Descifrando o papel central de p38alfa no control da homeostase enerxética e as súas implicacións nas enfermidades metabólicas.
Autoría
A.A.G.
Máster Universitario en Neurociencia (2ª ed)

Data da defensa
18.07.2025 11:55
18.07.2025 11:55
Resumo
A quinasa p38alfa participa en múltiples procesos celulares, incluída a regulación do metabolismo enerxético. Estudos previos do grupo analizaron a súa función no núcleo arcuato (ARC) do hipotálamo, unha rexión clave para o control da homeostase enerxética, a inxesta e o metabolismo da glicosa. Para iso, eliminouse p38alfa nas dúas principais poboacións neuronais presentes no núcleo ARC, as neuronas AgRP e as neuronas POMC. Comprobouse que unha eliminación nas neuronas POMC provoca unha perda de peso corporal, mentres que a eliminación de p38alfa nas neuronas AgRP provoca un aumento do peso corporal en ratos. Isto suxire unha regulación diferencial do metabolismo corporal dependente do tipo neuronal no que se elimine p38alfa, o que resalta a relevancia de estudar en profundidade as implicacións fisiolóxicas desta quinase. O presente traballo centrouse en analizar as consecuencias periféricas e a relación entre a eliminación de p38alfa nas neuronas AgRP en ratos alimentados cunha dieta estándar, e a súa influencia sobre tecidos metabolicamente relevantes como o fígado, o tecido adiposo branco (WAT) e o tecido adiposo pardo (BAT). Con tal fin, estudáronse os tres tecidos desde o punto de vista histolóxico, pero tamén se estudou a expresión de proteínas relacionadas coa termoxénese, como UCP1 (Proteína desacoplante 1), e de proteínas relacionadas coa lipólise hepática, como LPL (lipoproteinlipase), mediante as técnicas de Western blot e q-PCR. A nivel morfolóxico, obsérvase un incremento do tamaño dos adipocitos, tanto en WAT, BAT como no fígado, naqueles ratos onde se eliminou p38alfa nas neuronas AgRP. En canto á avaliación dunha posible diminución da termoxénese como posible explicación ao incremento de peso destes animais, non se atoparon diferenzas significativas en BAT, e observouse unha tendencia á redución da expresión de UCP1 en WAT. A nivel hepático, detectouse un aumento na acumulación de lípidos, confirmado por tincións específicas e acompañado dunha alteración na expresión de FGF21 (Factor de crecemento fibroblástico 21), o que suxire unha posible vía de compensación metabólica mediada por este. En definitiva, este traballo profundou nos mecanismos de comunicación intertisular mediados por p38alfa no hipotálamo, e no seu papel na regulación do metabolismo, para contribuír á comprensión da fisiopatoloxía da obesidade.

Dirección
MUÑOZ PATIÑO, ANA MARIA (Titoría)
FOLGUEIRA COBOS, CINTIA Cotitoría
MUÑOZ PATIÑO, ANA MARIA (Titoría)
FOLGUEIRA COBOS, CINTIA Cotitoría
Tribunal
Rodriguez Diaz, Miguel Angel (Coordinador)
Rivadulla Fernández, Juan Casto (Presidente/a)
ADRIO FONDEVILA, MARIA FATIMA (Secretario/a)
RODRIGUEZ PALLARES, JANNETTE (Vogal)

Caracterización molecular de células nai pluripotentes inducidas derivadas de pacientes con CADASIL
Autoría
D.A.T.
Máster Universitario en Neurociencia (2ª ed)
D.A.T.
Máster Universitario en Neurociencia (2ª ed)
Data da defensa
18.07.2025 11:55
18.07.2025 11:55
Resumo
CADASIL (Arteriopatía Cerebral Autosómica Dominante con Infartos Subcorticais e Leucoencefalopatía) é unha enfermidade cerebrovascular hereditaria causada por variantes patóxenas (VPs) no xene NOTCH3. No presente traballo empregáronse liñas de células nai pluripotentes inducidas humanas (hiPSCs) derivadas de pacientes con diferentes VPs, xunto cun suxeito control, co obxectivo de analizar a súa utilidade no modelado in vitro da enfermidade. Os obxectivos principais foron, por unha banda, caracterizar as hiPSCs xeradas, incluíndo a expresión de marcadores pluripotentes, así como a súa capacidade de diferenciación dirixida ás tres liñaxes embrionarias (endoderma, mesoderma e ectoderma). Por outra banda, estudouse a acumulación aberrante da proteína Notch3 asociada á patoloxía nas hiPSCs mediante ensaios de inmunofluorescencia co fin de analizar posibles diferenzas entre os pacientes e o suxeito control. Estes estudos preliminares permitiron validar a calidade e estabilidade das liñas hiPSCs xeradas, un paso fundamental para o seu uso en futuros modelos celulares e no estudo dos mecanismos moleculares implicados en CADASIL.

Rodriguez Diaz, Miguel Angel (Titoría)
CAMPOS PEREZ, FRANCISCO Cotitoría
Rodriguez Diaz, Miguel Angel (Titoría)
CAMPOS PEREZ, FRANCISCO Cotitoría
Tribunal
Rodriguez Diaz, Miguel Angel (Coordinador)
Ferreira Faro, LilianRosana (Presidente/a)
Spuch Calvar, Carlos (Secretario/a)
CANDAL SUAREZ, EVA MARIA (Vogal)

Modulación da actividade EEG en repouso mediante tACS theta-gamma en deterioración cognitiva subxectiva e deterioración cognitiva leve. Implicacións para as redes de memoria no envellecemento.
Autoría
F.C.P.
Máster Universitario en Neurociencia (2ª ed)
F.C.P.
Máster Universitario en Neurociencia (2ª ed)
Data da defensa
18.07.2025 16:05
18.07.2025 16:05
Resumo
A estimulación transcraneal por corrente alterna (tACS) é unha técnica non invasiva que permite modular a actividade oscilatoria cerebral. Neste estudo aplicouse tACS con axuste theta-gamma (6 Hz-80 Hz), un patrón asociado a procesos de memoria episódica e de traballo, os cales vense alterados en etapas temperás da deterioración cognitiva. Vinte e dous adultos con deterioración cognitiva subxectiva (DCS) ou leve (DCL) participaron nun deseño intra-suxeito, aleatorizado e contrabalanceado, no que recibiron dúas condicións de intervención (real vs. sham), consistentes en oito sesións consecutivas de tACS (20 min sobre o córtex prefrontal dorsolateral esquerdo), combinadas con adestramento cognitivo, separadas por un período de lavado de 6 a 12 semanas. Rexistrouse EEG en repouso con ollos pechados en tres momentos: unha medida de liña base antes de iniciar as intervencións, e dous rexistros posteriores, tras finalizar cada unha das condicións (tACS real e sham). Os datos de EEG foron preprocesados e analizados para extraer a potencia nas bandas theta e gamma. Posteriormente, realizáronse ANOVAs de medidas repetidas cos factores sesión, intervención e eléctrodo. A análise revelou diferenzas significativas na potencia theta en rexións parietais (F (1,21) = 8.48, p = .008) e temporais (F (1,21) = 6.57, p = .018), cun aumento significativo da potencia theta media (rango definido: 5.5-6.5 Hz) en P3 (p = .047) e da potencia theta focal (rango definido: 5.9-6.1 Hz) en T7 (p = .043) tras a condición de tACS real. Non se observaron efectos comparables nos eléctrodos homólogos do hemisferio dereito nin na condición sham. Non se atoparon efectos significativos na banda gamma. Estes resultados achegan evidencia preliminar de que a tACS con axuste theta-gamma pode modular a actividade theta en repouso en áreas vinculadas ás redes frontoparietal e frontotemporal, implicadas en funcións de memoria. Este achado podería ter implicacións para futuras estratexias de intervención non invasiva en etapas temperás da deterioración cognitiva.

GALDO ALVAREZ, SANTIAGO (Titoría)
CORREA JARABA, KENIA SHAILY Cotitoría
GALDO ALVAREZ, SANTIAGO (Titoría)
CORREA JARABA, KENIA SHAILY Cotitoría
Tribunal
Rodriguez Diaz, Miguel Angel (Coordinador)
Rodriguez Diaz, Miguel Angel (Presidente/a)
CESPON GONZALEZ, JESUS (Secretario/a)
VICENTE ALBA, FRANCISCO JAVIER (Vogal)

Búsqueda de fármacos reguladores do programa de mielinización en células de Schwann.
Autoría
J.C.B.
Máster Universitario en Neurociencia (2ª ed)
J.C.B.
Máster Universitario en Neurociencia (2ª ed)
Data da defensa
18.07.2025 11:55
18.07.2025 11:55
Resumo
As células de Schwann son células gliais especializadas do sistema nervioso periférico que elaboran a vaíña de mielina ao largo de axóns de gran tamaño. Isto permite a condución saltatoria do impulso nervioso e proporciona soporte trófico e metabólico a estes axóns. Calquera defecto na vaíña de mielina tanto por alteracións das células de Schwann como polo entorno nervioso, ben sexa debido a enfermidades xenéticas ou adquiridas, poden provocar transtornos neurolóxicos moi debilitantes e incluso fatais, como a enfermidade de Charcot-Marie-Tooth. Na actualidade, non existe cura ou tratamento farmacolóxico axeitado para estas enfermidades. Nun cribado farmacolóxico preliminar, identificáronse varios fármacos de molécula pequena que poden modular a indución da mielinización en células de Schwann in vitro, que foron validados en ensaios secundarios de confirmación de hits. Ademais, estudouse como algúns destes fármacos modulan a expresión de ARNm e proteínas esenciais para a formación da vaíña de mielina, téndose atopado resultados prometedores. Os fármacos estudados pertencen á biblioteca Prestwick, conformada na súa maioría por fármacos aprobados para o seu uso por distintas axencias de regulación de medicamentos, o que facilitaría a súa introdución en clínica. Este traballo constitúe un punto de partida cara a procura de novas opcións terapéutticas efectivas fronte neuropatías periféricas, que actualmente carecen de tratamentos farmacolóxicos eficaces.

Woodhoo , Ashwin (Titoría)
Woodhoo , Ashwin (Titoría)
Tribunal
Rodriguez Diaz, Miguel Angel (Coordinador)
Rivadulla Fernández, Juan Casto (Presidente/a)
ADRIO FONDEVILA, MARIA FATIMA (Secretario/a)
RODRIGUEZ PALLARES, JANNETTE (Vogal)
Rodriguez Diaz, Miguel Angel (Coordinador)
Rivadulla Fernández, Juan Casto (Presidente/a)
ADRIO FONDEVILA, MARIA FATIMA (Secretario/a)
RODRIGUEZ PALLARES, JANNETTE (Vogal)
Análise funcional do perfil proteómico de vesículas extracelulares derivadas de cultivos neuronais humanos
Autoría
M.C.C.
Máster Universitario en Neurociencia (2ª ed)
M.C.C.
Máster Universitario en Neurociencia (2ª ed)
Data da defensa
18.07.2025 11:55
18.07.2025 11:55
Resumo
As vesículas extracelulares (EVs) son micropartículas membranosas segregadas ao espazo extracelular por todos os tipos celulares. Aínda que as EVs foron consideradas orixinalmente como vehículos para a eliminación de moléculas de refugallo, actualmente recoñécese a súa implicación en múltiples procesos fisiolóxicos e patolóxicos. No ámbito da Neurociencia, as EVs comezaron a ser utilizadas como unha potencial fonte de biomarcadores para o diagnóstico, prognóstico e monitorización terapéutica de diversas enfermidades neurolóxicas. Ademais, as EVs presentan características óptimas como posibles vectores para a entrega de fármacos ao cerebro. Por iso, sería interesante caracterizar as EVs non só en condicións fisiolóxicas senón tamén patolóxicas. O uso de modelos in vitro como os cultivos celulares podería ser interesante debido ás súas vantaxes mecanísticas e a súa capacidade de producir proteínas similares ás sintetizadas in vivo. O obxectivo do presente estudo consistiu en realizar unha caracterización funcional das EVs producidas por diferentes liñas neuronais humanas derivadas de neuroblastomas: IMR-32, SK-N-BE(2) e SH-SY5Y mediante espectrometría de masas (LC-MS/MS). Para iso, realizouse unha análise bioinformático das proteínas identificadas co fin de avaliar os termos GO asociados (i.e., procesos biolóxicos, compoñentes celulares e funcións moleculares). Os resultados obtidos suxeriron que as EVs derivadas de cultivos neuronais reflicten características esenciais das EVs como a súa heteroxeneidade, a súa dependencia da orixe e estado fisiolóxico da célula parental ou o seu papel fundamental na comunicación intercelular. Ademais, observouse un enriquecemento de diferentes procesos específicos en cada unha das liñas neuronais. En xeral, os cultivos neuronais poderían ser un bo modelo in vitro para estudar o contido proteico das EVs derivadas de neuronas, especialmente naquelas situacións nas que a simplicidade do ambiente puidese considerarse un aspecto vantaxoso.

LABANDEIRA GARCIA, JOSE LUIS (Titoría)
Cantero Lorente, José Luis Cotitoría
LABANDEIRA GARCIA, JOSE LUIS (Titoría)
Cantero Lorente, José Luis Cotitoría
Tribunal
Rodriguez Diaz, Miguel Angel (Coordinador)
Ferreira Faro, LilianRosana (Presidente/a)
Spuch Calvar, Carlos (Secretario/a)
CANDAL SUAREZ, EVA MARIA (Vogal)
Rodriguez Diaz, Miguel Angel (Coordinador)
Ferreira Faro, LilianRosana (Presidente/a)
Spuch Calvar, Carlos (Secretario/a)
CANDAL SUAREZ, EVA MARIA (Vogal)
Resposta termoxénica ao frío nunca modelo de desmielinización periférica
Autoría
M.M.G.
Máster Universitario en Neurociencia (2ª ed)
M.M.G.
Máster Universitario en Neurociencia (2ª ed)
Data da defensa
18.07.2025 11:55
18.07.2025 11:55
Resumo
O tecido adiposo pardo (BAT) encárgase da termoxénese non asociada aos arrepíos do organismo. A súa capacidade termoxénica débese á súa aptitude para disipar a enerxía obtida na cadea transportadora de electróns en forma de calor, grazas á proteína desacopladora UCP1. A actividade do BAT está modulada polo sistema nervioso simpático (SNS), ademais de por diferentes rutas hormonais. Existen múltiples patoloxías do sistema nervioso periférico (SNP) que alteran a transmisión do impulso nervioso aos órganos periféricos e que tamén afectan á percepción das aferencias procedentes destes órganos, necesarias para manter a homeostase corporal. Entre elas atópase a enfermidade de Charcot-Marie-Tooth (CMT), a enfermidade neurodexenerativa hereditaria máis común. Na actualidade, non se ten constancia da afectación nestes pacientes da modulación da actividade termoxénica do BAT, aínda que si se teñen reportado síntomas relacionados coa incapacidade para modular a temperatura corporal en función de estímulos externos noutras enfermidades de etioloxía semellante, como a sindrome de Guillain-Barré. Neste estudo, atopamos diferenzas na resposta termoxénica aguda e crónica en ratos con CMT1A en comparación con ratos sans WT. Finalmente, as nosas análises funcionais, moleculares e morfolóxicas demostran varias alteracións significativas na resposta termoxénica do BAT tras a exposición ao frío.

VARELA REY, MARTA MARIA Cotitoría
Woodhoo , Ashwin (Titoría)
VARELA REY, MARTA MARIA Cotitoría
Tribunal
Rodriguez Diaz, Miguel Angel (Coordinador)
Rivadulla Fernández, Juan Casto (Presidente/a)
ADRIO FONDEVILA, MARIA FATIMA (Secretario/a)
RODRIGUEZ PALLARES, JANNETTE (Vogal)
Rodriguez Diaz, Miguel Angel (Coordinador)
Rivadulla Fernández, Juan Casto (Presidente/a)
ADRIO FONDEVILA, MARIA FATIMA (Secretario/a)
RODRIGUEZ PALLARES, JANNETTE (Vogal)
Efecto da intervención musical en persoas con deterioro cognitivo
Autoría
N.N.D.
Máster Universitario en Neurociencia (2ª ed)
N.N.D.
Máster Universitario en Neurociencia (2ª ed)
Data da defensa
18.07.2025 16:05
18.07.2025 16:05
Resumo
Introdución: O deterioro cognitivo constitúe un desafío sociosanitario crecente, ligado ao envellecemento poboacional. Ademais das alteracións cognitivas, a ansiedade e os cambios emocionais poden limitar a participación social e afectar a identidade da persoa, repercutindo tamén no seu contorno máis próximo. Neste contexto, as intervencións non farmacolóxicas, como a música, xorden como opcións seguras para promover o benestar e fortalecer o vínculo coa propia historia. Obxectivos: Analizar o impacto dunha intervención musical na ansiedade, calidade de vida, benestar e participación de persoas con deterioro cognitivo, así como estudar a súa relación previa coa música. Material e métodos: Este estudo, de deseño cuasiexperimental sen grupo control, analizou o efecto dunha intervención musical grupal en persoas con deterioro cognitivo, realizada nunha asociación local mediante sesións participativas que integraban canto, creación musical e movemento acompasado. Toda a intervención foi deseñada cun enfoque inspirado na cultura popular e no vínculo co mar. Empregáronse ferramentas validadas para avaliar a ansiedade (Hamilton), calidade de vida (QoL-AD), benestar (MiDAS), relación coa música (MRQ) e participación (MTED). Resultados: Na poboación do estudo (n=17), tras a intervención observouse unha tendencia á diminución dos niveis de ansiedade total (inicio 5,4 + 2,93 ; final 4,5 + 2,65; p=0,10), sendo o cambio maior na ansiedade psíquica ca na somática. Detectouse un posible impacto positivo na calidade de vida (QoL AD inicio 37,4 + 2,31 e final 37,7 + 2,13; p=0,374), incrementándose o valor de varios ítems. Observouse un aumento na valoración do benestar relacionado coa intervención musical (MiDAS) ao longo das catro sesións. O MRQ mostrou unha gran variabilidade na relación previa das persoas participantes coa música. Por último, observouse un incremento nos niveis de participación entre a primeira sesión (MTED 16,2 + 3,71) e a última sesión (MTED 16,6 + 3,64), especialmente no grao de comunicación ao longo da sesión. Conclusión: Estes achados suxiren un posible efecto beneficioso dunha intervención musical neste grupo poboacional e poñen de manifesto a necesidade de implementalas.

Ferreira Faro, LilianRosana (Titoría)
Spuch Calvar, Carlos Cotitoría
Ferreira Faro, LilianRosana (Titoría)
Spuch Calvar, Carlos Cotitoría
Tribunal
Rodriguez Diaz, Miguel Angel (Coordinador)
Rodriguez Diaz, Miguel Angel (Presidente/a)
CESPON GONZALEZ, JESUS (Secretario/a)
VICENTE ALBA, FRANCISCO JAVIER (Vogal)
Rodriguez Diaz, Miguel Angel (Coordinador)
Rodriguez Diaz, Miguel Angel (Presidente/a)
CESPON GONZALEZ, JESUS (Secretario/a)
VICENTE ALBA, FRANCISCO JAVIER (Vogal)
Interacción entre o sistema homeostático e o sistema hedónico no control da conduta alimentaria
Autoría
D.J.N.Y.
Máster Universitario en Neurociencia (2ª ed)
D.J.N.Y.
Máster Universitario en Neurociencia (2ª ed)
Data da defensa
18.07.2025 18:50
18.07.2025 18:50
Resumo
A interacción dinámica entre os sistemas homeostático e hedónico regula a inxesta de alimentos nos individuos. Para comprender como se relacionan estes dous sistemas, desenvolveuse un modelo computacional que explora diferentes mecanismos de interacción entre eles. O sistema homeostático modelouse mediante un conxunto de ecuacións diferenciais que representan a variación temporal de substancias como a grelina e a leptina, que son clave na regulación da sensación de fame e saciedade. O modelo matemático simula de forma realista o sinal de fame baseándose en principios fisiolóxicos, reflectindo como o corpo xestiona o seu equilibrio enerxético. Complementariamente, o sistema hedónico representouse mediante un sistema de aprendizaxe por reforzo, seguindo o enfoque Q-Learning. O axente que integra este sistema explora un ambiente de grella e alí aprende a localizar e consumir alimentos en función da recompensa, ou pista hedónica, obtida para cada acción. Para cada estado do axente, a pista hedónica calcúlase a partir dos valores Q asociados a cada posible acción. O valor Q reflicte a recompensa esperada despois de realizar unha determinada acción nese estado. O estudo, mediante simulación, céntrase na integración destes dous sinais: o sinal de fame calculado polas ecuacións diferenciais do sistema homeostático e o sinal hedónico xerado polo sistema de aprendizaxe por reforzo do axente. Dado que o comportamento do axente está influenciado tanto pola súa necesidade fisiolóxica como pola desexabilidade dos alimentos, identificar o mecanismo de integración de ambos os sistemas é clave para comprender e predicir a toma de decisións con respecto á inxesta de alimentos. O obxectivo principal deste traballo é simular e probar varias hipóteses sobre como interactúan estes dous sistemas. Por exemplo, o obxectivo é explorar escenarios nos que un sistema pode dominar o outro, onde hai sinais que inflúen en ambas as direccións, analizar a dinámica das oscilacións da inxesta e comprender como as variacións nos parámetros clave de cada sistema afectan o comportamento alimentario xeral. Esta abordaxe híbrida ofrece unha ferramenta para investigar a complexa relación entre a necesidade biolóxica e o pracer na regulación da alimentación.

Sánchez Vila, Eduardo Manuel (Titoría)
Sánchez Vila, Eduardo Manuel (Titoría)
Tribunal
Rodriguez Diaz, Miguel Angel (Coordinador)
BARREIRO IGLESIAS, ANTON (Presidente/a)
Pérez Fernández, Juan (Secretario/a)
Rodriguez Diaz, Miguel Angel (Vogal)

Optimización e validación do emprego de metabarcoding para a caracterización de comunidades de coleópteros epifíticos
Autoría
S.P.V.
Máster Universitario en Biodiversidade Terrestre: Caracterización, Conservación e Xestión
S.P.V.
Máster Universitario en Biodiversidade Terrestre: Caracterización, Conservación e Xestión
Data da defensa
18.07.2025 10:00
18.07.2025 10:00
Resumo
A escaseza de taxónomos expertos con coñecementos sobre varios grupos biolóxicos dificulta a identificación de especies e o seguimento de comunidades. O metabarcoding permite paliar este problema ao identificar numerosos individuos simultaneamente mediante a secuenciación de marcadores xenéticos. Porén, esta técnica non sempre posibilita a detección de todas as especies nin a estimación precisa da abundancia. Unha das causas é a variación na biomasa dos espécimes, que afecta á cantidade relativa de ADN aportada por cada un. Isto pódese minimizar separando os individuos por tamaño, mais aumenta o custo de secuenciación. Unha alternativa máis económica é a realización dunha mestura (coñecida como pooling) dos lisados dos distintos grupos de tamaño. Outro factor que afecta aos resultados é a afinidade dos cebadores (primers) coas secuencias de ADN, polo que é importante determinar os primers específicos para o grupo de interese. O obxectivo deste traballo é optimizar e validar a técnica de metabarcoding para determinar a composición de comunidades de coleópteros epifíticos, testando a validez de alternativas máis económicas. Para iso, separáronse os espécimes en tres categorías de tamaño e identificáronse morfoloxicamente. As mostras procesáronse mediante tres procedementos de metabarcoding distintos: un que secuencia as mostras por tamaño e dous que empregan un pooling. Os métodos de pooling difiren no criterio usado para determinar o volume de lisado de cada tamaño: un utiliza valores de abundancia mentres o outro usa unha relación (4:16:80) que introduce un maior volume de lisado dos exemplares pequenos. Trala secuenciación, analizouse o inventario taxonómico obtido e calculáronse distintas facetas da diversidade a partir dos resultados dos métodos moleculares usados e da identificación morfolóxica, comparándoos entre si. Antes da secuenciación, escolleuse o primer más efectivo para este tipo de mostras e testouse a posibilidade de usar un só par. O metabarcoding aportou un inventario da comunidade similar á identificación morfolóxica, detectando menos xéneros, mais cunha maior resolución taxonómica. A secuenciación por tamaños demostrou ser o método que proporciona resultados máis similares ao morfolóxico, detectando entre un 5% e un 9% máis de xéneros que os métodos de pooling. Porén, ningún dos métodos de secuenciación aportou estimas precisas de abundancia, afectando incluso á distribución da abundancia e aos valores dos índices de diversidade. Isto indica que o metabarcoding con secuenciación por tamaños é o método óptimo para estudos de presenza e ausencia, mais non é recomendable para estudos de abundancia.

GOMEZ RODRIGUEZ, CAROLA (Titoría)
LORENZO CARBALLA, MARÍA OLALLA Cotitoría

AMIGO VAZQUEZ, FRANCISCO JAVIER (Presidente/a)
LOPEZ RODRIGUEZ, Mª DEL CARMEN (Secretario/a)
REYES FERREIRA, OTILIA (Vogal)

Efectos da HD tACS na memoria de traballo en adultos con deterioro cognitivo leve e subxectivo
Autoría
A.P.R.P.
Máster Universitario en Neurociencia (2ª ed)
A.P.R.P.
Máster Universitario en Neurociencia (2ª ed)
Data da defensa
18.07.2025 16:05
18.07.2025 16:05
Resumo
A estimulación transcraneal por corrente alterna (tACS) permite modular a actividade oscilatoria cerebral e, en persoas sans, asociouse con melloras na memoria de traballo (MT). Porén, a súa eficacia en persoas maiores con deterioro cognitivo subxectivo (DCS) ou deterioro cognitivo leve (DCL) continúa sendo pouco explorada. O obxectivo deste estudo foi avaliar se a tACS theta gamma combinada con adestramento cognitivo (EC) mellora o rendemento nunha tarefa de MT e modula a actividade electrofisiolóxica relacionada coa atención dirixida (N2b) e cos procesos de actualización da memoria de traballo (P3b), así como se estes efectos difiren segundo o sexo. Participaron 26 adultos con DCS DCL (de 57 a 83 anos) nun deseño cruzado contrabalanceado, no que cada participante recibiu dúas intervencións (real e placebo), separadas por un período de 6 a 12 semanas. Cada intervención consistiu en oito sesións consecutivas de estimulación tACS (20 minutos) xunto cun EC (30 minutos). Aplicouse tACS theta gamma a 6 Hz, con ráfagas de 80 Hz acopladas aos picos de cada ciclo de theta, sobre o electrodo AF3, correspondente á cortiza prefrontal dorsolateral esquerda (DLPFC). A MT foi avaliada antes e despois de cada intervención mediante unha tarefa visual de emparellamento demorado. Rexistráronse medidas condutuais (acertos, tempos de reacción e rexeitamentos correctos) e analizáronse as amplitudes dos compoñentes N2b (en F3, F4, C3 e C4) e P3b (en F3, F4, P3 e P4) dos potenciais evocados (PEs). Os ANOVAs (Condición x Sesión x Sexo) amosaron melloras significativas nas mulleres tras a tACS real, con tempos de reacción máis baixos (F(1,24)=5,211, p=0.032) en comparación coa intervención placebo. Nos homes non se observaron efectos significativos. En canto aos PEs, as análises de varianza de medidas repetidas (Condición x Sesión x Sexo) mostraron, para o compoñente N2b, un incremento consistente da amplitude tras a intervención en comparación coa avaliación previa, principalmente en tarefas de baixa carga cognitiva, independentemente do sexo. No tocante ao compoñente P3b, as ANOVAs de medidas repetidas (Condición x Sesión x Electrodo x Sexo) tamén mostraron un incremento da amplitude na sesión post intervención, así como interaccións segundo a localización do electrodo. Non se rexistraron efectos sistemáticos da condición experimental nin do sexo. Os achados suxiren que a tACS theta gamma podería contribuír a unha mellora parcial na velocidade de resposta en mulleres con DCS DCL. Ademais, podería considerarse como unha ferramenta para modular procesos atencionais e de actualización nesta poboación.

Impacto da fatiga mental e a súa relación co risco de caídas: estudo piloto
Autoría
E.S.C.
Máster Universitario en Neurociencia (2ª ed)
E.S.C.
Máster Universitario en Neurociencia (2ª ed)
Data da defensa
18.07.2025 13:15
18.07.2025 13:15
Resumo
A fatiga mental é un estado psicobiolóxico caracterizado por un aumento da sensación de cansazo e/ou unha diminución transitoria do rendemento cognitivo, causados por períodos prolongados de actividade cognitiva esixente. Investigacións recentes suxiren que a fatiga mental pode producir alteracións no control motor, afectando a estabilidade postural. As teorías clásicas consideran que o control postural está esencialmente regulado por reflexos espinais e troncoencefálicos, requirindo unha mínima participación executiva. Porén, recentemente suxeriuse un papel substancial do control executivo (top-down) sobre as estruturas motoras implicadas no equilibrio. Estes achados invitan a pensar que distintas áreas implicadas no control executivo (diferentes rexións do córtex prefrontal PFC, activas na realización de distintas tarefas cognitivas) poden estar implicadas de maneira diversa no control postural. De ser así, a fatiga mental podería alterar o control postural. Algúns estudos preliminares, escasos, así o apuntan, pero os mecanismos son descoñecidos. Polo tanto, neste traballo pretendemos determinar o impacto da fatiga xerada por tarefas cognitivas vinculadas a diferentes funcións executivas (control inhibitorio e memoria de traballo) na estabilidade postural. Para iso, leváronse a cabo 3 sesións experimentais (n=8, persoas novas) nas que se xerou fatiga mental mediante 3 tarefas cognitivas distintas (incluída unha de control), repetidas varias veces en cada sesión e avaliándose a estabilidade postural estática dos participantes. Tamén se avaliou a excitabilidade das motoneuronas espiñais mediante a curva de recrutamento do reflexo H ao inicio e ao final da sesión, cuxa pendente da curva se asocia negativamente coa estabilidade postural. O nivel de fatiga xerado polas tres tarefas aumentou coa progresión das repeticións. Cando o control postural se avaliou durante a realización das tarefas cognitivas, observouse maior inestabilidade postural co avance das repeticións, acompañada dunha diminución da amplitude do reflexo H. Non obstante, estes efectos foron independentes do tipo de tarefa cognitiva que xerou a fatiga. Os nosos resultados suxiren un importante control prefrontal no equilibrio postural humano.

Arias Rodríguez, Pablo (Titoría)
Rivadulla Fernández, Juan Casto Cotitoría
Arias Rodríguez, Pablo (Titoría)
Rivadulla Fernández, Juan Casto Cotitoría
Tribunal
Rodriguez Diaz, Miguel Angel (Coordinador)
Pombal Diego, Manuel Ángel (Presidente/a)
Covelo Fernández, Ana (Secretario/a)
Folgueira Otero, Mónica (Vogal)

Procesos cognitivos e modulación del dor: índices de actividade cerebral
Autoría
C.S.L.
Máster Universitario en Neurociencia (2ª ed)
C.S.L.
Máster Universitario en Neurociencia (2ª ed)
Data da defensa
18.07.2025 16:05
18.07.2025 16:05
Resumo
Investigacións previas demostraron unha interacción entre a actividade cognitiva e a nocicepción, atopando que a realización de tarefas cognitivas diminúe a percepción da dor. Ademais, a presentación de estímulos dolorosos interfire coa realización de ditas tarefas, efectos que se reflicten en cambios na actividade eléctrica cerebral (EEG). Nestes estudos, as tarefas cognitivas adoitan presentarse habitualmente nunha pantalla de ordenador, mentres que os estímulos dolorosos se aplican na man. Isto fai que non sexa posible disociar se os efectos se deben ao desvío atencional da man estimulada ou a outros factores como a carga cognitiva das tarefas. Para separar os efectos do desvío atencional e a carga cognitiva, deseñamos unhas pulseiras con pantalla que, colocadas en ambos pulsos, permiten a realización de tarefas de maneira ipsilateral ou contralateral á man que recibe a estimulación nociceptiva. Na sesión experimental, rexistramos o EEG durante a aplicación dun paradigma de sumación temporal da segunda dor (TSSP), consistente na presentación de series de 12 estímulos térmicos nociceptivos. Ao mesmo tempo, os participantes realizaban dúas tarefas de memoria de traballo n-back: 0-back (baixa carga cognitiva) e 2-back (elevada carga cognitiva). A mostra estivo composta por 21 universitarios sans (de entre 18 e 29 anos). Avaliouse a magnitude da TSSP e os potenciais evocados (ERPs) relacionados coas tarefas cognitivas para cada unha das condicións. Ademais, utilizamos escalas auto-informadas relacionadas coa ansiedade anticipatoria e o catastrofismo ante a dor. As análises indicaron que a TSSP non se ve afectada significativamente polo nivel de carga cognitiva ou desvío da atención, nin pola interacción entre estes factores. Non obstante, a amplitude dos compoñentes N2 e P3 ante os estímulos visuais usados na tarefa cognitiva aumentou coa carga cognitiva (2-back mayor 0-back) e co desvío atencional (contralateral mayor ipsilateral). Estes resultados suxiren que a atención a estímulos nociceptivos resta recursos de procesamento dedicados á realización de tarefas cognitivas, ao tempo que mostran a complexidade da interacción entre procesos nociceptivos e cognitivos.

Carrillo De la Peña, María Teresa (Titoría)
Gil Ugidos, Antonio Cotitoría