Optimización de metodoloxías en cromatografía líquida - espectrometría de masas en tándem para a determinación de etilglucurónido en cabelo
Autoría
L.A.A.F.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
L.A.A.F.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
Data da defensa
15.07.2025 09:00
15.07.2025 09:00
Resumo
O alcohol é un dos responsables de problemas no ámbito doméstico, legal, laboral e económico polo que o estudio dos marcadores directos de alcoholismo converteuse nunha tarea de vital importancia. Neste ámbito é onde destaca o análise de etilglucurónido en cabelo (hEtG), unha matriz que gañou un gran interés nos últimos anos grazas á gran ventá analítica que ofrece. A LC-MS/MS impúxose hoxe en día como a técnica de preferencia para a análise do EtG donde a HILIC (Hydrophilic Interaction Liquid Chromatography) ten un papel fundamental. Neste Traballo de Fin de Grado estudouse o efecto da composición, concentración e pH da fase móvil, así como o efecto da temperatura da columna xunto a distintos programas cromatográficos, conseguindo así optimizar un método cromatográfico que emprega HILIC para a determinación de hEtG cun LOD 2,64 pg/mg, cumprindo cos requisitos da Society of Hair Testing (SoHT). Ademáis, evaluose o efecto que teñen distintos protocolos e cartuchos de SPE no sinal analítico.

Dirección
MOREDA PIÑEIRO, ANTONIO (Titoría)
CABARCOS FERNANDEZ, PAMELA Cotitoría
MOREDA PIÑEIRO, ANTONIO (Titoría)
CABARCOS FERNANDEZ, PAMELA Cotitoría
Tribunal
FERNANDEZ RODRIGUEZ, BERTA (Presidente/a)
ESTEVEZ VALCARCEL, CARLOS MANUEL (Secretario/a)
YEBRA BIURRUN, MARIA DEL CARMEN (Vogal)

Evaluación dun analizador automático de intercambio iónico (HPLC) para a medida de hemoglobina glicada
Autoría
I.C.F.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
I.C.F.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
Data da defensa
15.07.2025 09:00
15.07.2025 09:00
Resumo
A verificación das prestación analíticas dos diferentes equipos dun laboratorio clínico é un paso obrigado para garantir uns resultados de calidade. Específicamente a hemoglobina glicada (HbA1c) é un parámetro de gran importancia para o diagnóstico e control de pacientes diabéticos. Neste estudo evalúase un equipo de medida de HbA1c via HPLC incorporado recientemente ao laboratorio de análise clínico, o ADAMS 8190V, co fin de verificar as súas prestacións analíticas. Utilizáronse as guías do Clinical and Laboratory Standards Institute (CLSI) en conxunto coas instrucción da Sociedad Española de Química Clínica (SEQC) para o estudio de imprecisión, veracidade e linealidade. Estudiouse o efecto de algunhas interferenzas con efectos significativos nos resultados de HbA1c. Finalmente, realizouse un estudio comparativo do ADAMS 8190V con equipos de HPLC certificados que cumplen os estándares máximos de calidade esixibles á técnica. O ADAMS 8190V cumple cos criterios de calidad esixidos, e non conta con interferenzas en presencia da maioría de metabolitos estudiados ou variantes de hemoglobina máis frecuentes. Si presenta interferenzas a valores elevados de hemoglobina carbamilada (cHb). Respecto aos equipos certificados presenta unha boa correlación con ambos, tendo algo máis de variabilidade específicamente con un deles. O equipo ADAMS 8190V presenta boas prestacións analíticas, que en conxunto cos seus menores tempos de análise, representa unha mellora neta na rutina do laboratorio clínico.

Rodriguez Garcia, Javier (Titoría)
Ortola Devesa, Juan Bautista Cotitoría
Rodriguez Garcia, Javier (Titoría)
Ortola Devesa, Juan Bautista Cotitoría
Tribunal
Estévez Cabanas, Juan Carlos (Presidente/a)
GARCIA SUAREZ, LUIS ALBERTO (Secretario/a)
GONZALEZ NOYA, ANA MARIA (Vogal)

Reaccións abióticas que empregan maquinaria celular
Autoría
I.C.L.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía (2ªed)
I.C.L.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía (2ªed)
Data da defensa
15.07.2025 09:00
15.07.2025 09:00
Resumo
Desde a década de 2000, unha área da química moderna experimentou un crecemento asombroso: a química bioortogonal. Esta refírese a cualquera tipo de reacción química que ocorre dentro dun organismo vivo sen afectar o seu metabolismo. A biortogonalidade, ademais de evitar interaccións secundarias con grupos funcionais nativos, caracterízase por unha alta selectividade, unha cinética rápida e a falta de toxicidade. En consecuencia, non é sorprendente a ampla gama de aplicacións que atopamos en bioquímica, biosíntese, medicina e famacoloxía. Seguindo esta mesma filosofía, están a facerse intentos para desenvolver reaccións que non só sexan bioortogonais, senón tamén fotocatalizadas. Isto daría lugar ao que chamamos fotocatálise bioortogonal. Neste traballo, investigaranse novas reaccións sintéticas biocompatibles. En concreto, descríbese unha reacción baseada na a-arilación de enol acetatos. Esta reacción foi optimizada, demostrando o seu potencial en medios acuosos, un requisito esencial para a química bioortogonal. Posteriormente, esta reacción transferiuse a cianobacterias, que, grazas á luz solar e á maquinaria redox celular, serían capaces de catalizar este tipo de reacción permitindo a síntese in situ de fármacos, compostos bioactivos ou sondas fluorescentes. Finalmente, intentouse modificar a reacción para obter un producto fluorescente.

Mascareñas Cid, Jose Luis (Titoría)
TOMAS GAMASA, MARIA Cotitoría
Mascareñas Cid, Jose Luis (Titoría)
TOMAS GAMASA, MARIA Cotitoría
Tribunal
GONZALEZ BELLO, CONCEPCION (Presidente/a)
SECO CASTRO, JOSÉ MANUEL (Secretario/a)
VAZQUEZ LOPEZ, MIGUEL (Vogal)

Influencia da hipoxia en distintos tratamentos antitumorais.
Autoría
S.D.F.
Grao en Bioloxía (3ªed)
S.D.F.
Grao en Bioloxía (3ªed)
Data da defensa
19.02.2025 11:00
19.02.2025 11:00
Resumo
Este traballo desenvolve como a resposta a distintos tratamentos antitumorais ten a súa eficacia limitada polo estado metabólico da célula tumoral, en concreto, da liña celular A549 de adenocarcinoma pulmonar. Analizamos tres fármacos, dous deles de uso clínico rutineiro, cisplatino e doxorrubicina, e unha nova molécula en desenvolvemento, Ag5. O mecanismo do Ag5 baséase na oxidación selectiva dos tioles de cisteínas no sistema antioxidante a nivel mitocondrial desencadeando a apoptose. Doutra banda, tanto o cisplatino (CDDP) como a doxorrubicina (DOX) actúan a nivel do DNA, interferindo cos mecanismos de reparación do ADN, causando dano ao ADN e, posteriormente, inducindo a apoptose nas células cancerosas. Combinando a reorganización metabólica que orixina a hipoxia co uso doutros axentes que afectan á homeostase redox intracelular, puidemos medir as diferentes respostas ca mesma célula ten fronte ao mesmo fármaco. Pensamos ca translación clínica dos resultados é inmediata xa que debe servir para establecer a racionalidade de terapias combinatorias que atenda á heteroxeneidade fenotípica dos tumores.

DOMINGUEZ PUENTE, FERNANDO (Titoría)
Domínguez Loidi, Blanca Cotitoría
DOMINGUEZ PUENTE, FERNANDO (Titoría)
Domínguez Loidi, Blanca Cotitoría
Tribunal
POMBO RAMOS, CELIA MARIA (Presidente/a)
VILAS PETEIRO, ROMAN (Secretario/a)
ADRIO FONDEVILA, MARIA FATIMA (Vogal)
POMBO RAMOS, CELIA MARIA (Presidente/a)
VILAS PETEIRO, ROMAN (Secretario/a)
ADRIO FONDEVILA, MARIA FATIMA (Vogal)
Anisakis simplex, bioloxía e problemática
Autoría
L.F.R.
Grao en Bioloxía (3ªed)
L.F.R.
Grao en Bioloxía (3ªed)
Data da defensa
19.02.2025 10:00
19.02.2025 10:00
Resumo
Anisakis simplex é un parasito que pode estar presente en moitos produtos pesqueiros e que pode provocar accidentalmente patoloxías no ser humano polo consumo destes produtos, en estado cru ou pouco cociñado, cando conteñen larvas de parásitos na súa fase infecciosa. Estas larvas infecciosas poden aparecer en moitas especies de peixes e cefalópodos de interese comercial que constitúen unha parte importante da dieta humana, especialmente nalgúns países. Para reducir e previr este problema de saúde pública, desenvolvéronse plans de concienciación da poboación e estratexias e recomendacións sobre técnicas de captura, manipulación e transformación dos produtos pesqueiros, a súa conservación e consumo. Neste traballo exponse os problemas de saúde pública que provoca o parasito Anisakis simplex e explícanse algunhas das técnicas e procesos recomendados nos distintos niveis da industria pesqueiro-alimentaria e no ámbito doméstico para previr a infección por Anisakis da forma máis eficaz.

IGLESIAS PIÑEIRO, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
IGLESIAS PIÑEIRO, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
Tribunal
COBO GRADIN, FERNANDO (Presidente/a)
PONTEVEDRA POMBAL, FRANCISCO XABIER (Secretario/a)
ABOAL VIÑAS, JESUS RAMON (Vogal)

Hidroxeles de alquilbisamidas bolaanfifílicas derivadas do ácido (-)-shikímico con espazadores hidrocarbonados de lonxitude impar: Novos materiais nanoestruturados para o transporte de fármacos
Autoría
S.F.L.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
S.F.L.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
Data da defensa
15.07.2025 09:00
15.07.2025 09:00
Resumo
Os xeles moleculares de baixo peso molecular destacan pola súa versatilidade e variedade estrutural, xa que son materiais brandos e flexibles, capaces de atrapar líquidos na súa rede e con excelentes propiedades en canto a suavidade, biodegradabilidade e biocompatibilidade. Estas características suscitan un gran interese en áreas como a biomedicina, a cosmética e a industria alimentaria, ampliando cada vez máis a súa proxección. Este Traballo de Fin de Grao enfócase no estudo destes materiais como sistemas nanoestruturados para o transporte e administración controlada de fármacos. Os obxectivos do proxecto inclúen a síntese dunha molécula derivada do ácido (-)-shikímico comercial e a avaliación da súa posible capacidade xelificante en varios disolventes. Ademais, profúndase no estudo dos seus hidroxeles que mostran propiedades óptimas para a súa aplicación como “drug delivery systems”, concretamente para o atrapado e liberación de antibióticos de amplo espectro.

Estévez Cabanas, Juan Carlos (Titoría)
QUIÑOA CABANA, EMILIO Cotitoría
Estévez Cabanas, Juan Carlos (Titoría)
QUIÑOA CABANA, EMILIO Cotitoría
Tribunal
SAA RODRIGUEZ, CARLOS EUGENIO (Presidente/a)
SOUSA PEDRARES, ANTONIO (Secretario/a)
GARCIA DEIBE, ANA MARIA (Vogal)

Estudo do uso de recubrimentos de nanopartículas metálicas para a prevención da colonización biolóxica no patrimonio granítico galego.
Autoría
N.G.B.
Grao en Bioloxía (3ªed)
N.G.B.
Grao en Bioloxía (3ªed)
Data da defensa
19.02.2025 10:00
19.02.2025 10:00
Resumo
A conservación preventiva fronte o biodeterioro producido polos biofilms desenvolvidos no patrimonio granítico é prioritaria no contexto galego xa que a colonización biolóxica é inexorable polas condicións ambientais. Neste traballo analízase o posible efecto biocida e biostático sobre comunidades fototróficas a partir da aplicación de nanopartículas me-tálicas a superficies graníticas. Para iso, deseñáronse experimentos de laboratorio nos que se ensaiaron nanopartículas de prata (Ag), dióxido de titanio (TiO2) e unha mestura de varios metais, a diferentes concentracións, aplicadas directamente nun inóculo de biofilm, para estudar o efecto biocida, e sobre superficies de agar e rocha que poste-riormente foron inoculadas, para estudar o efecto biostático. Os resultados mostraron que, para as comunidades fototróficas, as nanopartículas ensaiadas non teñen efecto biocida pero sí un efecto biostático xa que as nanopartículas de Ag (250 ppm) e a mes-tura de metais (750 ppm) suprimiron o desenvolvemento do biofilm en superficies de agar e as nanopartículas de TiO2 frearon o desenvolvemento do biofilm en superficies graníticas. Con todo, é preciso levar a cabo posteriores experimentos a mais longo pra-zo e desenvolvidos no exterior.

PRIETO LAMAS, BEATRIZ LORETO (Titoría)
PEREZ VELON, DIANA Cotitoría
PRIETO LAMAS, BEATRIZ LORETO (Titoría)
PEREZ VELON, DIANA Cotitoría
Tribunal
COBO GRADIN, FERNANDO (Presidente/a)
PONTEVEDRA POMBAL, FRANCISCO XABIER (Secretario/a)
ABOAL VIÑAS, JESUS RAMON (Vogal)
COBO GRADIN, FERNANDO (Presidente/a)
PONTEVEDRA POMBAL, FRANCISCO XABIER (Secretario/a)
ABOAL VIÑAS, JESUS RAMON (Vogal)
Deseño de novos sistemas moleculares para a estabilización e entrega de ácidos nucleicos en disolventes eutécticos
Autoría
M.G.G.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
M.G.G.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
Data da defensa
15.07.2025 09:00
15.07.2025 09:00
Resumo
Os disolventes eutécticos (DESs) son líquidos formados pola mestura dun doador e un aceptor de enlaces de hidróxeno que promoven un descenso do punto de fusión respecto aos seus compoñentes por separado. Os DESs fórmanse grazas a forzas intermoleculares variadas (enlaces de hidróxeno, interaccións electrostáticas, forzas de van der Waals), onde distintas combinacións de precursores permiten obter DESs con propiedades diversas. Ademais, a súa estabilidade, baixa toxicidade e ausencia de auga fan que sexan candidatos prometedores para estabilizar moléculas complexas. Neste traballo realizáronse experimentos de solubilización e incorporación de ácidos nucleicos en DESs. Inicialmente, formuláronse DESs con composicións variadas, comprobouse o seu contido en auga mediante o método de Karl-Fischer, así como mediante medidas de espectroscopía infravermella e resonancia magnética nuclear de protón para comprobar a súa estrutura. A estes DESs incorporouse ácido ribonucleico de transferencia (ARNt). A conformación do ARNt comprobouse mediante espectroscopía ultravioleta, e realizáronse ensaios de degradación do ARNt nos DESs para comprobar as súas propiedades estabilizadoras. Os resultados amosan a correcta formación dos DESs, así como a súa pureza e un baixo contido en auga. Os resultados preliminares da solubilización e degradación do ARNt reflicten a capacidade dos DESs para conter e estabilizar a biomolécula. Este estudo demostra o potencial dos DESs para estabilizar biomoléculas fráxiles en medios non acuosos.

MONTENEGRO GARCIA, JAVIER (Titoría)
SANCHEZ FERNANDEZ, ADRIAN Cotitoría
MONTENEGRO GARCIA, JAVIER (Titoría)
SANCHEZ FERNANDEZ, ADRIAN Cotitoría
Tribunal
GONZALEZ BELLO, CONCEPCION (Presidente/a)
SECO CASTRO, JOSÉ MANUEL (Secretario/a)
VAZQUEZ LOPEZ, MIGUEL (Vogal)
GONZALEZ BELLO, CONCEPCION (Presidente/a)
SECO CASTRO, JOSÉ MANUEL (Secretario/a)
VAZQUEZ LOPEZ, MIGUEL (Vogal)
Marcaxe e traceado das células GPS hipofisarias in vitro
Autoría
J.G.G.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
J.G.G.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
Data da defensa
20.02.2025 16:00
20.02.2025 16:00
Resumo
A glándula hipófise é un órgano endocrino cuxa función principal é a secreción de hormonas. Conta coa adenohípofise, formada por distintas células endocrinas, e coa neurohipófise, terminais nerviosas do hipotálamo. No 2009 descubriuse o nicho de células nai adultas na hipófise. Ante a necesidade de estudo do compartimento desta poboación baixo os cambios fisiolóxicos da glándula en diferentes momentos da vida, xurdiu a necesidade de obter unha técnica de marcaxe desta poboación para poder ser usada en estudos de rastreo e diferenciación celular. Con este obxectivo, preténdese estandarizar un protocolo baseado no uso de vectores virais con expresión de GFP como xene reporteiro nas células nai hipofisarias. Para iso, empregouse un protocolo de purificación das células nai grazas á expresión característica de GFRA2 e purificación con anticorpos conxugados con partículas magnéticas. Sobre estas células, comparáronse diferentes protocolos de infección con vectores adenovirais ou adenoasociados, seleccionándose como válido aquel cunha maior eficacia de infección. Mediante o uso de técnicas complementarias, validouse a correcta purificación da poboación de células nai, así como o seguemento do seu cultivo in vitro e a eficacia dos diferentes protocolos de infección sobre células primarias en suspensión. Como resultado, logrouse un protocolo de infección con virus adenoasociados en células primarias en suspensión que proporcionaría unha nova ferramenta para o estudo desta poboación na hipófise.

Alvarez Villamarin, Clara (Titoría)
CHENLO MIRANDA, MIGUEL ANGEL Cotitoría
Alvarez Villamarin, Clara (Titoría)
CHENLO MIRANDA, MIGUEL ANGEL Cotitoría
Tribunal
MOREIRA VILAR, MARIA TERESA (Presidente/a)
Woodhoo , Ashwin (Secretario/a)
TOVAR CARRO, SULAY AMPARO (Vogal)

Estudo experimental e modelización dos mecanismos de protonación en musgos
Autoría
M.G.R.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
M.G.R.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
Data da defensa
15.07.2025 09:00
15.07.2025 09:00
Resumo
Os musgos son bos bioindicadores da contaminación atmosférica e acuática. O seu uso como biomonitores está amplamente consolidado debido a que se trata dunha técnica barata, sinxela e altamente fiable, empregada para a detección e retención de metais pesados. A comprensión e caracterización das propiedades ácido-base da superficie dos musgos é esencial para a posterior determinación da súa capacidade de retención de metais. No presente estudo avalíanse os mecanismos de protonación de dúas especies de musgos: Sphagnum palustre e Sphagnum denticulatum, empregando os modelos NICA e NICA-Donnan. O axuste realizouse a partir das curvas de carga, obtidas mediante valoracións ácido-base a diferentes forzas iónicas. Estes modelos permiten determinar a distribución, accesibilidade e abundancia dos grupos funcionais activos na superficie de adsorción. Demóstrase que existen diferenzas na capacidade de adsorción entre ambos musgos, sendo o S. palustre un mellor bioadsorbente. Ademais, as valoracións discontinuas presentan un mellor achegamento á comprensión das propiedades ácido-base. Determínase que o modelo NICA-Donnan é un modelo axeitado para a modelización predictiva, ao permitir obter parámetros intrínsecos. En comparación con outros bioadsorbentes naturais, os musgos son bioadsorbentes eficaces e versátiles, converténdoos en bos biomonitores da contaminación ambiental.

Fiol López, Sarah (Titoría)
Antelo Martínez, Juan Cotitoría
Fiol López, Sarah (Titoría)
Antelo Martínez, Juan Cotitoría
Tribunal
VAZQUEZ RODRIGUEZ, SAULO ANGEL (Presidente/a)
BARCIELA ALONSO, Ma CARMEN (Secretario/a)
RIVADULLA FERNANDEZ, JOSE FRANCISCO (Vogal)

Estudo da eficacia de eliminación de microcontaminantes de augas residuais mediante tratamentos avanzados
Autoría
J.H.D.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
J.H.D.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
Data da defensa
15.07.2025 09:00
15.07.2025 09:00
Resumo
A presenza dos microcontaminantes emerxentes en augas residuais urbanas supón un desafío ambiental e sanitario, xa que moitos destes compostos non se eliminan correctamente mediante tratamentos convencionais nas estacións depuradoras de augas residuais (EDAR). Neste contexto, os procesos de oxidación avanzada (POAs) ofrecen una solución prometedora para a súa eliminación, sendo a ozonización un dos máis empregados. O presente traballo avalía a eficacia do ozono, só e combinado co peróxido de hidróxeno (H2O2), na eliminación de diversos microcontaminantes presentes no efluente dunha (EDAR). Para iso, realizáronse ensayos en catro condición experimentais, variando a proporción de 0 a 0,75. As mostras analizáronse mediante extracción en fase sólida (SPE) e cromatografía líquida acoplada a espectrometría de masa (HPLC-MS). Os resultados de eficacia de eliminación amosan una elevada eliminación de certos compostos como diclofenaco ou carbamazepina só con ozono, mentres que outros requieren condición máis reactivas, sendo o ensaio coa relación H2O2-O3 de 0,75, o máis eficaz. A resposta depende fortemente da estructura química do contaminante, o que recalca a necesidade de adaptar o tratamento á composición do efluente e á natureza dos microcontaminantes. O estudio demostra que a ozonización avanzada pode ser una ferramenta eficaz para cumplir cos novos obxectivos normativos en materia de depuración, sempre que se optimicen as condición de operación en función do perfil dos contaminantes presentes.

MONTES GOYANES, ROSA MARIA (Titoría)
RODIL RODRIGUEZ, MARIA DEL ROSARIO Cotitoría
MONTES GOYANES, ROSA MARIA (Titoría)
RODIL RODRIGUEZ, MARIA DEL ROSARIO Cotitoría
Tribunal
FERNANDEZ RODRIGUEZ, BERTA (Presidente/a)
ESTEVEZ VALCARCEL, CARLOS MANUEL (Secretario/a)
YEBRA BIURRUN, MARIA DEL CARMEN (Vogal)
FERNANDEZ RODRIGUEZ, BERTA (Presidente/a)
ESTEVEZ VALCARCEL, CARLOS MANUEL (Secretario/a)
YEBRA BIURRUN, MARIA DEL CARMEN (Vogal)
Síntese de novos helicatos peptídicos funcionalizados
Autoría
P.I.G.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
P.I.G.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
Data da defensa
15.07.2025 09:00
15.07.2025 09:00
Resumo
Os helicatos peptídicos son sistemas químicos que presentan propiedades interesantes de unión ao ADN, o que xustifica a súa consideración como potenciais axentes terapéuticos en investigación biomédica. Trátase de compostos de coordinación formados por un ligando peptídico polipiridínico e dous catións metálicos, como Cu(II), Co(II) ou Fe(II), con capacidade de recoñecemento selectivo de unións de ADN de tres vías fronte a outras estruturas do ADN, as cales poden aparecer no xenoma de forma transitoria e están asociadas a diversas patoloxías, como o cancro. O obxectivo deste TFG é buscar, de cara á súa posible aplicación terapéutica, unha solución ao principal problema destes metalopéptidos: a súa incapacidade de internalización celular, xa que non poden atravesar a membrana de forma autónoma. Actualmente, o noso grupo está a explorar vías alternativas de internalización celular destes compostos que substitúan á dixitonina, empregada de forma eficaz en ensaios preliminares, pero que causa unha alta disrupción na fisioloxía celular. En concreto, afondaremos no uso duns sistemas denominados Cell Penetrating Peptides (CPPs), pequenos péptidos que inducen a translocación doutros compostos ao interior celular, e farémolo a través da funcionalización do ligando peptídico precursor dos helicatos cun CPP formado por oito residuos de arginina. Valorarase se esta estratexia permite que os helicatos peptídicos penetren eficazmente nas células e alcancen o núcleo, mantendo a selectividade dos seus análogos non funcionalizados polas unións de tres vías.

VAZQUEZ LOPEZ, MIGUEL (Titoría)
Alvar Gil, David Cotitoría
VAZQUEZ LOPEZ, MIGUEL (Titoría)
Alvar Gil, David Cotitoría
Tribunal
SAA RODRIGUEZ, CARLOS EUGENIO (Presidente/a)
SOUSA PEDRARES, ANTONIO (Secretario/a)
GARCIA DEIBE, ANA MARIA (Vogal)
SAA RODRIGUEZ, CARLOS EUGENIO (Presidente/a)
SOUSA PEDRARES, ANTONIO (Secretario/a)
GARCIA DEIBE, ANA MARIA (Vogal)
A invasión de Tradescantia fluminensis Vell. e o seu impacto no banco de sementes das plantas nativas.
Autoría
L.I.S.
Grao en Bioloxía
L.I.S.
Grao en Bioloxía
Data da defensa
19.02.2025 10:00
19.02.2025 10:00
Resumo
Tradescantia fluminensis é unha planta exótica invasora que afecta á biodiversidade nativa dos bosques riparios. Sen embargo, descoñécese cal é o seu efecto a longo prazo nos ecosistemas europeos. O obxetivo deste estudo foi avaliar o impacto de T. fluminensis sobre o banco de sementes da flora nativa dun bosque de ribeira de Galicia, analizando se este impacto varia en función da profundidade do banco se sementes presente no solo, a exposición á luz ou o estado de invasión. Para iso, utilizouse o método de emerxencia de plántulas. Recolléronse mostros de solos invadidos por T. fluminensis e non invadidos (zonas adxacentes) en dez puntos ao longo da ribeira do río Tins (Outes, A Coruña) e a dúas profundidades diferentes (0 a 5 cm; 5 a 10 cm). Os solos colocáronse en macetas combinándoos en dous tratamentos (luz e sombra) e mantivéronse no invernadoiro durante seis meses, realizando un seguimento semanal da emerxencia de individuos. Para avaliar o seu crecemento e desenvolvemento, realizáronse dúas colleitas (meses tres e seis) nas que se mediron diversos parámetros ecofisiolóxicos das especies. Os resultados indicaron que se conseguiron establecer diversas especies de plantas, tanto en solos invadidos como non invadidos, sen diferenzas cuantitativas en riqueza e abundancia. Porén, si houbo diferenzas de forma cualitativa, onde as zonas invadidas caracterizáronse por ter un maior establecemento de especies exóticas como Oxalis corniculata ou Phytolacca americana. Por outra banda, observouse que o sombreado producido pola invasora, limitando a chegada de luz ao solo, ten un impacto negativo severo na xerminación e no establecemento das especies presentes no banco de sementes. Ante estes achados, de cara a un futuro plan de restauración a partir do banco de sementes da zona, recoméndase a retirada de T. fluminensis para eliminar o efecto de sombreado e un rigoroso seguimento das especies que xerminan e se establecen, erradicando aquelas especies que poidan ser problemáticas para evitar novas invasións secundarias.

RETUERTO FRANCO, JOSE CARLOS RUBÉN (Titoría)
VARELA RIO, ZULEMA Cotitoría
Rodríguez Parra, Jonatan Cotitoría
RETUERTO FRANCO, JOSE CARLOS RUBÉN (Titoría)
VARELA RIO, ZULEMA Cotitoría
Rodríguez Parra, Jonatan Cotitoría
Tribunal
COBO GRADIN, FERNANDO (Presidente/a)
PONTEVEDRA POMBAL, FRANCISCO XABIER (Secretario/a)
ABOAL VIÑAS, JESUS RAMON (Vogal)
COBO GRADIN, FERNANDO (Presidente/a)
PONTEVEDRA POMBAL, FRANCISCO XABIER (Secretario/a)
ABOAL VIÑAS, JESUS RAMON (Vogal)
Uso da microextracción mediante pinga suspendida para a determinación de anfetaminas en ouriños por cromatografía de gases-espectrometría de masas
Autoría
L.L.R.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
L.L.R.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
Data da defensa
15.07.2025 09:00
15.07.2025 09:00
Resumo
As anfetaminas son un grupo de drogas que actúan como estimulantes do sistema nervioso central e cuxo consumo a curto prazo produce diversos efectos sobre a saúde incluíndo aumento da frecuencia cardíaca e presión arterial, menor sensación de fatiga, euforia, diminución do apetito etc. Con todo, o seu consumo a longo prazo pode xerar dependencia, ansiedade, agresividade, problemas cardiovasculares etc. Entre as anfetaminas máis consumidas destacan a anfetamina, a metanfetamina, o MDMA, o MDA e o MDEA. Nos últimos anos detectouse un gran aumento no consumo destas substancias a nivel mundial, o cal supón un grave problema tanto a nivel individual como para a sociedade en xeral, podendo chegar a ocasionar sobredose ou mesmo a morte. Segundo isto, xorde a necesidade de desenvolver métodos que permitan a súa determinación en mostras biolóxicas. Seguindo cos principios da química verde, expúxose un método de extracción incluído dentro das denominadas técnicas de microextracción. Por tanto, o obxectivo deste traballo consiste en optimizar e validar unha técnica analítica de microextracción, a microextracción mediante pinga suspendida, que permita determinar e cuantificar as anfetaminas obxecto de estudo en mostras de ouriños, usando a cromatografía de gases acoplada á espectrometría de masas (GC-MS) como técnica de detección.

FERNANDEZ RAMOS, ANTONIO (Presidente/a)
CASAIS LAIÑO, Mª DEL CARMEN (Secretario/a)
RODIL RODRIGUEZ, MARIA DEL ROSARIO (Vogal)

Análise de vesículas extracelulares derivadas de glóbulos vermellos
Autoría
I.M.S.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
I.M.S.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
Data da defensa
20.02.2025 16:00
20.02.2025 16:00
Resumo
Os glóbulos vermellos foron tradicionalmente considerados como simples transportadores de osíxeno. Estudos recentes, algúns realizados no noso laboratorio, revelaron o seu papel en diversos procesos biolóxicos, incluíndo a súa posible implicación na progresión tumoral. Neste contexto, as vesículas extracelulares derivadas dos mesmos emerxeron como un posible elemento clave na comunicación celular, debido a súa capacidade para transportar moléculas. Porén, a interacción dos glóbulos vermellos coas células tumorais e o seu impacto na metástase foron pouco explorados. A hipótese deste estudo propón que as vesículas extracelulares derivadas dos glóbulos vermellos xogan un papel clave no microambiente tumoral como transportadoras de moléculas, afectando tanto ás células tumorais como ás células do sistema inmunitario. Os principais obxectivos foron establecer un protocolo eficiente para a obtención de vesículas extracelulares, analizar os efectos de factores externos sobre a morfoloxía e a función dos glóbulos vermellos e determinar a posibilidade de que os glóbulos vermellos e/ou as vesículas extracelulares participen no transporte de moléculas. Para iso, comparáronse dous protocolos e observouse que o protocolo de liberación pasiva favorecía a produción de vesículas extracelulares de pequeno tamaño. Empregáronse mostras de sangue de pacientes con cancro de mama e de doantes sans, que foron incubadas con glóbulos vermellos. Posteriormente, realizáronse estudos de citometría e adhesión que confirmaron que os glóbulos vermellos sofren modificacións e, á súa vez, inflúen no seu entorno. Finalmente, realizouse un ensaio de cocultivo coas células tumorais e os glóbulos vermellos, con e sen contacto directo empregando un Transwell, demostrando que existe transporte de moléculas en ambos casos. Estes achados resaltan a importancia dos glóbulos vermellos e das súas vesículas extracelulares na progresión do tumor, suxerindo a súa posible aplicación como biomarcadores ou ferramentas terapéuticas en oncoloxía.

VIDAL FIGUEROA, ANXO (Titoría)
Costa Nogueira, Clotilde Cotitoría
VIDAL FIGUEROA, ANXO (Titoría)
Costa Nogueira, Clotilde Cotitoría
Tribunal
MOREIRA VILAR, MARIA TERESA (Presidente/a)
Woodhoo , Ashwin (Secretario/a)
TOVAR CARRO, SULAY AMPARO (Vogal)
MOREIRA VILAR, MARIA TERESA (Presidente/a)
Woodhoo , Ashwin (Secretario/a)
TOVAR CARRO, SULAY AMPARO (Vogal)
Complexos de lantanoides como sensores de anións: Unha revisión bibliográfica
Autoría
M.O.M.F.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
M.O.M.F.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
Data da defensa
15.07.2025 09:00
15.07.2025 09:00
Resumo
Nas últimas décadas, a detección selectiva e precisa de anións no medio ambiente cobrou unha gran relevancia debido ao seu impacto tanto na saúde humana como nos ecosistemas naturais. Entre as estratexias estudadas con este fin destaca o emerxente uso dos complexos de lantanoides que, debido ás súas propiedades fotofísicas únicas, permiten a construción de sensores selectivos con tempos de resposta rápidos e resolución espacial óptima. Este traballo baséase nunha revisión bibliográfica centrada na procura de complexos de lantanoides como sensores ou sondas moleculares para a detección específica de anións no medio ambiente, analizando os mecanismos de sinalización óptica implicados e discutindo exemplos relevantes da literatura recente. O obxectivo é avaliar o seu potencial como ferramentas analíticas eficaces para a vixilancia ambiental.

FONDO BUSTO, MARIA MATILDE (Titoría)
FONDO BUSTO, MARIA MATILDE (Titoría)
Tribunal
Estévez Cabanas, Juan Carlos (Presidente/a)
GARCIA SUAREZ, LUIS ALBERTO (Secretario/a)
GONZALEZ NOYA, ANA MARIA (Vogal)
Estévez Cabanas, Juan Carlos (Presidente/a)
GARCIA SUAREZ, LUIS ALBERTO (Secretario/a)
GONZALEZ NOYA, ANA MARIA (Vogal)
Resposta das comunidades de diatomeas bentónicas á contaminación por chumbo nun ambiente mariño
Autoría
E.P.C.
Grao en Bioloxía (3ªed)
E.P.C.
Grao en Bioloxía (3ªed)
Data da defensa
19.02.2025 10:00
19.02.2025 10:00
Resumo
As rías galegas son ecosistemas especiais, biodiversos e de alto valor socioeconómico, pero están expostas ás contaminacións producidas polas actividades antropoxénicas. Un caso representativo deste problema é a elevada concentración de chumbo nos sedimentos próximos á fábrica de porcelana “Alfares de Ponte Sampaio”, no interior da ría de Vigo. Neste estudo investígase a relación entre este chumbo e a presenza de diatomeas con deformidades neste entorno, avaliando tamén a severidade destas e os posibles efectos na redución da súa biodiversidade. Formúlase a hipótese de que un maior contido de chumbo incrementa a abundancia e gravidade das deformacións nos frústulos das diatomeas e reduce a diversidade das súas comunidades. Para comprobalo, tomáronse mostras de sedimentos en distintos puntos e profundidades próximas á antiga fábrica. Identificáronse e analizáronse as diatomeas presentes baixo o microscopio e aplicáronse probas estatísticas para correlacionar as súas deformidades e a biodiversidade cos niveis de chumbo. Os resultados amosan que as abundancias de diatomeas deformes superan o limiar esperado en condicións sen estrés, pero non se atoparon correlacións significativas entre a concentración de chumbo e a presenza ou gravidade das deformidades. Porén, observouse unha tendencia á redución da biodiversidade co aumento do metal, aínda que sen acadar significación estatística. Este estudo axuda a comprender mellor os efectos que os metais pesados poden ter sobre as diatomeas e subliña a necesidade de considerar outros factores ambientais nestas investigacións.

LEIRA CAMPOS, ANTON MANOEL (Titoría)
LEIRA CAMPOS, ANTON MANOEL (Titoría)
Tribunal
COBO GRADIN, FERNANDO (Presidente/a)
PONTEVEDRA POMBAL, FRANCISCO XABIER (Secretario/a)
ABOAL VIÑAS, JESUS RAMON (Vogal)
COBO GRADIN, FERNANDO (Presidente/a)
PONTEVEDRA POMBAL, FRANCISCO XABIER (Secretario/a)
ABOAL VIÑAS, JESUS RAMON (Vogal)
Helicatos clúster a partir de sales de prata
Autoría
D.S.G.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
D.S.G.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
Data da defensa
15.07.2025 09:00
15.07.2025 09:00
Resumo
O presente traballo Fin de Grao ten como finalidade a obtención de arquitecturas metalosupramoleculares de prata(I) tipo helicato clúster. Para iso, empregouse unha familia de catro ligandos bistiosemicarbazona que difiren nos substituíntes das súas ramas. Os complexos de Ag(I) sintetizáronse mediante síntese química tradicional utilizando sales con anións voluminosos pouco coordinantes (hexafluorofostato e tetrafluoroborato) e cun anión con carácter de base moderada (acetato). Tanto os ligandos coma os complexos foron caracterizados mediante diversas técnicas en estado sólido e en disolución, incluíndo análise elemental, IR, espectrometría de masas, RMN de 1H e, nos casos posibles, difracción de raios X. Obtivéronse complexos de Ag(I) tetranucleares catiónicos cos anións hexafluorofostato e tetrafluoroborato, mentres que a partir de acetato se estabilizan helicatos clúster tetranucleares neutros.

GONZALEZ NOYA, ANA MARIA (Titoría)
BARREIRO SISTO, UXIA Cotitoría
GONZALEZ NOYA, ANA MARIA (Titoría)
BARREIRO SISTO, UXIA Cotitoría
Tribunal
GONZALEZ BELLO, CONCEPCION (Presidente/a)
SECO CASTRO, JOSÉ MANUEL (Secretario/a)
VAZQUEZ LOPEZ, MIGUEL (Vogal)
GONZALEZ BELLO, CONCEPCION (Presidente/a)
SECO CASTRO, JOSÉ MANUEL (Secretario/a)
VAZQUEZ LOPEZ, MIGUEL (Vogal)
Hidroxeles de alquilbisamidas bolaanfifílicas derivadas do ácido (-)-shikímico con espaciador hidrocarbonado de lonxitude par: Novos materiais nanoestructurados para o transporte de fármacos
Autoría
L.S.M.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
L.S.M.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
Data da defensa
15.07.2025 09:00
15.07.2025 09:00
Resumo
A identificación dos xeles supuxo a apertura dun novo e prometedor campo de investigación dentro da química, debido a súa elevada versatilidade. A ampla diversidade estrutural que poden presentar, xunto coa súa capacidade de reter substancias no seu interior, así como a súa a flexibilidade, biodegradabilidade e biocompatibilidade, converten estes materiais en candidatos de gran interese para o desenvolvemento de aplicacións en sectores tan diversos como a industria alimentaria, cosmética, farmacéutica, biomédica e medioambiental. Este Traballo de Fin de Grao céntrase no estudo de xelantes orgánicos de baixo peso molecular (LMWOGs). En particular, lévase a cabo a síntese dunha molécula bolaanfifílica derivada do ácido (-)-shikímico cunha cadea alquílica intermedia de 12 átomos de carbono de lonxitude. Avalíase a súa capacidade xelante en diferentes disolventes mediante o cálculo da concentración mínima de xelificación nos casos en se forme xel de maneira estable. Ademais, estúdase o potencial dos hidroxeles desta molécula como sistema de liberación controlada de fármacos, mediante a formación de coxeles con dous antibióticos de amplo espectro (ampicilina e ácido nalidíxico) incorporados na súa rede tridimensional.
A identificación dos xeles supuxo a apertura dun novo e prometedor campo de investigación dentro da química, debido a súa elevada versatilidade. A ampla diversidade estrutural que poden presentar, xunto coa súa capacidade de reter substancias no seu interior, así como a súa a flexibilidade, biodegradabilidade e biocompatibilidade, converten estes materiais en candidatos de gran interese para o desenvolvemento de aplicacións en sectores tan diversos como a industria alimentaria, cosmética, farmacéutica, biomédica e medioambiental. Este Traballo de Fin de Grao céntrase no estudo de xelantes orgánicos de baixo peso molecular (LMWOGs). En particular, lévase a cabo a síntese dunha molécula bolaanfifílica derivada do ácido (-)-shikímico cunha cadea alquílica intermedia de 12 átomos de carbono de lonxitude. Avalíase a súa capacidade xelante en diferentes disolventes mediante o cálculo da concentración mínima de xelificación nos casos en se forme xel de maneira estable. Ademais, estúdase o potencial dos hidroxeles desta molécula como sistema de liberación controlada de fármacos, mediante a formación de coxeles con dous antibióticos de amplo espectro (ampicilina e ácido nalidíxico) incorporados na súa rede tridimensional.
Dirección
Estévez Cabanas, Juan Carlos (Titoría)
QUIÑOA CABANA, EMILIO Cotitoría
Estévez Cabanas, Juan Carlos (Titoría)
QUIÑOA CABANA, EMILIO Cotitoría
Tribunal
GONZALEZ BELLO, CONCEPCION (Presidente/a)
SECO CASTRO, JOSÉ MANUEL (Secretario/a)
VAZQUEZ LOPEZ, MIGUEL (Vogal)
GONZALEZ BELLO, CONCEPCION (Presidente/a)
SECO CASTRO, JOSÉ MANUEL (Secretario/a)
VAZQUEZ LOPEZ, MIGUEL (Vogal)
Efectos agudos da deprivación sensorial durante a idade adulta na mielinización dos circuítos cerebrais
Autoría
G.T.P.
Grao en Bioloxía (3ªed)
G.T.P.
Grao en Bioloxía (3ªed)
Data da defensa
19.02.2025 11:00
19.02.2025 11:00
Resumo
O sistema nervioso central (SNC) ten a capacidade para reorganizarse en base a experiencias ou lesións, é o que coñecemos como plasticidade cerebral. Describiuse que a mielina, que envolve os axones neuronais e determina a súa velocidade de transmisión, é altamente plástica, a pesar de que non se coñecen con precisión os mecanismos que a regulan. Neste traballo estudamos se unha lesión periférica pode inducir, a curto prazo, cambios na mielinización de circuítos centrais a escala de cerebro completo na expresión da proteína básica da mielina nas proxeccións corticais ao lesionar cirurxicamente as vías nerviosas das vibrisas en ratos adultos. O estudo levouse a cabo coa técnica de clarificación de tecido iDISCO+, a microscopia de folla de luz (lightsheet microscopy) e ferramentas bioinformáticas de análise de datos como ClearMap ou Imaris. Con estas técnicas conseguimos descartar a existencia de remodelado mielínico a curto prazo tras a lesión das vibrisas en ratos adultos.

VIEITES PRADO, ALBA (Titoría)
VIEITES PRADO, ALBA (Titoría)
Tribunal
POMBO RAMOS, CELIA MARIA (Presidente/a)
VILAS PETEIRO, ROMAN (Secretario/a)
ADRIO FONDEVILA, MARIA FATIMA (Vogal)
POMBO RAMOS, CELIA MARIA (Presidente/a)
VILAS PETEIRO, ROMAN (Secretario/a)
ADRIO FONDEVILA, MARIA FATIMA (Vogal)
Efectos da biofumigación sobre o funcionamento do chan en cultivos de pemento
Autoría
I.T.R.
Grao en Bioloxía (3ªed)
I.T.R.
Grao en Bioloxía (3ªed)
Data da defensa
19.02.2025 10:00
19.02.2025 10:00
Resumo
A prohibición do uso de agroquímicos na UE e a necesidade de empregar alternativas máis sostibles na protección de cultivos fixo que se renove o interese por métodos tradicionais para o control de patóxenos. Entre eles atópase o uso de brásicas trituradas (biofumigación), a cobertura do chan con plásticos (solarización) ou a combinación de ambas as técnicas (biosolarización). A emenda con brásicas supón unha achega de materia orgánica que axuda a mellorar as condicións físicas e químicas do solo e, por tanto, a incrementar o rendemento dos cultivos. Ademais, as brásicas producen unhas substancias químicas (glucosinolatos) que ao descompoñerse forman isotiocianatos, con actividade antimicrobiana. Esta actividade antimicrobiana podería ter efectos positivos sobre os cultivos (ex. en calidade e produción de froitos) ao exercer un control sobre os patóxenos do solo. Con todo, aínda se coñece pouco sobre os efectos desta técnica nas condicións bióticas e fisicoquímicas do solo, particularmente no cultivo do pemento, unha especie hortícola de especial relevancia en Galicia. O obxectivo deste traballo é determinar o efecto da utilización de brásicas como biofumigantes sobre as características bióticas e abióticas do solo en cultivos de pemento. Os resultados amosan un efecto positivo dos tratamentos de biofumigación e biosolarización en moitas das variables do solo estudadas, mentres que a solarización por si mesma non se diferencia significativamente do control. O cultivo de pemento parece aproveitar de forma eficaz as melloras nas condicións do solo propiciadas pola biofumigación e biosolarización, xa que no momento da colleita moitas dos efectos sobre as variables estudadas suavízanse ou desaparecen. Aínda que o contido de ADN no solo non variou co aporte de brásicas, compre seguir estudando para determinar se hai cambios na composición e funcionalidade das comunidades de microorganismos do solo.

LEMA MARQUEZ, MARGARITA Cotitoría