
Na segunda feira, 13 de novembro, teremos no salón de actos de Filoloxía o acto da entrega dos premios do Concurso literario Mazarelos.
Nesta IX edición o xurado concedeu pola primeira vez dous primeiros premios ex aequo, para as obras Os sucesos, de Abel Lorenzo-Rodríguez, actualmente estudante do mestrado en Profesorado, e Quen matou a a González Vallés?, de Gael Uxío Proupín Cantelar, estudante do programa de doutoramento en Historia Contemporánea, quen xa gañara tamén a edición do ano anterior.
O acto da entrega dos premios contará coa presenza do decano de Filoloxía e de representantes da Universidade, do seu Servizo de Normalización Lingüística e da Xunta da Galiza, así como coa actuación de Mondra.
Témo-la información de tódalas edicións do concurso na páxina do Mazarelos.