Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Inglesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Dende o punto de vista lingüistico-comunicativo, con este módulo o estudantado deberá acadar un grao de dominio da lingua inglesa correspondente ao nivel B1 do Marco Europeo Común de Referencia para as Linguas (MCER).
Comprensión oral:
- Comprender as ideas principais cando o discurso é claro e na variedade estándar e trata asuntos cotiáns que teñen lugar no
traballo, na escola, durante o tempo de lecer, etc.
- Comprender a idea principal de moitos programas de radio ou televisión que tratan temas actuais ou asuntos de interese
persoal ou profesional, cando a articulación é relativamente lenta e clara.
Comprensión de lectura:
- Comprender textos redactados en lingua de uso habitual e cotiá ou relacionada co traballo.
- Comprender a descrición de acontecementos, sentimentos e desexos en cartas persoais.
Interacción oral:
- Desenvolverse en case todas as situacións que se presentan cando un viaxa a un país de fala inglesa.
- Participar espontaneamente nunha conversa que trate temas cotiáns de interese persoal ou que sexan pertinentes para a
vida diaria (por exemplo, familia, afeccións, traballo, viaxes e acontecementos actuais).
Expresión oral:
- Enlazar frases de forma sinxela co fin de describir experiencias e feitos, sonos, esperanzas e ambicións.
- Explicar e xustificar brevemente opinións e proxectos.
- Narrar unha historia ou relato, a trama dun libro ou dunha película.
- Describir as reaccións propias.
Expresión escrita:
- Escribir textos sinxelos e ben enlazados sobre temas coñecidos ou de interese persoal.
- Escribir cartas persoais que describen experiencias e impresións.
Ademais destes obxectivos lingüísticos xerais, o curso pretende que o estudantado adquira un dominio adecuado do vocabulario, as estruturas sintácticas e os elementos de composición de discurso.
Gramática e léxico relacionadas coa utilización da lingua inglesa ao nivel B1, necesarios para a realización de actividades comunicativas en ámbitos da vida cotiá, persoais e profesionais. En concreto, no terreo do léxico está previsto tratar o vocabulario e as expresións máis comúns relacionadas con ámbitos tales como a viaxe, a vida académica, as actividades de ocio e o mundo laboral, a ciencia e a tecnoloxía, o fogar e a vida familiar etc. No tocante á gramática, abordaranse cuestións relativas ao uso correcto dos tempos verbais, os verbos modais, as estruturas condicionais, o discurso indirecto, os artigos e os cuantificadores, entre outras.
Materiais de uso obrigatorio:
Manual correspondente ao nivel B1 do MCER
Gramática correspondente ao nivel B1 do MCER: Murphy, Raymond. 2019 (5th edition). English Grammar in Use: A self-study reference and practice book for intermediate students of English. Cambridge: Cambridge University Press.
Dicionarios recomendados:
- Gran diccionario Oxford Español-Inglés/Inglés-Español. Oxford University Press.
- Collins Cobuild English Dictionary for Advanced Learners (Paperback). Harper Collins Publishers.
Recursos en liña de consulta e autoaprendizaxe:
Dicionarios (inglés e inglés-español)
- http://www.thefreedictionary.com/ (inglés)
- https://www.lexico.com/ (inglés e inglés-español)
- http://www.ldoceonline.com/ (inglés)
- http://dictionary.cambridge.org/ (inglés)
- http://www.wordreference.com/ (inglés e inglés-español)
- http://www.learnersdictionary.com/ (inglés)
- http://dictionary.reference.com/ (varios, en inglés)
- http://sli.uvigo.es/CLIG/index.html (inglés-galego)
- http://visual.merriam-webster.com/ (visual en inglés)
Sinónimos, antónimos etc.:
- http://thesaurus.reference.com/
Gramáticas:
- http://www.edufind.com/english/grammar/index.cfm (con exercicios)
- http://www.englishpage.com/grammar/ (con exercicios)
Miscelánea (gramática, vocabulario, actividades, tests, lectura, escritura, podcasts...):
- English Test Net (http://www.english-test.net/)
- About.com (http://esl.about.com/)
- Easy English (http://www.easyenglish.com/)
- A4esl.org (http://a4esl.org/)
- UsingEnglish.com (http://www.usingenglish.com/)
- English Page (http://www.englishpage.com/)
- BBC Learning English (http://www.bbc.co.uk/worldservice/learningenglish/)
- British Council - Learning English (http://www.learnenglish.org.uk/)
- University of Victoria - Language Centre (http://web2.uvcs.uvic.ca/elc/studyzone/index.htm)
Básicas: CB1, CB2, CB3, CB4, CB5
Xerais: CG1, CG8, CG9
Específicas: CE1, CE5
Para máis información pódese consultar a Memoria de Verificación no seguinte enlace: https://www.usc.gal/export9/sites/webinstitucional/gl/servizos/sxopra/m…
- Sesións expositivas (1 hora por semana): Nestas clases se combinará a exposición por parte da profesora de cuestións de
índole gramatical e o traballo do alumnado mediante exercicios prácticos.
- Sesións interactivas (2 horas por semana): Nestas clases os profesores dedicarán o tempo da clase a facer exercicios máis
prácticos relativas as distintas destrezas (comprensión escrita, comprensión oral, expresión escrita e expresión oral) nas que o
estudantado terá que participar activamente en inglés.
- Titorías personalizadas: Nestas sesións o estudantado poderá consultar dúbidas sobre a materia, ou ben de forma presencial ou
ben virtual.
No caso de que se decrete algún dos escenarios de continxencia aplicarase o indicado no apartado de observacións baixo o epígrafe “Plan de continxencia”.
Tanto na oportunidade ordinaria de decembro/xaneiro como na segunda oportunidade de xuño/xullo, o grao de consecución dos obxectivos do curso por parte do estudantado valorarase por medio de varios procedementos combinados tal e como se recolle a continuación:
Avaliación continua por medio de distintas actividades tanto individuais como en grupo (50 %), que se distribuirá da seguinte maneira:
- Dúas redaccións escritas: 20 % (10 % cada unha)
- Presentación oral: 20 %
- Participación na clase: 10 %
Exame escrito final (50 %), que constará dos seguintes módulos:
- Gramática e vocabulario: 30 %
- Composición escrita: 5%
- Comprensión oral: 7,5 %
- Comprensión escrita: 7,5 %
A cualificación correspondente á avaliación continua manterase sen cambios na segunda oportunidade de xuño/xullo. Este sistema de avaliación aplicarase tamén no caso dos estudantes que repiten esta materia.
A avaliación dos alumnos con dispensa oficial de asistencia realizarase soamente mediante o exame final, que contará o 100 %.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
No caso de que se decrete algún dos escenarios de continxencia aplicarase o indicado no apartado de observacións baixo o epígrafe “Plan de continxencia”.
150 horas, das cales 54 corresponden a horas de presencia na aula (clases expositivas, clases prácticas e titorías) e 96 a traballo persoal e autónomo do alumnado fóra da aula.
PLAN DE CONTINXENCIA:
Os sistemas de metodoloxía da ensinanza e de avaliación recollidos arriba serán de aplicación no escenario 1 (“normalidade adaptada”) descrito no documento “Bases para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura no curso académico 2020-2021”, que foi aprobado no Consello de Goberno do 19 de xuño de 2020. No caso de que se produza un cambio de escenario, tanto o sistema de metodoloxía da ensinanza como o de avaliación serán modificados tal e como se establece a continuación:
ESCNARIO 2: “DISTANCIAMENTO”
Metodoloxía da ensinanza:
- Sesións expositivas (1 hora por semana): As clases expositivas terán lugar ou ben de forma síncrona a través de MS Teams
ou asíncrona no Campus Virtual mediante vídeos e audios da profesora, que serán acompañados por presentacións
PowerPoint.
- Sesións interactivas (2 horas por semana): Se é posible dentro dos parámetros estipulados pola USC e o Centro, as clases interactivas terán lugar de forma presencial, tal e como no escenario 1. Se non fose posible, levaranse a cabo en grupos máis reducidos ou de forma virtual.
- Titorías personalizadas: As titorías personalizadas se levarán a cabo maioritariamente de forma virtual, ou ben a través de
MS Teams ou na mensaxería do Campus Virtual.
Sistema de avaliación:
A porcentaxe relativa as distintas partes de avaliación non cambiará en caso dun cambio de escenario (é dicir, 50 % avaliación continua e 50 % exame final). As presentacións poderanse levar a cabo en liña a través de MS Teams ou alternativamente de forma presencial en grupos máis pequenos. O exame final será telemático a través do Campus Virtual.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
ESCENARIO 3: "PECHE DAS INSTALACIÓNS"
Metodoloxía da ensinanza:
- Sesións expositivas (1 hora por semana): As clases expositivas terán lugar ou ben de forma síncrona a través de MS Teams
ou asíncrona no Campus Virtual mediante vídeos e audios da profesora, que serán acompañados por presentacións
PowerPoint.
- Sesións interactivas (2 horas por semana): As clases interactivas terán lugar ou ben de forma síncrona a través de MS
Teams ou de forma asíncrona no Campus Virtual.
- Titorías personalizadas: As titorías personalizadas se levarán a cabo de forma virtual, ou ben a través de MS Teams ou na
mensaxería do Campus Virtual.
Sistema de avaliación:
A porcentaxe relativa as distintas partes de avaliación non cambiará en caso dun cambio de escenario (é dicir, 50 % avaliación continua e 50 % exame final). As presentacións levaranse a cabo en liña a través de MS Teams e o exame final será telemático a través do Campus Virtual.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Susana Maria Doval Suarez
- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Teléfono
- 881811855
- Correo electrónico
- susanamaria.doval [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Daniela Beatriz Pettersson Traba
- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Sergio López Sande
- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Correo electrónico
- sergio.sande [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Iria De Dios Flores
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Correo electrónico
- iria.dedios [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Eithne Mary Keane
- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Categoría
- Profesor/a: Lector/a
Vanesa Lado Pazos
- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Correo electrónico
- vanesa.lado.pazos [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Idoya Cancelas León
- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Correo electrónico
- idoya.cancelas.leon [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Indira Yadira Ariana Garcia Varela
- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Categoría
- Profesor/a: Lector/a
Daisy Teresa Waite
- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Categoría
- Profesor/a: Lector/a
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 (A-F) | Inglés | C07 |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_02 (G-O) | Inglés | C12 |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_03 (P-Z) | Inglés | C12 |
Martes | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLIL_01 (A-B) | Inglés | C08 |
10:00-11:00 | Grupo /CLIL_02 (C-D) | Inglés | C09 |
10:00-11:00 | Grupo /CLIL_03 (E-F) | Inglés | D08 |
11:00-12:00 | Grupo /CLIL_04 (G-I) | Inglés | C08 |
11:00-12:00 | Grupo /CLIL_05 (J-L) | Inglés | C09 |
11:00-12:00 | Grupo /CLIL_06 (M-O) | Inglés | D08 |
12:00-13:00 | Grupo /CLIL_09 (T-Z) | Inglés | C08 |
12:00-13:00 | Grupo /CLIL_07 (P-O) | Inglés | C09 |
12:00-13:00 | Grupo /CLIL_08 (R-S) | Inglés | D08 |
Mércores | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLIL_01 (A-B) | Inglés | C08 |
11:00-12:00 | Grupo /CLIL_03 (E-F) | Inglés | D09 |
11:00-12:00 | Grupo /CLIL_02 (C-D) | Inglés | D11 |
12:00-13:00 | Grupo /CLIL_04 (G-I) | Inglés | C08 |
12:00-13:00 | Grupo /CLIL_06 (M-O) | Inglés | D08 |
12:00-13:00 | Grupo /CLIL_05 (J-L) | Inglés | D11 |
13:00-14:00 | Grupo /CLIL_07 (P-O) | Inglés | C08 |
13:00-14:00 | Grupo /CLIL_09 (T-Z) | Inglés | C10 |
13:00-14:00 | Grupo /CLIL_08 (R-S) | Inglés | D08 |
13.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_05 (J-L) | C01 |
13.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 (A-F) | C01 |
13.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 (A-B) | C01 |
13.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_07 (P-O) | C01 |
13.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_08 (R-S) | C01 |
13.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 (G-O) | C01 |
13.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_04 (G-I) | C01 |
13.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_09 (T-Z) | C01 |
13.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_02 (C-D) | C01 |
13.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_03 (P-Z) | C01 |
13.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_06 (M-O) | C01 |
13.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_03 (E-F) | C01 |