Álvaro Ordóñez Iglesias (alvaro.ordonez@usc.gal)
Javier López Fandiño (javier.lopez.fandino@usc.gal)
Jorge Alberto Suárez Garea (jorge.suarez.garea@usc.gal)

Título: Obradoiro: Como instalar Linux ao carón de Windows no teu portátil
Descrición: O obxectivo desta actividade é que o alumnado das titulacións de informática e intelixencia artificial instale Linux de maneira nativa nos seus portátiles, xa que moitas materias requiren deste sistema operativo para realizalas prácticas de maneira óptima. As máquinas virtuais que adoitan empregar non ofrecen o rendemento nin a flexibilidade dun sistema instalado de xeito nativo. Durante o taller, o profesorado que organiza a actividade guiará ao alumnado no proceso de instalación de Linux mediante unha configuración dualboot, que permitirá manter Windows ao mesmo tempo. Concretamente instalarán Ubuntu, unha distribución amigable grazas á súa interface intuitiva, á súa gran compatibilidade de hardware, á grande dispoñibilidade de aplicacións nos seus repositorios e que conta cunha ampla comunidade de soporte na rede. Ademais de cumprir unha necesidade técnica, esta actividade promove o uso do software libre. O alumnado aprenderá a configurar o seu propio entorno de traballo, gañando competencias prácticas que lles serán de gran utilidade na súa formación profesional e académica. Para participar, os estudantes deberán traer o seu portátil coa ISO de Ubuntu xa descargada e un pendrive baleiro de polo menos 8 GB. Aínda que o proceso a seguir é completamente seguro, recoméndase facer previamente unha copia de seguridade dos datos sensibles do portátil.
Número de estudantes: 30 por edición
Criteterios de selección: A selección será por orde de inscrición, priorizando ao estudantado dos graos e másters en Informática e en Intelixencia Artificial
Máis detalles na seguinte ligazón.