08.09.2025 | 09.30h-14.00h
Dirixido ao Estudantado que se incorpora ao Primeiro Curso do Grao en Enxeñaría Informática, Dobre Grao Enx. Informática-Matemáticas, Grao en Enxeñaría Química e Grao en Intelixencia Artificial

A dirección do centro e os correspondentes coordinadores/as académicos dos títulos convocan ao estudantado de nova incorporación da ETSE ao seguinte acto de benvida:
Luns 8 de setembro, 9:30h, Salón de Actos da ETSE. Estudantado de nova incorporación (primeira vez que cursan primeiro curso) convocado:
- Estudantado de Grao en Enxeñaría Química (GREQ).
Luns 8 de setembro, 12:00h, Salón de Actos da ETSE. Estudantado de nova incorporación (primeira vez que cursan primeiro curso) convocado:
- Estudantado de Grao en Enxeñaría Informática (GREI) e Dobre Grao Enx. Informática-Matemáticas (DG).
- Estudantado de Grao en Intelixencia Artificial (GRIA).