a)
FLORES GONZALEZ, JULIAN CARLOS (Secretario/a)
Jeremías López, Ana (Vogal)

Benchmark para compresión de señais e procesamento de imaxes en aritmética de 16 e 32 bits
Autoría
E.B.P.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
E.B.P.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
17.07.2025 10:00
17.07.2025 10:00
Resumo
O campo dos tipos de datos en punto flotante de precisión reducida, binary16 e bfloat16, está dominado polas GPUs; campo onde se concentran a maioría das ferramentas, do desenvolvemento e da investigación. En comparación, a situación para estes datos en CPUs resulta máis escasa en todos estes ámbitos. Neste traballo elabórase un benchmark que permite avaliar a precisión e o rendemento destes tipos de datos nas arquitecturas de CPU x86 e ARM. Ao longo desta memoria exporase a situación actual do soporte por arquitecturas destes tipos de datos, explicaranse os programas dos que consta este benchmark e as CPUs onde se vai executar e analizaranse os resultados obtidos. Posteriormente elaboraranse unhas métricas para avaliar e contextualizar o rendemento destes datos para poder así sacar unhas conclusións da situación actual de binary16 e bfloat16 para CPUs.

QUESADA BARRIUSO, PABLO (Titoría)
LOPEZ FANDIÑO, JAVIER Cotitoría
QUESADA BARRIUSO, PABLO (Titoría)
LOPEZ FANDIÑO, JAVIER Cotitoría
Tribunal
CABALEIRO DOMINGUEZ, JOSE CARLOS (Presidente/a)
FLORES GONZALEZ, JULIAN CARLOS (Secretario/a)
Jeremías López, Ana (Vogal)
CABALEIRO DOMINGUEZ, JOSE CARLOS (Presidente/a)
FLORES GONZALEZ, JULIAN CARLOS (Secretario/a)
Jeremías López, Ana (Vogal)
Planta de produción de solketal por ketalización de glicerol bioderivado
Autoría
R.B.C.
Grao en Enxeñaría Química
R.B.C.
Grao en Enxeñaría Química
Data da defensa
16.07.2025 10:10
16.07.2025 10:10
Resumo
O obxecto do presente proxecto é o deseño dunha planta de produción de solketal, mediante unha reacción de ketalización entre acetona e glicerol bioderivado. A capacidade de produción da planta será de 20.021 toneladas ao ano de produto solketal cunha pureza do 99,9 % en peso. A planta operará en réxime continuo 330 días ao ano, 24 horas ao día. No presente proxecto realízase o deseño rigoroso da unidade T-202, sendo esta unha columna de destilación. Mediante a elaboración deste proxecto, o alumno Rodrigo Barrio Corbillón opta ao título do Grao de Enxeñería Química, outorgado pola Escola Técnica Superior de Enxeñaría da Universidade de Santiago de Compostela.

SANCHEZ FERNANDEZ, ADRIAN (Titoría)
SANCHEZ FERNANDEZ, ADRIAN (Titoría)
Tribunal
VIDAL TATO, MARIA ISABEL (Presidente/a)
MAURICIO IGLESIAS, MIGUEL (Secretario/a)
RODRIGUEZ MARTINEZ, HECTOR (Vogal)
VIDAL TATO, MARIA ISABEL (Presidente/a)
MAURICIO IGLESIAS, MIGUEL (Secretario/a)
RODRIGUEZ MARTINEZ, HECTOR (Vogal)
Enlazado de Entidades Nomeadas no Dominio Médico
Autoría
E.B.P.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
E.B.P.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
18.07.2025 09:30
18.07.2025 09:30
Resumo
A interoperabilidade semántica é un dos principais desafíos nos sistemas clínicos actuais, especialmente no que respecta ao proceso de enlazado automático de conceptos médicos definidos libremente con entidades estandarizadas en ontoloxías como SNOMED CT ou UMLS. Este proceso, coñecido como enlazado de entidades biomédicas (biomedical entity linking), resulta clave para garantir a calidade dos datos clínicos, integrar información procedente de fontes heteroxéneas e posibilitar análises automatizadas con base semántica. Porén, trátase dunha tarefa particularmente complexa, debido á ambigüidade terminolóxica, á variabilidade lingüística e á dependencia do contexto clínico. Neste traballo propúxose o desenvolvemento dun sistema automático capaz de verificar e/ou establecer correspondencias entre conceptos definidos por expertos e entidades da base de coñecemento UMLS. Para iso, empregáronse modelos de linguaxe biomédicos preadestrados como BioBERT, capaces de xerar representacións vectoriais (embeddings) que capturan a semántica das descricións médicas e permiten comparar entidades en función da súa similitude contextual. A validación do sistema levouse a cabo mediante un conxunto de experimentos que abrangue tres escenarios principais: a revisión das correspondencias existentes entre conceptos e entidades UMLS; o enlazado automático de entidades sen identificación previa; e a reavaliación das correspondencias xa anotadas mediante técnicas de recuperación semántica. Estes experimentos permitiron observar o comportamento do sistema en situacións controladas e reais, evidenciando que modelos de maior capacidade como BioBERT-large obteñen mellores resultados. Ademais, púxose de manifesto a importancia da calidade e riqueza textual das descricións: entidades mal definidas ou sen contexto dan lugar a erros, mesmo cando a entidade correcta está dispoñible na base de coñecemento. Un dos retos técnicos máis relevantes foi a construción da base de coñecemento, que requiriu a obtención de máis de 318.000 conceptos de SNOMED CT a través da API de BioPortal. Este proceso, limitado por restricións de acceso e custoso en tempo, evidenciou a necesidade de fontes máis directas e eficientes para a integración de coñecemento biomédico. Como resultado final, este traballo presenta unha arquitectura reproducible e funcional que demostra o potencial dos modelos de linguaxe na tarefa de entity linking biomédico, identificando ao tempo as súas limitacións actuais. As conclusións apuntan cara á necesidade de integrar estratexias complementarias como o reranking semántico, o uso de filtros baseados en tipos ontolóxicos e a incorporación de contexto clínico ampliado. Este sistema constitúe, así, un primeiro paso cara á automatización fiable da normalización terminolóxica en rexistros clínicos reais.

CHAVES FRAGA, DAVID (Titoría)
LAMA PENIN, MANUEL Cotitoría
PEÑA GIL, CARLOS Cotitoría
CHAVES FRAGA, DAVID (Titoría)
LAMA PENIN, MANUEL Cotitoría
PEÑA GIL, CARLOS Cotitoría
Tribunal
MOSQUERA GONZALEZ, ANTONIO (Presidente/a)
CORES COSTA, DANIEL (Secretario/a)
QUESADA BARRIUSO, PABLO (Vogal)

Argo: Aplicación de exploración e análise de dispositivos conectados a Internet
Autoría
D.C.D.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
D.C.D.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
18.07.2025 10:00
18.07.2025 10:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao (TFG) propón un sistema informático inspirado en motores de busca de dispositivos como Shodan ou Censys, deseñado para ofrecer a investigadores, auditores de seguridade e administradores de rede unha visión clara e actualizada dos activos expostos na rede global. O sistema desenvolvido integra un crawler distribuído que explora rangos de enderezos IPv4 con técnicas de despregamento paralelo e balanceo de carga, garantindo unha exploración exhaustiva sen comprometer a estabilidade da infraestructura. O proceso inclúe o escaneo de portos e servizos, con detección de versións, a xeolocalización de enderezos IP, a análise de vulnerabilidades e a clasificación do tipo de dispositivo. Para a xestión da gran cantidade de información xerada, implementouse un sistema de almacenamento e indexación baseado nunha base de datos NoSQL que permite filtrar dispositivos por ubicación, tipo de servizo ou versión de software, e realizar agregacións de alto rendemento. Ademais, ponse á disposición dos usuarios finais unha interface web intuitiva que permite explorar os datos mediante filtros dinámicos, configurar alertas personalizadas e exportar informes detallados. Por último, preséntase un caso de estudo real que abarca un escaneo masivo dun gran conxunto de enderezos IP e o posterior análise dos datos obtidos. Os experimentos realizados evidencian que a solución proposta alcanzou con éxito os obxectivos de cobertura de escaneo, rendemento e escalabilidade, así como unha detección precisa de servizos e vulnerabilidades. Así mesmo, as probas de usuario confirmaron a fiabilidade da interface web e a robustez do sistema fronte a distintos escenarios de uso.

CARIÑENA AMIGO, MARIA PURIFICACION (Titoría)
Viqueira Hierro, Bernardo Cotitoría
CARIÑENA AMIGO, MARIA PURIFICACION (Titoría)
Viqueira Hierro, Bernardo Cotitoría
Tribunal
MOSQUERA GONZALEZ, ANTONIO (Presidente/a)
CORES COSTA, DANIEL (Secretario/a)
QUESADA BARRIUSO, PABLO (Vogal)
MOSQUERA GONZALEZ, ANTONIO (Presidente/a)
CORES COSTA, DANIEL (Secretario/a)
QUESADA BARRIUSO, PABLO (Vogal)
Técnica de clasificación de imaxes de observación terrestre baseada nun transformador híbrido
Autoría
H.C.R.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
H.C.R.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
18.07.2025 10:30
18.07.2025 10:30
Resumo
Durante os últimos anos, a aprendizaxe automática e as redes neuronais de deep learning están a ser o punto neurálxico do interese de moitos investigadores, empresas e administracións públicas. Concretamente, na área de remote sensing, o coñecemento está a focalizarse nas imaxes multiespectrais e na creación de xemelgos dixitais para a análise de vertidos, superficies arbóreas ou o mantemento de grandes extensións de pradarías agrícolas. Por este motivo, considerouse que realizar un traballo nunha materia de actualidade podería resultar interesante para coñecer o estado da arte, así como aportar un gran de area ao campo da clasificación de imaxes. Para iso, empregáronse diversos transformadores, co fin de adaptalos a un conxunto de imaxes multiespectrais obtidas das cuncas dos ríos galegos. Un dos principais retos consistiu na escolla de métodos precisos e eficientes, que á súa vez puidesen ser trasladados a situacións en tempo real, moi aplicables, como mencionamos, aos xemelgos dixitais que tamén desde Galicia se están a potenciar. Con isto, realizouse unha experimentación que permitiu obter unhas métricas de precisión e custo moi interesantes. Destacouse principalmente que os modelos transformadores híbridos, como FastViT ou CoAtNet, son potencialmente útiles para situacións que requiren a maior precisión e o menor tempo. Tamén se concluíu que existe unha forte compoñente global nas imaxes de teledetección das cuncas dos ríos, polo que é necesario captar ditas características nestas primeiras etapas para realizar a inferencia de clase correctamente.

Argüello Pedreira, Francisco Santiago (Titoría)
Blanco Heras, Dora Cotitoría
Argüello Pedreira, Francisco Santiago (Titoría)
Blanco Heras, Dora Cotitoría
Tribunal
MOSQUERA GONZALEZ, ANTONIO (Presidente/a)
CORES COSTA, DANIEL (Secretario/a)
QUESADA BARRIUSO, PABLO (Vogal)
MOSQUERA GONZALEZ, ANTONIO (Presidente/a)
CORES COSTA, DANIEL (Secretario/a)
QUESADA BARRIUSO, PABLO (Vogal)
Comparativa de tecnoloxías de busca en bancos de proba para o estudo da desinformación no ámbito de consultas da saúde
Autoría
X.C.A.
Dobre Grao en Enxeñaría Informática e en Matemáticas (2ªed)
X.C.A.
Dobre Grao en Enxeñaría Informática e en Matemáticas (2ªed)
Data da defensa
18.07.2025 11:00
18.07.2025 11:00
Resumo
A desinformación presente nos resultados das buscas web sobre saúde é unha cuestión preocupante tanto a nivel social como científico, pois pode influír negativamente na toma de decisións das persoas usuarias e acarrear graves consecuencias para a saúde. Este fenómeno, que cobrou especial visibilidade coa pandemia da COVID-19, é unha das áreas de investigación dentro do ámbito da Recuperación de Información (RI), arredor da cal se articula este traballo. O proxecto ten como obxectivo central explorar como discernir documentos relevantes e correctos de documentos daniños, dada unha certa intención de busca. Para iso, proponse un estudo con tres liñas de investigación. En primeiro lugar, lévase a cabo unha análise sistemática do desempeño de sistemas de busca do estado da arte con respecto a esta tarefa. En segundo lugar, deséñase, implántase e avalíase unha nova técnica baseada en Modelos Grandes de Linguaxe (LLMs) para a xeración de alternativas ás consultas enviadas polas persoas usuarias, de xeito que as súas variantes favorezan a recuperación de documentos relevantes e correctos, en detrimento da recuperación de documentos daniños. Por último, preséntase un estudo sobre a predición da presenza de desinformación sanitaria nos resultados de busca de consultas, para o cal se proban técnicas procedentes de ámbitos relacionados e se deseña, implanta e avalía un novo preditor baseado en LLMs e específico para esta tarefa. Os resultados do traballo avalan o potencial dos LLMs no campo da RI, ao conseguir mellorar a eficacia de sistemas de busca punteiros. Ademais, subsánase a ausencia de literatura previa no que respecta á predición de desinformación en consultas, á vez que se proba a capacidade dos LLMs para esta tarefa, superior á capacidade que demostran técnicas máis xerais. Parte das achegas deste proxecto foron aceptadas para a súa publicación na conferencia ACM SIGIR 2025.

Losada Carril, David Enrique (Titoría)
FERNANDEZ PICHEL, MARCOS Cotitoría
Losada Carril, David Enrique (Titoría)
FERNANDEZ PICHEL, MARCOS Cotitoría
Tribunal
MOSQUERA GONZALEZ, ANTONIO (Presidente/a)
CORES COSTA, DANIEL (Secretario/a)
QUESADA BARRIUSO, PABLO (Vogal)
MOSQUERA GONZALEZ, ANTONIO (Presidente/a)
CORES COSTA, DANIEL (Secretario/a)
QUESADA BARRIUSO, PABLO (Vogal)
PIDASS - Plataforma Intelixente para o Deseño de Alimentos Sostibles e Saudables
Autoría
A.C.R.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
A.C.R.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
18.07.2025 13:30
18.07.2025 13:30
Resumo
Este proxecto desenvolve unha aplicación web para optimizar a creación de produtos alimenticios en PYMES, seguindo unha metodoloxía estruturada baseada no enfoque do investigador Jairo Torres. A ferramenta busca reducir o tempo de desenvolvemento e mellorar a competitividade fronte a grandes empresas do sector. A aplicación é un ERP que permite aos usuarios xestionar proxectos de desenvolvemento de alimentos, integrando funcionalidades clave. Está desenvolvida en Flask con bases de datos SQL e segue un fluxo de traballo organizado en catro fases principais, que inclúen 27 funcionalidades definidas nun taboleiro de Miró. Para avanzar entre fases, o usuario debe revisar e aprobar o progreso manualmente. A plataforma implántase como unha solución web accesible desde calquera dispositivo sen necesidade de instalación, aloxada nun servidor remoto. O seu impacto esperado é cubrir as necesidades do investigador Jairo Torres, reducindo o tempo de desenvolvemento de alimentos, con potencial para adaptarse a outras PYMES do sector con mínimas modificacións. Neste documento detállase o proceso completo: xestión do proxecto, requisitos, deseño, probas, conclusións e futuras liñas de traballo. Ademais, inclúense un manual técnico (para desenvolvedores) e un manual de usuario (para clientes finais) que facilitan a comprensión e o uso do sistema.

PICHEL CAMPOS, JUAN CARLOS (Titoría)
BARBOSA PEREIRA, LETRICIA Cotitoría
PICHEL CAMPOS, JUAN CARLOS (Titoría)
BARBOSA PEREIRA, LETRICIA Cotitoría
Tribunal
Pardo López, Xosé Manuel (Presidente/a)
SUAREZ GAREA, JORGE ALBERTO (Secretario/a)
CARIÑENA AMIGO, MARIA PURIFICACION (Vogal)

Planta de producción de acrilonitrilo
Autoría
D.I.C.S.
Grao en Enxeñaría Química
D.I.C.S.
Grao en Enxeñaría Química
Data da defensa
16.07.2025 10:40
16.07.2025 10:40
Resumo
O obxectivo deste TFG é deseño dunha planta de produción de 50.000 toneladas anuais de acrilonitrilo. Este composto ten un gran uso a nivel industrial. Emprégase conunmente para producir fibras sintéticas, plásticos, resinas e para a síntese doutros químicos. Este producto obtense mediante a reacción de amoxidación do propileno, amoniaco e osíxeno, coñecido como proceso Sohio. Os principais produtos de reacción son: o acrilonitrilo, HCN, acetonitrilo, auga, dióxido de carbono e monóxido de carbono. A reacción terá lugar nun reactor de leito fluidizado cun catalizador de óxido de bismuto molibdeno soportado en alúmina. Posteriormente, os produtos de reacción pasarán por un absorbedor (empregando auga como disolvente) para recuperar a maior cantidade de acrilonitrilo posible, e finalmente, os produtos pasarán por un tren de columnas de destilación cuxo obxectivo principal é a separación e recuperación a un 99,7% de pureza do acrilonitrilo.

SOTO CAMPOS, ANA MARIA (Titoría)
SOTO CAMPOS, ANA MARIA (Titoría)
Tribunal
VIDAL TATO, MARIA ISABEL (Presidente/a)
MAURICIO IGLESIAS, MIGUEL (Secretario/a)
RODRIGUEZ MARTINEZ, HECTOR (Vogal)
VIDAL TATO, MARIA ISABEL (Presidente/a)
MAURICIO IGLESIAS, MIGUEL (Secretario/a)
RODRIGUEZ MARTINEZ, HECTOR (Vogal)
Desenvolvemento e implementación dun videoxogo independiente en Unreal Engine 5: Code Breaker
Autoría
A.O.C.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
A.O.C.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
17.07.2025 09:30
17.07.2025 09:30
Resumo
Motivado pola relevancia e o crecemento da industria dos videoxogos, así como pola complexidade do desenvolvemento dun videoxogo, preténdese desenvolver un proxecto que explore os diversos aspectos do proceso de desenvolvemento dun videoxogo de maneira independente. Comezando por unha análise do estado da arte, e tras escoller un motor gráfico como ferramenta de apoio na creación do sistema informático, abórdase o desenvolvemento dun videoxogo multixogador seguindo liñas similares aos xogos desenvolvidos na industria. O foco central sitúase na implementación dun sistema en tempo real que permite a comunicación entre varios equipos conectados entre si. No proxecto abórdanse as fases de deseño, implementación e probas, proporcionando explicacións das decisións tomadas e das probas realizadas, finalizando cunha conclusión que une todos os esforzos do proxecto. Ademais, proporciónanse manuais técnicos e de usuario complementarios para facilitar o desenvolvemento futuro e o uso do software.

FLORES GONZALEZ, JULIAN CARLOS (Titoría)
González Santos, Alejandro Cotitoría

LAMA PENIN, MANUEL (Presidente/a)
BORRAJO GARCIA, MARIA ISABEL (Secretario/a)
VARELA PET, JOSE (Vogal)

ENERGETIC: Modelos fundacionais few-shot para segmentación de imaxe médica
Autoría
C.C.R.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
C.C.R.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
17.07.2025 10:00
17.07.2025 10:00
Resumo
A segmentación automática de imaxes médicas pode facilitar o diagnóstico e prognóstico de patoloxías no ámbito clínico. Con todo, enfróntase a dous grandes retos: a escaseza de datos etiquetados e a enorme heteroxeneidade das imaxes, pola diversidade de modalidades de imaxe e variacións de contraste, ruído e anatomías. Os modelos fundacionais, adestrados con grandes volumes de datos, prometen ofrecer unha gran capacidade de xeneralización, mentres que as técnicas few-shot permiten adaptarse a contornas con moi poucos exemplos anotados, reducindo custos. O obxectivo deste traballo consiste en realizar un estudo comparativo de varios modelos few-shot de segmentación adestrados en conxuntos de datos de imaxes médicas multimodais, valorando a súa capacidade de xeneralización como modelo fundacional. En primeiro lugar, recompiláronse diversos conxuntos de datos de imaxes médicas 2D e 3D para crear unha base de datos heteroxénea, formada por modalidades de imaxe e tarefas de segmentación diversas. A continuación, sobre esta, adestráronse catro arquitecturas de segmentación few-shot (PANet, PFENet, CyCTR e UniverSeg), variando tanto o uso de aumento de datos como o tamaño do conxunto de soporte (1-shot fronte a 5-shot). Os resultados cuantitativos baseados na métrica DSC e a distancia de Hausdorff mostraron que o aumento de datos empeoraba o desempeño, mentres que incrementar o número de imaxes de soporte melloraba a precisión das segmentacións. CyCTR e UniverSeg foron os máis precisos en tarefas de segmentación utilizadas na fase de adestramento, pero ambos sufriron unha caída notable en modalidades non incluídas nesa fase. Só UniverSeg con 5 imaxes de soporte sen aumento de datos mantivo resultados relativamente estables en escenarios novos, o que suxire que é o modelo que mellor extrae características relevantes das imaxes de soporte. En conxunto, este estudo demostra que os enfoques few-shot actuais presentan limitacións significativas para comportarse como modelos fundacionais de segmentación. Isto realza a necesidade de continuar investigando e desenvolvendo métodos con mellores capacidades neste ámbito.

VILA BLANCO, NICOLAS (Titoría)
Carreira Nouche, María José Cotitoría
VILA BLANCO, NICOLAS (Titoría)
Carreira Nouche, María José Cotitoría
Tribunal
LAMA PENIN, MANUEL (Presidente/a)
BORRAJO GARCIA, MARIA ISABEL (Secretario/a)
VARELA PET, JOSE (Vogal)
LAMA PENIN, MANUEL (Presidente/a)
BORRAJO GARCIA, MARIA ISABEL (Secretario/a)
VARELA PET, JOSE (Vogal)
Deseño dunha planta de captura de dióxido de carbono empregando líquidos iónicos
Autoría
T.C.D.
Grao en Enxeñaría Química
T.C.D.
Grao en Enxeñaría Química
Data da defensa
16.07.2025 11:35
16.07.2025 11:35
Resumo
O obxecto do presente proxecto é o deseño duna planta para a captura de dióxido de carbono da corrente de gases emitida por unha industria (as instalacións de MGR Magnesitas de Rubián S.A., en cuxo proceso produtivo xeran de forma intrínseca CO2). Así, o obxectivo desta planta é a captura deste compoñente para evitar a súa emisión á atmosfera (debido aos problemas de quecemento global que causa). Para isto proponse o uso da tecnoloxía de absorción química empregando un líquido iónico de tipo AHA (anións heterocíclicos apróticos), concretamente o [P2228][2-CNPyr]. A planta organízase nunha primeira sección na que se acondicionan os gases a tratar e o líquido iónico a empregar; unha segunda na que ten lugar a absorción química e, posteriormente, a rexeneración do líquido iónico e consecuente illamento do CO2; e unha terceira na que se acondiciona este dióxido para dispoñer del como produto en fase líquida, e así poder levar a cabo a súa venda. O equipo cuxo deseño se realiza en profundidade é a torre de absorción.

RODRIGUEZ MARTINEZ, HECTOR (Titoría)
RODRIGUEZ MARTINEZ, HECTOR (Titoría)
Tribunal
MOREIRA MARTINEZ, RAMON FELIPE (Presidente/a)
Pedrouso Fuentes, Alba (Secretario/a)
SINEIRO TORRES, JORGE (Vogal)

FasterThanLight: Métricas agregadas en entornos áxiles con integración con sistemas heteroxéneos
Autoría
A.D.S.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
A.D.S.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
18.07.2025 12:00
18.07.2025 12:00
Resumo
Esta tese, desenvolvida en colaboración con HP, ten como obxectivo deseñar e implementar un sistema automatizado para extraer, procesar, almacenar e visualizar datos das plataformas Jira e Azure DevOps. A principal motivación provén da necesidade real de HP de consolidar e analizar a información dispersa en ambas as ferramentas, optimizando así a xestión de proxectos e a toma de decisións baseada en datos. O sistema desenvolvido automatiza a recuperación de datos relevantes mediante o uso de API REST, estandariza a información para garantir a coherencia e almacénaa nunha base de datos xestionada con Django. Finalmente, os datos preséntanse en paneis interactivos creados con Power BI, facilitando a análise visual e a extracción de conclusións prácticas.

RIOS VIQUEIRA, JOSE RAMON (Titoría)
Gago Pérez, Alicia Cotitoría
Morán Bautista, Rafael Cotitoría
RIOS VIQUEIRA, JOSE RAMON (Titoría)
Gago Pérez, Alicia Cotitoría
Morán Bautista, Rafael Cotitoría
Tribunal
Pardo López, Xosé Manuel (Presidente/a)
SUAREZ GAREA, JORGE ALBERTO (Secretario/a)
CARIÑENA AMIGO, MARIA PURIFICACION (Vogal)
Pardo López, Xosé Manuel (Presidente/a)
SUAREZ GAREA, JORGE ALBERTO (Secretario/a)
CARIÑENA AMIGO, MARIA PURIFICACION (Vogal)
Estudo e mellora do rendemento de modelos Octree para procura de veciños en nubes de puntos 3D
Autoría
P.D.V.
Dobre Grao en Enxeñaría Informática e en Matemáticas (2ªed)
P.D.V.
Dobre Grao en Enxeñaría Informática e en Matemáticas (2ªed)
Data da defensa
18.07.2025 12:30
18.07.2025 12:30
Resumo
Neste traballo preséntase un enfoque para a procura eficiente de veciños en nubes de puntos 3D, en especial as obtidas mediante tecnoloxía LiDAR. O método proposto consiste nun reordenamento espacial da nube fundamentado nas Curvas de Enchido do Espazo (SFCs), xunto a implementacións eficientes de procura baseadas en Octrees. Explórase como as SFCs de Morton e Hilbert poden optimizar a organización dos datos tridimensionais, mellorando o rendemento das consultas de veciñanza e a construción de estruturas sobre a nube. Propóñense e avalían diversas variantes do Octree, analizando o seu impacto na eficiencia e escalabilidade do método proposto. Os resultados experimentais demostran que o reordenamento mediante SFCs e o uso de algoritmos de procura sobre Octrees especializados melloran significativamente o acceso a datos espaciais, ofrecendo unha solución robusta para aplicacións que requiren procesamento rápido de grandes conxuntos de puntos 3D. Unha parte deste traballo foi presentado nas XXXV Xornadas de Paralelismo de SARTECO.

Fernández Rivera, Francisco (Titoría)
YERMO GARCIA, MIGUEL Cotitoría
Fernández Rivera, Francisco (Titoría)
YERMO GARCIA, MIGUEL Cotitoría
Tribunal
Pardo López, Xosé Manuel (Presidente/a)
SUAREZ GAREA, JORGE ALBERTO (Secretario/a)
CARIÑENA AMIGO, MARIA PURIFICACION (Vogal)
Pardo López, Xosé Manuel (Presidente/a)
SUAREZ GAREA, JORGE ALBERTO (Secretario/a)
CARIÑENA AMIGO, MARIA PURIFICACION (Vogal)
Modificación e Personalización de Arkime para a Detección de Ataques na rede
Autoría
L.D.C.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
L.D.C.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
17.07.2025 10:30
17.07.2025 10:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao presenta o deseño e implementación dun sistema de captura e análise de tráfico de rede orientado á detección de ameazas nun contorno de rede virtualizado. O obxectivo principal foi avaliar a ferramenta Arkime como compoñente central de detección pasiva e análise forense, integrándoa con tecnoloxías complementarias para aumentar a súa eficacia na identificación de comportamentos maliciosos. O contorno de probas foi despregado sobre unha infraestrutura baseada en Proxmox VE, con múltiples máquinas virtuais que simulan roles típicos nunha rede corporativa: nós vulnerables, atacante, firewall e máquina de análise. Arkime instalouse nunha máquina Debian e conectouse cun servizo externo de OpenSearch para a indexación e visualización avanzada dos datos capturados. Ao longo do proxecto desenvolvéronse distintas regras personalizadas de detección en formato YAML e YARA, orientadas a identificar vectores de ataque frecuentes como inxeccións SQL, XSS, execución remota de comandos ou o uso de protocolos inseguros. Ademais, deseñáronse scripts en Python que interactúan coa API de Arkime para detectar patróns de comportamento non identificables mediante regras estáticas, como ataques de denegación de servizo, forza bruta ou accesos desde IPs externas. As probas realizáronse en distintos escenarios reais: ataques web empregando DVWA, explotación de servizos vulnerables, ataques contra Active Directory (GOAD v2) e simulacións de intrusión. Os resultados demostraron que Arkime, complementado con desenvolvementos propios, pode utilizarse como base para un sistema de detección pasiva flexible, ampliable e eficaz, mesmo en contornos con limitacións de visibilidade ou cifrado. O traballo conclúe cunha reflexión sobre as limitacións actuais do sistema e propón posibles liñas de mellora, como a integración con motores de correlación, a análise de tráfico cifrado e a automatización das respostas ante incidentes.

Cernadas Pérez, Guzmán Cotitoría
García Villada, Diego Cotitoría
CARIÑENA AMIGO, MARIA PURIFICACION (Titoría)
Cernadas Pérez, Guzmán Cotitoría
García Villada, Diego Cotitoría
Tribunal
LAMA PENIN, MANUEL (Presidente/a)
BORRAJO GARCIA, MARIA ISABEL (Secretario/a)
VARELA PET, JOSE (Vogal)
LAMA PENIN, MANUEL (Presidente/a)
BORRAJO GARCIA, MARIA ISABEL (Secretario/a)
VARELA PET, JOSE (Vogal)
Xeración de bindings MPI para a linguaxe de programación Julia
Autoría
J.E.V.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
J.E.V.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
18.07.2025 13:00
18.07.2025 13:00
Resumo
No ámbito da computación de altas prestacións (HPC), o uso do estándar Message Passing Interface (MPI) é fundamental para o desenvolvemento de aplicacións paralelas en sistemas distribuídos. A medida que linguaxes de alto nivel como Julia gañan presenza neste tipo de contornas científicas e técnicas, faise cada vez máis necesaria a existencia de mecanismos robustos que permitan a súa interoperabilidade con bibliotecas escritas en C, como é o caso de MPI. Porén, as solucións existentes presentan importantes limitacións en termos de portabilidade, mantemento e adaptación ás novas versións do estándar. Neste traballo abórdase este problema dentro do marco do proxecto MPI4All, unha infraestrutura deseñada para xerar automaticamente bindings do estándar MPI en distintas linguaxes. Concretamente, o obxectivo é desenvolver e integrar un novo xerador específico para Julia, permitindo así que MPI4All sexa capaz de producir bindings completos e funcionais para esta linguaxe. Para iso, aproveitouse a arquitectura modular do sistema, que separa a análise da API de MPI da xeración de código, o que permitiu construír unha solución robusta, mantible e extensible. Para validar a solución, implementáronse varios benchmarks representativos do ámbito HPC. Estas probas, executadas no supercomputador Finisterrae III do CESGA, demostraron que os bindings xerados permiten un uso eficiente e fiable de MPI desde Julia, acadando un rendemento competitivo en comparación con implementacións en C e outras solucións existentes no ecosistema da linguaxe. O resultado é un sistema flexible e portátil que facilita a integración de Julia en fluxos de traballo paralelos de alto rendemento, reducindo significativamente a complexidade técnica e o esforzo necesario para manter compatibilidade con distintas versións do estándar MPI.

PIÑEIRO POMAR, CESAR ALFREDO Cotitoría
PICHEL CAMPOS, JUAN CARLOS (Titoría)
PIÑEIRO POMAR, CESAR ALFREDO Cotitoría
Tribunal
Pardo López, Xosé Manuel (Presidente/a)
SUAREZ GAREA, JORGE ALBERTO (Secretario/a)
CARIÑENA AMIGO, MARIA PURIFICACION (Vogal)
Pardo López, Xosé Manuel (Presidente/a)
SUAREZ GAREA, JORGE ALBERTO (Secretario/a)
CARIÑENA AMIGO, MARIA PURIFICACION (Vogal)
Redeseño dunha planta Fischer Tropsch convencional para combustibles sostibles
Autoría
J.F.C.
Grao en Enxeñaría Química
J.F.C.
Grao en Enxeñaría Química
Data da defensa
16.07.2025 12:05
16.07.2025 12:05
Resumo
No presente proxecto plantéanse dúas modificación para o proceso de producción Fischer Tropsch convencional cara combustibles sostibles para facelo máis flexible. Decídese a producción de combustibles sostibles para a aviación, SAF, pola súa crecente demanda e grande impacto na pegada de carbono dos combustibles convencionais. No proxecto inclúese a análise das alternativas dispoñibles, a xustificación da producción de SAF e o deseño detallado de dúas das unidades do conxunto, una na línea de acondicionamente e outra na línea de recirculación. Lucía Freire realiza o deseño da columna de absorción de recheo na línea de alimentación e Julia Feijoo Cacabelos do deseño do reactor autotérmico de leito fixo da sección de recirculación.

VIDAL TATO, MARIA ISABEL (Titoría)
VIDAL TATO, MARIA ISABEL (Titoría)
Tribunal
MOREIRA MARTINEZ, RAMON FELIPE (Presidente/a)
Pedrouso Fuentes, Alba (Secretario/a)
SINEIRO TORRES, JORGE (Vogal)
MOREIRA MARTINEZ, RAMON FELIPE (Presidente/a)
Pedrouso Fuentes, Alba (Secretario/a)
SINEIRO TORRES, JORGE (Vogal)
Planta de Produción de Hidróxeno Dourado a partir de lodos de depuradora.
Autoría
C.F.N.
Grao en Enxeñaría Química
C.F.N.
Grao en Enxeñaría Química
Data da defensa
16.07.2025 12:45
16.07.2025 12:45
Resumo
O presente Traballo Fin de Grao ten como obxectivo o deseño dunha planta de produción de hidróxeno con captura de dióxido de carbono a partir de biometano, denominado hidróxeno dourado. O biometano será xerado na propia planta a través da dixestión anaerobia de lodos de estacións depuradoras, EDAR, urbanas. A capacidade de produción da planta é de 3.150 toneladas de H2, do 99,9% de pureza, por ano. De acordo coas normativas e manuais técnicos pertinentes, realízase o deseño rigoroso do dixestor anaerobio, o reactor de reformado catalítico e a torre de absorción de dióxido de carbono. A proposta de valor deste proxecto reside en proporcionar unha alternativa para pechar o ciclo de carbono e aproveitar residuos orgánicos como materia prima para o proceso de produción dun produto de interese, hidróxeno neste caso.

Análisis e comparativa en técnicas de detección e tratamento do Concept Drift
Autoría
F.F.M.
Dobre Grao en Enxeñaría Informática e en Matemáticas (2ªed)
F.F.M.
Dobre Grao en Enxeñaría Informática e en Matemáticas (2ªed)
Data da defensa
17.07.2025 10:00
17.07.2025 10:00
Resumo
Neste traballo compáranse distintas técnicas para a detección e adaptación ao Concept Drift, un fenómeno que se manifesta en contornas dinámicas e non estacionarias, onde as relacións estatísticas entre as variables do modelo cambian co tempo, afectando nalgúns casos ao seu rendemento. O obxectivo principal consiste en avaliar diversos detectores de drift presentes na Literatura, xunto cunha análise de diferentes técnicas de adaptación tras a súa detección. O estudo desenvólvese nun entorno experimental con datasets artificiais que simulan distintos tipos de drift, aplicados sobre un modelo de clasificación. Analízanse algoritmos clásicos da biblioteca RiverML, en escenarios con e sen información previa do entorno, aplicando no primeiro caso unha optimización de hiperparámetros mediante un método novidoso baseado en Random Search. Sobre KSWIN, un dos algoritmos avaliados, incorpórase unha modificación desenvolvida de forma complementaria no Traballo de Fin de Grao en Matemáticas, que introduce técnicas estatísticas como contrastes múltiples e a corrección de Benjamini Hochberg para mellorar o proceso de detección, así como un sistema de identificación do tipo de drift mediante inferencia non paramétrica, considerado innovador na Literatura. Os resultados poñen de manifesto as fortalezas e limitacións tanto dos detectores como das estratexias de adaptación analizadas. Aínda que algúns algoritmos, como HDDMW, amosan un bo rendemento xeral, a elección do detector máis axeitado depende en grande medida do caso de uso e do tipo de drift presente. Así mesmo, a adaptación baseada en mini batches ofrece un comportamento sólido fronte ao reentrenamento periódico. Ademais, a modificación proposta sobre KSWIN mellora o resto dos detectores no equilibrio entre falsos positivos e falsos negativos durante o proceso de detección, e senta unha base sólida no método de identificación do tipo de drift.

MERA PEREZ, DAVID (Titoría)
MERA PEREZ, DAVID (Titoría)
Tribunal
LADRA GONZALEZ, MANUEL EULOGIO (Presidente/a)
LOPEZ FANDIÑO, JAVIER (Secretario/a)
VIDAL AGUIAR, JUAN CARLOS (Vogal)
LADRA GONZALEZ, MANUEL EULOGIO (Presidente/a)
LOPEZ FANDIÑO, JAVIER (Secretario/a)
VIDAL AGUIAR, JUAN CARLOS (Vogal)
Redeseño dunha planta Fischer Tropsch convencional para combustibles sostibles
Autoría
L.F.M.
Grao en Enxeñaría Química
L.F.M.
Grao en Enxeñaría Química
Data da defensa
16.07.2025 12:05
16.07.2025 12:05
Resumo
No presente proxecto plantéanse dúas modificación para o proceso de producción Fischer Tropsch convencional cara combustibles sostibles para facelo máis flexible. Decídese a producción de combustibles sostibles para a aviación, SAF, pola súa crecente demanda e grande impacto na pegada de carbono dos combustibles convencionais. No proxecto inclúese a análise das alternativas dispoñibles, a xustificación da producción de SAF e o deseño detallado de dúas das unidades do conxunto, una na línea de acondicionamente e outra na línea de recirculación. Lucía Freire realiza o deseño da columna de absorción de recheo na línea de alimentación e Julia Feijoo Cacabelos do deseño do reactor autotérmico de leito fixo da sección de recirculación.
No presente proxecto plantéanse dúas modificación para o proceso de producción Fischer Tropsch convencional cara combustibles sostibles para facelo máis flexible. Decídese a producción de combustibles sostibles para a aviación, SAF, pola súa crecente demanda e grande impacto na pegada de carbono dos combustibles convencionais. No proxecto inclúese a análise das alternativas dispoñibles, a xustificación da producción de SAF e o deseño detallado de dúas das unidades do conxunto, una na línea de acondicionamente e outra na línea de recirculación. Lucía Freire realiza o deseño da columna de absorción de recheo na línea de alimentación e Julia Feijoo Cacabelos do deseño do reactor autotérmico de leito fixo da sección de recirculación.
Dirección
VIDAL TATO, MARIA ISABEL (Titoría)
VIDAL TATO, MARIA ISABEL (Titoría)
Tribunal
MOREIRA MARTINEZ, RAMON FELIPE (Presidente/a)
Pedrouso Fuentes, Alba (Secretario/a)
SINEIRO TORRES, JORGE (Vogal)
MOREIRA MARTINEZ, RAMON FELIPE (Presidente/a)
Pedrouso Fuentes, Alba (Secretario/a)
SINEIRO TORRES, JORGE (Vogal)
Creación dunha aplicación web para un club de baloncesto
Autoría
A.G.G.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
A.G.G.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
17.07.2025 12:00
17.07.2025 12:00
Resumo
Este traballo ten como obxectivo o deseño e desenvolvemento dunha aplicación web orientada á xestión interna dun club de baloncesto así como á súa proxección pública. A plataforma permite tanto a xestión de xogadores, partidos, convocatorias, categorías, tempadas e os períodos de inscrición, como a consulta de información relevante do club a través da web. O aplicativo estrutúrase en dúas partes: un backend desenvolvido en Java con Spring Boot que será o encargado de xestionar a lóxica de negocio, e un frontend construído en Vue.js que ofrece aos usuarios unha interface visual e responsiva para interactuar co sistema. Durante o desenvolvemento do proxecto tomáronse, entre outros, os roles de xestor de proxectos, desenvolvedor, analista ou devOps. O resultado final é unha ferramenta a medida, funcional e despregable que se adapta ás necesidades dun cliente real.

VARELA PET, JOSE (Titoría)
VARELA PET, JOSE (Titoría)
Tribunal
VARELA PET, JOSE (Titor do alumno)
VARELA PET, JOSE (Titor do alumno)
Planta de produción de deterxente tipo LABS
Autoría
A.G.V.
Grao en Enxeñaría Química
A.G.V.
Grao en Enxeñaría Química
Data da defensa
16.07.2025 09:30
16.07.2025 09:30
Resumo
Deseño dunha planta de produción de deterxente tipo LABS a partir de benceno e dodeceno cunha capacidade de produción de 120.000 toneladas anuais. Este proceso inclúe tres reaccións, alquilación, sulfonación e neutralización . Ademais, lévase a cabo o acondicionamento previo á entrada dos reactores e as correspondentes operacións de separación. O reactor de alquilación é deseñado por Lucía Pardilla Fraguas, a segunda columna de destilación por Noelia López García e o reactor de sulfonación por Antía Gándara Vieito.

MOSQUERA CORRAL, ANUSKA (Presidente/a)
SOUTO GONZALEZ, JOSE ANTONIO (Secretario/a)
RODIL RODRIGUEZ, EVA (Vogal)

Análise da seguridade e búsqueda de vulnerabilidades en dispositivos IoT
Autoría
A.G.F.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
A.G.F.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
17.07.2025 10:30
17.07.2025 10:30
Resumo
O crecemento acelerado do ecosistema IoT trouxo consigo un aumento exponencial das vulnerabilidades, moitas delas asociadas ao firmware, un compoñente clave pero frecuentemente descoidado no que respecta á súa protección. A ausencia de metodoloxías estruturadas e de baixo custo para abordar esta análise limita a capacidade de detectar e mitigar fallos, tanto en contextos educativos como profesionais. Ante esta necesidade, o traballo desenvolve unha metodoloxía orixinal orientada a contornas domésticas, aplicable sen necesidade de equipamento especializado nin coñecementos avanzados en electrónica. O enfoque baséase no uso de ferramentas de código aberto e hardware económico, o que permite a súa adopción en ámbitos formativos, autodidactas ou de auditoría lixeira. A metodoloxía estrutúrase en cinco fases encadeadas: recompilación de información, exploración de interfaces físicas, extracción do firmware, análise estática e validación dos resultados. Cada etapa conta con obxectivos, procedementos definidos e criterios de verificación. O deseño desta metodoloxía busca combinar eficacia técnica con realismo operativo. Fórmanse hipóteses verosímiles, como a ausencia de documentación oficial ou a presenza de proteccións físicas moderadas. Ademais, priorízanse técnicas non invasivas, fomentando unha aproximación responsable e segura ao análise de dispositivos reais. O traballo valida a metodoloxía proposta mediante a súa aplicación sobre un caso práctico, que permite comprobar a viabilidade do enfoque, identificar vulnerabilidades reais e documentar o proceso de análise de forma reproducible. Os resultados obtidos demostran que, mesmo con recursos limitados, é posible levar a cabo investigacións cun nivel técnico significativo e acadar conclusións relevantes no ámbito da seguridade embebida.

IA embebida para clasificación de imaxes multiespectrais: un enfoque optimizado con Raspberry Pi 5 e Hailo 8L
Autoría
P.G.F.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
P.G.F.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
17.07.2025 09:30
17.07.2025 09:30
Resumo
Este traballo busca achegar a clasificación de imaxes multiespectrais con aprendizaxe profunda aos sistemas de edge computing. O principal obxectivo é a adaptación de modelos de clasificación de imaxes multiespectrais para que poidan executarse nun sistema embebido formado por unha Raspberry Pi 5 cun módulo acelerador de intelixencia artificial Hailo 8L. Para acadar este obxectivo, proponse un pipeline que permite a adaptación e compilación dos modelos de aprendizaxe profunda dende a súa representación base en PyTorch ata acadar un modelo que poida executarse no sistema embebido. Esta adaptación implica o uso de técnicas de optimización de modelos que cuantizan os seus pesos e modifican os seus valores para reducir ao mínimo as perdas de precisión e obter uns tempos de inferencia razoables en dispositivos con baixas capacidades de cómputo e consumos reducidos. Seleccionando dous modelos baseados nunha rede neuronal convolucional e nunha rede xerativa antagónica, leváronse a cabo unha serie de probas para estudar o comportamento dos modelos ante diferentes técnicas de optimización. Isto permitiu extraer unhas conclusións sobre o proceso de adaptación dos modelos, sobre as técnicas empregadas e sobre as arquitecturas seleccionadas. En xeral, estes resultados amosaron que o enfoque formulado inicialmente é viable para o sistema seleccionado, presenta diversas limitacións e require posibles ampliacións con investigacións máis detalladas, mais supón un punto de partida para un novo abano de aplicacións que se beneficien deste paradigma.

SUAREZ GAREA, JORGE ALBERTO (Titoría)
LOPEZ FANDIÑO, JAVIER Cotitoría
ORDOÑEZ IGLESIAS, ALVARO Cotitoría
SUAREZ GAREA, JORGE ALBERTO (Titoría)
LOPEZ FANDIÑO, JAVIER Cotitoría
ORDOÑEZ IGLESIAS, ALVARO Cotitoría
Tribunal
PICHEL CAMPOS, JUAN CARLOS (Presidente/a)
VILA BLANCO, NICOLAS (Secretario/a)
COSTOYA RAMOS, MARIA CRISTINA (Vogal)

Planta de produción de butirato de etilo a partir da esterificación de ácido butírico con etanol.
Autoría
P.G.M.
Grao en Enxeñaría Química
P.G.M.
Grao en Enxeñaría Química
Data da defensa
16.07.2025 11:25
16.07.2025 11:25
Resumo
O obxectivo deste proxecto é desenvolver o deseño dunha planta industrial dedicada á produción de butirato de etilo mediante a reacción de esterificación entre ácido butírico e etanol. A instalación terá unha capacidade de 5.000 toneladas anuais de butirato de etilo cunha pureza do 99,62 % en peso, e operará de forma continua durante 330 días ao ano, 24 horas ao día. Entre os equipos principais atópanse o reactor multitubular R-201, deseñado por Paula Garrido Moreno, e a columna de destilación T-302, deseñada por Estela Martínez Regueira. Este documento constitúe o Traballo Fin de Grao co que Paula Garrido Moreno e Estela Martínez Regueira optan ao título de Grao en Enxeñaría Química, outorgado pola Escola Técnica Superior de Enxeñaría da Universidade de Santiago de Compostela.

Rodríguez Figueiras, Óscar (Titoría)
Rodríguez Figueiras, Óscar (Titoría)
Tribunal
ROCA BORDELLO, ENRIQUE (Presidente/a)
BELLO BUGALLO, PASTORA MARIA (Secretario/a)
SOTO CAMPOS, ANA MARIA (Vogal)

Modelos de visión-linguaxe robustos a obxectos pequenos
Autoría
N.G.S.D.V.
Dobre Grao en Enxeñaría Informática e en Matemáticas (2ªed)
N.G.S.D.V.
Dobre Grao en Enxeñaría Informática e en Matemáticas (2ªed)
Data da defensa
17.07.2025 11:00
17.07.2025 11:00
Resumo
Este traballo céntrase na optimización de modelos de visión-linguaxe (VLMs) aplicados a tarefas de pregunta/resposta visual (VQA) sobre vídeos con obxectos pequenos, un escenario que presenta importantes retos computacionais debido ao elevado número de tokens visuais irrelevantes que se xeran. Para abordar este problema, proponse un método baseado na integración dun detector que identifica rexións visuais relevantes nos fotogramas do vídeo, o que permite filtrar os tokens visuais asociados ao fondo xerados polo módulo de visión (ViT) antes de ser procesados polo modelo de linguaxe (LLM). Os resultados experimentais amosan que este filtrado permite eliminar unha gran proporción de tokens visuais, o que implica unha notable redución da complexidade computacional do modelo de linguaxe e, en consecuencia, unha diminución da complexidade total do sistema, sen comprometer o rendemento. Así mesmo, obsérvase unha mellora no tempo de execución do LLM, o que contribúe a unha maior eficiencia no procesamento textual. Non obstante, o impacto sobre o tempo total de inferencia está condicionado polo ViT, que continúa a ser o principal colo de botella debido ao procesamento de imaxes en alta resolución, así como polo custo computacional adicional do detector empregado. Este traballo valida o uso de técnicas de filtrado como unha estratexia eficaz para mellorar a eficiencia dos VLMs e abre novas liñas de investigación orientadas a optimizar tamén o procesamento visual, así como a explorar detectores máis lixeiros.

MUCIENTES MOLINA, MANUEL FELIPE (Titoría)
CORES COSTA, DANIEL Cotitoría
MUCIENTES MOLINA, MANUEL FELIPE (Titoría)
CORES COSTA, DANIEL Cotitoría
Tribunal
LADRA GONZALEZ, MANUEL EULOGIO (Presidente/a)
LOPEZ FANDIÑO, JAVIER (Secretario/a)
VIDAL AGUIAR, JUAN CARLOS (Vogal)
LADRA GONZALEZ, MANUEL EULOGIO (Presidente/a)
LOPEZ FANDIÑO, JAVIER (Secretario/a)
VIDAL AGUIAR, JUAN CARLOS (Vogal)
Técnicas de Xeración Procedural e Entornos Dinámicos aplicadas ao Desenvolvemento dun Videoxogo en Godot
Autoría
P.G.B.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
P.G.B.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
17.07.2025 12:30
17.07.2025 12:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao presenta o desenvolvemento dun prototipo funcional dun videoxogo 2D, baseado na xeración procedural. Ademais, inclúe mecánicas típicas dos videoxogos como a exploración, o combate e a progresión do personaxe en partidas frenéticas. O obxectivo principal foi deseñar e construír un sistema que permita implementar as mecánicas de xogo de forma modular, co propósito de facilitar a ampliación do alcance do videoxogo tras a finalización do traballo. A implementación realizouse utilizando o motor gráfico de código aberto, Godot Engine. Nel aplicáronse principios de programación orientada a obxectos e unha metodoloxía áxil adaptada a un proxecto individual. Prestouse especial atención ao desenvolvemento dun sistema de xeración procedural personalizado, ademais doutros módulos como o movemento do xogador, un sistema de combate con IA básica de inimigos, un sistema de progresión e a integración dunha interface de usuario dinámica. O resultado é un prototipo xogable que permite probar de forma integrada todas as mecánicas mencionadas. Ademais, incorporáronse ferramentas de control de versións, validación de código e documentación técnica. Estas características facilitan o mantemento do produto e reflicten unha xestión do proxecto coherente cos principios da enxeñaría do software.

Deseño dunha planta de producción de ácido propanoico a partir de propanal
Autoría
B.I.V.
Grao en Enxeñaría Química
B.I.V.
Grao en Enxeñaría Química
Data da defensa
16.07.2025 12:05
16.07.2025 12:05
Resumo
O obxectivo deste TFG é deseñar unha planta de produción de ácido propanoico a partir de propanal. O ácido propanoico é un ácido carboxílico de cadea curta cuxa utilización é extensa. Algunhas das súas principais aplicacións serían como conservante en comida ou como composto precursor na industria farmacéutica. Este composto prodúcese a través da oxidación aerobia do propanal en presenza dun catalizador, en concreto propionato de manganeso, e en condicións suaves de temperatura e presión. A oxidación terá unha conversión do 60% e terá lugar nun reactor de burbullas. Obtendránse como efluentes do reactor o propanal non reaccionado e o ácido propanoico como produto. O proceso de separación consistirá nunha columna de destilación que separa o propanal non reaccionado do ácido propanoico. Este equipamento será o seleccionado para deseñar de maneira rigurosa, determinando o número de pratos mediante métodos aproximados e rigorosos, realizando o deseño hidráulico e mecánico. Por último, o propanal non reaccionado recircularase ao reactor e obterase pola corrente de colas o ácido propanoico listo para comercializar.

RODIL RODRIGUEZ, EVA (Titoría)
RODIL RODRIGUEZ, EVA (Titoría)
Tribunal
ROCA BORDELLO, ENRIQUE (Presidente/a)
BELLO BUGALLO, PASTORA MARIA (Secretario/a)
SOTO CAMPOS, ANA MARIA (Vogal)
ROCA BORDELLO, ENRIQUE (Presidente/a)
BELLO BUGALLO, PASTORA MARIA (Secretario/a)
SOTO CAMPOS, ANA MARIA (Vogal)
Introdución aos modelos de series de tempo
Autoría
I.L.C.
Dobre Grao en Enxeñaría Informática e en Matemáticas (2ªed)
I.L.C.
Dobre Grao en Enxeñaría Informática e en Matemáticas (2ªed)
Data da defensa
17.07.2025 09:10
17.07.2025 09:10
Resumo
O estudo de series de tempo constitúe unha ferramenta fundamental na análise de datos que evolucionan ao longo do tempo, permitindo modelar e predicir fenómenos en campos como a economía, a meteoroloxía, a enxeñería ou as ciencias sociais. Este Traballo Fin de Grao aborda a análise de series de tempo desde unha perspectiva estatística clásica, considerando que as series observadas son realizacións de procesos estocásticos. Preséntanse en detalle os modelos autorregresivos (AR), de medias móbiles (MA), mixtos (ARMA), integrados (ARIMA) e estacionais (SARIMA), explicando a súa formulación matemática, os métodos de estimación dos seus parámetros e as técnicas de predición asociadas. Así mesmo, proponse unha metodoloxía para a análise de series de tempo, a cal será empregada na análise de dúas series de tempo reais. Ademais, inclúese un estudo de simulación para ilustrar e avaliar os procesos de estimación e predición dos modelos.

CRUJEIRAS CASAIS, ROSA MARÍA (Titoría)
CRUJEIRAS CASAIS, ROSA MARÍA (Titoría)
Tribunal
Majadas Soto, José Javier (Presidente/a)
SALGADO RODRIGUEZ, MARIA DEL PILAR (Secretario/a)
CASARES DE CAL, MARIA ANGELES (Vogal)

Explotación de Grandes Modelos de Linguaxe para Anotación Automática de Credibilidade
Autoría
P.L.P.
Dobre Grao en Enxeñaría Informática e en Matemáticas (2ªed)
P.L.P.
Dobre Grao en Enxeñaría Informática e en Matemáticas (2ªed)
Data da defensa
17.07.2025 11:30
17.07.2025 11:30
Resumo
Este traballo fin de grao céntrase na aplicación de modelos de linguaxe de última xeracion, coma GPT-4 e LlaMa 3, no etiquetado de documentos relacionados con temas de saúde no contexto do proyecto TREC. O principal obxectivo é avaliar a posibilidade de substituir as anotaciones realizadas por expertos humans por etiquetas xeradas con LLMs. A área de estudo da Recuperación da Información require de conxuntos de datos etiquetados de gran tamano, que son levados a cabo por etiquetadores humans expertos, o que ten un alto coste en tempo diñero. Se compróbase que estas etiquetacions humanas poden ser substituidas por unhas xeradas automáticamente, supondría un gran avance na xeración de datasets de alta calidade. No presente trabajo se levaráa a cabo o etiquetado dos mesmos documentos web que foron etiquetados por humans; isto nos serve para analizar discrepancias entre as etiquetas humanas e as xeradas poros modelos. Tamén estudiouse o efecto que teñen as instruccions indicadas ao modelo de linguaxe sobre a precisión do etiquetado. Basamos a nosa metodologxía nunha publicación levada a cabo por investigadores de Micorsoft, na que lévase a cabo un etiquetado da relevancia de cada documento. Os resultados obtidos neste traballo anterior foron moi satisfactorios e implementaronse en Bing pola millora en tempo, coste e calidade comparado con etiquetadores de crowdsourcing. Os nosos resultados supoñen un avance respecto a esta publicación anterior, xa que levamos a cabo un etiquetado de características máis complexas coma a correctitude médica e a credibilidade. Os resultados obtidos en noso traballo resultaron, nalgúns casos moi similares aos de Paul Thomas et al, polo que os consideramos suficentemente positivos como para substituir as etiquetas humanas.

HVQ-Transformer para detección de anomalías en imaxes multidimensionais de teledetección
Autoría
M.L.F.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
M.L.F.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
17.07.2025 10:00
17.07.2025 10:00
Resumo
O sensado remoto é a técnica de obter información sobre a superficie terrestre sen contacto directo. Para estas investigacións utilízanse imaxes multiespectrais e hiperespectrais, que achegan unha representación detallada do terreo mediante a captura de información en múltiples bandas do espectro electromagnético. Esta riqueza espectral permite analizar a superficie terrestre cun alto grao de precisión, converténdose así nunha ferramenta fundamental para a detección de anomalías. Nos últimos anos, o uso de modelos de aprendizaxe profunda cobrou relevancia na detección de anomalías neste tipo de imaxes, debido á súa capacidade para extraer representacións complexas e captar patróns sutís en datos de alta dimensión. A diferenza dos métodos tradicionais, as redes neuronais profundas poden aprender características discriminativas directamente dos datos, sendo máis robustas fronte ao ruído e ás variacións. Isto resulta especialmente útil en contornos reais onde as anomalías non sempre seguen un patrón fixo ou previsible, como é habitual nas imaxes multiespectrais e hiperespectrais. Este traballo céntrase na implementación dunha nova versión dun modelo de detección de anomalías que funcionaba orixinalmente con imaxes de 3 bandas e realizaba a clasificación a nivel de imaxe, adaptándoo para traballar con imaxes multiespectrais a nivel de píxel. Incorporouse un modelo de última xeración denominado Hierarchical Vector Quantized Transformer for Multi-class Unsupervised Anomaly Detection (HVQ-TR). Este modelo baséase en arquitecturas transformer deseñadas para funcionar con conxuntos de datos RGB, como CIFAR-10, compostos por tres bandas. A súa función principal é identificar imaxes anómalas de forma non supervisada, clasificando aquelas que se desvían da distribución normal do conxunto. A principal achega do proxecto foi adaptar o fluxo de traballo do modelo transformer para operar sobre imaxes multiespectrais. Isto requiriu axustes no procesamento de datos, na estrutura de entrada, na xestión de clases e na xeración dunha imaxe de saída. Este enfoque permite explorar as posibilidades de aplicar modelos deseñados orixinalmente para imaxes RGB en contextos multiespectrais con imaxes de 5 bandas do río Oitavén, ampliando así o alcance das técnicas de aprendizaxe profunda na detección de anomalías en imaxes de teledetección. Os resultados demostraron que o novo modelo é capaz de detectar satisfactoriamente as anomalías tras un número reducido de épocas de adestramento, mellorando os resultados doutros modelos do estado da arte, como o RX.

LOPEZ FANDIÑO, JAVIER (Titoría)
Argüello Pedreira, Francisco Santiago Cotitoría
LOPEZ FANDIÑO, JAVIER (Titoría)
Argüello Pedreira, Francisco Santiago Cotitoría
Tribunal
PICHEL CAMPOS, JUAN CARLOS (Presidente/a)
VILA BLANCO, NICOLAS (Secretario/a)
COSTOYA RAMOS, MARIA CRISTINA (Vogal)
PICHEL CAMPOS, JUAN CARLOS (Presidente/a)
VILA BLANCO, NICOLAS (Secretario/a)
COSTOYA RAMOS, MARIA CRISTINA (Vogal)
ArtAlchemy: Modernización de Arte con IA
Autoría
A.L.M.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
A.L.M.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
17.07.2025 10:30
17.07.2025 10:30
Resumo
ArtAlchemy: Modernización de Arte con IA é unha aplicación web desenvolvida como Traballo de Fin de Grao que democratiza o acceso a tecnoloxías avanzadas de intelixencia artificial para a transformación artística. A plataforma ofrece tres funcionalidades principais: eliminación automática de fondo mediante modelos RMBG-2.0 e BiRefNet, animación facial de retratos utilizando a API de fal.ai, e conversión de imaxes 2D a estereoscopía 3D co modelo MiDaS. O sistema implementa unha arquitectura desacoplada cun frontend desenvolvido en Vue.js/Nuxt.js e un backend en Python con FastAPI, proporcionando unha interface intuitiva que permite a usuarios sen coñecementos técnicos aplicar técnicas complexas de machine learning a obras de arte. O proxecto foi validado mediante probas funcionais e de usabilidade, obtendo unha puntuación SUS de 82.5 puntos, demostrando a viabilidade de integrar modelos de IA en aplicacións web accesibles.

García Ullán, Pablo Cotitoría
VIDAL AGUIAR, JUAN CARLOS (Titoría)
Gago Pérez, Alicia Cotitoría
García Ullán, Pablo Cotitoría
Tribunal
PICHEL CAMPOS, JUAN CARLOS (Presidente/a)
VILA BLANCO, NICOLAS (Secretario/a)
COSTOYA RAMOS, MARIA CRISTINA (Vogal)
PICHEL CAMPOS, JUAN CARLOS (Presidente/a)
VILA BLANCO, NICOLAS (Secretario/a)
COSTOYA RAMOS, MARIA CRISTINA (Vogal)
Detección de células e categorización de morfoloxía en tecnoloxía farmacéutica
Autoría
B.L.M.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
B.L.M.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
18.07.2025 09:15
18.07.2025 09:15
Resumo
Cando se quere cultivar células, a súa observación é un compoñente importante para decidir cando continuar co protocolo. As células cambian de morfoloxía e o operador ten que avaliar o progreso das células, o que fai en función da súa experiencia. A análise da morfoloxía celular tamén ofrece a oportunidade de avaliar o progreso na diferenciación celular e de correlacionar a forma celular coa súa funcionalidade. Normalmente realízase mediante microscopía óptica onde o usuario diferencia o comportamento da célula en función das variacións de elongación e forma das células. Porén, é un proceso que implica un alto grao de subxectividade e non existe un sistema automático capaz de identificar, a través dunha imaxe, o estado de diferenciación das células. Este proxecto consegue resolver esta situación a través do deseño dunha arquitectura baseada en aprendizaxe profunda que permite a segmentación e clasificación automática das células.

Pardo López, Xosé Manuel (Titoría)
FERNANDEZ VIDAL, XOSE RAMON Cotitoría
DIAZ RODRIGUEZ, PATRICIA Cotitoría
Pardo López, Xosé Manuel (Titoría)
FERNANDEZ VIDAL, XOSE RAMON Cotitoría
DIAZ RODRIGUEZ, PATRICIA Cotitoría
Tribunal
TABOADA IGLESIAS, MARÍA JESÚS (Presidente/a)
SEOANE IGLESIAS, NATALIA (Secretario/a)
RODRIGUEZ CASAL, ALBERTO (Vogal)

Ferramenta para a automatización do proceso de compilación e probas en bibliotecas nativas de Python baseada en tecnoloxías de compilación cruzada e emulación
Autoría
A.L.O.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
A.L.O.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
18.07.2025 09:45
18.07.2025 09:45
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao céntrase no estudo da compilación cruzada de bibliotecas de Python que inclúen código en C e C++, así como no desenvolvemento de contornos que permitan a súa compilación para diversas arquitecturas e sistemas operativos. O obxectivo principal é proporcionar unha ferramenta que facilite ao usuario un proceso transparente para a compilación e proba destas bibliotecas. Durante o desenvolvemento do proxecto, aplicáronse técnicas de compilación cruzada e emulación para asegurar a construción e validación correcta das bibliotecas en distintos contornos. Os resultados obtidos demostran a viabilidade de automatizar o proceso de compilación e proba de bibliotecas Python con compoñentes en C e C++, mellorando notablemente a súa portabilidade e compatibilidade entre múltiples plataformas. Isto representa un avance significativo na eficiencia do desenvolvemento e despregamento destas bibliotecas, ofrecendo aos usuarios unha solución integrada, accesible e transparente.
Este Traballo de Fin de Grao céntrase no estudo da compilación cruzada de bibliotecas de Python que inclúen código en C e C++, así como no desenvolvemento de contornos que permitan a súa compilación para diversas arquitecturas e sistemas operativos. O obxectivo principal é proporcionar unha ferramenta que facilite ao usuario un proceso transparente para a compilación e proba destas bibliotecas. Durante o desenvolvemento do proxecto, aplicáronse técnicas de compilación cruzada e emulación para asegurar a construción e validación correcta das bibliotecas en distintos contornos. Os resultados obtidos demostran a viabilidade de automatizar o proceso de compilación e proba de bibliotecas Python con compoñentes en C e C++, mellorando notablemente a súa portabilidade e compatibilidade entre múltiples plataformas. Isto representa un avance significativo na eficiencia do desenvolvemento e despregamento destas bibliotecas, ofrecendo aos usuarios unha solución integrada, accesible e transparente.
Dirección
PICHEL CAMPOS, JUAN CARLOS (Titoría)
PIÑEIRO POMAR, CESAR ALFREDO Cotitoría
PICHEL CAMPOS, JUAN CARLOS (Titoría)
PIÑEIRO POMAR, CESAR ALFREDO Cotitoría
Tribunal
TABOADA IGLESIAS, MARÍA JESÚS (Presidente/a)
SEOANE IGLESIAS, NATALIA (Secretario/a)
RODRIGUEZ CASAL, ALBERTO (Vogal)
TABOADA IGLESIAS, MARÍA JESÚS (Presidente/a)
SEOANE IGLESIAS, NATALIA (Secretario/a)
RODRIGUEZ CASAL, ALBERTO (Vogal)
VAKaloura: desenvolvemento dun preditor de estilos de aprendizaxe VAK a partir da análise de texto
Autoría
M.L.P.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
M.L.P.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
17.07.2025 11:00
17.07.2025 11:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao explora a posibilidade de predicir automaticamente os estilos de aprendizaxe VAK (Visual, Auditivo e Kinestésico) a partir da análise de texto libre. A motivación principal parte da necesidade de avanzar cara a modelos educativos máis personalizados e eficientes, onde o coñecemento do estilo cognitivo de cada persoa permita adaptar mellor os contidos e metodoloxías de ensino. Para abordar este reto, deseñouse e implementouse unha aplicación web que recolleu textos escritos por persoas participantes sobre as súas aficións, xunto cun formulario para identificar o seu estilo de aprendizaxe validado polo psicólogo experto Jaume Romero. O corpus resultante inclúe 116 entradas, con ampla representación do grupo infantil grazas á colaboración do centro de ensino público CPI Curros Enríquez. Probáronse catro liñas de predición: modelos clásicos de clasificación de texto (Naive Bayes, SVM e Regresión Loxística), un modelo neuronal BERT fine-tuned, prompting zero-shot con GPT-4o e a avaliación dun psicólogo educativo experto como referencia. As probas realizáronse en clasificación multietiqueta, tendo en conta que unha mesma persoa pode presentar máis dun estilo de aprendizaxe. Os resultados amosan que os modelos clásicos superaron con claridade aos clasificadores base (random e majority) e, en moitos casos, tamén ao experto humano; e que mesmo en condicións limitadas (textos curtos, datos en galego/castelán e desbalanceo de clases), foron quen de identificar patróns útiles. A LLM GPT-4o tamén foi quen de detectar o estilo visual cun certo éxito sen adestramento específico, o que reforza a idea de que o texto libre contén sinais lingüísticas relevantes para esta tarefa. Este traballo constitúe unha primeira aproximación sólida á predición automática de estilos de aprendizaxe a partir de texto libre. A pesar das limitacións, os resultados obtidos abren a porta ao desenvolvemento de sistemas accesibles e adaptables que contribúan a unha educación máis personalizada e eficiente, especialmente no contexto de linguas minorizadas e recursos limitados.

ROMERO MIRO, JAUME Cotitoría
Losada Carril, David Enrique (Titoría)
ROMERO MIRO, JAUME Cotitoría
Tribunal
PICHEL CAMPOS, JUAN CARLOS (Presidente/a)
VILA BLANCO, NICOLAS (Secretario/a)
COSTOYA RAMOS, MARIA CRISTINA (Vogal)
PICHEL CAMPOS, JUAN CARLOS (Presidente/a)
VILA BLANCO, NICOLAS (Secretario/a)
COSTOYA RAMOS, MARIA CRISTINA (Vogal)
Procesamento en tempo real de nubes de puntos LiDAR terrestre
Autoría
P.L.C.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
P.L.C.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
18.07.2025 10:15
18.07.2025 10:15
Resumo
Este traballo céntrase no desenvolvemento dun pipeline de procesamento en tempo real de datos LiDAR terrestres, orientado a aplicacións no ámbito da automoción. En particular, deseñouse e implementouse un sistema capaz de identificar, clasificar e facer seguimento de obxectos en tempo real, empregando ferramentas do entorno ROS2. Para levar a cabo a tarefa de clasificación, empregáronse modelos de Deep Learning baseados no estado da arte. En concreto, consideráronse os modelos PointNet, PointNet++, PointPillars e PointRCNN, todos aplicados ao procesamento de nubes de puntos 3D. Dado o enfoque en tempo real do sistema, realizouse un estudo detallado do rendemento da aplicación, identificando que o proceso de inferencia dos modelos constitúe o principal cuello de botella para garantir esta condición. Co fin de abordar esta limitación, desenvolveuse unha ferramenta de avaliación orientada a comparar modelos de Deep Learning en función dun conxunto configurable de métricas, incluíndo precisión, tempo de inferencia e consumo de recursos. Esta avaliación permitiu extraer conclusións relevantes sobre o equilibrio entre eficiencia computacional e calidade dos resultados en diferentes modelos. Os resultados experimentais, obtidos utilizando o conxunto de datos KITTI, amosan que PointPillars ofrece o mellor compromiso entre rendemento computacional e precisión. Pola súa banda, PointRCNN destaca como o modelo máis preciso, mentres que PointNet presenta os tempos de inferencia máis baixos. En canto á utilización de recursos, PointRCNN e PointPillars, malia a súa maior complexidade estrutural, presentan un consumo de memoria por obxecto inferior ao de PointNet e PointNet++ durante a fase de procesamento. Finalmente, conclúese que todos os modelos avaliados requiren aceleración mediante GPU para cumprir coas restricións temporais establecidas polo entorno de execución en tempo real definido no pipeline desenvolvido.

GARCIA LORENZO, OSCAR (Titoría)
RODRIGUEZ ALCARAZ, SILVIA Cotitoría
GARCIA LORENZO, OSCAR (Titoría)
RODRIGUEZ ALCARAZ, SILVIA Cotitoría
Tribunal
TABOADA IGLESIAS, MARÍA JESÚS (Presidente/a)
SEOANE IGLESIAS, NATALIA (Secretario/a)
RODRIGUEZ CASAL, ALBERTO (Vogal)
TABOADA IGLESIAS, MARÍA JESÚS (Presidente/a)
SEOANE IGLESIAS, NATALIA (Secretario/a)
RODRIGUEZ CASAL, ALBERTO (Vogal)
Validación da información de referencia para imaxes de observación terrestre de alta resolución
Autoría
P.L.R.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
P.L.R.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
18.07.2025 10:45
18.07.2025 10:45
Resumo
A medida que o campo do sensado remoto avanza, resulta crucial establecer mecanismos sólidos de validación da información de referencia empregada na detección de cambios. Este traballo céntrase no desenvolvemento dunha metodoloxía que permita construír información de referencia fiable aplicada a imaxes de observación terrestre de alta resolución obtidas en ecosistemas fluviais galegos, correspondentes a dous momentos temporais distintos. O obxectivo fundamental é xerar información de referencia para imaxes recentes a partir daquelas capturadas con anterioridade, mediante unha análise exhaustiva dos cambios espectrais e espaciais detectados. Para iso, seleccionáronse e aplicáronse técnicas avanzadas de clasificación e detección de cambios, combinando metodoloxías espectrais e espaciais que permiten identificar alteracións relevantes na paisaxe fluvial. Ademais, definíronse criterios de validación apoiados na información de referencia, co fin de avaliar a fiabilidade dos resultados obtidos. O traballo explora tamén o uso de esquemas de clasificación baseados en redes neuronais profundas para mellorar a capacidade de discriminación do sistema proposto. Finalmente, leva a cabo unha avaliación experimental orientada a garantir a robustez do modelo, comprobando o seu rendemento en distintos escenarios e condicións operativas. Esta proposta contribúe ao campo do sensado remoto aplicado á xestión e monitorización ambiental, e proporciona as bases para futuros desenvolvementos orientados á automatización de procesos de validación en imaxes tomadas en diferentes momentos temporais.

N.L.G.
Grao en Enxeñaría Química
N.L.G.
Grao en Enxeñaría Química
Data da defensa
16.07.2025 09:30
16.07.2025 09:30
Resumo
Deseño dunha planta de produción de deterxente tipo LABS a partir de benceno e dodeceno cunha capacidade de produción de 120.000 toneladas anuais. Este proceso inclúe tres reaccións, alquilación, sulfonación e neutralización. Ademais, lévase a cabo o acondicionamento previo á entrada dos reactores e as correspondentes operacións de separación. O reactor de alquilación é deseñado por Lucía Pardilla Fraguas, a segunda columna de destilación por Noelia López García e o reactor de sulfonación por Antía Gándara Vieito.
Deseño dunha planta de produción de deterxente tipo LABS a partir de benceno e dodeceno cunha capacidade de produción de 120.000 toneladas anuais. Este proceso inclúe tres reaccións, alquilación, sulfonación e neutralización. Ademais, lévase a cabo o acondicionamento previo á entrada dos reactores e as correspondentes operacións de separación. O reactor de alquilación é deseñado por Lucía Pardilla Fraguas, a segunda columna de destilación por Noelia López García e o reactor de sulfonación por Antía Gándara Vieito.
Dirección
SOTO CAMPOS, ANA MARIA (Titoría)
SOTO CAMPOS, ANA MARIA (Titoría)
Tribunal
MOSQUERA CORRAL, ANUSKA (Presidente/a)
SOUTO GONZALEZ, JOSE ANTONIO (Secretario/a)
RODIL RODRIGUEZ, EVA (Vogal)
MOSQUERA CORRAL, ANUSKA (Presidente/a)
SOUTO GONZALEZ, JOSE ANTONIO (Secretario/a)
RODIL RODRIGUEZ, EVA (Vogal)
Aplicación de técnicas de aprendizaxe automático no eido da biomedicina
Autoría
P.L.O.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
P.L.O.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
17.07.2025 09:30
17.07.2025 09:30
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao ten como obxectivo, dentro do contexto específico da clasificación binaria, a análise, adaptación e mellora do modelo MMGIN, orixinalmente proposto para tarefas de clasificación multitarefa de toxicidade molecular. Co propósito de optimizar o modelo, introducíronse varias modificacións arquitectónicas, tales como: -A substitución da rede neuronal tradicional por un Autoencoder Variacional (VAE). -A incorporación de atributos das ligazóns mediante o uso da arquitectura GINE. -A aplicación de mecanismos de atención global con bloques Transformer e capas GCN. -A introdución dun sistema de fusión adaptativa mediante Gate Fusion. Finalmente, empregouse unha estratexia estratificada de validación cruzada (K-Folds), que permite valorar de maneira sólida o comportamento de cada variante. Os resultados obtidos amosan unha mellora no rendemento ao combinar estas técnicas, superando ao modelo orixinal. A arquitectura baseada en Transformer+GCN destaca especialmente pola súa capacidade para capturar relacións non locais na estrutura molecular. No ámbito da toxicoloxía computacional, o traballo propón liñas futuras de investigación e conclúe cunha discusión sobre as implicacións destes achados.

LAMA PENIN, MANUEL (Titoría)
TABOADA ANTELO, PABLO Cotitoría
Suárez Barro, Noel Cotitoría
LAMA PENIN, MANUEL (Titoría)
TABOADA ANTELO, PABLO Cotitoría
Suárez Barro, Noel Cotitoría
Tribunal
BUGARIN DIZ, ALBERTO JOSE (Presidente/a)
Cotos Yáñez, José Manuel (Secretario/a)
ALONSO TARRIO, LEOVIGILDO (Vogal)

Extracción Automática de Restricións para Grafos de Coñecemento mediante Grandes Modelos de Linguaxe
Autoría
A.M.B.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
A.M.B.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
17.07.2025 09:15
17.07.2025 09:15
Resumo
Os grafos de coñecemento e a Web Semántica permiten representar información estruturada de maneira interoperable, ligando entidades mediante relacións significativas e facilitando o razoamento automático. Estes sistemas apóianse en tecnoloxías como RDF (Resource Description Framework) e en ontoloxías que definen a semántica dos datos. Para garantir a coherencia e calidade dos datos representados, resulta fundamental aplicar mecanismos de validación, especialmente en contextos normativos ou técnicos. Unha das linguaxes máis estendidas para esta tarefa é SHACL (Shapes Constraint Language), que permite definir restricións sobre datos RDF. Porén, en moitos escenarios reais, como no ámbito regulador, as restricións non se atopan explicitamente formuladas, senón que están redactadas en linguaxe natural. Isto supón un problema importante: a conversión destas descricións en restricións SHACL require un proceso manual realizado por expertos, que resulta lento, propenso a erros e pouco escalable. Para abordar este problema, este Traballo de Fin de Grao propón unha solución baseada en arquitecturas multiaxente combinadas con LLMs guiados mediante técnicas avanzadas de prompting. A proposta tamén se apoia en información estruturada, como ontoloxías e sistemas de recuperación aumentada (RAG), para enriquecer o contexto semántico do modelo. Ao longo do traballo exploráronse distintas estratexias de prompting, así como diversas configuracións do modelo empregado. A avaliación realizouse de forma sistemática sobre un conxunto de referencia composto por restricións redactadas manualmente por expertos. Os resultados amosan que a proposta é capaz de acadar coberturas moi elevadas, superando incluso propostas previas do estado da arte. Ademais, a ferramenta detecta tanto restricións sinxelas como complexas. Porén, esta alta cobertura implica unha baixa precisión, o que reforza a necesidade dun enfoque colaborativo no que o experto humano valide ou corrixa as restricións xeradas. Esta liña de traballo abre novas posibilidades para axilizar a transformación do coñecemento normativo en esquemas de validación formais, facendo máis eficiente a labor dos enxeñeiros de coñecemento e avanzando cara á automatización parcial de tarefas clave no ámbito da Web Semántica.

BUGARIN DIZ, ALBERTO JOSE Cotitoría
LAMA PENIN, MANUEL Cotitoría
CHAVES FRAGA, DAVID (Titoría)
BUGARIN DIZ, ALBERTO JOSE Cotitoría
LAMA PENIN, MANUEL Cotitoría
Tribunal
CATALA BOLOS, ALEJANDRO (Presidente/a)
Triñanes Fernández, Joaquín Ángel (Secretario/a)
GONZALEZ DIAZ, JULIO (Vogal)

Planta de produción de butadieno a partir da deshidroxenación catalítica do n-butano
Autoría
C.M.F.
Grao en Enxeñaría Química
C.M.F.
Grao en Enxeñaría Química
Data da defensa
16.07.2025 11:10
16.07.2025 11:10
Resumo
O presente proxecto ten como obxectivo o deseño, a nivel de enxeñaría básica, dunha planta de produción de 50.000 toneladas ao ano de 1,3-butadieno cunha pureza do 99,99%, a partir da deshidroxenación catalítica de n-butano, cun modo de operación continuo de 24 horas ao día durante 330 días ao ano, reservando os días restantes ao mantemento da planta. Inclúese un deseño detallado do reactor de deshidroxenación oxidativa de 1-buteno (R-202), levado a cabo pola alumna Alejandra Novo Íñigo, da columna de destilación de pratos (T-304) por Andrea Yáñez Rey e da torre de absorción (T-301) por Celia Martínez Fernández. Este proxecto preséntase como o Traballo de Fin de Grao das alumnas Alejandra Novo Íñigo, Celia Martínez Fernández e Andrea Yáñez Rey, co obxectivo de obter o título en Enxeñaría Química outorgado pola Universidade de Santiago de Compostela.

Omil Prieto, Francisco (Presidente/a)
Rodríguez Figueiras, Óscar (Secretario/a)
VAL DEL RIO, MARIA ANGELES (Vogal)
Omil Prieto, Francisco (Presidente/a)
Rodríguez Figueiras, Óscar (Secretario/a)
VAL DEL RIO, MARIA ANGELES (Vogal)
Planta de produción de butirato de etilo a partir da esterificación de ácido butírico con etanol.
Autoría
E.M.R.
Grao en Enxeñaría Química
E.M.R.
Grao en Enxeñaría Química
Data da defensa
16.07.2025 11:25
16.07.2025 11:25
Resumo
O obxectivo deste proxecto é desenvolver o deseño dunha planta industrial dedicada á produción de butirato de etilo mediante a reacción de esterificación entre ácido butírico e etanol. A instalación terá unha capacidade de 5.000 toneladas anuais de butirato de etilo cunha pureza do 99,62 % en peso, e operará de forma continua durante 330 días ao ano, 24 horas ao día. Entre os equipos principais atópanse o reactor multitubular R-201, deseñado por Paula Garrido Moreno, e a columna de destilación T-302, deseñada por Estela Martínez Regueira. Este documento constitúe o Traballo Fin de Grao co que Paula Garrido Moreno e Estela Martínez Regueira optan ao título de Grao en Enxeñaría Química, outorgado pola Escola Técnica Superior de Enxeñaría da Universidade de Santiago de Compostela.
O obxectivo deste proxecto é desenvolver o deseño dunha planta industrial dedicada á produción de butirato de etilo mediante a reacción de esterificación entre ácido butírico e etanol. A instalación terá unha capacidade de 5.000 toneladas anuais de butirato de etilo cunha pureza do 99,62 % en peso, e operará de forma continua durante 330 días ao ano, 24 horas ao día. Entre os equipos principais atópanse o reactor multitubular R-201, deseñado por Paula Garrido Moreno, e a columna de destilación T-302, deseñada por Estela Martínez Regueira. Este documento constitúe o Traballo Fin de Grao co que Paula Garrido Moreno e Estela Martínez Regueira optan ao título de Grao en Enxeñaría Química, outorgado pola Escola Técnica Superior de Enxeñaría da Universidade de Santiago de Compostela.
Dirección
Rodríguez Figueiras, Óscar (Titoría)
Rodríguez Figueiras, Óscar (Titoría)
Tribunal
ROCA BORDELLO, ENRIQUE (Presidente/a)
BELLO BUGALLO, PASTORA MARIA (Secretario/a)
SOTO CAMPOS, ANA MARIA (Vogal)
ROCA BORDELLO, ENRIQUE (Presidente/a)
BELLO BUGALLO, PASTORA MARIA (Secretario/a)
SOTO CAMPOS, ANA MARIA (Vogal)
Planta de produción de epsilon-caprolactama
Autoría
I.M.H.
Grao en Enxeñaría Química
I.M.H.
Grao en Enxeñaría Química
Data da defensa
16.07.2025 12:35
16.07.2025 12:35
Resumo
A planta de produción de epsilon-caprolactama (CPL), é o proxecto realizado polo alumno Jose Otero López e Iago Meijide Hidalgo para poder optar ao título de graduado en Enxeñaría Química. Esta planta de produción obtén caprolactama mediante, nunha primeira etapa, a formación de ciclohexanona oxima a partir da amoximación da ciclohexanona xunto con peróxido de hidróxeno e amoníaco nun reactor de leito empacado de tipo carcasa e tubos; para posteriormente, nunha segunda fase, mediante un reactor de reordenamento de Beckmann tamén de leito empacado con un deseño de carcasa e tubos,transpor a molécula de ciclohexanona oxima para producir caprolactama. Finalmente, para a súa produción industrial será necesaria a purificación de dito produto mediante unha columna de destilación que opera a presión reducida, obténdose así unha pureza en masa do 99,99 por ciento. Compre destacar que, o deseño rigoroso realizado por Iago Meijide foi o do reactor de amoximación de ciclohexanona, mentres que a unidade deseñada por Jose Otero foi a columna de destilación a presión reducida para a purificación da caprolactama. Finalmente, este proxecto establece que a planta operará en réxime continuo durante 330 días ao ano, as 24 horas do día, deixando así 35 días para o mantemento e descanso de esta. Deste xeito, poderase cumprir co requisito de capacidade de produción de 60.000 t/ano de caprolactama.

Planta de produción de silicio de grao solar
Autoría
N.M.R.
Grao en Enxeñaría Química
N.M.R.
Grao en Enxeñaría Química
Data da defensa
16.07.2025 10:20
16.07.2025 10:20
Resumo
A transición a fontes de enerxía renovables aumentou a demanda de enerxía solar. O silicio é un material fundamental na fabricación de células fotovoltaicas, cuxa eficiencia require unha alta pureza. Este proxecto ten como obxectivo deseñar unha planta de produción de silicio de grao solar a partir de silicio de grao metalúrxico. A planta está composta por tres seccións diferentes: a sección de síntese, onde se produce triclorosilano; a sección de separación e purificación, onde se obtén o silano; e a sección de deposición, da que se obtén o silicio coa pureza desexada. A unidade a deseñar será o reactor de deposición, onde o silano se descompón en presenza de hidróxeno e se deposita o silicio de grao solar.

González Álvarez, Julia (Titoría)
FREIRE LEIRA, MARIA SONIA Cotitoría
González Álvarez, Julia (Titoría)
FREIRE LEIRA, MARIA SONIA Cotitoría
Tribunal
MOSQUERA CORRAL, ANUSKA (Presidente/a)
SOUTO GONZALEZ, JOSE ANTONIO (Secretario/a)
RODIL RODRIGUEZ, EVA (Vogal)
MOSQUERA CORRAL, ANUSKA (Presidente/a)
SOUTO GONZALEZ, JOSE ANTONIO (Secretario/a)
RODIL RODRIGUEZ, EVA (Vogal)
Análise do rendemento da búsqueda de veciños en nubes de puntos 3D estructuradas en octrees
Autoría
N.N.P.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
N.N.P.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
17.07.2025 10:00
17.07.2025 10:00
Resumo
No campo do procesamento de nubes de puntos LiDAR, a búsqueda eficiente de veciños é unha das tarefas máis custosas a nivel computacional. Có obxectivo de minimizar o seu impacto no rendemento global, empréganse estruturas especializadas, tales coma o octree, que pode beneficiarse da localidade espacial presente nos puntos. Para reforzar e garantir dita localidade, recúrrese a técnicas avanzadas, entre as que destacan a codificación de Morton ou a codificación de Hilbert. Ambas permiten transformar coordenadas espaciais tridimensionais en índices unidimensionais que conservan, na medida do posible, a localidade espacial. Non obstante, este enfoque introduce un posible punto de perda de eficiencia: a ordenación dos índices espaciais xerados. Este paso pode chegar a resultar clave para garantir un acceso eficiente ós datos e reducir os tempos de búsqueda. Dada a súa importancia, o presente traballo enfócase en realizar unha análise exhaustiva do proceso de ordenación destos índices, facendo énfasis no seu comportamento en entornos de execución paralelizados mediante OpenMP, aproveitando desta forma as capacidades de procesamento ofrecidas por arquitecturas modernas. O enfoque seguido consistiu en seleccionar e avaliar diversos algoritmos de ordenación. Concretamente, implementáronse e comparáronse versións de Selection sort, Quicksort, Parallel Quicksort, Radix sort e Bucket sort, cada unha cás suas respectivas características i estratexias de optimización. Os resultados obtidos permiten establecer unha comparativa sólida entre as distintas propostas e determinar, segudo as circunstancias, cal delas ofrece o mellor rendemento en términos de tempo de execución i escalabilidade, observándose en varios casos unha mellora respecto ós métodos orixinais. Deste modo, contribúese a optimizar o proceso de ordenación dos índices, o que representa unha alternativa a ter en conta na búsqueda de veciños dentro de procesamento de nubes de puntos 3D.

Planta de produción de butadieno a partir da deshidroxenación catalítica de n-butano
Autoría
A.N.I.
Grao en Enxeñaría Química
A.N.I.
Grao en Enxeñaría Química
Data da defensa
16.07.2025 11:10
16.07.2025 11:10
Resumo
O obxectivo deste proxecto é diseñar, a nivel de enxeñaría básica, unha planta de produción de 50.000 toneladas ao ano de 1,3-butadieno cunha pureza do 99,99% a partir da deshidroxenación catalítica de n-butano, funcionando continuamente as 24 horas do día durante 330 días ao ano, cos dias restantes reservados para o mantemento da planta. O proxecto inclúe un deseño detallado do reactor de deshidroxenación oxidativa de 1-buteno (R-202), realizado pola estudante Alejandra Novo Iñigo, da columna de destilación (T-304) por Andrea Yáñez Rey e da torre de absorción (T-301) por Celia Martínez Fernández. Este proxecto preséntase como o proxecto final das alumnas Alejandra Novo Iñigo, Celia Martínez Fernández e Andrea Yáñez Rey, co obxetivo de obter o título de Enxeñaría Química pola Universidade de Santiago de Compostela.
O obxectivo deste proxecto é diseñar, a nivel de enxeñaría básica, unha planta de produción de 50.000 toneladas ao ano de 1,3-butadieno cunha pureza do 99,99% a partir da deshidroxenación catalítica de n-butano, funcionando continuamente as 24 horas do día durante 330 días ao ano, cos dias restantes reservados para o mantemento da planta. O proxecto inclúe un deseño detallado do reactor de deshidroxenación oxidativa de 1-buteno (R-202), realizado pola estudante Alejandra Novo Iñigo, da columna de destilación (T-304) por Andrea Yáñez Rey e da torre de absorción (T-301) por Celia Martínez Fernández. Este proxecto preséntase como o proxecto final das alumnas Alejandra Novo Iñigo, Celia Martínez Fernández e Andrea Yáñez Rey, co obxetivo de obter o título de Enxeñaría Química pola Universidade de Santiago de Compostela.
Dirección
RODIL RODRIGUEZ, EVA (Titoría)
RODIL RODRIGUEZ, EVA (Titoría)
Tribunal
Omil Prieto, Francisco (Presidente/a)
Rodríguez Figueiras, Óscar (Secretario/a)
VAL DEL RIO, MARIA ANGELES (Vogal)
Omil Prieto, Francisco (Presidente/a)
Rodríguez Figueiras, Óscar (Secretario/a)
VAL DEL RIO, MARIA ANGELES (Vogal)
Marco de avaliación para a aprendizaxe automática de ontoloxías a partir de bases de datos
Autoría
I.N.V.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
I.N.V.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
17.07.2025 09:45
17.07.2025 09:45
Resumo
As ontoloxías son especialmente relevantes no campo da integración de datos, interoperabilidade semántica e recuperación da información, entre outros. A construción dunha ontoloxía require un gran traballo manual, por iso recórrese á creación de ontoloxías de forma automática (Ontology Learning), que fai uso de técnicas de aprendizaxe automática, procesamento da linguaxe natural e, recentemente, do uso de grandes modelos de linguaxe (LLMs) para xerar ontoloxías a partir de textos, documentos ou, neste caso, bases de datos relacionais. Resulta fundamental contar con metodoloxías estandarizadas que permitan avaliar de forma obxectiva e reproducible a calidade das ontoloxías producidas polos distintos sistemas. Este traballo propón un marco de avaliación específico para o Ontology Learning a partir de esquemas de bases de datos relacionais, composto por un conxunto de recursos de referencia (gold standard) e un conxunto de métricas formais para a comparación estrutural e semántica das ontoloxías. Este marco permite realizar comparacións sistemáticas entre as distintas ferramentas e enfoques de aprendizaxe de ontoloxías, proporcionando unha base sólida para a experimentación e o avance neste campo. Ademais, levouse a cabo unha experimentación sobre grandes modelos de linguaxe (LLMs) co fin de validar a utilidade e aplicabilidade do marco de avaliación proposto. O código atópase público en RDB2OWL-Bench.
As ontoloxías son especialmente relevantes no campo da integración de datos, interoperabilidade semántica e recuperación da información, entre outros. A construción dunha ontoloxía require un gran traballo manual, por iso recórrese á creación de ontoloxías de forma automática (Ontology Learning), que fai uso de técnicas de aprendizaxe automática, procesamento da linguaxe natural e, recentemente, do uso de grandes modelos de linguaxe (LLMs) para xerar ontoloxías a partir de textos, documentos ou, neste caso, bases de datos relacionais. Resulta fundamental contar con metodoloxías estandarizadas que permitan avaliar de forma obxectiva e reproducible a calidade das ontoloxías producidas polos distintos sistemas. Este traballo propón un marco de avaliación específico para o Ontology Learning a partir de esquemas de bases de datos relacionais, composto por un conxunto de recursos de referencia (gold standard) e un conxunto de métricas formais para a comparación estrutural e semántica das ontoloxías. Este marco permite realizar comparacións sistemáticas entre as distintas ferramentas e enfoques de aprendizaxe de ontoloxías, proporcionando unha base sólida para a experimentación e o avance neste campo. Ademais, levouse a cabo unha experimentación sobre grandes modelos de linguaxe (LLMs) co fin de validar a utilidade e aplicabilidade do marco de avaliación proposto. O código atópase público en RDB2OWL-Bench.
Dirección
CHAVES FRAGA, DAVID (Titoría)
BUGARIN DIZ, ALBERTO JOSE Cotitoría
LAMA PENIN, MANUEL Cotitoría
CHAVES FRAGA, DAVID (Titoría)
BUGARIN DIZ, ALBERTO JOSE Cotitoría
LAMA PENIN, MANUEL Cotitoría
Tribunal
CATALA BOLOS, ALEJANDRO (Presidente/a)
Triñanes Fernández, Joaquín Ángel (Secretario/a)
GONZALEZ DIAZ, JULIO (Vogal)
CATALA BOLOS, ALEJANDRO (Presidente/a)
Triñanes Fernández, Joaquín Ángel (Secretario/a)
GONZALEZ DIAZ, JULIO (Vogal)
Planta de produción de ácido acético a partir de metanol
Autoría
E.O.M.
Grao en Enxeñaría Química
E.O.M.
Grao en Enxeñaría Química
Data da defensa
16.07.2025 09:30
16.07.2025 09:30
Resumo
Obtención de 70.000 t/ano de ácido acético a partir de metanol e monóxido de carbono mediante o proceso de carbonilación do metanol. Este composto orgánico ten unha gran variedad de utilidades, dende a elaboración de produtos cosméticos, farmacéuticos ou na industria alimentaria, téxtil e química, o cual o convirte nun produto de gran interese industrial. Neste proxecto, Martín Álvarez levará a cabo o diseño riguroso do reactor, encargado do proceso de carbonilación do metanol para a obtención de ácido acético, e Elena Ojea da primeira columna, encargada de separar o ácido acético e o auga do resto de compoñentes do medio de reacción.
Obtención de 70.000 t/ano de ácido acético a partir de metanol e monóxido de carbono mediante o proceso de carbonilación do metanol. Este composto orgánico ten unha gran variedad de utilidades, dende a elaboración de produtos cosméticos, farmacéuticos ou na industria alimentaria, téxtil e química, o cual o convirte nun produto de gran interese industrial. Neste proxecto, Martín Álvarez levará a cabo o diseño riguroso do reactor, encargado do proceso de carbonilación do metanol para a obtención de ácido acético, e Elena Ojea da primeira columna, encargada de separar o ácido acético e o auga do resto de compoñentes do medio de reacción.
Dirección
FREIRE LEIRA, MARIA SONIA (Titoría)
González Álvarez, Julia Cotitoría
FREIRE LEIRA, MARIA SONIA (Titoría)
González Álvarez, Julia Cotitoría
Tribunal
VIDAL TATO, MARIA ISABEL (Presidente/a)
MAURICIO IGLESIAS, MIGUEL (Secretario/a)
RODRIGUEZ MARTINEZ, HECTOR (Vogal)
VIDAL TATO, MARIA ISABEL (Presidente/a)
MAURICIO IGLESIAS, MIGUEL (Secretario/a)
RODRIGUEZ MARTINEZ, HECTOR (Vogal)
Planta de biodiésel a partir de aceites vexetais mediante transesterificación
Autoría
P.O.F.
Grao en Enxeñaría Química
P.O.F.
Grao en Enxeñaría Química
Data da defensa
16.07.2025 10:50
16.07.2025 10:50
Resumo
Este traballo de fin de grao presenta o deseño dunha planta de produción de biodiésel a escala industrial empregando aceite de soia refinado como materia prima, mediante un proceso de transesterificación catalizado homoxeneamente por unha base. Cunha capacidade anual de 100.000 toneladas, a planta está deseñada para operar de xeito continuo e prioriza a sustentabilidade, a viabilidade técnica e a alineación cos obxectivos europeos de descarbonización. O proxecto inclúe o deseño detallado do reactor principal (R-201), a selección do metóxido de sodio como catalizador óptimo e unha análise integral que abrangue os balances de materia e enerxía, a dinámica do mercado, a viabilidade económica, a selección do emprazamento, os protocolos de seguridade e o cumprimento ambiental.
Este traballo de fin de grao presenta o deseño dunha planta de produción de biodiésel a escala industrial empregando aceite de soia refinado como materia prima, mediante un proceso de transesterificación catalizado homoxeneamente por unha base. Cunha capacidade anual de 100.000 toneladas, a planta está deseñada para operar de xeito continuo e prioriza a sustentabilidade, a viabilidade técnica e a alineación cos obxectivos europeos de descarbonización. O proxecto inclúe o deseño detallado do reactor principal (R-201), a selección do metóxido de sodio como catalizador óptimo e unha análise integral que abrangue os balances de materia e enerxía, a dinámica do mercado, a viabilidade económica, a selección do emprazamento, os protocolos de seguridade e o cumprimento ambiental.
Dirección
RODRIGUEZ MARTINEZ, HECTOR (Titoría)
RODRIGUEZ MARTINEZ, HECTOR (Titoría)
Tribunal
MOSQUERA CORRAL, ANUSKA (Presidente/a)
SOUTO GONZALEZ, JOSE ANTONIO (Secretario/a)
RODIL RODRIGUEZ, EVA (Vogal)
MOSQUERA CORRAL, ANUSKA (Presidente/a)
SOUTO GONZALEZ, JOSE ANTONIO (Secretario/a)
RODIL RODRIGUEZ, EVA (Vogal)
Planta de produción de epsilon-caprolactama
Autoría
J.O.L.
Grao en Enxeñaría Química
J.O.L.
Grao en Enxeñaría Química
Data da defensa
16.07.2025 12:35
16.07.2025 12:35
Resumo
A planta de produción de epsilon-caprolactama (CPL) é o proxecto realizado polo alumno Jose Otero López e o alumno Iago Meijide Hidalgo para poder optar ao título de graduado en Enxeñaría Química. Esta planta de produción obtén caprolactama mediante, nunha primeira etapa, a formación de ciclohexanona oxima a partir da amoximación da ciclohexanona xunto con peróxido de hidróxeno e amoníaco, nun reactor de leito empacado de tipo carcasa e tubos; para posteriormente, nunha segunda fase, mediante un reactor de reordenamento de Beckmann, tamén de leito empacado cun deseño de carcasa e tubos, transpor a molécula de ciclohexanona oxima para producir caprolactama. Finalmente, para a súa produción industrial, será necesaria a purificación de dito produto mediante unha columna de destilación que operará a presión reducida, obténdose así unha pureza en masa do 99,99 %. Cómpre destacar que, o deseño rigoroso realizado por Iago Meijide foi o do reactor de amoximación da ciclohexanona, mentres que a unidade deseñada por Jose Otero, foi a columna de destilación a presión reducida para a purificación da caprolactama. Finalmente, este proxecto establece que a planta operará en réxime continuo durante 330 días ao ano, as 24 horas do día, deixando así, 35 días para o mantemento e descanso da planta e persoal. Deste xeito, poderase cumprir co requisito de capacidade de produción de 60.000 toneladas ao ano de caprolactama.
A planta de produción de epsilon-caprolactama (CPL) é o proxecto realizado polo alumno Jose Otero López e o alumno Iago Meijide Hidalgo para poder optar ao título de graduado en Enxeñaría Química. Esta planta de produción obtén caprolactama mediante, nunha primeira etapa, a formación de ciclohexanona oxima a partir da amoximación da ciclohexanona xunto con peróxido de hidróxeno e amoníaco, nun reactor de leito empacado de tipo carcasa e tubos; para posteriormente, nunha segunda fase, mediante un reactor de reordenamento de Beckmann, tamén de leito empacado cun deseño de carcasa e tubos, transpor a molécula de ciclohexanona oxima para producir caprolactama. Finalmente, para a súa produción industrial, será necesaria a purificación de dito produto mediante unha columna de destilación que operará a presión reducida, obténdose así unha pureza en masa do 99,99 %. Cómpre destacar que, o deseño rigoroso realizado por Iago Meijide foi o do reactor de amoximación da ciclohexanona, mentres que a unidade deseñada por Jose Otero, foi a columna de destilación a presión reducida para a purificación da caprolactama. Finalmente, este proxecto establece que a planta operará en réxime continuo durante 330 días ao ano, as 24 horas do día, deixando así, 35 días para o mantemento e descanso da planta e persoal. Deste xeito, poderase cumprir co requisito de capacidade de produción de 60.000 toneladas ao ano de caprolactama.
Dirección
RODIL RODRIGUEZ, EVA (Titoría)
RODIL RODRIGUEZ, EVA (Titoría)
Tribunal
ROCA BORDELLO, ENRIQUE (Presidente/a)
BELLO BUGALLO, PASTORA MARIA (Secretario/a)
SOTO CAMPOS, ANA MARIA (Vogal)
ROCA BORDELLO, ENRIQUE (Presidente/a)
BELLO BUGALLO, PASTORA MARIA (Secretario/a)
SOTO CAMPOS, ANA MARIA (Vogal)
Planta de produción de deterxente tipo LABS
Autoría
L.P.F.
Grao en Enxeñaría Química
L.P.F.
Grao en Enxeñaría Química
Data da defensa
16.07.2025 09:30
16.07.2025 09:30
Resumo
Deseño dunha planta de produción de deterxente tipo LABS a partir de benceno e dodeceno cunha capacidade de produción de 120.000 toneladas anuais. Este proceso inclúe tres reaccións, alquilación, sulfonación y neutralización. Ademais, lévase a cabo o acondicionamento previo á entrada dos reactores e as respectivas operacións de separación. O reactor de alquilación é diseñado por Lucía Pardilla Fraguas, a segunda columna de destilación por Noelia López García e o reactor de sulfonación por Antía Gándara Vieito
Deseño dunha planta de produción de deterxente tipo LABS a partir de benceno e dodeceno cunha capacidade de produción de 120.000 toneladas anuais. Este proceso inclúe tres reaccións, alquilación, sulfonación y neutralización. Ademais, lévase a cabo o acondicionamento previo á entrada dos reactores e as respectivas operacións de separación. O reactor de alquilación é diseñado por Lucía Pardilla Fraguas, a segunda columna de destilación por Noelia López García e o reactor de sulfonación por Antía Gándara Vieito
Dirección
SOTO CAMPOS, ANA MARIA (Titoría)
SOTO CAMPOS, ANA MARIA (Titoría)
Tribunal
MOSQUERA CORRAL, ANUSKA (Presidente/a)
SOUTO GONZALEZ, JOSE ANTONIO (Secretario/a)
RODIL RODRIGUEZ, EVA (Vogal)
MOSQUERA CORRAL, ANUSKA (Presidente/a)
SOUTO GONZALEZ, JOSE ANTONIO (Secretario/a)
RODIL RODRIGUEZ, EVA (Vogal)
Nolik
Autoría
K.P.G.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
K.P.G.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
17.07.2025 10:30
17.07.2025 10:30
Resumo
A xestión do coñecemento nos servizos de soporte técnico vese frecuentemente dificultada pola ineficiencia dos sistemas de busca tradicionais, que, ao basearse en palabras clave, fracasan á hora de comprender o contexto e o significado semántico dos problemas. Este Traballo de Fin de Grao aborda este desafío mediante o deseño e a implementación dun sistema informático completo que aplica técnicas de Intelixencia Artificial para ofrecer unha solución de busca semántica avanzada. A solución articúlase nunha aplicación web cunha arquitectura desacoplada, composta por un frontend interactivo en React e unha API (Application Programming Interface) no backend desenvolvida con Flask. Unha das contribucións principais deste traballo é o desenvolvemento dun pipeline de datos automatizado e dinámico que extrae, procesa e estrutura incidencias (ou issues) do repositorio público microsoft/PowerToys. Este pipeline implementa unha heurística de extracción de solucións multi-etapa que interpreta as convencións da comunidade, como a detección de duplicados e as suxestións de bots, para identificar as respostas máis fiables. O núcleo do sistema é un motor de busca que emprega modelos de linguaxe da biblioteca sentence-transformers para converter as descricións dos problemas en representacións vectoriais de características (coñecidas como embeddings). Estes vectores indexanse nunha base de datos FAISS (Facebook AI Similarity Search) para realizar buscas de similitude de coseno a alta velocidade. Ademais, realizouse un estudo comparativo rigoroso para avaliar diferentes modelos de embedding e seleccionar o máis axeitado para este dominio. O resultado final é un prototipo funcional e robusto que, dada unha consulta en linguaxe natural, devolve unha lista clasificada de problemas resoltos e relevantes, con ligazóns á fonte orixinal. O sistema valida a superioridade do enfoque semántico e presenta unha solución integral e escalable ao problema da recuperación eficiente de información en contornos de soporte técnico.

Delás Ruíz, José Carlos Cotitoría
TABOADA IGLESIAS, MARÍA JESÚS (Titoría)
Delás Ruíz, José Carlos Cotitoría
Tribunal
BUGARIN DIZ, ALBERTO JOSE (Presidente/a)
Cotos Yáñez, José Manuel (Secretario/a)
ALONSO TARRIO, LEOVIGILDO (Vogal)
BUGARIN DIZ, ALBERTO JOSE (Presidente/a)
Cotos Yáñez, José Manuel (Secretario/a)
ALONSO TARRIO, LEOVIGILDO (Vogal)
TimeWise: aplicación para a xestión do tempo e organización das tarefas persoais
Autoría
S.P.S.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
S.P.S.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
17.07.2025 11:00
17.07.2025 11:00
Resumo
Este traballo de fin de grao ten como obxectivo principal desenvolver unha aplicación móbil para Android que lle permita aos seus usuarios organizar o seu tempo, xestionar as súas tarefas persoais e definir as súas metas a longo prazo. Para acadar estes obxectivos, desenvolvéronse varias funcionalidades clave. En primeiro lugar, implementouse un calendario interactivo para visualizar os eventos diarios dos usuarios e configurar recordatorios asociados a ditos eventos. A continuación, implementouse un taboleiro que segue a metodoloxía Kanban para a visualización e xestión de tarefas. Por último, implementouse a funcionalidade para a consecución de logros a longo prazo, con capacidade para desglosarse en obxectivos máis concretos. Ao longo de todo o desenvolvemento, mantívose presente a experiencia dos usuarios, deseñándoa coa idea de que fose o máis intuitiva e atractiva posible. Unha vez finalizada a fase de implementación, procedeuse a validar e verificar o funcionamento da aplicación mediante un proceso de pruebas que permitiron a detección e correción de erros. En conclusión, completáronse todos os obxectivos propostos ao inicio do proxecto, dando como resultado unha aplicación eficiente, útil e atractiva.

TOBAR QUINTANAR, ALEJANDRO JOSE (Titoría)
TOBAR QUINTANAR, ALEJANDRO JOSE (Titoría)
Tribunal
BUGARIN DIZ, ALBERTO JOSE (Presidente/a)
Cotos Yáñez, José Manuel (Secretario/a)
ALONSO TARRIO, LEOVIGILDO (Vogal)
BUGARIN DIZ, ALBERTO JOSE (Presidente/a)
Cotos Yáñez, José Manuel (Secretario/a)
ALONSO TARRIO, LEOVIGILDO (Vogal)
Árbores de clasificación e optimización
Autoría
I.Q.R.
Dobre Grao en Enxeñaría Informática e en Matemáticas (2ªed)
I.Q.R.
Dobre Grao en Enxeñaría Informática e en Matemáticas (2ªed)
Data da defensa
17.07.2025 10:40
17.07.2025 10:40
Resumo
Neste traballo estúdanse as árbores de clasificación, unha técnica amplamente utilizada en aprendizaxe automática pola súa simplicidade, capacidade predictiva e facilidade de interpretación. En particular, analízanse distintas estratexias para a súa construción, con especial atención aos métodos baseados en optimización matemática. Considéranse tres enfoques representativos: Random Forests (RF), como modelo heurístico baseado no ensamblado de árbores; Optimal Classification Trees (OCT), que expón o problema como unha optimización lineal enteira mixta; e Optimal Randomized Classification Trees (ORCT), que utiliza unha formulación continua que mellora a escalabilidad mantendo a interpretabilidad. O traballo comeza cunha revisión dos fundamentos da clasificación estatística e os métodos baseados en árbores de decisión. A continuación, descríbense en detalle os modelos de optimización que permiten construír árbores óptimos. Finalmente, realízase un estudo empírico comparativo utilizando cinco conxuntos de datos de distinta complexidade, avaliando cada modelo segundo precisión, tempo de adestramento, interpretabilidad e viabilidade práctica. Os resultados mostran que RF ofrece un alto rendemento con baixo custo computacional, mentres que ORCT logra un equilibrio entre exactitude e escalabilidad. En cambio, OCT, aínda que teoricamente atractivo, presenta limitacións computacionales que restrinxen o seu uso a problemas de menor escala.

GONZALEZ DIAZ, JULIO (Titoría)
GONZALEZ DIAZ, JULIO (Titoría)
Tribunal
Majadas Soto, José Javier (Presidente/a)
SALGADO RODRIGUEZ, MARIA DEL PILAR (Secretario/a)
CASARES DE CAL, MARIA ANGELES (Vogal)
Majadas Soto, José Javier (Presidente/a)
SALGADO RODRIGUEZ, MARIA DEL PILAR (Secretario/a)
CASARES DE CAL, MARIA ANGELES (Vogal)
Tecnoloxías de Análise Automático de Textos para a Estimación de Rasgos da Personalidade
Autoría
I.Q.R.
Dobre Grao en Enxeñaría Informática e en Matemáticas (2ªed)
I.Q.R.
Dobre Grao en Enxeñaría Informática e en Matemáticas (2ªed)
Data da defensa
17.07.2025 10:15
17.07.2025 10:15
Resumo
Este traballo enmárcase no campo do Text-based Personality Computing (TPC), que busca estimar trazos de personalidade a partir de textos escritos por usuarios/as mediante técnicas de procesamiento da linguaxe natural (PLN). Tradicionalmente, os trazos de personalidade mídense con cuestionarios, pero estes métodos teñen limitacións como a subxectividade das respostas ou a dificultade para aplicalos a gran escala. Grazas aos avances no PLN, hoxe en día é posible analizar textos e predicir certos trazos sen necesidade de enquisas. Neste traballo utilizouse un conxunto de datos de Reddit con información sobre os trazos de personalidade dos seus usuarios/as e aplicáronse técnicas modernas para comparar os seus textos cos ítems do cuestionario NEO-FFI. A través deste proceso, estimáronse as puntuacións Big-5, avaliáronse os resultados obtidos e deriváronse os trazos MBTI a partir destes resultados. O enfoque proposto ofrece unha alternativa sinxela, escalable e interpretable para a análise automática de personalidade.
Este traballo enmárcase no campo do Text-based Personality Computing (TPC), que busca estimar trazos de personalidade a partir de textos escritos por usuarios/as mediante técnicas de procesamiento da linguaxe natural (PLN). Tradicionalmente, os trazos de personalidade mídense con cuestionarios, pero estes métodos teñen limitacións como a subxectividade das respostas ou a dificultade para aplicalos a gran escala. Grazas aos avances no PLN, hoxe en día é posible analizar textos e predicir certos trazos sen necesidade de enquisas. Neste traballo utilizouse un conxunto de datos de Reddit con información sobre os trazos de personalidade dos seus usuarios/as e aplicáronse técnicas modernas para comparar os seus textos cos ítems do cuestionario NEO-FFI. A través deste proceso, estimáronse as puntuacións Big-5, avaliáronse os resultados obtidos e deriváronse os trazos MBTI a partir destes resultados. O enfoque proposto ofrece unha alternativa sinxela, escalable e interpretable para a análise automática de personalidade.
Dirección
Losada Carril, David Enrique (Titoría)
FERNANDEZ PICHEL, MARCOS Cotitoría
Losada Carril, David Enrique (Titoría)
FERNANDEZ PICHEL, MARCOS Cotitoría
Tribunal
CATALA BOLOS, ALEJANDRO (Presidente/a)
Triñanes Fernández, Joaquín Ángel (Secretario/a)
GONZALEZ DIAZ, JULIO (Vogal)
CATALA BOLOS, ALEJANDRO (Presidente/a)
Triñanes Fernández, Joaquín Ángel (Secretario/a)
GONZALEZ DIAZ, JULIO (Vogal)
Desenvolvemento dunha aplicación eCommerce (tenda en liña) para un negocio de artigos de pesca
Autoría
I.Q.G.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
I.Q.G.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
17.07.2025 13:00
17.07.2025 13:00
Resumo
Hoxe en día, moitas pequenas e medianas empresas necesitan mellorar a súa visibilidade para manterse competitivas no mercado. No caso do sector da venda de artigos de pesca, a cantidade de produtos a mostrar aos clientes e a difícil xestión destes miles de produtos nun negocio fan que sexa moi complicado manter un catálogo claro e accesible empregando métodos tradicionais como listaxes en papel, catálogos físicos ou incluso páxinas web pouco dinámicas. Este Traballo Fin de Grao consiste no deseño e na implementación dunha aplicación web tipo eCommerce para a tenda de artigos de pesca Automar Baiona. O principal obxectivo desta aplicación é permitir aos clientes consultar dunha forma sinxela o catálogo de produtos da tenda, empregando mecanismos como filtrados e categorías; por outra banda, proponse o desenvolvemento dun panel de administrador que proporcione ao propietario da tenda unha fácil xestión do seu catálogo en liña, permitíndolle engadir, modificar ou eliminar produtos sen requirir coñecementos técnicos avanzados. Cómpre destacar que, aínda que se utilice o termo eCommerce, nesta aplicación non se implementa a funcionalidade de compra en liña. Isto débese a que a gran maioría dos clientes da tenda Automar Baiona realizan as súas compras de forma presencial, motivo polo cal o cliente non considerou oportuno implementar esta parte.

Planta de produción de ácido acético a partir de residuos (bagaño) de mazá
Autoría
L.R.T.
Grao en Enxeñaría Química
L.R.T.
Grao en Enxeñaría Química
Data da defensa
16.07.2025 10:00
16.07.2025 10:00
Resumo
O obxectivo principal deste proxecto é a xestión dos residuos orgánicos producidos na industria da sidra e os zumes do norte de España, coa capacidade de tratar todos os residuos producidos en Galicia. Para iso, deseñouse unha instalación no polígono industrial de Chantada (Lugo). Neste proceso, que emprega bagaño de mazá como materia prima, prodúcense anualmente de forma sostible 1.500 toneladas de ácido acético, utilizando 43.440 toneladas do residuo. O proceso consta de dúas fermentacións principais, a primeira das cales produce etanol, que posteriormente se transforma en ácido acético pola presenza da bacteria Acetobacter Pasteurianus SKYAA25. Tamén se obtén fibra de mazá como subproduto, que se comercializará para que outras industrias a utilicen. Por outra parte, realizouse o deseño da planta establecendo os balances de materia e enerxía de cada equipo, unha estimación das dimensións e outras características de cada un deles e deseñáronse en detalle os fermentadores nos que se produce o ácido acético, incluíndo un pano de construción dos mesmos. Tamén se inclúen os seguintes planos: un plano de situación e emprazamento, plano de implantación, diagrama de fluxo, diagramas de instrumentación e tubaxes e diagrama de Gantt dos equipos. Finalmente, realizouse un estudo de seguridade e saúde, un estudo de impacto ambiental e unha análise económica das instalacións. Esta última divídese en dúas partes principais: unha análise de viabilidade económica e unha partida orzamentaria, na que se obtivo un orzamento de 30.123.206,25 euros.

GONZALEZ GARCIA, SARA (Titoría)
GONZALEZ GARCIA, SARA (Titoría)
Tribunal
Omil Prieto, Francisco (Presidente/a)
Rodríguez Figueiras, Óscar (Secretario/a)
VAL DEL RIO, MARIA ANGELES (Vogal)
Omil Prieto, Francisco (Presidente/a)
Rodríguez Figueiras, Óscar (Secretario/a)
VAL DEL RIO, MARIA ANGELES (Vogal)
Planta de produción de cumeno a partir de benceno e propileno
Autoría
A.R.B.
Grao en Enxeñaría Química
A.R.B.
Grao en Enxeñaría Química
Data da defensa
16.07.2025 10:30
16.07.2025 10:30
Resumo
O cumeno, nome común do isopropilbenceno, é un composto químico moi usado na industria dado que un intermediario de produtos de alto valor engadido, como o fenol e a acetona, así como tamén é empregado na produción de óxido de propileno. Por estes motivos decidiuse levar a cabo unha planta industrial para a produción de cumeno a partir da alquilación de benceno ca adición de propileno. O proceso consiste nunha primeira sección de acondicionamento onde entran o benceno e o propileno e se lles leva ás condicións axeitadas para levar a cabo a reacción. A segunda sección é a do reactor, onde nun reactor catalítico ocorre a reacción de alquilación para obter o produto desexado. A continuación, na terceira sección, os produtos obtidos son separados e purificados mediante unha serie de columnas de destilación. A última etapa é o almacenamento dos produtos separados. Alexandre Rey Baliña deseñará a columna de destilación Antón Varela Veiga deseñará o reactor

FRANCO URIA, MARIA AMAYA (Titoría)
SINEIRO TORRES, JORGE Cotitoría

Caracterización dos cambios no ECG inmediatamente antes do comezo da Fibrilación Auricular Paroxística mediante aprendizaxe automática
Autoría
S.R.V.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
S.R.V.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
17.07.2025 10:45
17.07.2025 10:45
Resumo
O obxectivo principal deste traballo é o desenvolvemento dun modelo de predición de fibrilación auricular (FA) paroxística a partir de electrocardiogramas (ECG), mediante o uso de técnicas de aprendizaxe automática. O enfoque proposto busca identificar patróns nos ECG que poidan actuar como indicadores temperáns dun episodio inminente de FA, concretamente cunha antelación de ata 10 minutos. Para isto, utilízase a base de datos proporcionada polo Predicting Paroxysmal Atrial Fibrillation/Flutter: The PhysioNet/Computing in Cardiology Challenge 2001, a cal contén rexistros de ECG de pacientes, onde a metade presentan episodios de FA. A metodoloxía baséase nunha combinación de técnicas de aprendizaxe automática, incluíndo redes neuronais LSTM bidireccionais, o algoritmo XGBoost e varios modelos ensemble. As arquitecturas propostas traballan tanto cos rexistros de forma agregada como a nivel de latido, para extraer a máxima información posible deles. Ademais da detección de eventos de FA, este traballo tamén ten como finalidade contribuír á interpretación clínica dos resultados mediante a caracterización das variables máis relevantes. Isto permite identificar que características do ECG poderían asociarse cun risco elevado de sufrir un episodio de fibrilación auricular, facilitando o seu análise e comprensión por parte do persoal médico.

FELIX LAMAS, PAULO MANUEL (Titoría)
RODRIGUEZ PRESEDO, JESUS MARIA Cotitoría
FELIX LAMAS, PAULO MANUEL (Titoría)
RODRIGUEZ PRESEDO, JESUS MARIA Cotitoría
Tribunal
CATALA BOLOS, ALEJANDRO (Presidente/a)
Triñanes Fernández, Joaquín Ángel (Secretario/a)
GONZALEZ DIAZ, JULIO (Vogal)
CATALA BOLOS, ALEJANDRO (Presidente/a)
Triñanes Fernández, Joaquín Ángel (Secretario/a)
GONZALEZ DIAZ, JULIO (Vogal)
Planta de produción de acetato de vinilo (monómero)
Autoría
D.S.S.
Grao en Enxeñaría Química
D.S.S.
Grao en Enxeñaría Química
Data da defensa
16.07.2025 09:30
16.07.2025 09:30
Resumo
O presente proxecto consta da elaboración dunha planta de produción de acetato de vinilo (monómero). Este producto químico é moi demandado a nivel industrial debido a todos os usos que este posee. Principalmente, se utiliza para a creación de polímeros como o PVA ou o PVP. Para a súa elaboración, utilizouse como materia prima o etileno, o ácido acético e o osíxeno. O proceso caracterízase por realizarse en fase gaseosa. O proxecto foi realizado polos estudantes Darío Senín Sotelo e Alberto Pisco Domínguez, que deseñaron, respectivamente, o reactor catalítico heteroxéneo multitubular R-201 e a columna de absorción física T-302.

CARBALLA ARCOS, MARTA (Presidente/a)
FRANCO RUIZ, DANIEL JOSE (Secretario/a)
EIBES GONZALEZ, GEMMA MARIA (Vogal)
CARBALLA ARCOS, MARTA (Presidente/a)
FRANCO RUIZ, DANIEL JOSE (Secretario/a)
EIBES GONZALEZ, GEMMA MARIA (Vogal)
Estado da arte das ferramentas de pentesting WiFi mediante a metodoloxía OWISAM
Autoría
L.S.L.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
L.S.L.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
17.07.2025 11:00
17.07.2025 11:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao (TFG) centrouse na actualización e mellora da metodoloxía OWISAM (Open Wireless Security Assessment Methodology), para auditorías de seguridade en redes sen fíos. O proxecto foi desenvolvido en colaboración con Tarlogic Security, empresa autora dende 2013. O obxectivo principal consistiu en actualizar os contidos para incluír as ameazas e tecnoloxías máis recentes, e paralelamente, desenvolver unha nova plataforma web baseada en Jekyll que mellora de forma significativa a accesibilidade, mantibilidade e experiencia de usuario respecto á implementación orixinal. Entre as principais contribucións do traballo destacan a actualización dos 64 controis técnicos organizados en 10 categorías e a implementación dunha interface moderna e responsiva. A nova plataforma superou con éxito os obxectivos de rendemento, accesibilidade e usabilidade establecidos. Este traballo de fin de grao non só modernizou unha ferramenta clave para a comunidade de ciberseguridade, senón que tamén establece as bases para o seu mantemento, facilitando a colaboración aberta e unha evolución continua dos seus contidos.

TARASCO ACUÑA, MIGUEL Cotitoría

Argüello Pedreira, Francisco Santiago (Presidente/a)
PENA BRAGE, FRANCISCO JOSE (Secretario/a)
Carreira Nouche, María José (Vogal)

Análise e visualización de emocións en foros para a detección de síntomas de adicción ao xogo
Autoría
D.S.V.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
D.S.V.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
17.07.2025 11:30
17.07.2025 11:30
Resumo
Preséntase unha ferramenta web orientada á análise emocional e semántica de textos, que permite aos usuarios definir consultas personalizadas e visualizar os resultados de forma clara e intuitiva. A aplicación posibilita un procesamento configurable dos textos, priorizando a experiencia de usuario, a modularidade do sistema e a capacidade de extensión a novos escenarios de análise. O sistema está construído sobre unha arquitectura cliente-servidor baseada no paradigma hexagonal, que favorece a separación de responsabilidades e a adaptabilidade, empregando Python e o framework FastAPI para o backend e tecnoloxías web estándar para o frontend. Entre as súas funcionalidades inclúese a carga de ficheiros en formato .csv, o filtrado de textos mediante consultas específicas con limiares de tolerancia, a realización de análises emocionais e a visualización personalizada de resultados mediante filtros interactivos. Desde o punto de vista técnico, incorpora modelos de análise emocional e recuperación semántica estruturados mediante patróns de deseño como Strategy, Factory, Decorator e Facade, garantindo así a extensibilidade e mantenibilidade do código. Tamén integra un sistema de autenticación e xestión de usuarios mediante JWT, control de acceso seguro e persistencia de datos nunha base de datos relacional PostgreSQL, cumprindo cos requisitos de seguridade e trazabilidade. A ferramenta está deseñada seguindo principios de escalabilidade e separación de responsabilidades (presentación, lóxica de negocio e datos), e a súa funcionalidade foi verificada mediante probas unitarias, de integración e de usabilidade baseadas en casos de uso reais, o que permite sentar as bases para a súa evolución futura. Este proxecto enmárcase no tipo B de Traballo de Fin de Grao, abrangue a especificación, deseño e implementación dun sistema completo, modular e extensible, cuxa versatilidade o fai aplicable tanto en contextos académicos como en escenarios prácticos de procesamento da linguaxe natural.

CONDORI FERNANDEZ, OLINDA NELLY (Titoría)
ARAGON SAENZPARDO, MARIO EZRA Cotitoría
CONDORI FERNANDEZ, OLINDA NELLY (Titoría)
ARAGON SAENZPARDO, MARIO EZRA Cotitoría
Tribunal
Argüello Pedreira, Francisco Santiago (Presidente/a)
PENA BRAGE, FRANCISCO JOSE (Secretario/a)
Carreira Nouche, María José (Vogal)
Argüello Pedreira, Francisco Santiago (Presidente/a)
PENA BRAGE, FRANCISCO JOSE (Secretario/a)
Carreira Nouche, María José (Vogal)
Gateway: Plataforma web para a planificación formativa
Autoría
S.S.P.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
S.S.P.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
17.07.2025 12:00
17.07.2025 12:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao ten como principal achega o desenvolvemento dunha aplicación web que axuda aos usuarios para planificar a súa formación en función dos seus obxectivos profesionais. A plataforma permite recibir recomendacións personalizadas de cursos, organizar un plan formativo e facer seguimento do progreso individual. Ademais, o sistema inclúe funcións clave como o rexistro de usuarios, a xestión do perfil persoal, a visualización de itinerarios formativos e a posibilidade de gardar ou marcar recursos como completados. Todo iso está orientado a ofrecer unha ferramenta útil para quen desexa aprender de forma autónoma, especialmente en procesos de mellora profesional.

GARCIA TAHOCES, PABLO (Titoría)
García Cortés, Mayra Cotitoría
GARCIA TAHOCES, PABLO (Titoría)
García Cortés, Mayra Cotitoría
Tribunal
Argüello Pedreira, Francisco Santiago (Presidente/a)
PENA BRAGE, FRANCISCO JOSE (Secretario/a)
Carreira Nouche, María José (Vogal)
Argüello Pedreira, Francisco Santiago (Presidente/a)
PENA BRAGE, FRANCISCO JOSE (Secretario/a)
Carreira Nouche, María José (Vogal)
Planta de produción de alcohol alílico mediante hidrólise de acetato de alilo
Autoría
A.S.B.
Grao en Enxeñaría Química
A.S.B.
Grao en Enxeñaría Química
Data da defensa
16.07.2025 12:30
16.07.2025 12:30
Resumo
O obxectivo deste proxecto é o deseño dunha planta de produción de 90.000 toneladas ao ano de alcohol alílico cunha pureza do 100 %. A produción levarase a cabo de forma continua as 24 horas do día, os 330 días do ano. O alcohol alílico obterase mediante a hidrólise catalítica do acetato de alílico. En si mesmo, o proceso basearase en facer reaccionar as materias primas acetato de alílico e auga nun reactor de leito fixo, dentro do cal haberá un catalizador tipo resina ácida de intercambio iónico. Como resultado da reacción, sairá do reactor unha corrente composta por alcohol alílico (produto principal), ácido acético (subproduto) e materias primas non reaccionadas. Todos os produtos químicos da corrente anterior separaranse mediante equipos de separación como columnas de destilación simples e unha columna de destilación extractiva. Unha das columnas de destilación simples do proceso, concretamente a situada despois da columna de destilación extractiva, será o equipo que se deseñará en detalle e o resto se dimensionará. Ademais, como principal obxectivo da realización do Traballo Fin de Grao, a estudante Ana Suárez Barreiro opta por obter o título de Enxeñaría Química.

HOSPIDO QUINTANA, ALMUDENA (Presidente/a)
GONZALEZ GARCIA, SARA (Secretario/a)
González Álvarez, Julia (Vogal)

Planta de produción de acrilonitrilo
Autoría
H.S.B.
Grao en Enxeñaría Química
H.S.B.
Grao en Enxeñaría Química
Data da defensa
16.07.2025 10:40
16.07.2025 10:40
Resumo
O obxectivo deste TFG é deseño dunha planta de produción de 50.000 toneladas anuais de acrilonitrilo. Este composto ten un gran uso a nivel industrial. Emprégase conunmente para producir fibras sintéticas, plásticos, resinas e para a síntese doutros químicos. Este producto obtense mediante a reacción de amoxidación do propileno, amoniaco e osíxeno, coñecido como proceso Sohio. Os principais produtos de reacción son: o acrilonitrilo, HCN, acetonitrilo, auga, dióxido de carbono e monóxido de carbono. A reacción terá lugar nun reactor de leito fluidizado cun catalizador de óxido de bismuto molibdeno soportado en alúmina. Posteriormente, os produtos de reacción pasarán por un absorbedor (empregando auga como disolvente) para recuperar a maior cantidade de acrilonitrilo posible, e finalmente, os produtos pasarán por un tren de columnas de destilación cuxo obxectivo principal é a separación e recuperación a un 99,7% de pureza do acrilonitrilo.
O obxectivo deste TFG é deseño dunha planta de produción de 50.000 toneladas anuais de acrilonitrilo. Este composto ten un gran uso a nivel industrial. Emprégase conunmente para producir fibras sintéticas, plásticos, resinas e para a síntese doutros químicos. Este producto obtense mediante a reacción de amoxidación do propileno, amoniaco e osíxeno, coñecido como proceso Sohio. Os principais produtos de reacción son: o acrilonitrilo, HCN, acetonitrilo, auga, dióxido de carbono e monóxido de carbono. A reacción terá lugar nun reactor de leito fluidizado cun catalizador de óxido de bismuto molibdeno soportado en alúmina. Posteriormente, os produtos de reacción pasarán por un absorbedor (empregando auga como disolvente) para recuperar a maior cantidade de acrilonitrilo posible, e finalmente, os produtos pasarán por un tren de columnas de destilación cuxo obxectivo principal é a separación e recuperación a un 99,7% de pureza do acrilonitrilo.
Dirección
SOTO CAMPOS, ANA MARIA (Titoría)
SOTO CAMPOS, ANA MARIA (Titoría)
Tribunal
VIDAL TATO, MARIA ISABEL (Presidente/a)
MAURICIO IGLESIAS, MIGUEL (Secretario/a)
RODRIGUEZ MARTINEZ, HECTOR (Vogal)
VIDAL TATO, MARIA ISABEL (Presidente/a)
MAURICIO IGLESIAS, MIGUEL (Secretario/a)
RODRIGUEZ MARTINEZ, HECTOR (Vogal)
Aplicación móbil para o aprendizaxe de educación auditiva musical
Autoría
R.T.L.
Dobre Grao en Enxeñaría Informática e en Matemáticas (2ªed)
R.T.L.
Dobre Grao en Enxeñaría Informática e en Matemáticas (2ªed)
Data da defensa
17.07.2025 12:30
17.07.2025 12:30
Resumo
Neste traballo describirase o proceso de creación dunha aplicación móbil para a aprendizaxe da educación auditiva musical. Comezarase cun estudo preliminar onde se explorará o potencial da idea. Verase quen pode estar interesado na aplicación e por que. Ademais, exporase un modelo de negocio, xa que unha aplicación é moi doada de introducir no mercado. Especificaranse os requisitos que determinarán o seu funcionamento. A continuación, dedicarase un capítulo á enxeñaría do software, explicando o modelo de ciclo de vida e detallando a planificación realizada. Tamén se definirán os casos de uso dos requisitos funcionais previamente establecidos. No apartado de deseño explicaranse distintos aspectos: o deseño da interface gráfica, a arquitectura do sistema e o deseño do software. Para rematar, explicarase o plan de probas e determinarase o éxito ou fracaso do proxecto.
Neste traballo describirase o proceso de creación dunha aplicación móbil para a aprendizaxe da educación auditiva musical. Comezarase cun estudo preliminar onde se explorará o potencial da idea. Verase quen pode estar interesado na aplicación e por que. Ademais, exporase un modelo de negocio, xa que unha aplicación é moi doada de introducir no mercado. Especificaranse os requisitos que determinarán o seu funcionamento. A continuación, dedicarase un capítulo á enxeñaría do software, explicando o modelo de ciclo de vida e detallando a planificación realizada. Tamén se definirán os casos de uso dos requisitos funcionais previamente establecidos. No apartado de deseño explicaranse distintos aspectos: o deseño da interface gráfica, a arquitectura do sistema e o deseño do software. Para rematar, explicarase o plan de probas e determinarase o éxito ou fracaso do proxecto.
Dirección
TOBAR QUINTANAR, ALEJANDRO JOSE (Titoría)
TOBAR QUINTANAR, ALEJANDRO JOSE (Titoría)
Tribunal
Argüello Pedreira, Francisco Santiago (Presidente/a)
PENA BRAGE, FRANCISCO JOSE (Secretario/a)
Carreira Nouche, María José (Vogal)
Argüello Pedreira, Francisco Santiago (Presidente/a)
PENA BRAGE, FRANCISCO JOSE (Secretario/a)
Carreira Nouche, María José (Vogal)
Introdución á aprendizaxe por reforzo
Autoría
R.T.L.
Dobre Grao en Enxeñaría Informática e en Matemáticas (2ªed)
R.T.L.
Dobre Grao en Enxeñaría Informática e en Matemáticas (2ªed)
Data da defensa
17.07.2025 11:25
17.07.2025 11:25
Resumo
Este traballo presenta unha introdución á aprendizaxe por reforzo desde unha perspectiva matemática, facendo especial énfase na súa conexión coa programación dinámica. Aínda que a aprendizaxe por reforzo é un campo autónomo dentro da intelixencia artificial, moitas das súas ideas fundamentais (como a toma de decisións secuenciales, as funcións de utilidade ou as políticas óptimas) teñen a súa orixe na programación dinámica. Por iso, comézase o estudo abordando a programación dinámica como nexo conceptual e formal que permite sentar as bases da aprendizaxe por reforzo. Unha vez finalizada a programación dinámica, procederase a narrar os aspectos máis importantes da aprendizaxe por reforzo. Para a súa comprensión será esencial comprender os procesos de decisión de Markov. Tamén se discuten temas que derivan deste paradigma, como o dilema exploración explotación ou o estudo de distintos algoritmos de resolución como son Monte Carlo e a aprendizaxe por diferenzas temporais. Por último, quérese ver como a aprendizaxe por reforzo pode resultar unha ferramenta moi útil no ámbito da optimización matemática. Para iso abórdanse distintos tipos de problemas clásicos de optimización, describindo como se han de reformular para que encaixen dentro do marco da aprendizaxe por reforzo, o que permite aplicar os seus algoritmos a problemas complexos que non se resolven facilmente por métodos tradicionais.

Anotación de obxectos mediante técnicas zero-shot
Autoría
L.T.H.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
L.T.H.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
17.07.2025 11:00
17.07.2025 11:00
Resumo
Un dos problemas máis prominentes no ámbito da intelixencia artificial e, especificamente, da visión por computador, é a necesidade de construír conxuntos de datos extensos e de calidade para o adestramento dos modelos predictores. Obter estes conxuntos de datos é unha tarefa complexa e custosa se non existen conxuntos dispoñibles ao público que se axusten ás necesidades específicas do modelo. No caso de problemas de visión por computador, isto pode implicar a recompilación e etiquetaxe manual de centos de miles de imaxes. É por isto que a aparición de técnicas de aprendizaxe zero-shot, nas que non se precisan exemplos etiquetados para o adestramento do modelo de IA, resulta de especial interese para este campo. O obxectivo principal deste TFG consiste na investigación da anotación de obxectos mediante técnicas zero-shot, empregando un detector de obxectos zero-shot para xerar pseudoetiquetas sen necesidade de datos etiquetados manualmente. Estas pseudoetiquetas empregaranse posteriormente para adestrar un detector convencional de maneira supervisada. Mediante as probas realizadas, avaliarase se as pseudoetiquetas xeradas teñen unha calidade suficiente en comparación cos resultados obtidos mediante as etiquetas reais. Os resultados obtidos evidencian que, efectivamente, as pseudoetiquetas xeradas automaticamente mediante o uso de modelos zero-shot permiten adestrar detectores supervisados cun rendemento próximo ao de modelos adestrados con etiquetas reais.

Fernández Pena, Anselmo Tomás (Presidente/a)
Rodeiro Pazos, David (Secretario/a)
GARCIA TAHOCES, PABLO (Vogal)
Fernández Pena, Anselmo Tomás (Presidente/a)
Rodeiro Pazos, David (Secretario/a)
GARCIA TAHOCES, PABLO (Vogal)
Planta de producción de acrilonitrilo
Autoría
L.V.B.
Grao en Enxeñaría Química
L.V.B.
Grao en Enxeñaría Química
Data da defensa
16.07.2025 10:40
16.07.2025 10:40
Resumo
El objetivo de este TFG es el diseño de una planta de producción de 50.000 toneladas anuales de acrilonitrilo. Este compuesto tiene un gran uso a nivel industrial. Se emplea comúnmente para producir fibras sintéticas, plásticos, resinas y para la síntesis de otros químicos. Este producto se obtiene mediante la reacción de amoxidación del propileno, amoníaco y oxígeno, conocido como proceso Sohio. Los principales productos de reacción son: el acrilonitrilo, HCN, acetonitrilo, agua, dióxido de carbono y monóxido de carbono. La reacción tendrá lugar en un reactor de lecho fluidizado con un catalizador óxido de bismuto molibdeno soportado en alúmina, posteriormente, los productos de reacción pasarán por un absorbedor (empleando agua como disolvente) para recuperar la mayor cantidad de acrilonitrilo posible, y finalmente, los productos pasarán por un tren de columnas de destilación, cuyo objetivo principal es la separación y purificación a un 99,7% de pureza del acrilonitrilo.
El objetivo de este TFG es el diseño de una planta de producción de 50.000 toneladas anuales de acrilonitrilo. Este compuesto tiene un gran uso a nivel industrial. Se emplea comúnmente para producir fibras sintéticas, plásticos, resinas y para la síntesis de otros químicos. Este producto se obtiene mediante la reacción de amoxidación del propileno, amoníaco y oxígeno, conocido como proceso Sohio. Los principales productos de reacción son: el acrilonitrilo, HCN, acetonitrilo, agua, dióxido de carbono y monóxido de carbono. La reacción tendrá lugar en un reactor de lecho fluidizado con un catalizador óxido de bismuto molibdeno soportado en alúmina, posteriormente, los productos de reacción pasarán por un absorbedor (empleando agua como disolvente) para recuperar la mayor cantidad de acrilonitrilo posible, y finalmente, los productos pasarán por un tren de columnas de destilación, cuyo objetivo principal es la separación y purificación a un 99,7% de pureza del acrilonitrilo.
Dirección
SOTO CAMPOS, ANA MARIA (Titoría)
SOTO CAMPOS, ANA MARIA (Titoría)
Tribunal
VIDAL TATO, MARIA ISABEL (Presidente/a)
MAURICIO IGLESIAS, MIGUEL (Secretario/a)
RODRIGUEZ MARTINEZ, HECTOR (Vogal)
VIDAL TATO, MARIA ISABEL (Presidente/a)
MAURICIO IGLESIAS, MIGUEL (Secretario/a)
RODRIGUEZ MARTINEZ, HECTOR (Vogal)
Aplicación en Python en entorno productivo para migración e soporte entre bases de datos SQL e NonSQL.
Autoría
J.R.V.F.
Grao en Enxeñaría Informática
J.R.V.F.
Grao en Enxeñaría Informática
Data da defensa
17.07.2025 11:30
17.07.2025 11:30
Resumo
Desarrollo de unha aplicación en Python como ferramenta e soporte de migración de datos entre un sistema Legacy de BBDD en SQL e un sistema novo NonSQL en MongoDB. Esta ferramenta permitirá a automatización de tareas repetitivas diarias sobre as bases de datos como consultas, copias de seguridade, obtención de datos de ambos sistemas sobre os mesmos elementos e comparación de resultados para asegurar o correcto funcionamiento e migración dos mesmos.
Desarrollo de unha aplicación en Python como ferramenta e soporte de migración de datos entre un sistema Legacy de BBDD en SQL e un sistema novo NonSQL en MongoDB. Esta ferramenta permitirá a automatización de tareas repetitivas diarias sobre as bases de datos como consultas, copias de seguridade, obtención de datos de ambos sistemas sobre os mesmos elementos e comparación de resultados para asegurar o correcto funcionamiento e migración dos mesmos.
Dirección
Argüello Pedreira, Francisco Santiago (Titoría)
Argüello Pedreira, Francisco Santiago (Titoría)
Tribunal
Fernández Pena, Anselmo Tomás (Presidente/a)
Rodeiro Pazos, David (Secretario/a)
GARCIA TAHOCES, PABLO (Vogal)
Fernández Pena, Anselmo Tomás (Presidente/a)
Rodeiro Pazos, David (Secretario/a)
GARCIA TAHOCES, PABLO (Vogal)
Planta de produción de cumeno a partir de benceno e propileno
Autoría
A.V.V.
Grao en Enxeñaría Química
A.V.V.
Grao en Enxeñaría Química
Data da defensa
16.07.2025 10:30
16.07.2025 10:30
Resumo
O cumeno, nome común do isopropilbenceno, é un composto químico moi usado na industria dado que un intermediario de produtos de alto valor engadido, como o fenol e a acetona, así como tamén é empregado na produción de óxido de propileno. Por estes motivos decidiuse levar a cabo unha planta industrial para a produción de cumeno a partir da alquilación de benceno ca adición de propileno. O proceso consiste nunha primeira sección de acondicionamento onde entran o benceno e o propileno e se lles leva ás condicións axeitadas para levar a cabo a reacción. A segunda sección é a do reactor, onde nun reactor catalítico ocorre a reacción de alquilación para obter o produto desexado. A continuación, na terceira sección, os produtos obtidos son separados e purificados mediante unha serie de columnas de destilación. A última etapa é o almacenamento dos produtos separados. Alexandre Rey Baliña deseñará a columna de destilación Antón Varela Veiga deseñará o reactor
O cumeno, nome común do isopropilbenceno, é un composto químico moi usado na industria dado que un intermediario de produtos de alto valor engadido, como o fenol e a acetona, así como tamén é empregado na produción de óxido de propileno. Por estes motivos decidiuse levar a cabo unha planta industrial para a produción de cumeno a partir da alquilación de benceno ca adición de propileno. O proceso consiste nunha primeira sección de acondicionamento onde entran o benceno e o propileno e se lles leva ás condicións axeitadas para levar a cabo a reacción. A segunda sección é a do reactor, onde nun reactor catalítico ocorre a reacción de alquilación para obter o produto desexado. A continuación, na terceira sección, os produtos obtidos son separados e purificados mediante unha serie de columnas de destilación. A última etapa é o almacenamento dos produtos separados. Alexandre Rey Baliña deseñará a columna de destilación Antón Varela Veiga deseñará o reactor
Dirección
FRANCO URIA, MARIA AMAYA (Titoría)
SINEIRO TORRES, JORGE Cotitoría
FRANCO URIA, MARIA AMAYA (Titoría)
SINEIRO TORRES, JORGE Cotitoría
Tribunal
Omil Prieto, Francisco (Presidente/a)
Rodríguez Figueiras, Óscar (Secretario/a)
VAL DEL RIO, MARIA ANGELES (Vogal)
Omil Prieto, Francisco (Presidente/a)
Rodríguez Figueiras, Óscar (Secretario/a)
VAL DEL RIO, MARIA ANGELES (Vogal)
Planta de Produción de Hidróxeno Dourado a partir de lodos de depuradora.
Autoría
A.V.S.
Grao en Enxeñaría Química
A.V.S.
Grao en Enxeñaría Química
Data da defensa
16.07.2025 12:45
16.07.2025 12:45
Resumo
O presente Traballo Fin de Grao ten como obxectivo o deseño dunha planta de produción de hidróxeno con captura de dióxido de carbono a partir de biometano, denominado hidróxeno dourado. O biometano será xerado na propia planta a través da dixestión anaerobia de lodos de estacións depuradoras, EDAR, urbanas. A capacidade de produción da planta é de 3.150 toneladas de H2, do 99,99% de pureza, por ano. De acordo coas normativas e manuais técnicos pertinentes, realizase o deseño rigoroso do dixestor anaerobio, o reactor de reformado catalítico e a torre de absorción de dióxido de carbono. A proposta de valor deste proxecto reside en proporcionar unha alternativa para pechar o ciclo de carbono e aproveitar residuos orgánicos como materia prima para o proceso de produción dun produto de interese, hidróxeno neste caso.
O presente Traballo Fin de Grao ten como obxectivo o deseño dunha planta de produción de hidróxeno con captura de dióxido de carbono a partir de biometano, denominado hidróxeno dourado. O biometano será xerado na propia planta a través da dixestión anaerobia de lodos de estacións depuradoras, EDAR, urbanas. A capacidade de produción da planta é de 3.150 toneladas de H2, do 99,99% de pureza, por ano. De acordo coas normativas e manuais técnicos pertinentes, realizase o deseño rigoroso do dixestor anaerobio, o reactor de reformado catalítico e a torre de absorción de dióxido de carbono. A proposta de valor deste proxecto reside en proporcionar unha alternativa para pechar o ciclo de carbono e aproveitar residuos orgánicos como materia prima para o proceso de produción dun produto de interese, hidróxeno neste caso.
Dirección
SANCHEZ FERNANDEZ, ADRIAN (Titoría)
SANCHEZ FERNANDEZ, ADRIAN (Titoría)
Tribunal
MOREIRA MARTINEZ, RAMON FELIPE (Presidente/a)
Pedrouso Fuentes, Alba (Secretario/a)
SINEIRO TORRES, JORGE (Vogal)
MOREIRA MARTINEZ, RAMON FELIPE (Presidente/a)
Pedrouso Fuentes, Alba (Secretario/a)
SINEIRO TORRES, JORGE (Vogal)
NIDO: Aprendizaxe automática para identificación de neonatos pequenos
Autoría
P.V.T.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
P.V.T.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
17.07.2025 12:00
17.07.2025 12:00
Resumo
Este traballo enmárcase no proxecto de investigación COLLAGE, desenvolto en colaboración coa Universitat Pompeu Fabra e BCNatal (Barcelona), e céntrase na predición de neonatos pequenos para a idade xestacional (SGA) a partir de datos clínicos, ecográficos e sociodemográficos do bebé e da nai. O problema abordado é de alto interese en saúde pública, dado que os fetos SGA presentan un maior risco de complicacións perinatais e enfermidades a longo prazo, e a súa detección temperá é clave para aplicar intervencións que melloren a súa saúde e reduzan as desigualdades na atención perinatal. Desenvolvemos un fluxo de preprocesado de datos, que incluíu a investigación detallada do significado e relevancia clínica de cada variable, a xestión de valores faltantes e a enxeñaría de variables, obtendo un conxunto de 791 casos e 28 variables que usamos como preditores, con validez clínica e sen valores nulos. Construímos e validamos modelos preditivos de SGA utilizando XGBoost e Multiple Kernel Learning, optimizando os seus parámetros mediante validación cruzada con k-fold e alcanzando un F1 score de 0,836 con XGBoost, demostrando a súa capacidade para identificar casos de SGA nun entorno clínico real. Ademais, co obxectivo de explorar a estrutura interna do conxunto de datos e identificar posibles subgrupos, aplicamos técnicas de redución de dimensionalidade mediante Análise de Compoñentes Principais e clustering con modelos de mestura gaussiana, identificando patróns de agrupamento asociados ao consumo de aceite durante o embarazo como factor diferenciador dentro da cohorte. Por último, avaliamos a equidade do modelo en distintas subpoboacións (etnia, índice de masa corporal (IMC), sexo do neonato) mediante a proba de Mann Whitney U, identificando diferenzas significativas de rendemento segundo etnia e IMC e confirmando a importancia de analizar posibles sesgos poboacionais antes de aplicar o modelo na práctica clínica. En resumo, esta memoria presenta unha metodoloxía detallada e replicable para a preparación de datos clínicos heteroxéneos, a construción de modelos de predición de SGA e a súa avaliación en diferentes subgrupos poboacionais para garantir a súa equidade.

Carreira Nouche, María José (Titoría)
NUÑEZ GARCIA, MARTA Cotitoría
Carreira Nouche, María José (Titoría)
NUÑEZ GARCIA, MARTA Cotitoría
Tribunal
Fernández Pena, Anselmo Tomás (Presidente/a)
Rodeiro Pazos, David (Secretario/a)
GARCIA TAHOCES, PABLO (Vogal)
Fernández Pena, Anselmo Tomás (Presidente/a)
Rodeiro Pazos, David (Secretario/a)
GARCIA TAHOCES, PABLO (Vogal)
FlashMaster: Plataforma colaborativa de estudo con IA
Autoría
A.V.G.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
A.V.G.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
17.07.2025 10:30
17.07.2025 10:30
Resumo
FlashMaster é unha plataforma web de última xeración que combina a repetición espazada co poder da intelixencia artificial para ofrecer unha experiencia de estudo colaborativa e altamente eficaz. Baséase no algoritmo SM-2 para xestionar intervalos de revisión personalizados que se adaptan ao teu ritmo de aprendizaxe, garantindo unha retención de coñecementos a longo prazo. O seu asistente de IA permite xerar automaticamente flashcards desde documentos PDF, elaborar resumos intelixentes e resolver dúbidas en tempo real grazas a un sistema RAG con busca semántica. Ademais, podes crear espazos de traballo colaborativos con niveis de permiso configurables, compartir coleccións de estudo, chatear ao instante e editar notas de forma simultánea.

Sánchez Vila, Eduardo Manuel (Titoría)
Sánchez Vila, Eduardo Manuel (Titoría)
Tribunal
CABALEIRO DOMINGUEZ, JOSE CARLOS (Presidente/a)
FLORES GONZALEZ, JULIAN CARLOS (Secretario/a)
Jeremías López, Ana (Vogal)
CABALEIRO DOMINGUEZ, JOSE CARLOS (Presidente/a)
FLORES GONZALEZ, JULIAN CARLOS (Secretario/a)
Jeremías López, Ana (Vogal)
Adaptación dunha rede full-resolution para a segmentación de vasos retinianos
Autoría
A.V.S.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
A.V.S.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
18.07.2025 12:00
18.07.2025 12:00
Resumo
Este traballo aborda o desenvolvemento e a optimización de arquitecturas de aprendizaxe profunda para a segmentación automática de vasos sanguíneos en imaxes de fondo de ollo de alta resolución, cunha aplicación directa no diagnóstico de patoloxías oculares como a retinopatía diabética, o glaucoma e a dexeneración macular asociada á idade. A investigación estrutúrase en tres fases principais. Primeiro, avalíase a arquitectura FRNet (Full Resolution Network) como punto de partida, demostrando que, aínda que o procesado a resolución completa mellora a segmentación de vasos finos, presenta limitacións críticas de escalabilidade computacional que fan inviable o seu uso con imaxes de 2048x2048 píxeles. Segundo, preséntase e válidase VesselView, unha nova arquitectura de tipo U-Net que supera as limitacións de FRNet mediante a súa adaptación a un paradigma encoder-decoder máis eficiente. A través de estudos sistemáticos, valídanse empiricamente os seus compoñentes clave: a configuración óptima do bottleneck, a indispensabilidade das skip connections e unha avaliación do efecto de distintas funcións de perda sobre ela. Terceiro, proponse SantosNet como evolución de VesselView, incorporando dúas contribucións orixinais: DirectionalSanLoss, unha función de perda que optimiza a calidade topolóxica mediante información direccional dos vasos, e LearnableFusionBlock, un módulo de ponderación intelixente que mellora os resultados de segmentación vascular. Os experimentos realizados sobre o conxunto de datos FIVES demostran que SantosNet establece unha mellora notable, superando significativamente tanto a FRNet como a VesselView nas métricas principais.

SANTOS MATEOS, ROI Cotitoría
Pardo López, Xosé Manuel (Titoría)
SANTOS MATEOS, ROI Cotitoría
Tribunal
Blanco Heras, Dora (Presidente/a)
GAGO COUSO, FELIPE (Secretario/a)
Sánchez Vila, Eduardo Manuel (Vogal)
Blanco Heras, Dora (Presidente/a)
GAGO COUSO, FELIPE (Secretario/a)
Sánchez Vila, Eduardo Manuel (Vogal)
Aplicación móbil intelixente para a monitorización e análise do sono
Autoría
E.V.T.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
E.V.T.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
17.07.2025 11:00
17.07.2025 11:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao presenta unha aplicación móbil que permite monitorizar o sono, analizar a súa calidade e recibir recomendacións personalizadas. Combina datos obxectivos e subxectivos mediante cuestionarios e rexistros, integrando intelixencia artificial para xerar informes, consellos e un diario conversacional. Ofrece ferramentas visuais e recomendacións orientadas a mellorar a calidade do descanso de forma individualizada.
Este Traballo de Fin de Grao presenta unha aplicación móbil que permite monitorizar o sono, analizar a súa calidade e recibir recomendacións personalizadas. Combina datos obxectivos e subxectivos mediante cuestionarios e rexistros, integrando intelixencia artificial para xerar informes, consellos e un diario conversacional. Ofrece ferramentas visuais e recomendacións orientadas a mellorar a calidade do descanso de forma individualizada.
Dirección
Sánchez Vila, Eduardo Manuel (Titoría)
Sánchez Vila, Eduardo Manuel (Titoría)
Tribunal
CABALEIRO DOMINGUEZ, JOSE CARLOS (Presidente/a)
FLORES GONZALEZ, JULIAN CARLOS (Secretario/a)
Jeremías López, Ana (Vogal)
CABALEIRO DOMINGUEZ, JOSE CARLOS (Presidente/a)
FLORES GONZALEZ, JULIAN CARLOS (Secretario/a)
Jeremías López, Ana (Vogal)
RetroRevive: Plataforma web para a restauración de imaxes antigas
Autoría
T.W.R.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
T.W.R.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
18.07.2025 12:30
18.07.2025 12:30
Resumo
No presente Traballo de Fin de Grao desenvolveuse unha aplicación web que facilita o tratamento de imaxes antigas afectadas polo paso do tempo e unha mala conservación. Para reparar as zonas deterioradas dunha imaxe implementouse un método que permite detectalas automaticamente, así como un lenzo onde se poden definir manualmente as áreas con danos. Integráronse técnicas de intelixencia artificial para a recuperación da cor e o aumento do tamaño e da resolución, xunto con filtros de redución de ruído. Todas as operacións pódense aplicar de xeito individual ou combinado. O sistema foi deseñado para que os usuarios poidan visualizar nunha galería os resultados de todas as restauracións realizadas na plataforma, incluíndo unha comparativa coa imaxe orixinal, o que requiriu introducir unha base de datos para o almacenamento persistente da información. Ademais, buscouse que a interface sexa o máis sinxela e intuitiva posible, de xeito que se minimicen as operacións e os clics necesarios tanto para obter resultados como para navegar entre as distintas seccións da aplicación.

Andrés Estrada, Sergio Cotitoría
García Ullán, Pablo Cotitoría
VIDAL AGUIAR, JUAN CARLOS (Titoría)
Andrés Estrada, Sergio Cotitoría
García Ullán, Pablo Cotitoría
Tribunal
Blanco Heras, Dora (Presidente/a)
GAGO COUSO, FELIPE (Secretario/a)
Sánchez Vila, Eduardo Manuel (Vogal)
Blanco Heras, Dora (Presidente/a)
GAGO COUSO, FELIPE (Secretario/a)
Sánchez Vila, Eduardo Manuel (Vogal)