Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 10.5 Horas de Titorías: 5.5 Clínicos EEES: 134 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Áreas: Psiquiatría
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Anual
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
CLÍNICA PSIQUIÁTRICA
Materia anual. 6 Créditos ECTS
INTRODUCIÓN
A materia Clínica Psiquiátrica ubicada no derradeiro curso dos estudos de Grao de Medicina, de modo que xa se adquiriron os coñecementos teóricos básicos para a aprendizaxe da devandita disciplina.
• Estudos teóricos prácticos de Psicoloxía Médica
• Estudos teóricos de Psiquiatría.
Unha importante porcentaxe do alumnado terá cursado materias optativas complementarias:
• Condutas Aditivas
• Psiquiatría da Infancia a Adolescencia e Xerontopsiquiatría
OBXECTIVOS
1. TOMAR CONTACTO coa realidade dos Trastornos Psiquiátricos na práctica clínica a través do contacto directo cos doentes.
2. CONTRIBUÍR á supresión do estigma que acompaña ó doente mental.
3. UTILIZAR a linguaxe psiquiátrica básica e as técnicas elementais de exploración psiquiátrica.
4. IDENTIFICAR os diferentes Trastornos Psiquiátricos, as súas características clínicas, evolución prognóstico e tratamento.
5. PROFUNDIZAR no coñecemento de aqueles trastornos psiquiátricos que se presentan con maior frecuencia nos doentes somáticos (ambulatorios ou ingresados).
6. ANALIZAR a información psiquiátrica recibida ante unha urxencia de modo suficiente como para dar unha resposta adecuada á mesma
7. COÑECER os diferentes dispositivos de atención á Saúde Mental (intra e extrahospitalarios) e as características de traballo en equipos multidisciplinares que dan resposta á demanda psiquiátrica (médica e psicosocial) o que configura a intervención psiquiátrica na comunidade.
PRIMEIRA UNIDADE TEMÁTICA
1. Introducción conceptual e histórica acerca da Psiquiatría e perspectivas de evolución e futuro
SEGUNDA UNIDADE TEMÁTICA
2. Peculiaridades da exploración psiquiátrica: Entrevista/Historia Clínica, Psicometría, exploración médica complementaria
3. Coñecemento básico das actuais clasificacións das doenzas psiquiátricas
4. Coñecementos básicos de Psicoaptoloxía: A sintomatoloxía psiquiátrica
TERCEIRA UNIDADE TEMÁTICA
5. Coñecementos xerais da Etiopatoxenia, manifestacións clínicas, exploracións necesarias, diagnóstico clínico e diagnóstico diferencial, así como propostas de tratamento dos trastornos psiquiátricos mais frecuentes:
Trastornos orgánico cerebrais con sintomatoloxía psiquiátrica: demencia, delirium
Trastornos somáticos con factores etiolóxicos psicosociais: T. psicosomáticos
Trastornos relacionados co consumo de alcol e outras substancias
Trastornos psicóticos
Trastornos afectivos
Trastornos neuróticos, de adaptación e por estrés
Trastornos da Personalidade e do control dos impulsos
Urxencias Psiquiátricas
CUARTA UNIDADE TEMÁTICA
6. Coñecementos básicos de posibles intervencións preventivas e do actual desenvolvemento da Asistencia Psiquiátrica no ámbito específico da psiquiatría comunitaria
A) BIBL. BÁSICA
1. BAÑOS, R.M.; PERPIÑÁ. C.: Exploración Psicopatológica. Editorial Síntesis; 2004, 141 pp
2. BLACK, D. ANDREASEN, N.: Introducción a la Psiquiatría. Panamericana, 5ª Ed. 2012, 592 pp
3. EGUILUZ, I.; SEGARRA, R.: Introducción a la Psicopatología. Panamericana 3ª Ed. 2012, 387 pp.
4. ELKIN GD. Psiquiatría Clínica. Mexico: McGraw-Hill Interamericana; 2000. 352 pp. 5. GELDER MG, Geddes J, Mayou R. Oxford Psiquiatría de bolsillo. Madrid: Marbán; 2007. 470 pp.
6. LOBO, A.: Psiquiatría General. Panamericana 2013, 706 pp.
7. HALES ER, Yudofsky SC. Tratado de Psiquaitría Clínica. Amsterdam: Elsevier; 2009. 1664 p
8. MOORE DP, Jefferson JW. Psiquiatría Médica. Madrid: Elsevier; 2005. 544 p
9. ORTUÑO F. Lecciones de Psiquiatría. Buenos Aires. Editorial Médica Panamericana; 2010. 644p.
10.RUBIO Valladolid. Fundamentos de Psiquiatría. Bases científicas para el manejo clínico. Editorial Médica Panamericana, 2015
11. SADOCK BJ, Sadock VA. Kaplan & Sadock Sinopsis de Psiquiatría (10ª ed.). Barcelona, Wolters Kluwer; 2008.1470 p.
12. SADOCK BJ. Kaplan & Sadock Manual de Bolsillo de Psiquiatría Clínica. Barcelona: Wolters Kluwer; 2007. 474 p.
13. VALLEJO RUILOBA J. Introducción a la psicopatología y la psiquiatría, (7ª ed). Barcelona: Elsevier Masson; 2011. 648p.
B) BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
1. GELDER M,LÓPEZ-IBOR JJ,ANDREASEN N.Tratado de Psiquiatría.Barcelona: Ars Médica; 2003. 3v.
2. GOLDBERG D (Edición en castelán de Cervilla Ballesteros J) Manual Maudsley de Psiquiatría Práctica. Madrid. Ed. Arán 2000
3.GOLDBERG, D P., LINDA GASK, AND R. K. MORRISS. Psychiatry in Medical Practice. Hove, East Sussex [England]: Routledge, 2008
4.GOLDMAN HH. Psiquiatría General. México: Manual Moderno; 2001. 698 p.
5.SIMS A. Síntomas mentales: introducción a la psicopatología descriptiva. Madrid: Triacastela; 2008.495p
3. TALBOT JA y otros. DSM-IV. Tratado de Psiquiatría. Barcelona: Masson; 2000. 2v.
4. VALLEJO RUILOBA J & LEAL CERCÓS, C. Tratado de psiquiatría. Barcelona: Ars Médica; 2011. 1196 p.
5. VÁZQUEZ-BARQUERO JL (Editor). Psiquiatría en Atención Primaria. Madrid: Aula Médica; 2007. 970 p.
O rematar o estudo da materia o alumno debe de estar capacitado para
1. REALIZAR unha Historia Clínica Psiquiátrica completa
2. REALIZAR a exploración psicopatolóxica do doente historiado
3. INDICAR as exploraciones complementarias tanto médicas como psicolóxicas necesarias para realizar o diagnóstico.
4. PROPOÑER a hipótese diagnóstica derivada da historia
5. RESOLVER os diagnósticos diferenciais derivados da historia clínica e da hipótese diagnóstica.
6. PROPONER alternativas de tratamiento para el enfermo atendido.
7. AVALIAR a demanda de Urxencias Psiquiátricas.
Incorporación as actividades diarias que se desenvolvan nos recursos de Saúde Mental nos que se incorpore o alumno.
Presentación dun caso clínico ilustrativo das súas aprendizaxes.
Avaliación continua dos coñecementos e das aptitudes do estudante polo titor responsable. O titor cualificará ao alumno como apto (6:00) ou non apto, sendo necesario estar apto para poder aprobar e presentarse ao exame a realizar ao final das rotacións polos diferentes servizos, que constará dunha batería de preguntas tipo test con 5 respostas das que soamente unha será válida (as contestacións erróneas restarán puntuación: 1 por cada 3 erróneas).
A avaliación do titor será APTO ou NON APTO. A avaliación como NON APTO supón que o estudante non pode superar a materia nesa oportunidade e irá acompañada dunha nota numérica de 0 a 4,9 para incluir na acta.
O exame será voluntario e imprescindible para obter unha nota superior a 6 co seguinte criterio:
De 0 ao 30% das respostas correctas (descontando os negativos): non añaden nada a nota final.
Do 30 ao 100% das respostas correctas (descontando os negativos): proporcionalmente o número de acertos.
A cualificación final será o resultado de sumar a cualificación do titor (6:00) a do exame que suporá o 40% da nota final.
As placas de honor distribúense entre os estudantes que obtén as maiores cualificacións finais. No caso de que varios alumnos poidan optar por elas, realizarase un exame extraordinario de matrícula entre todos os candidatos.
Cada alumno fai unha estancia de 3 semanas consecutivas nunha unidade da área de Psiquiatría dun hospital u outros centros, realizando un mínimo de tres guardias (126 horas presenciais e 12 horas de estudio persoal). Unha semana de prácticas representa una presencialidade de 35 horas (horario de 8.00 a 15.00 horas de luns a venres) ás que hai que engadir 7 horas por cada garda realizada (de 15.00 a 22.00 horas).
Retomar os coñecementos teóricos de Psicoloxía Médica, Psiquiatría Xeral e no caso de ter cursado as materias optativas da área de Psiquiatría tamén serán de aplicación para o estudo desta materia.
Despois de participar na atención a un doente deberá solicitar orientación o seu titor/ ou titora para a revisión teórica do caso e elaboralo xa que polo menos un dos casos clínicos que coñeza deberá presentalo con argumentación teórica e bibliografica.
PLAN DE CONTINXENCIA
A competencia para autorizar o acceso dos estudantes aos centros sanitarios é da autoridade sanitaria (Consellería de Sanidade, SERGAS), polo que o devandito acceso queda supeditado a antedita autorización. Esta autorización sempre se dou por suposta e nunca supuxo unha limitación para a realización das prácticas clínicas, pero nun contexto de pandemia non podemos descartar dificultades de acceso, como así ocorreu no segundo semestre do curso 2019-20.
A práctica clínica é insubstituíble. Calquera medida que poidamos tomar será un intento de “salvar” un proceso docente nunha situación nunca antes vivida no pasado recente. É esta situación excepcional a que obriga a tomar decisións excepcionais para salvagardar a saúde da poboación da maneira o mais eficaz posible.
En calquera caso a superación da materia requirirá dun mínimo do 50% das horas de prácticas previstas, non podendo descartarse a extensión do horario e do calendario de prácticas para poder completar a actividade formativa, sen prexuízo da normativa xeral que a USC estableza.
Escenario 2: Distanciamento
No Escenario 2 a autoridade sanitaria podería limitar a realización da práctica clínica nos hospitais ou decretar incluso a suspensión da mesma.
Neste contexto se a situación o esixira, podería reducirse a presencialidade ata o 50%, acudindo ao hospital en subgrupos en días ou semanas alternas ou outras opcións de acordo ás indicacións da autoridade sanitaria. A simulación Básica e Avanzada e actividades non presenciais como elaboración de traballos, resolución de casos e outros constitúen ferramentas útiles neste escenario. Para iso, empregaranse todas as ferramentas docentes dispoñibles (como Aula Virtual-Moodle e Microsoft Teams…).
Neste contexto non se pode descartar a extensión do horario e do calendario de prácticas para poder completar a actividade formativa, sen prexuízo da normativa xeral que a USC estableza.
Escenario 3: peche das instalacións.
No Escenario 3 a autoridade sanitaria podería decretar a suspensión da práctica clínica. Neste contexto podería reducirse a presencialidade ata o 50%. A simulación Básica e Avanzada e actividades non presenciais como elaboración de traballos, resolución de casos e outros constitúen ferramentas dispoñibles. Para iso, empregaranse todas as ferramentas e plataformas dispoñibles (como Aula Virtual-Moodle e Microsoft Teams…).
Neste contexto non se descarta a extensión do horario e do calendario de prácticas para poder completar a actividade formativa, sen prexuízo da normativa xeral que a USC estableza.
Avaliación:
Escenarios 1 e 2. As probas finais terán carácter presencial no escenario 1, e sempre que sexa posible no escenario 2.
Escenario 3. As probas finais levaranse a cabo empregando recursos telemáticos da maneira que dispoña o coordinador da materia en función da situación. No caso de que se considerase necesario, poderíase realizar unha proba final oral en casos concretos de alumnos con dificultades técnicas.
Jose Alfredo Mazaira Castro
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Psiquiatría
- Correo electrónico
- josealfredo.mazaira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Ciencias da Saúde LOU
Raimundo Mateos Alvarez
Coordinador/a- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Psiquiatría
- Teléfono
- 881812314
- Correo electrónico
- raimundo.mateos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luis Francisco Vila Pillado
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Psiquiatría
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Ciencias da Saúde LOU
Alberte Xabier Arauxo Vilar
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Psiquiatría
- Correo electrónico
- albertexab.arauxo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Ciencias da Saúde LOU
Maria Jesus Garcia Alvarez
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Psiquiatría
- Correo electrónico
- marijesus.garcia.alvarez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Ciencias da Saúde LOU
Eduardo Santiago Paz Silva
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Psiquiatría
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Ciencias da Saúde LOU
Jorge Seoane Prado
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Psiquiatría
- Correo electrónico
- jorge.seoane [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Ciencias da Saúde LOU
Manuel Serrano Vazquez
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Psiquiatría
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Ciencias da Saúde LOU
Jose Manuel Olivares Diez
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Psiquiatría
- Correo electrónico
- jm.olivares [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Ciencias da Saúde LOU
David Simón Lorda
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Psiquiatría
- Correo electrónico
- david.simon [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Ciencias da Saúde LOU
14.05.2021 18:00-18:30 | Grupo /CLI_EEES01 | Aulario-Aula 1 |
14.05.2021 18:00-18:30 | Grupo /CLI_EEES01 | Aulario-Aula 2 |
14.05.2021 18:00-18:30 | Grupo /CLI_EEES01 | Aulario-Aula 3 |
14.05.2021 18:00-18:30 | Grupo /CLI_EEES01 | Aulario-Aula 4 |
14.05.2021 18:00-18:30 | Grupo /CLI_EEES01 | Aulario-Aula Magna |
14.05.2021 18:00-18:30 | Grupo /CLI_EEES01 | Biblioteca - Aulario Roberto Novoa |
14.05.2021 18:00-18:30 | Grupo /CLI_EEES01 | Hospital-Aula 1 |
14.05.2021 18:00-18:30 | Grupo /CLI_EEES01 | Hospital-Aula 2 |
21.06.2021 18:00-18:30 | Grupo /CLI_EEES01 | Aulario-Aula Magna |