O pensamento da pandemia por coronavirus a través da utilización da Idade Media (2020-2021)
Autoría
N.B.R.
Máster Universitario en Estudos Medievais Europeos: Imaxes, Textos e Contextos

Data da defensa
10.07.2025 12:00
10.07.2025 12:00
Resumo
A pandemia por coronavirus e o conseguinte confinamento tiveron un notable impacto no pensamento e a produción cultural da sociedade do seu momento. Como reacción ás novas circunstancias, a Idade Media usouse con maior frecuencia na cultura. O presente traballo busca explicar esta renovación do interese polo medieval no medio dunha crise global. Para iso, recompilamos materiais medievais que circularon dixitalmente entre 2020 e 2021, que analizaremos coa axuda metodolóxica do neomedievalismo. Centrarémonos particularmente nos memes, por funcionar como unha das principais ferramentas comunicativas durante o illamento.

Dirección
SANMARTÍN BARROS, ISRAEL (Titoría)
SANMARTÍN BARROS, ISRAEL (Titoría)
Tribunal
SANMARTÍN BARROS, ISRAEL (Coordinador)
ANGUITA JAEN, JOSE MARIA (Presidente/a)
CARREÑO LÓPEZ, SARA (Secretario/a)
PELAZ FLORES, DIANA (Vogal)
SANMARTÍN BARROS, ISRAEL (Coordinador)
ANGUITA JAEN, JOSE MARIA (Presidente/a)
CARREÑO LÓPEZ, SARA (Secretario/a)
PELAZ FLORES, DIANA (Vogal)
O Ars moriendi. Unha producción cultural dende a concepción da morte na Baixa Idade Media europea
Autoría
A.C.V.
Máster Universitario en Estudos Medievais Europeos: Imaxes, Textos e Contextos
A.C.V.
Máster Universitario en Estudos Medievais Europeos: Imaxes, Textos e Contextos
Data da defensa
10.07.2025 15:30
10.07.2025 15:30
Resumo
Unha análise do Ars moriendi como fonte histórica, a súa función como obra literaria de carácter relixioso e a súa influencia no cambio de mentalidade no momento de concebir a morte nos séculos finais da Baixa Idade Media; abordando cuestións como a relixiosidade, a difusión de novas ideas e a contemporaneidade desta fonte con outros tipos de expresións artísticas e culturais.

SANCHEZ SANCHEZ, XOSE MANOEL (Titoría)
SANCHEZ SANCHEZ, XOSE MANOEL (Titoría)
Tribunal
SANMARTÍN BARROS, ISRAEL (Coordinador)
ANGUITA JAEN, JOSE MARIA (Presidente/a)
CARREÑO LÓPEZ, SARA (Secretario/a)
PELAZ FLORES, DIANA (Vogal)
SANMARTÍN BARROS, ISRAEL (Coordinador)
ANGUITA JAEN, JOSE MARIA (Presidente/a)
CARREÑO LÓPEZ, SARA (Secretario/a)
PELAZ FLORES, DIANA (Vogal)
Mulleres de costa: unha lectura en feminino das vilas medievais da Mariña
Autoría
I.C.G.
Máster Universitario en Estudos Medievais Europeos: Imaxes, Textos e Contextos
I.C.G.
Máster Universitario en Estudos Medievais Europeos: Imaxes, Textos e Contextos
Data da defensa
10.07.2025 18:00
10.07.2025 18:00
Resumo
Algunhas vilas da Mariña supoñen un enclave importante dentro do fenómeno urbano medieval galego. Pero que pasa cando queremos ver estas cidades en feminino? Este traballo pretende afondar nese baleiro, realizando unha investigación que poña o foco de atención nas mulleres medievais que viven nesta costa. Por medio de revisión bibliográfica e consulta de arquivos locais, farase un achegamento aos distintos espazos cos que se poden relacionar estas damas costeiras. Por un lado, analizarase o espazo xurídico, no que se documentan numerosas mulleres con poder e influencia, especialmente visible no mercado de bens patrimoniais e nos testamentos. Por outro lado, examinaranse os espazos de elite, abordando a influencia dende a distancia das figuras rexias e o protagonismo das aristócratas laicas dende unha posición máis local. Ademais, farase un estudo dos espazos de relixión, principalmente daquelas mulleres ingresadas en mosteiros, pero tamén da excepcionalidade que supón a emparedada de Mondoñedo. Así mesmo, analizaranse os espazos do laboral, a través dos traballos específicos que desempeñan. Desta maneira, en xeral, abordaranse as diversas entidades femininas, ben sexa con nome propio ou co máis impreciso pero integrador anonimato.

PELAZ FLORES, DIANA (Titoría)
SANMARTÍN BARROS, ISRAEL Cotitoría
PELAZ FLORES, DIANA (Titoría)
SANMARTÍN BARROS, ISRAEL Cotitoría
Tribunal
SANMARTÍN BARROS, ISRAEL (Coordinador)
ANGUITA JAEN, JOSE MARIA (Presidente/a)
CARREÑO LÓPEZ, SARA (Secretario/a)
SUAREZ GONZALEZ, ANA ISABEL (Vogal)
SANMARTÍN BARROS, ISRAEL (Coordinador)
ANGUITA JAEN, JOSE MARIA (Presidente/a)
CARREÑO LÓPEZ, SARA (Secretario/a)
SUAREZ GONZALEZ, ANA ISABEL (Vogal)
A representación do medo na historiografía do século XII a través da Historia Compostelana e o Códice Calixtino
Autoría
P.C.A.
Máster Universitario en Estudos Medievais Europeos: Imaxes, Textos e Contextos
P.C.A.
Máster Universitario en Estudos Medievais Europeos: Imaxes, Textos e Contextos
Data da defensa
10.07.2025 15:30
10.07.2025 15:30
Resumo
O século XII é unha época moi útil á hora de estudar a Idade Media galega. É un momento de bonanza xeral, onde xa se cristalizou por completo o cambio de paradigma reinante cara o feudal, cun despegue económico notable e o seu consecuente aumento demográfico. Ademais, confórmanse novos grandes cambios, derivado tamén da bonanza xeneralizada, como a renovación monástica ou a expansión do urbano, que a súa vez acarrearán transformacións sociais de índole mais ou menos violenta Esta serie de factores sociais, económicos e políticos crearán un escenario perfecto para o que será o período de ouro das letras e da cultura galegas. Desde a sede compostelá, erixida como capital política, espiritual, e agora cultural, promoveranse multitude de estudios e publicacións que culminarán coas súas duas obras magnas, o Codex Calixtinus e a Historia Compostellana, as cales cambiarán o modo de escribir historia non só no reino senón que mais aló das fronteras peninsulares. O medo, sen dúbida, é un dos factores que empurran á xénese destas obras, e que estará continuamente presente na súa arquitectura interior. Con este contexto, o obxetivo de este traballo é estudiar o medo como instrumento presente nas prácticas culturais e políticas escriturais do século XII galego, en especial no Codex Calixtinus e na Historia Compostelana. Para elo trataremos de, a) estudiar os contextos donde xurden os materiais a estudio; b) analizar as dúas obras e as súas composicións e autorías; c) Identificar cómo se representa o medo neses dúas fontes, d) pensar cómo se utilizou o medo no contexto político do momento nas crónicas e a súa relación co contexto.

As cantigas morais galego-portuguesas: estudio e edición crítica
Autoría
U.C.C.
Máster Universitario en Estudos da Literatura e da Cultura
U.C.C.
Máster Universitario en Estudos da Literatura e da Cultura
Data da defensa
20.02.2025 12:00
20.02.2025 12:00
Resumo
En termos xerais, o obxecto central deste Traballo de Fin de Máster é o estudo e a edición crítica anotada das cantigas galego-portuguesas de temática moral. O corpus de estudo está constituído por composicións de varios autores destacados na produción lírica galego-portuguesa, activos en diferentes épocas e pertencentes a distintos estamentos. Esta investigación permitirá explorar as mensaxes éticas que cada autor intenta transmitir a través das súas composicións, e eventualmente determinar a existencia de similitudes e diferenzas entre elas. En primeiro lugar, proporcionarase información detallada de cada autor, da transmisión das pezas que constitúen o corpus e das características temáticas, estilísticas e métricas das cantigas morais. En segundo lugar, levarase a cabo a edición crítica anotada de cada unha das cantigas, reguladas por uns criterios de edición preestablecidos.

GONZALEZ MARTINEZ, DEBORA (Titoría)
GONZALEZ MARTINEZ, DEBORA (Titoría)
Tribunal
DOMINGUEZ PRIETO, CESAR PABLO (Coordinador)
ALONSO VELOSO, MARIA JOSE (Presidente/a)
MORAN CABANAS, MARIA ISABEL (Secretario/a)
GARCIA TRABAZO, JOSE VIRGILIO (Vogal)

Dicionario Biográfico de Escritoras Galegas e o papel do xénero na lexicografía
Autoría
T.F.D.M.
Máster Universitario Erasmus Mundus en Lexicografía
T.F.D.M.
Máster Universitario Erasmus Mundus en Lexicografía
Data da defensa
20.02.2025 17:00
20.02.2025 17:00
Resumo
O obxectivo da seguinte tese de mestrado é arroiar luz sobre cuestións de xénero, lingua e literatura. En particular, sobre os temas de xénero na lexicografía e no mundo literario, máis especificamente no ámbito literario de Galicia. Para cubrir ambas áreas, proponse un Dicionario Biográfico de Escritoras Galegas, un dicionario en liña que presenta todas as entradas en galego e inglés. Adóptase un enfoque lexicográfico e biográfico para estruturar as entradas que forman parte do dicionario en liña proposto. Preséntase e discútese unha estrutura xeral, e ofrécense exemplos en ambos idiomas.

ALVAREZ DE LA GRANJA, MARIA (Titoría)
ALVAREZ DE LA GRANJA, MARIA (Titoría)
Tribunal
CAL VARELA, MARIO (Coordinador)
SANMARCO BANDE, MARIA TERESA (Presidente/a)
González Seoane, Ernesto Xosé (Secretario/a)
Frankenberg García, Ana (Vogal)

As transferencias artísticas na Baixa Idade Media peninsular: A Virxe do O entre Coimbra e Galiza
Autoría
G.E.R.
Máster Universitario en Estudos Medievais Europeos: Imaxes, Textos e Contextos
G.E.R.
Máster Universitario en Estudos Medievais Europeos: Imaxes, Textos e Contextos
Data da defensa
10.07.2025 15:30
10.07.2025 15:30
Resumo
En torno ao 1330 será chamado a Coimbra un escultor de identidade incerta e coñecido como mestre Pero, o cal, xunto ao seu obradoiro, creará un novo modelo de Virxes do O que marcará o devir desta iconografía durante a Baixa Idade Media do poñente peninsular. Este novo arquetipo (froito da amalgama de estilos, formas e solucións locais con aquelas nas que o autor se tería formado na súa terra) será pronto distribuído polo territorio portugués e galego grazas á circulación de pezas e obradoiros que se desprazarán por mar e a través das principais vías de peregrinación ou comercio da zona. Estas obras e autores veranse unha vez máis influenciados polos ámbitos artísticos que as acollen nos seus desprazamentos, dando lugar a intercambios de ida e volta e á xeración de novos modelos en territorio galego que, nacidos da mestura de preceptos coimbráns e locais, conquistarán axiña novos espazos dentro dos templos, dialogando cun fiel que verá nestas imaxes a esperanza de acadar a salvación.

CENDON FERNANDEZ, MARTA (Titoría)
CHAO CASTRO, DAVID Cotitoría
CENDON FERNANDEZ, MARTA (Titoría)
CHAO CASTRO, DAVID Cotitoría
Tribunal
SANMARTÍN BARROS, ISRAEL (Coordinador)
ANGUITA JAEN, JOSE MARIA (Presidente/a)
CARREÑO LÓPEZ, SARA (Secretario/a)
PELAZ FLORES, DIANA (Vogal)
SANMARTÍN BARROS, ISRAEL (Coordinador)
ANGUITA JAEN, JOSE MARIA (Presidente/a)
CARREÑO LÓPEZ, SARA (Secretario/a)
PELAZ FLORES, DIANA (Vogal)
O santo propósito da obediencia. Modelos de xénero e política sexual da dinastía portuguesa de Avís no século XV
Autoría
U.G.C.
Máster Universitario en Estudos Medievais Europeos: Imaxes, Textos e Contextos
U.G.C.
Máster Universitario en Estudos Medievais Europeos: Imaxes, Textos e Contextos
Data da defensa
10.07.2025 18:00
10.07.2025 18:00
Resumo
O presente traballo aborda un estudo aproximativo do proceso de lexitimación e fortalecemento do poder da dinastía lusa de Avís, combinando unha análise con perspectiva de xénero das imaxes propagandísticas producidas por esta liñaxe, en paralelo ao retrato que dela esbozan os mecanismos de control das condutas de xénero e da sexualidade. Tomando como marco cronolóxico os reinados de João I, D. Duarte, Afonso V e João II, buscaranse paralelos e disonancias entre os modelos e ideais de xénero e as accións reguladoras dos mesmos na corte, no reino e naqueles territorios en proceso de colonización. Atenderase así á caracterización dos roles de xénero, a evolución das medidas lexislativas de control da sexualidade, as súas limitacións e marxes de permisibilidade, ademais da intersección entre o xénero e outras categorías da alteridade política, social, relixiosa e étnica.
O presente traballo aborda un estudo aproximativo do proceso de lexitimación e fortalecemento do poder da dinastía lusa de Avís, combinando unha análise con perspectiva de xénero das imaxes propagandísticas producidas por esta liñaxe, en paralelo ao retrato que dela esbozan os mecanismos de control das condutas de xénero e da sexualidade. Tomando como marco cronolóxico os reinados de João I, D. Duarte, Afonso V e João II, buscaranse paralelos e disonancias entre os modelos e ideais de xénero e as accións reguladoras dos mesmos na corte, no reino e naqueles territorios en proceso de colonización. Atenderase así á caracterización dos roles de xénero, a evolución das medidas lexislativas de control da sexualidade, as súas limitacións e marxes de permisibilidade, ademais da intersección entre o xénero e outras categorías da alteridade política, social, relixiosa e étnica.
Dirección
PELAZ FLORES, DIANA (Titoría)
PELAZ FLORES, DIANA (Titoría)
Tribunal
SANMARTÍN BARROS, ISRAEL (Coordinador)
ANGUITA JAEN, JOSE MARIA (Presidente/a)
CARREÑO LÓPEZ, SARA (Secretario/a)
SUAREZ GONZALEZ, ANA ISABEL (Vogal)
SANMARTÍN BARROS, ISRAEL (Coordinador)
ANGUITA JAEN, JOSE MARIA (Presidente/a)
CARREÑO LÓPEZ, SARA (Secretario/a)
SUAREZ GONZALEZ, ANA ISABEL (Vogal)
A sexualidade e o corpo femininos nas cantigas de escarnio galego-portuguesas
Autoría
A.J.C.
Máster Universitario en Estudos Medievais Europeos: Imaxes, Textos e Contextos
A.J.C.
Máster Universitario en Estudos Medievais Europeos: Imaxes, Textos e Contextos
Data da defensa
10.07.2025 09:30
10.07.2025 09:30
Resumo
As cantigas de escarnio galego-portuguesas revelan un amplo abano de posibilidades para explorar a sexualidade e o corpo femininos, no que a sátira e a burla están moi presentes de forma explícita na maioría dos casos e tamén de xeito implícito, con múltiples metáforas e dobres sentidos. A partir da delimitación dun corpus textual no que se teña en conta o tratamento do tema neste xénero satírico, se analizará como se articulan os diferentes discursos. Terase en conta, en primeiro lugar, o marco teórico do concepto da sexualidade na Idade Media (visión moral e relixiosa) e a sátira e burla como ferramentas literarias. A continuación, se estudará a representación do corpo feminino (caracterización grotesca, a beleza ideal en contraste coa deformidade e a simboloxía que pode transmitir) e da sexualidade (descricións veladas mediante metáforas, alusións explícitas, figuras femininas criticadas, o adulterio, a promiscuidade, o homoerotismo, etc.). Como complemento, apoiarase o traballo con outras fontes de tipo histórico, artístico e literario.

CORRAL DIAZ, MARIA ESTHER (Titoría)
CORRAL DIAZ, MARIA ESTHER (Titoría)
Tribunal
SANMARTÍN BARROS, ISRAEL (Coordinador)
ANGUITA JAEN, JOSE MARIA (Presidente/a)
CARREÑO LÓPEZ, SARA (Secretario/a)
PELAZ FLORES, DIANA (Vogal)
SANMARTÍN BARROS, ISRAEL (Coordinador)
ANGUITA JAEN, JOSE MARIA (Presidente/a)
CARREÑO LÓPEZ, SARA (Secretario/a)
PELAZ FLORES, DIANA (Vogal)
O INFERNO DESCONTEXTUALIZADO. A herdanza clásica na iconografía da Descenso ao Inferno e a problemática da sintaxe do espazo sacro nos relevos de San Prudencio de Armentia
Autoría
M.O.F.
Máster Universitario en Estudos Medievais Europeos: Imaxes, Textos e Contextos
M.O.F.
Máster Universitario en Estudos Medievais Europeos: Imaxes, Textos e Contextos
Data da defensa
10.07.2025 09:30
10.07.2025 09:30
Resumo
A Basílica de San Prudencio de Armentia (ca. 1135-1200) é unha das edificacións máis intrigantes do románico arabés. A función litúrxica do seu peculiar programa iconográfico, descontextualizado do seu espazo sacro orixinal, segue sendo obxecto de múltiples hipóteses. Ao tratarse dunha Anástasis bizantina, a súa temática hase de relacionar tanto con fontes literarias, de orixe clásica, como con repertorios iconográficos en circulación no reino de Navarra a finais do século XII, como as denominadas Biblias de Pamplona (ca. 1194-1197). Todo iso permite entender o impacto da arte bizantino na denominado arte do século 1200 en Occidente, así como comprender o contexto, tanto eclesiástico como xeopolítico, na época en que se elaboraron devanditos relevos. A basílica, edificada durante a reinstalación do reino de Navarra no 1134, é testemuño dos constantes conflitos pola conquista do territorio da Llanada arabesa, entre o rei Sancho o Forte de Navarra (1194-1234) e Alfonso VIII de Castela (1158-1214), quen pretendía vincular Álava á órbita castelá, dada a súa pertenza á diocese de Calahorra.

DIEZ PLATAS, MARIA DE FATIMA (Titoría)
DIEZ PLATAS, MARIA DE FATIMA (Titoría)
Tribunal
SANMARTÍN BARROS, ISRAEL (Coordinador)
ANGUITA JAEN, JOSE MARIA (Presidente/a)
CARREÑO LÓPEZ, SARA (Secretario/a)
PELAZ FLORES, DIANA (Vogal)
SANMARTÍN BARROS, ISRAEL (Coordinador)
ANGUITA JAEN, JOSE MARIA (Presidente/a)
CARREÑO LÓPEZ, SARA (Secretario/a)
PELAZ FLORES, DIANA (Vogal)
A Miña Arma é o Odio: O corpo abxecto como arma política en The Immortal Hulk
Autoría
R.P.G.
Máster Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións (2ªed)
R.P.G.
Máster Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións (2ªed)
Data da defensa
12.02.2025 14:00
12.02.2025 14:00
Resumo
O concepto do abxecto de Julia Kristeva corre polas veas da ficción gótica, dende os seus inicios ate as súas iteracions modernas, e evolucionou máis alá da palabra escrita e cara outras formas de ficción. Entre un mar de creacions monstruosas, Immortal Hulk (2018-2021), de Al Ewing, destaca como unha obra que non so abraza as raíces da ficción gótica decimonónica ao centrarse na fisicidade do monstruo que retrata, senon que consigue facer evolucionar o propio concepto do monstruo ao presentar a abxeción e a outredad física en sí mesmas como armas políticas. Esta tese pretende examinar Immortal Hulk como unha evolución das narrativas góticas de monstruos, utilizando a obra de Julia Kristeva para analizar a traxectoria do físicamente abxecto na literatura. Para isto, este estudo estruturarase en tres partes principais. Na primeira, examinarase o concepto do abxecto en relación cao ficción e os monstruos góticos ao longo da súa cronoloxía.

Pereira Ares, Noemí (Titoría)
Pereira Ares, Noemí (Titoría)
Tribunal
BLANCO SUAREZ, ZELTIA (Coordinador)
Lojo Rodríguez, Laura María (Presidente/a)
JIMENEZ PLACER, SUSANA MARIA (Secretario/a)
SACIDO ROMERO, JORGE (Vogal)

Diáspora, Memoria e Identidade: Como The Mambo Kings Play Songs of Love de Oscar Hijuelos Reflexiona sobre a Experiencia Cubanoamericana
Autoría
B.I.D.S.C.
Máster Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións (2ªed)
B.I.D.S.C.
Máster Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións (2ªed)
Data da defensa
13.02.2025 12:00
13.02.2025 12:00
Resumo
Longos períodos de guerra, tensións políticas e fame en Europa convertiran as Américas nun destino final chamativo para moitos dende as primeiras décadas de colonización. No caso de Cuba, a illa seguiu sendo un país receptor de migración por moitos anos, pero remataría facendo un brusco xiro cara a fóra cando o clima político comezou a empeorar no segundo cuarto do século XX. O país principal que recibiu as numerosas ondas migratorias que seguiron foron os Estados Unidos de América. Esta migración masiva levou a un proceso de transculturación, a fusión de dúas culturas, entre os membros da comunidade diaspórica, que suscitaron sentimentos de pertenza e de non pertenza, recordos turbulentos do pasado e cuestións sobre a identidade cultural. Esta tese pretende examinar o impacto da migración na diáspora cubana que vive nos Estados Unidos, levando a cabo unha análise dos personaxes que aparecen en The Mambo Kings Play Songs of Love (1900) de Oscar Hijuelos. Polo tanto, a análise estará composta dun marco teórico que pretende profundizar nos conceptos de diáspora, memoria e identidade que conforman a experiencia dos inmigrantes cubanos nos Estados Unidos; e por unha análise literaria que se centrará na aplicación de ditos termos aos personaxes de Hijuelos. Ademais, o impacto da música, tanto na novela como na cultura cubana, será esencial para definir como axuda a dar forma aos aspectos teóricos en cuestión. A través da figura de Eugenio Castillo, e empurrado pola súa condición coma inmigrante de segunda xeración, este traballo de fin de máster proponse xuntar as mencionadas nocións teóricas, presentándoo coma o representante definitivo do proceso de transculturación. Para levalo a cabo, o estudo será contrastado con varias fontes bibliográficas relevantes e estará ilustrado con numerosos extractos da novela.

ALONSO ALONSO, MARIA (Titoría)
ALONSO ALONSO, MARIA (Titoría)
Tribunal
BLANCO SUAREZ, ZELTIA (Coordinador)
GONZALEZ GROBA, CONSTANTE (Presidente/a)
JIMENEZ PLACER, SUSANA MARIA (Secretario/a)
PALACIOS GONZALEZ, MANUELA (Vogal)

A mentalidade mercantil nos Paises Baixos no Século XV
Autoría
M.T.F.
Máster Universitario en Estudos Medievais Europeos: Imaxes, Textos e Contextos
M.T.F.
Máster Universitario en Estudos Medievais Europeos: Imaxes, Textos e Contextos
Data da defensa
10.07.2025 09:30
10.07.2025 09:30
Resumo
O territorio dos Paises Baixos foi pioneiro no establecemento dunha economía de mercado, e de relacións de producción e intercambio capitalistas. Determinadas condicións xeográficas , como a subsidencia dos solos, o alto nivel de alfabetización, a importante proporción de traballo asalariado, as facilidades proporcionadas vias de comunicación fluvial e a presencia de institucións nas que a sociedade civil mantiña un alto grado de participación na actividade decisoria das instancias políticas. Por tanto non se cumpliron as condicions de conflictividade social que o modelo clásico marxista establece de modo xenérico para o modelo de transicion do feudalismo o capitalismo. Deste xeito configurouse un espíritu mercantil dende os inicios do século xv, con unha importante participacion de nucleos urbanos, nos que unha puxante burguesia mercantil facia negocios, dando lugar a un verdaderio koopman geest, un específico caracter do pobo neerlandés
O territorio dos Paises Baixos foi pioneiro no establecemento dunha economía de mercado, e de relacións de producción e intercambio capitalistas. Determinadas condicións xeográficas , como a subsidencia dos solos, o alto nivel de alfabetización, a importante proporción de traballo asalariado, as facilidades proporcionadas vias de comunicación fluvial e a presencia de institucións nas que a sociedade civil mantiña un alto grado de participación na actividade decisoria das instancias políticas. Por tanto non se cumpliron as condicions de conflictividade social que o modelo clásico marxista establece de modo xenérico para o modelo de transicion do feudalismo o capitalismo. Deste xeito configurouse un espíritu mercantil dende os inicios do século xv, con unha importante participacion de nucleos urbanos, nos que unha puxante burguesia mercantil facia negocios, dando lugar a un verdaderio koopman geest, un específico caracter do pobo neerlandés
Dirección
SANCHEZ SANCHEZ, XOSE MANOEL (Titoría)
SANCHEZ SANCHEZ, XOSE MANOEL (Titoría)
Tribunal
SANMARTÍN BARROS, ISRAEL (Coordinador)
ANGUITA JAEN, JOSE MARIA (Presidente/a)
CARREÑO LÓPEZ, SARA (Secretario/a)
PELAZ FLORES, DIANA (Vogal)
SANMARTÍN BARROS, ISRAEL (Coordinador)
ANGUITA JAEN, JOSE MARIA (Presidente/a)
CARREÑO LÓPEZ, SARA (Secretario/a)
PELAZ FLORES, DIANA (Vogal)
O bosque no «Lancelot» en prosa: tratamento, imaxe e concepción dual da natureza na literatura artúrica
Autoría
M.T.C.
Máster Universitario en Estudos Medievais Europeos: Imaxes, Textos e Contextos
M.T.C.
Máster Universitario en Estudos Medievais Europeos: Imaxes, Textos e Contextos
Data da defensa
10.07.2025 12:00
10.07.2025 12:00
Resumo
O presente traballo ten como obxecto analizar as diversas dimensións do bosque desde a visión imaxinaria e múltiple que ofrece un dos máis destacados ciclos literarios dos séculos XII e XIII: o Lancelot en prosa. Para iso, o traballo centrarase na Francia plenomedieval, e considerará as facetas que a obra trasluce: unha perspectiva do bosque que se demarca desde o seu contexto real, é dicir, o modo en que as comunidades medievais relacionábanse con el, explotábano e transformábano; e outra concibida á súa vez desde o marabilloso. A través do Lancelot, examinaremos as principais representacións do bosque, tanto o coñecido, paseado e explotado, como aquel máis procedente dun imaxinario tomado como real polos contemporáneos, pero cheo de prodixios. Unha obra na cal os bosques descritos, cargados de riqueza simbólica, terminan por converterse no reflexo dunha mentalidade na que o cotián e o marabilloso entrelázanse de forma irremediable.

A Matanza dos Inocentes na Arte medieval: textos e imaxes
Autoría
A.V.L.
Máster Universitario en Estudos Medievais Europeos: Imaxes, Textos e Contextos
A.V.L.
Máster Universitario en Estudos Medievais Europeos: Imaxes, Textos e Contextos
Data da defensa
10.07.2025 12:00
10.07.2025 12:00
Resumo
Este traballo ocúpase do estudo do episodio da Matanza dos Inocentes, dende varios enfoques, tanto por medio de fontes canónicas e apócrifas, dramas litúrxicos, como de obras de arte comprendidas entre finais do século X e últimos anos do século XV. Para elo, vamos a fixarnos en cómo se narraba a historia e cómo derivou nos dramas litúrxicos que se representaban nas igrexas. Por outro lado, tamén analizamos aos diferentes personaxes que participan na escea, Herodes, nais e nenos, para poder, nun último apartado, acercarnos á iconografía que os identifica a cada un deles nas obras artísticas que tratan o tema da Matanza dos Inocentes.