
A Facultade de Filoloxía ten o pracer de presentar a exposición “Marginais uma vírgula. Os Malditos sem vírgula Pingentes!”, inscrita na sección de exposicións temporais do Programa Contornos, de atención a ámbitos externos relacionados coa cultura e a sociedade.
O escritor e artista brasileiro/galego Francisco Rogido Fins preséntanos 24 gravuras en técnicas de xilogravuras, entallas e augafortes que homenaxean un conxunto de escritoras e escritores brasileiros, portugueses e galegos que foron e aínda son, nunha gran medida, considerados “marxinados” ou “malditos”.
Este proxecto expositivo foi posible grazas ao traballo e curadoría do profesor Carlos Quiroga, docente da Facultade de Filoloxía, e á curadoría visual da artista Nerea Rogido.
A mostra poderá visitarse no primeiro andar da facultade entre o 21/4/2022 e o 31/5/2022.