Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
Áreas: Lingüística Indoeuropea
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Seminario Indoeuropeo: Relixión e Mitoloxía Indoeuropeas.
1. Coñecemento básico da bibliografía sobre Relixión e Mitoloxía Indoeuropeas e dos pobos indoeuropeos antigos.
2. Coñecemento dos métodos histórico-comparativo e de análise literario que permiten a reconstrución das etapas prehistóricas da Relixión e Mitoloxía indoeuropeas.
3. Comprensión e comentario de textos das tradiciones indoeuropeas antigas que permiten a comparación e a reconstrución da Relixión e Mitoloxía indoeuropeas prehistóricas.
1. Introdución. As diversas perspectivas teóricas sobre ‘relixión’ e ‘mitoloxía’.
2. O método de reconstrución da ‘lingua poética indoeuropea’. O poeta indoeuropeo. Fórmulas e figuras poéticas.
3. Temas poéticos e mitolóxicos indoeuropeos (I): concepcións cosmolóxicas.
4. Temas poéticos e mitolóxicos indoeuropeos (II): divindades.
5. Temas poéticos e mitolóxicos indoeuropeos (III): mortalidade e gloria.
6. Temas poéticos e mitolóxicos indoeuropeos (IV): reis e heroes.
7. Continuidade e evolución da relixión e a mitoloxía indoeuropeas.
1. Bibliografía básica:
Calin, D. 2017 Dictionary of Indo-European Poetic and Religious Themes, Paris, Les Cent Chemins.
Campanile, E. 1977 Ricerche di cultura poetica indoeuropea, Pisa, Giardini.
Haudry, J. 1987 La religion cosmique des Indo-Européens, Paris / Milano, Les Belles Lettres / Arche.
Lincoln, B. 1986 Myth, Cosmos and Society: Indo-European themes of creation and destruction, Cambridge (MA), Harvard University Press.
Mallory, J. & D. Adams (eds.) 1997 The Encyclopedia of Indo-European Culture, London, Fitzroy Dearborn. (Entradas bajo el epígrafe ‘Religion and Comparative Mythology’)
Puhvel, J. (ed.) 1987 Myth and Law among the Indo-Europeans, Los Angeles, University of California.
Puhvel, J. 1987 Comparative Mythology, Baltimore, Johns Hopkins University Press.
Schmitt, R. 1967 Dichtung und Dichtersprache in indogermanischer Zeit, Wiesbaden, Harrassowitz.
Watkins, C. 1995 How to Kill a Dragon: Aspects of Indo-European Poetics, Oxford / New York, Oxford University Press.
Polomé, E.C. 1997 “Indo-European religion”, Historical, Indo-European, and Lexicographical Studies. A Festschrift for Ladislav Zgusta on the Occasion of his 70th Birthday, H.H. Hock (ed.), Berlin / New York, Mouton de Gruyter, 129-145.
West, M.L. 2007 Indo-European Poetry and Myth, Oxford, Oxford University Press.
2. Bibliografía complementaria:
Haas, V. 1994 Geschichte der hethitischen Religion, Leiden, Brill.
Gonda, J. 1960 Die Religionen Indiens. I. Veda und älterer Hinduismus, Stuttgart, Kohlhammer.
Oberlies, Th. 2012 Der Rigveda und seine Religion, Berlin, Verlag der Weltreligionen im Inselverlag.
Kellens, J. 1994 Le panthéon de l’avesta ancien, Wiebaden, Reichert.
Widengren, G. 1965 Die Religionen Irans, Stuttgart, Kohlhammer.
Nilson, M.P. 1941-1950 (21961-31967) Geschichte der griechischen Religion, München, C.H. Beck.
Muth, R. 1988 Einführung in die griechische und römische Religion, Darmstadt, Wissenschaftliche Buchgesellschaft.
Janda, M. 2005 Elysion. Entstehung und Entwicklung der griechischen Religion, Innsbruck, Institut für Sprachen und Literaturen der Universität Innsbruck.
Janda, M. 2010 Die Musik nach dem Chaos. Der Schöpfungsmythos der europäischen Vorzeit, Innsbruck.
Ishkol-Kerovpian, K. 1965 Mythologie der vorchristlichen Armenier, in: W. Haussig, Wörterbuch der Mythologie, I 61-160, Stuttgart, Klett-Cotta.
Petrosyan, A. 2007 “State pantheon of Greater Armenia: earlier sources”, Aramazd: Armenian Journal of Near-Eastern Studies 2, 174-201.
Jouet, Ph. 1989 Religion et mythes des Baltes, Milan / Paris, Archè.
Dvornik, F. 1956 The Slavs: Their early history and civilisation, Boston, American Academy of Arts and Sciences.
Green, M. 1992 Dictionary of Celtic Myth and Legend, London, Thames & Hudson.
Maier, B. 1994 Lexikon der keltischen Religion und Kultur, Stuttgart, Kröner.
Polomé, E. 1989 Essays on Germanic Religion, Washington, Institute for the Study of Man.
Turville-Petre, E. 1981 Myth and Religion of the North, London, Weidenfeld & Nicholson.
1. Competencia para a aplicación teórica e práctica dos métodos de reconstrución da Relixión a Mitoloxía indoeuropeas.
2. Competencia para a utllización práctica das diversas ferramentas e recursos bibliográficos dispoñibles para o estudo da Relixión e Mitoloxía indoeuropeas e dos pobos indoeuropeos antigos.
3. Competencia para a aplicación dos coñecementos de Relixión e Mitoloxía indoeuropeas ao análise e comentario dos materiais históricos da Relixión e da Mitoloxía dos pobos indoeuropeos, en especial de gregos e romanos.
O curso concíbese, en principio, como presencial (Escenario 1). Das tres horas semanais de clase, dedicarase entre media e unha hora á resolución de problemas de tipo práctico (por exemplo, discusión de exemplos prácticos de reconstrución de esquemas da lingua poética indoeuropea).
O profesor poderá propoñer lecturas obrigatorias e recomendadas. Os estudantes poderán propoñer o afondamento en aspectos concretos do temario que sexan do seu especial interese.
Os principais materiais de traballo estarán dispoñibles na Aula Virtual.
Os criterios de avaliación serán os seguintes (válidos para ambas oportunidades):
1º) Participación activa nas aulas e realización de exercicios propostos (avaliación continua): 30% da calificación.
2º) A avaliación final (que suporá o 70% da calificación total) consistirá na realización e entrega dun traballo sobre a reconstrución da Relixión e Mitoloxía indoeuropeas. Este traballo deberá acreditar a capacidade do alumno para aplicar os coñecementos e competencias acadadas durante o curso.
3º) Os alumnos que teñan dispensa de asistencia ás aulas deberán únicamente entregar un traballo similar ao do punto anterior (100% da calificación).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
Materia de 6 créditos ECTS (6x25 = 150 h de carga de traballo para o estudante).
Estos créditos divídense en 3 teóricos e 3 prácticos.
Traballo dirixido polo profesor: 75 h (50%) [: 42 h (56%) de actividade presencial (tres horas por semana durante o primeiro cuadrimestre) e 33 h (44%) de actividade non presencial dirixida].
Traballo autónomo do estudante: 75 h (50%).
Recoméndase a asistencia regular e continuada ás aulas. Para a adquisición de práctica na tarefa de comparación e reconstrución considérase imprescindible axustarse a un hábito de traballo regular. A adquisición de destreza no uso dos diversos materiais dispoñibles combinarase coa paulatina introdución ós alumnos na lectura de textos relixiosos e mitolóxicos (preferentemente en versión bilingüe) das tradicións históricas indoeuropeas.
PLAN DE CONTINXENCIA
(1) Metodoloxía e recursos:
(a) No caso de que sexa de aplicación o "Escenario 2: distanciamento", das "Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura" da USC, combinarase a docencia presencial coa virtual. A docencia expositiva será impartida maioritariamente de xeito virtual. Será unha combinación de 'síncrona' e 'asíncrona'. O profesor canalizará as directrices da explicación e os materiais complementarios para a súa implementación a través dos medios dispoñibles da USC, como a Aula Virtual, o correo electrónico, Teams, Skype, Zoom, etc. A docencia práctica interactiva será impartida maioritariamente de xeito presencial. O profesor proporalles aos estudantes os textos previstos para a súa lectura, comprensión e comentario. Os alumnos prepararán os textos, que serán revisados e comentados de xeito presencial e, de ser preciso, a través da Aula Virtual.
(b) No caso de que sexa de aplicación o "Escenario 3: peche das instalacións", das "Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura" da USC, a docencia será únicamente virtual. Tratarase dunha combinación de docencia 'sincrona' e 'asíncrona'. O profesor seguirá a mesma metodoloxía ca na parte virtual do Escenario 2.
Nos dous escenarios contemplados, especialmente no caso do peche das instalacións, o profesor poderá levar a cabo reunións virtuais a través de Skype, Teams, Zoom, etc.
(2) Sistema de avaliación:
No caso de que sexan de aplicación as "Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura" da USC: Tendo en conta o sistema de avaliación contemplado no caso do "Escenario 1: normalidade adaptada" —avaliación continua e traballo final—, manterase o mesmo para os supostos de aplicación dos escenarios 2: "distanciamento" e 3: "peche das instalacións".
Jose Virgilio Garcia Trabazo
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Lingüística Indoeuropea
- Teléfono
- 881811888
- Correo electrónico
- josevirgilio.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | D07 |
20.05.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D06 |
20.05.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D06 |
23.06.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D06 |
23.06.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D06 |