Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias Morfolóxicas
Áreas: Anatomía e Embrioloxía Humana
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Coñecer a célula como unidade básica na que se fundamenta a estrutura e función do corpo humano, para asegurar unha correcta comprensión posterior das modificacions que se producen en los estados patolóxicos.
Interese da materia no grado de medicina:
É fundamental para todo futuro médico adquirir un coñecemento profundo da bioloxía celular e da xenética humana (estrutura, función e comportamento das células), xa que na medicina actual plantéxanse as distintas patoloxías como disfuncións celulares e moleculares.
Bloque I: CITOLOXIA (24 horas)
I. A CÉLULA: UNIDADE BÁSICA DA VIDA (1 hora)
Tema 1: A célula: Unidade básica da vida. Citoloxía especial.
II. SUPERFICIE CELULAR E BIOMEMBRANAS: MEMBRANA PLASMÁTICA. (6 horas)
Tema 2: Medio ambiente extracelular.
Tema 3: Membrana Plasmática: Concepto e xeneralidades.
Tema 4: Mecanismos de permeabilidade e transporte de micromoléculas a través da membrana.
Tema 5: Transporte de macromoléculas a través da membrana: Endocitosis e exocitosis.
Tema 6: Especializacións da superficie celular.
III. HIALOPLASMA E CITOESQUELETO: FORMA E MOVEMENTO CELULAR (4 horas)
Tema 7: Hialoplasma. Concepto e composición química. Citoesqueleto: concepto e xeneralidades.
Tema 8: Microfilamentos.
Tema 9: Filamentos intermedios.
Tema 10: Microtúbulos.
IV. COMPARTIMENTACIÓN CELULAR (6 horas)
Tema 11: Retículo endoplásmico.
Tema 12: Aparato de Golgi.
Tema 13: Lisosomas e endosomas.
Tema 14: Orgánulos enerxéticos: Peroxisomas e mitocondrias.
V. ORGÁNULOS QUE PROCESAN INFORMACIÓN: NÚCLEO E RIBOSOMAS (3 horas)
Tema 15: Núcleo celular: Características xerais.
Tema 16: Núcleo en interfase.
Tema 17: Nucléolo: estrutura e función. Ribosomas. Proteosoma.
VI. CICLO CELULAR E DIVISIÓN CELULAR. (3 horas)
Tema 18: O ciclo celular.
Tema 19: Mitose.
Tema 20: Meiose.
Bloque II: GENÉTICA (12 horas)
VII. ORGANIZACIÓN, TRANSMISIÓN E EXPRESIÓN DO MATERIAL HEREDITARIO: PATRONS DE HERDANZA. (6 horas)
Tema 21: Organización do xenoma.
Tema 22: Patrons de Herdanza mendeliana.
Tema 23: Patróns atípicos de herdanza.
Tema 24: Herdanza polixénica e multifactorial
VIII. CAMBIOS DO MATERIAL XENÉTICO. (6 horas)
Tema 25: Variación xénica. Mutación.
Tema 26: Alteracións dos cromosomas
Tema 27: Poboacións mendelianas.
Tema 28: Polimorfismos.
Tema 29: Consello xenético.
Tema 30: Bases xenéticas do cáncro.
CLASES INTERACTIVAS
Prácticas de laboratorio: (12 horas)
P1: O microscopio óptico: Nomenclatura e instrucións para o seu manexo.
P2 -3: Preparación e tinguidura dunha extensión de sangre para o estudo de células libres.
P4- 5: Obtención e tinguidura de secciones para estudo de células asociadas.
P6: Estudio microscópico das preparacións realizadas nas prácticas anteriores.
P7: A célula: características xerais e superficie celular: Estudo microscópico de preparacións de intestino, traquea e pel.
P8: Estudo microscópico de preparacións de miofilamentos.
P9: Estudio microscópico de preparacións demostrativas de Complexo de Golgi e retículo endoplasmático.
P10: Estudio microscópico de preparacións demostrativas de mitose e meiose.
P11: Cromosomas metafásicos. Observación do corpúsculo de Barr.
P12: Sistema ABO. Determinación do grupo sanguíneo.
Practicas de ordenador (4 horas)
P13-P14: Traballos académicos en grupo
P15-P16: Traballos académicos en grupo
Seminarios (4 horas)
S1: Orixe da célula.
S2: Morte celular: Necrose e Apoptose.
S3: Problemas e xogos de xenética.
S4: Problemas e xogos de xenética.
1 CALVO A. Biología Celular Biomédica. 1ª ed. Elsevier; 2015.
2 JORDE LB, CAREY JC, BAMSHAD MJ. Genética Médica. 5ª ed. Elsevier; 2016.
3 KARP G. Biología celular y molecular. Conceptos y experimentos. 7ª ed. McGraw-Hill; 2017.
4 NUSSBAUM RL, MCINNES RR, WILLARD HF. THOMPSON & THOMPSON. Genética en Medicina. 8ª Ed. Elsevier Masson; 2016.
5 PANIAGUA R. Biología celular y molecular. 4ª ed. McGraw-Hill; 2017.
6 TURNPENNE P, ELLARD S. EMERY. Elementos de genética médica 15ª ed. Elsevier. 2018.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
1 ALBERTS B, BRAY D, LEWIS J, RAFF M, ROBERTS K, WATSON J. Biología Molecular de la Célula. Omega; 2016.
2 KIERSZENBAUM AL, TRES LL. Histología y Biología Celular. Introducción a la anatomía patológica. 4ª ed. Elsevier; 2016.
3 LODISH H, BERK A, KAISER CA, KRIEGER M, BRETSCHER A, PLOEGH H, AMON A, SCOTT MP. Biología Celular y Molecular. 6ª ed. Médica Panamericana; 2016.
4 PIERCE BA. Genética: un enfoque conceptual. 5ª ed. Médica Panamericana; 2016.
COMPETENCIAS XERAIS
A materia contribúe a reforzar gran parte das competencias básicas da titulación:
CG5. Recoñecer as propias limitacións e a necesidade de manter e actualizar a súa competencia profesional, prestando especial importancia á aprendizaxe de maneira autónoma de novos coñecementos e técnicas e á motivación pola calidade.
CG6. Desenvolver a práctica profesional con respecto a outros profesionais da saúde, adquirindo habilidades de traballo en equipo.
CG7 Comprender e recoñecer a estrutura e función normal do corpo humano, a nivel molecular, celular, tisular, orgánico e de sistemas, nas distintas etapas da vida e nos dous sexos.
CG9. Comprender e recoñecer os efectos, mecanismos e manifestacións da enfermidade sobre a estrutura e función do corpo humano.
CG23 Comunicarse de modo efectivo e claro, tanto de forma oral como escrita.
CG31 Coñecer, valorar críticamente e saber utilizar as fontes de información clínica e biomédica para obter, organizar, interpretar e comunicar a información científica e sanitaria.
CG36 Ser capaz de formular hipótese, colleitar e valorar de forma crítica a información para a resolución de problemas, seguindo o método científico.
CG37 Adquirir a formación básica para a actividade investigadora.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CEMI.01 Coñecer a estrutura e función celular : Membranas celulares e diferenciacións morfolóxicas da comunicación celular. O citoesqueleto como responsable da forma e do movemento celular. O sistema de endomembranas e os orgánulos enerxéticos.
CEMI.06 Comunicación celular
CEMI.08.- Ciclo celular.
CEMI.09.- Diferenciación e proliferación celular.
CEMI.10.- Información, expresión e regulación génica.
CEMI.11.- Herdanza: A Información, expresión e regulación xenética e a súa transmisión a través dos distintos modelos de herdanza
CEMI.18.- Manexar material e técnicas básicas de laboratorio.
CEMI.20.- Recoñecer con métodos macroscópicos, microscópicos e técnicas de imaxe a morfoloxía e estrutura de tecido, órganos e sistemas.
Escenario 1:
Nas clases expositivas explicaranse os contidos fundamentais do programa utilizando apoios visuais (imaxes de microcopia óptica e electrónica, esquemas e/ou animacións ou vídeos). As clase expositivas desenvolveranse de modo presencial nas aulas da Facultade de Medicina.
Nas prácticas de laboratorio iniciarase ao alumno no emprego de técnicas básicas para o estudo da célula. Nos seminarios e nas prácticas de computador traballaranse os temas e contidos da materia utilizando principalmente técnicas de traballo cooperativo.
As clases interactivas impartiranse maioritariamente de modo presencial nas aulas e laboratorios da Facultade de Medicina. Algúns contidos (10% das horas) impartiranse mediante o uso de ferramentas telemáticas corporativas como: campus virtual, Teams, Forms….
A materia dispoñerá dunha aula virtual na que o alumnado poderá dispoñer de material didáctico e imaxes dixitalizadas de apoio. Ademais, na aula virtual establecerase un foro de titoría pública.
Escenario 2:
Combinarase docencia presencial e en remoto a fin de promover as medidas de distanciamento social en vigor nese momento. Para iso, empregaranse ferramentas e plataformas institucionais (Aula Virtual-Moodle, Microsoft Teams,…).
Escenario 3:
A docencia será exclusivamente virtual, empregando as ferramentas e plataformas institucionais (Aula Virtual-Moodle, Microsoft Teams,…).
Escenarios 1 e 2
As probas finais terán CARÁCTER PRESENCIAL
Na avaliación da materia valoraranse os coñecementos, aptitudes e habilidades adquiridas polos alumnos ao longo de todo o curso.
O sistema de avaliación será aplicable a cada un dos posibles escenarios para as dúas oportunidades.
A avaliación das clases expositivas supoñerá un 70% da cualificación final e a parte interactiva supoñerá o 30% restante.
A avaliación realizarase de forma continua (30% da nota) valorando deste xeito o traballo diario do alumno ao longo do curso e mediante unha proba final complementaria á avaliación continua (70% da nota).
• A avaliación continua baséase na realización de diferentes actividades, que serán programadas e anunciadas no campus virtual. A realización das devanditas actividades será tanto presencial como telemática, realizándose un seguimento da participación dos alumnos e o completado da actividade.
• A proba de avaliación final consistirá nunha proba que será adaptada ás circunstancias particulares do escenario e á asignatura, e pode incluír distintos tipos de preguntas (como tipo test de opción múltiple e resposta única, cuestións breves, cuestións de desenrolar, casos clínicos, problemas,...) e formatos (escrito, oral, multimedia,...).
As distintas probas e/ou actividades poderán ser substituídas por probas telemáticas, tanto de carácter síncrono como asíncrono, mediante o uso dos recursos das plataformas institucionais (Aula Virtual-Moodle e Microsoft Teams,…)
Exame final Avaliación continua TOTAL
Docencia expositiva 60% 10% 70%
Docencia interactiva 10% 20% 30%
Son requisitos para superar a materia: 1) obter un 50% da puntuación na proba final 2) realizar o 80% das actividades interactivas.
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”
Escenario 3
Neste caso as probas de avaliación substituiranse por probas non presenciais telemáticas, que favorezan a seguridade de estudantes e docentes, mediante o uso dos recursos das plataformas institucionais (Aula Virtual-Moodle e Microsoft Teams,…)
As probas finais levarán a cabo empregando recursos que garantan a identificación do alumno, así como o carácter persoal da realización da proba. No caso de que non se dispoña dos medios técnicos que garantan o cumprimento destas premisas recorrerase a unha proba final oral
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA: Horas
Clases expositivas: 36
Clases interactivas: 20
Titorías en grupos reducidos ou individualizadas: 2
Realización do exame: 2
Total horas de traballo presencial: 60
TRABALLO PERSOAL DO ESTUDANTE: 90 Horas
Estudo individual: 75
Elaboración de memorias de prácticas: 5
Elaboración de traballos: 10
Total horas de traballo persoal do estudante: 90
Recoméndase a toma de apuntamentos en clases (tanto se son presenciais como telemáticas) e amplialos co material didáctico dispoñible no campus virtual e/ou coa bibliografía recomendada, dispoñible a través da biblioteca tanto en formato papel como mediante acceso dixital. É aconsellable o estudo diario dos contidos e a utilización das titorías individuais e o foro de titoría pública para resolver dúbidas.
É recomendable realizar un proceso de autoavaliación, guiada polos resultados da avaliación continua, co fin de aprender a avaliar críticamente o nivel dos propios coñecementos e competencias.
“Plan de Continxencia”
Nos tres escenarios a docencia será complementada con contidos publicados no Campus virtual, que incluirá material explicativo dos contidos da materia, material complementario de apoio ao estudante e un foro de titoría pública
Escenario 1
Basearase principalmente na docencia e avaliación presencial, con apoio do Campus Virtual que permita a comunicación asíncrona entre o alumnado e o docente
Escenario 2
Metodoloxía docente
Combinarase docencia presencial e en remoto a fin de promover as medidas de distanciamento social en vigor nese momento. Para iso, empregaranse ferramentas e plataformas institucionais (Aula Virtual-Moodle e Microsoft Teams)
Sistema de avaliación
Avaliación preferentemente presencial. Tamén poderán utilizarse para avaliación continua os recursos das plataformas institucionais (Aula Virtual-Moodle e Microsoft Teams)
Escenario 3
Metodoloxía docente
A docencia será exclusivamente virtual, empregando as ferramentas e plataformas institucionais (Aula Virtual-Moodle e Microsoft Teams)
Sistema de avaliación
As probas finais levarán a cabo empregando recursos que garantan a identificación do alumno, así como o carácter persoal da realización da proba. No caso de que non se dispoña dos medios técnicos que garantan o cumprimento destas premisas recorrerase a unha proba final oral.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
Maria Josefa Natividad Guerra Seijas
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Anatomía e Embrioloxía Humana
- Teléfono
- 881812209
- Correo electrónico
- mjosefanativid.guerra [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Begoña Villar Cheda
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Anatomía e Embrioloxía Humana
- Teléfono
- 881812299
- Correo electrónico
- bego.villar [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Juan Andres Parga Martin
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Anatomía e Embrioloxía Humana
- Correo electrónico
- juan.parga [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Rita Valenzuela Limiñana
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Anatomía e Embrioloxía Humana
- Correo electrónico
- rita.valenzuela [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Maria Angeles Pedrosa Sanchez
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Anatomía e Embrioloxía Humana
- Correo electrónico
- mangeles.pedrosa [at] rai.usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Luns | |||
---|---|---|---|
09:30-10:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Medicina-Aula 5 |
16:30-17:30 | Grupo /CLE_04 | Castelán | Medicina-Aula 5 |
19:30-20:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
Martes | |||
12:30-13:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Medicina-Aula 5 |
16:30-17:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
19:30-20:30 | Grupo /CLE_04 | Castelán | Medicina-Aula 5 |
Mércores | |||
09:30-10:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Medicina-Aula 5 |
16:30-17:30 | Grupo /CLE_04 | Castelán | Medicina-Aula 5 |
19:30-20:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
Xoves | |||
12:30-13:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Medicina-Aula 5 |
16:30-17:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
19:30-20:30 | Grupo /CLE_04 | Castelán | Medicina-Aula 5 |
Venres | |||
09:30-10:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Medicina-Aula 5 |
16:30-17:30 | Grupo /CLE_04 | Castelán | Medicina-Aula 5 |
19:30-20:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
16.01.2021 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 1 |
16.01.2021 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 2 |
16.01.2021 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 3 |
16.01.2021 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 4 |
16.01.2021 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 5 |
16.01.2021 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 6 |
16.01.2021 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 7 |
16.01.2021 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 8 |
16.01.2021 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 9 |
16.01.2021 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula Castelao |
16.01.2021 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-Aula 1 |
16.01.2021 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-Aula 2 |
16.01.2021 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-Aula 4 |
10.07.2021 12:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 4 |
10.07.2021 12:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 5 |
10.07.2021 12:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 7 |
10.07.2021 12:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 8 |