Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 49.5 Horas de Titorías: 1.5 Clase Expositiva: 12 Clase Interactiva: 12 Clínicos EEES: 3 Total: 78
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Posto que a Bioquímica Clínica é a disciplina que aplica os coñecementos da Bioquímica Básica e da Química Analítica á diagnose médica, ao tratamento e ao manexo dos doentes, debe proporcionar a base obxectiva para avaliar os efectos bioquímicos dun proceso patolóxico particular e a resposta fronte á terapia. Por isto, os principais obxectivos van ser:
1) Coñecer a orixe e mais o control da variabilidade biolóxica e da fisiolóxica dos datos bioquímicos.
2) Coñecer o uso dos resultados da Bioquímica Clínica no diagnóstico e manexo das enfermidades médicas comúns.
3) Coñecer as bases bioquímicas e o significado clínico da meirande parte das probas realizadas rutineiramente no soro/plasma e noutros líquidos corporais, nun laboratorio de bioquímica clínica.
4) Subministrar o coñecemento teórico básico e as habilidades experimentais e interpretativas para que un licenciado en medicina poida utilizar correctamente as análises clínicas.
A través de clases expositivas e seminarios interactivos abordaranse os seguintes puntos de interese:
- Causas de variación na preobtención, obtención e postobtención de mostras biolóxicas
- Fontes de variación na recollida de ouriños. Recollida de mostras en nenos. Criterios de rexeitamento de mostras
- Proteínas plasmáticas. Proteínas totais. Reaccións de fase aguda
- Prealbumina e RBP. Albumina. Alfa-1-antitripsina. Ceruloplasmina. Haptoglobina. Transferrina. Beta-2 microglobulina. Proteína C-reactiva
- Marcadores tumorais. Clasificación. Estratexias para mellorar a súa utilidade. Principais marcadores tumorais. Utilidade clínica
- Probas de laboratorio nas enfermidades hepatobiliares
- Probas de laboratorio nas enfermidades renais
- Exploración bioquímica das enfermidades de metabolismo da glicosa
- Probas para o seguimento da diabetes mellitus. Hipoglicemia
- Lípidos e lipoproteínas. Significado clínico
- Marcadores cardíacos. Aplicacións clínicas
- Metabolismo do ferro. Avaliación analítica do metabolismo do ferro. Deficiencias en ferro. Sobrecarga de ferro
- Bioquímica clínica de ouriños. Recollida da mostra. Exame macroscópico. Tiras reactivas. Exame microscópico
BASICA:
* BIOQUIMICA CLINICA Y PATOLOGIA MOLECULAR. Alvaro Gonzalez Hernandez. Elsevier 2010, Bo libro de para a bioquímica clínica, actualizado e didáctico.
* BIOQUÍMICA CLÍNICA.A Gaw, e outros. Ed. Churchill Livingston, 2005. Sinxelo, preciso e cunha presentación didáctica.
* BIOQUIMICA CLINICA, González de Buitrago, J. M., e outros, ed. McGraw-Hill Interamericana, Madrid, 1998.
* PATOLOGIA MOLECULAR, González de Buitrago, J. M. e Medina Jiménez, J. M., ED. McGraw-Hill / Interamericana de España, Madrid, 2001.
Complementaria
* TIETZ TEXTBOOK OF CLINICAL CHEMISTRY, Burtis, A. e Ashwood, E. R., Tietz, N. W.,, 3ª edición, ed. Saunders, Filadelfia, 1999. Un dos mellores libros de bioquímica clínica. Moi completo. Está escrito en inglés.
* BIOQUIMICA, LIBRO DE TEXTO CON APLICACIONES CLINICAS, Devlin, T. M., , 3ª edición, ed. Reverté, Barcelona, 1999. É un bo libro de bioquímica xeral que contén aplicacións de bioquímica clínica.
* BIOQUIMICA. CASOS Y TEXTO, Montgomery, R.,, Ed. Harcourt Brace, Madrid, 1999.
O curso debe proporcionar unha base suficiente para que o futuro graduado en Medicina sexa quen de:
1) Desenvolver unha apreciación crítica do papel dos datos bioquímicos no diagnóstico e manexo da enfermidade.
2) Coñecer a base bioquímica da enfermidade.
3) Avaliar criticamente as variacións analíticas que lle poden afectar á xeración de datos bioquímicos clínicos.
4) Interpretar o significado dos resultados bioquímicos.
5) Axustarse, co coñecemento razoado, aos procedementos e protocolos deseñados polo laboratorio clínico para a obtención de resultados máis fiables e representativos do estado do doente.
6) Solicitar axeitadamente as probas analíticas máis idóneas en cada unha das fase do diagnóstico, tratamento e manexo dos doentes.
Esta programación para o curso académico 2020-21 adáptase según se indica ós tres posibles escenarios que se preveen nas Directirces para o Desesnvolvemeno dunha Docencia Presencial Segura, no acordo do Consello de Goberno da USC do 19 de xuño do 2020.
No escenario 1 (docencia presencial)
As clases expositivas consistirán na exposición dos diferentes temas e contidos polo profesor quen se apoiará da pizarra, presentacións, táboas e esquemas.
Os seminarios interactivos o alumno terá que dar resposta razoada a preguntas, probas ou escenarios clínicos plantexados na aula en relación os contidos vistos nas clases expositivas. En todo momento se garantiran as medidas de distanciamento e sanitarias que se establezan para este escenario.
As sesións prácticas serán en grupos moi reducidos de alumnos e a desenvolver dentro dunha visita orgaizada no Laboratorio Central do CHUS, para visualización das faases preanalítica, analítica e postanalítica do laboratorio clínico.
Os alumnos que así o desexen poderán facer estancias curtas dunha semana de duración nas dependencias do Laboratorio de Bioquímica Especial para complementar a súa formación e adquirir un meirande coñecemento da Bioquímica Clínica co ollo posto na posibilidade de realizar unha especialización futura pola vía MIR.
No escenario 2 (docencia semipresencial)
A docencia adaptase segúndo o momento do desarrollo do curso ó aconsellado polas autoridades sanitarias, a unha presencial, descrita no párrafo anterior, ou á un entorno virtual, como se describe no escenario 3.
No escenario 3 (docencia non presencial).
As actividades formativas descritas no primeiro dos escenarios son convertidas a un estorno virtual como se describe:
As clases expositivas adoptarán o formato de videoclases dispoñibles no complemento virtual da asignatura no Campus Virtual.
Os seminarios interactivos na aula serán sustituidos por unha actividade en remoto e asincrona Campus Virtual na que o alumno disporá do acceso ós datos descritivos e analíticos de algún caso clínico e terá que entregar as suas respostas razoadas subindo un documento de texto, preferentemente no formato PDF, á platoforma do Campus Virtual, ata unha data que se especificará oportunamente.
As sesión prácticas tamén se adata a non presencialidade. Aquí a visita ás instalacións do laboratorio do CHUS se sustituirá por unha visita virtuaizada con comentarios e imáxenes ou vídeo, das fases preanalitica, analítica e post-analítica.
O escenario 3 no se aconsella o desenvolvemento de estancias, nin de curta duración, polo que esta actividad opcional non se oferta no escenario 2 nin no escenario 3.
A avaliación da asignatura ateráse a avaliar as diferentes actividades formativas de cada un dos escenarios previstos para unha Docencia Presencial Segura no curso 2020-21.
:
1º) PRACTICAS. En calquera dos escenarios é unha actividade obrigatoria, non atender as sesións practicas conleva unha cualificación final de suspenso na asignatura. A avaliación da formación práctica levase a cabo a través de algunha pregunta na proba de coñecemento teórico, así como a partir das avaliacións dadas polos colaboradores docentes das clases prácticas cando a actividade sexa presencial, ou mediante proba específica despois da visita virtual.
2º CLASES INTERACTIVAS. A realización destas actividades tamén é obrigatoria. As respostas razonadas serán entregadas, ben na propia aula ou no Campus Virtual, e unha vez revisadas e avaliadas teránse en conta na calidiciación global, que xunto cona asistencias poden supoñer ata un punto na calificación final.
3º) EXAMEN DE COÑECEMENTOS TEORICOS. Conleva o maior peso na porcentaxe da nota. Esta avaliación poderá facerse por algún dos seguintes procedementos: examen tipo test, examen oral ou pola desenrolo de preguntas dun tema ou apartados a desenrolar.
-3.1) EXAMEN TIPO TEST. Consta de 70 preguntas e tres de reserva a responder en non máis de 70 min. As dez preguntas máis difíciles tendranse en conta na puntución final. Poderase pedir a resposta razoada dalgunha das preguntas do examen e nese caso a calificiación da pregunta poderá chegar ata os 10 puntos do examen dependendo do grao de dificultade. Do mesmo xeito que as preguntas supostamente mal formuladas e ben razoadas polo alumno serán calificadas positivamente.
Este examen está concebido para unha realización presencial polo alumno, e con pequenas modificación na extensión poderíase adaptar a un entorno de non presencialidade tendo en conta que nese caso sería telemático sincrono (Cuestionarios no Campús Virtual) cun calendario e horario programado polo Centro para a asignatura.
-3.2) EXAMEN TIPO ORAL Nunha entrevista Profesor-Alumno plantease varias preguntas cortas sobre os distintos temas ou apartados da asignatura. Esta posibilidade só é posible no escenario 1 ou 2 si non se dan restricción de acceso e movilidade do persoal.
-3.3) EXAMEN PREGUNTAS A DESENROLAR. Consistirá no plantexamento de ata 5 preguntas dos diferentes temas que se deberan desenrolar nun tempo limitado. Valido para calquer dos escenarios previstos, así sea na aula, en papel, ou no entorno virtual cunha tarea sincrona, programada en data e hora e durante un tempo limitado.
En todo momento, coa realización fraudulenta de calquer exercio ou test será de aplicación o artigo 16 do Regulamento para a Avaliación do Rendemento Académico dos Estudantes e a Revisión das Cualificacións da USC .
Horas presenciais ou virtuais sincronas:
* Expositivas: 27 horas
* Interactivas: 7 horas
* Visita ao laboratorio/prácticas: 7 horas
* Titorias: 1.5 horas
* Horas de avaliación e revisión: 2.5 horas de exame
Horas non presenciais ou asincrónas de estudo autónomo:
* Estudo: 45 horas
Total volume de traballo: 90 horas
Calquera que sexan os escenarios adoptados pola Universidade para unha Docencia Segura aconsellase:
- Asistencia ás clases expositivas e expoñer as dúbidas e preguntas nos últimos 5-10 minutos da clase
- Acudir as clases interactivas habendo repasado os contidos teóricos vistos.
- Utilizar as titorías para clarexar conceptos
- Mercar algún libro dos recomendados como Basicos para ampliar os coñecementos e ver outra forma de enfocar os temas da materia.
- Facer por un mesmo os temas, a partir das notas recollidas na clase e dos libros de consulta. Non utilizar nunca fotocopias dos apuntamentos realizados por outros alumnos. Os apuntamentos, se non son os propios, son unha fonte de erros.
Cando se preevea un entorno virtual da docencia, a información e contidos para as diferentes actividades estarán aloxados no complemento da asignatura no Campus Virtual.
Recomendase, independentemente do escenario que se adopte a visita frecuente ó Campus Virtual como medio de comunicación entre o profesor e o alumno, para estar informado das novidades da asignatura e para acceso a toda a documentación que os profesores poñan a sua disposición.
Santiago Rodriguez-Segade Villamarin
Coordinador/a- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881814934
- Correo electrónico
- santiago.rodriguez-segade [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Dolores Vazquez Illanes
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881812335
- Correo electrónico
- mdolores.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Javier Rodriguez Garcia
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Correo electrónico
- javier.rodriguez.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Ciencias da Saúde LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
10:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aulario-Aula 1 |
11:30-12:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aulario-Aula 2 |
Martes | |||
10:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aulario-Aula 1 |
11:30-12:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aulario-Aula 2 |
Mércores | |||
10:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aulario-Aula 1 |
11:30-12:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aulario-Aula 2 |
Xoves | |||
10:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aulario-Aula 1 |
11:30-12:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aulario-Aula 2 |
13.01.2021 11:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Laboratorio Central Hospital Clínico |
14.05.2021 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula telemática |
02.07.2021 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aulario-Aula 1 |
02.07.2021 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aulario-Aula 2 |
02.07.2021 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aulario-Aula 3 |
02.07.2021 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aulario-Aula 4 |
02.07.2021 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aulario-Aula Magna |