Ir o contido principal

Ciclo de Proxeccións + Obradoiro Lugares (d)escritos

'María Zambrano e O método dos claros' (2016) de José Manuel Mouriño

13.12.2021 | 18.30h

Facultade de Filoloxía
Sala de graos

Un achegamento á obra de José Ángel Valente, María Zambrano e Fernando Pessoa

'María Zambrano e O método dos claros' (2016) de José Manuel Mouriño
'María Zambrano e O método dos claros' (2016) de José Manuel Mouriño

A Facultade de Filoloxía da USC, en organización conxunta coa Vicerreitoría de Planificación, Tecnoloxías e Sustentabilidade, acolle un obradoiro teórico-práctico de investigación creativa que inclúe un ciclo de tres proxeccións sobre María Zambrano, Fernando Pessoa e José Ángel Valente. Todas as sesións teñen lugar ás 18.30 horas na Sala de Graos da Facultade. O 17 de novembro é a quenda de Fernando Pessoa. O 13 de decembro a sesión céntrase en María Zambrano e o 16 de decembro, en José Ángel Valente.

Máis información