Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 46.5 Horas de Titorías: 1.5 Clase Expositiva: 22 Clase Interactiva: 5 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Introducir o alumno nos coñecementos básicos do funcionamento do sistema inmunolóxico humano que lle permitan entender os mecanismos da defensa inmune contra antíxenos propios e foráneos, e as súas patoloxías.
OS PRINCIPAIS ELEMENTOS DO SISTEMA INMUNITARIO
Tema 1. TECIDOS, CÉLULAS E MOLÉCULAS DO SISTEMA INMUNITARIO.
Introdución ao estudo da Inmunoloxía. Os compoñentes do sistema inmunitario: Tecidos, células e moléculas libres.
Tema 2. AS INMUNOGLOBULINAS.
As inmunoglobulinas e as súas estruturas. Xenes, expresión xénica e orixe da diversidade das inmunoglobulinas. Propiedades das inmunoglobulinas.
Tema 3. ANTÍXENOS E COMPLEXOS DE HISTOCOMPATIBILIDADE
Os antíxenos e as súas estruturas. Inmunogenicidad. Complexos Maiores de Histocompatibilidade (MHCs) e as súas estruturas. Xenes, expresión génica e orixe da diversidade dos MHCs. Mecanismos de presentación de antígenos polos MHCs. Células presentadoras de antíxenos. Complexos CD1.
Tema 4. RECEPTORES E SINALIZACIÓN DAS CÉLULAS INMUNITARIAS
Receptores de linfocitos B (BRCs) e de linfocitos T (TCRs): Estruturas, xenes, expresión xénica e diversidade. Receptores de fagocitos, células dendríticas e células NK. Sinalización de células inmunitarias por antíxenos. As citoquinas na sinalización inmunitaria.
Tema 5. O SISTEMA DO COMPLEMENTO .
O complemento no sistema inmunitario. Os compoñentes do sistema de complemento e as súas propiedades. Vías de activación do complemento e as súas propiedades inmunolóxicas.
A XERACIÓN DA RESPOSTA INMUNITARIA. INMUNIDADE INNATA E ADAPTATIVA
Tema 6. A INMUNIDADE INNATA.
A inmunidade innata e os seus compoñentes. As barreiras anatómicas e fisiolóxicas na resposta inmunitaria. Actividades dos fagocitos, células NK, e outras células inmunitarias na inmunidade innata. Actividades do complemento e das citoquinas na inmunidade innata.
Tema 7. A MADURACIÓN INMUNOLÓXICA DOS LINFOCITOS T.
A maduración dos linfocitos. Ontogenia e función dos linfocitos T. Maduración tímica dos linfocitos T. Seleccion positiva e negativa e tolerancia frente a proteínas propias dos linfocitos Talfa beta. Diferenciación tímica de linfocitos Tgamma delta e de células NKT.
Tema 8. ACTIVACIÓN E ACTIVIDADES EFECTORAS DOS LINFOCITOS T
Circulación postímica de linfocitos T. O proceso de activación de linfocitos Talfa beta por antíxenos. Diferenciación e actividades efectoras das diferentes poboacións de linfocitos T auxiliares e citolíticos. Activación de linfocitos T por superantíxenos. Activación e actividades efectoras de linfocitos Tgamma delta e células NKT.
Tema 9. A MADURACIÓN E ACTIVACIÓN DOS LINFOCITOS B.
Ontogenia e función inmunolóxica dos linfocitos B. Maduración dos linfocitos B. Activación periférica dos linfocitos B por antíxenos. Procesos de diferenciación a linfocitos B efectores e a linfocitos B memoria.
Tema 10. A ACTIVIDADE EFECTORA DOS LINFOCITOS B E DAS INMUNOGLOBULINAS NA INMUNIDADE HUMORAL.
A activación antixénica dos linfocitos B e as súas actividades efectoras na inmunidade humoral. Respostas primaria e secundaria na inmunidade humoral. Os diferentes isotipos de inmunoglobulinas e as súas habilidades para a eliminación de antíxenos.
O EXERCICIO DA DEFENSA INMUNITARIA. INMUNOLOXÍA CLÍNICA
Tema 11. PROCESOS INFECCIOSOS. DEFENSA INMUNITARIA CONTRA A INFECCIÓN VÍRICA.
Introdución aos procesos infecciosos. Os principais axentes infecciosos. Os virus e a infección vírica. A presentación de antíxenos víricos no sistema inmunitario. A defensa inmunitaria contra a infección vírica. Mecanismos de evasión e terapias antivíricas.
Tema 12. DEFENSA INMUNITARIA CONTRA A INFECCIÓN BACTERIANA.
As bacterias e as súas estruturas antixénicas. Toxinas bacterianas. A presentación de antíxenos bacterianos e de toxinas no sistema inmunitario A inmunidade innata e adaptativa contra bacterias extracelulares e intracelulares. A defensa inmunitaria contra toxinas bacterianas. Mecanismos de evasión e terapias antibacterianas. Infección bacteriana e produción de moléculas agresivas (Mediadores inflamatorios).
Tema 13. DEFENSA INMUNITARIA CONTRA OUTROS PATÓGENOS. INMUNIZACIÓN E VACINAS.
Defensa inmunitaria contra fungos, protozoos e metazoos. Priones, a súa actividade e resposta inmunitaria. Inmunización e as súas formas activa e pasiva. Vacinas e a súa preparación. Resposta inmunitaria inducida polas vacinas.
Tema 14. INFLAMACIÓN E RESPOSTA INMUNITARIA.
Defensa inmunitaria e danos celulares na indución de procesos inflamatorios. Rutas inflamatorias e os seus elementos. Mediadores da inflamación e as súas actividades biolóxicas. Principais rutas de produción de mediadores da inflamación e os seus efectos localizados e sistémicos. O Inflamosoma. Actividades sistémicas na inflamación. actividade regulatoria do sistema nervioso central. Axentes antiinflamatorios.
Tema 15. REACCIÓNS DE HIPERSENSIBILIDAD NA RESPOSTA INMUNITARIA.
Defensa Inmunitaria e indución de reaccións de hipersensibilidad. Diferentes tipos de reaccións de hipersensibilidad. Os mecanismos das reaccións de hipersensibilidad inmediata de tipos I, II, e III. Hipersensibilidad retardada de tipo IV. Terapias nos procesos de hipersensibilidad. Hipersensibilidad e indución de inflamación.
Tema 16. AUTOINMUNIDAD, INMUNODEFICIENCIAS E INMUNOLOXIA DE TRANSPLANTES.
Orixe da autoinmunidad. Resposta autoinmune e indución de patoloxías. Orixe e diversidade das inmunodeficiencias. Alteracións funcionais nas inmunodeficiencias conxénitas. As inmunodeficiencias adquiridas e a SIDA. Inmunoloxía de transplantes: Enxertos e resposta inmunitaria.
Tema 17. INMUNOLOXÍA TUMORAL
Orixe molecular das transformacións canceríxenas. Oncogenes e antíxenos tumorais. Resposta inmunitaria frente a células cancerosas. Inflamación e evasión inmunitaria promovida por células cancerosas Terapias antitumorais.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
ABBAS, A.K.; LICHTMAN, A.H. y PILLAI, S. “Inmunología básica: Funciones y trastornos del sistema inmunitario” Sexta Ed. 2020, Elsevier España.
OWEN, J.A.; PUNT, J.; STRANFORD, S.A. y JONES, P.P. “Kuby. Inmunología” Séptima Ed. 2014, McGraw Hill.
ABBAS, A.K.; LICHTMAN, A.H. y PILLAI, S. "Inmunología celular y molecular” Novena Ed. 2018, Elsevier España
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
O´HEHIR; R.E.; HOLGATE; S.T. e SHEIKN; A. "Middleton. Alergología esencial" Primera Ed. 2017, Elsevier España
CARBONE, J."Inmunoterapia de enfermedades de base inmunológica" 2018, Elsevier España
MAK, T.W.; SAUNDERS, M.E. e JETT, B.D. "Primer to the Inmune Response” Segunda Ed. 2014, AP Cell – Elsevier
COMPETENCIAS XERAIS
Comprender e recoñecer a estrutura e función normal do corpo humano, a nivel molecular, celular, tisular, orgánico e de sistemas, nas distintas etapas da vida e nos dous sexos.
Coñecer e recoñecer as bases da conduta humana normal e as súas alteracións.
Comprender e recoñecer os efectos, mecanismos e manifestacións da enfermidade sobre a estrutura e función do corpo humano.
Comprender e recoñecer os axentes causantes e factores de risco que determinan os estados de saúde e o desenvolvemento da enfermidade.
Comprender e recoñecer os efectos do crecemento, o desenvolvemento e o envellecemento sobre o individuo e a súa contorna social.
Comprender os fundamentos de acción, indicacións e eficacia das intervencións terapéuticas, baseándose na evidencia científica dispoñible.
Ser capaz de formular hipóteses, recoller e valorar de forma crítica a información para a resolución de problemas, seguindo o método científico.
Adquirir a formación básica para a actividade investigadora.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
Coñecer a morfoloxía, estrutura e función do sistema inmunolóxico.
Docencia expositiva
A docencia expositiva está concibida a fin de potenciar a aprendizaxe autónoma dos estudantes. Nas clases teóricas a profesora expoñerá e explicará os aspectos máis relevantes de cada tema, axudando aos alumnos a que alcancen os obxectivos da materia. Neste ensino utilizarase a lousa, medios audiovisuais, espazo virtual da materia (campus virtual USC), así como outros medios que a profesora considere oportunos para facilitar o ensino.
Nos escenarios previstos para o curso 2020-2021, este ensino terá as seguintes características:
Escenario 1: docencia presencial
Escenario 2: docencia presencial combinada con virtual, utilizando as ferramentas corporativas para estes fins ( Teams, Campus Virtual, etc.)
Escenario 3: docencia virtual ( síncrona ou asíncrona), utilizando as ferramentas corporativas para estes fins ( Teams, Campus Virtual, etc.)
Docencia interactiva
Seminarios de discusión dos diferentes conceptos e materias do Programa, intercalados entre as clases regulares. Os seus contidos correspóndense co repaso e discusión das facetas máis importantes dos contidos de cada tema do programa.
Nos escenarios previstos para o curso 2020-2021, este ensino terá as seguintes características:
Escenario 1: os seminarios serán de carácter presencial.
Escenario 2: os seminarios serán de carácter presencial combinado con virtual.
Escenario 3: os seminarios serán de carácter virtual ( síncrono ou asíncrono).
Titorías
Esta actividade utilizarase principalmente para a aclaración de dúbidas sobre aspectos relacionados cos contidos da materia. A profesora guiará e orientará ao estudante no proceso de aprendizaxe.
Nos escenarios previstos para o curso 2020-2021, as titorías terán as seguintes características:
Escenario 1: presencial, sen descartar a conveniencia de realizalas de forma virtual, utilizando para este último caso as oportunas ferramentas corporativas ( Teams, Campus Virtual, etc.)
Escenario 2: fundamentalmente de carácter virtual.
Escenario 3: de carácter virtual ( síncrono ou asíncrono).
Nos tres escenarios manterase operativa unha aula virtual ao dispor do alumnado, mantendo así mesmo canles de comunicación directa, para titorías, foros e sesións virtuais.
Exame final (70% da nota final)
O exame final utilízase para a avaliación dos coñecementos adquiridos da materia. O alumno deberá demostrar no exame un coñecemento adecuado de cada unha das partes da materia.
Como proba de avaliación utilizarase un exame con diferentes tipos de preguntas (test e/ou verdadeiro-falso e/ou pregunta curta e/ou pregunta tema). No exame constará detalladamente o modo de cualificación de cada unha das partes.
Avaliación continua (30% da nota final)
Para a avaliación continua tense previsto que o alumno utilice o campus virtual e os medios dixitais facilitados pola biblioteca da Facultade de Medicina, para conseguir a aprendizaxe progresiva da materia. Poderanse realizar controis de aprendizaxe e valorarase o grao de participación de todas as actividades suxeridas. Só terase en conta a avaliación continua se o alumno supera o exame final.
A nota alcanzada na avaliación continua só terá vixencia na convocatoria en curso.
Nos escenarios previstos para o curso 2020-2021, as avaliacións terán as seguintes características:
Escenario 1: como forma de avaliación utilizarase unha proba final presencial, combinada cunha avaliación continua formativa (presencial e telemática)
Escenario 2: como forma de avaliación utilizarase preferentemente unha proba final telemática, combinada cunha avaliación continua formativa de carácter telemático
Escenario 3: como forma de avaliación utilizarase unha proba final telemática, combinada cunha avaliación continua formativa telemática
Nos casos nos que se detecte a realización fraudulenta de exercicios e probas de avaliación, aplicarase o que recolle a “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
O tempo medio de estudo e traballo dedicado a cada tema do programa teórico, será de 3 horas. Este tempo variará segundo a complexidade do tema.
Asistencia a todas as actividades presenciais e en liña relativas á docencia da materia.
Seguimiento e lectura periódica dos textos e demais materiais recomendados polo profesor.
Utilización das tutorías para resolver as dúbidas que teña o estudante en relación cos contidos do programa.
Para rematar, o alumno deberá centrar o seu estudo na comprensión dos conceptos da materia e na súa posible aplicación no ámbito médico, non limitándose nunca á simple asimilación da información.
Estefania Maria Salome Mendez Alvarez
Coordinador/a- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881812210
- Correo electrónico
- estefania.mendez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
10:30-11:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 3 |
17:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 3 |
Martes | |||
10:30-11:30 | Grupo /CLE_04 | Castelán | Medicina-Aula 6 |
17:30-18:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Medicina-Aula 6 |
Mércores | |||
10:30-11:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 3 |
17:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 3 |
Xoves | |||
10:30-11:30 | Grupo /CLE_04 | Castelán | Medicina-Aula 6 |
17:30-18:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Medicina-Aula 6 |
Venres | |||
10:30-11:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 3 |
17:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 3 |
19.12.2020 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 1 |
19.12.2020 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-Aula 1 |
19.12.2020 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 2 |
19.12.2020 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-Aula 2 |
19.12.2020 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 3 |
19.12.2020 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 4 |
19.12.2020 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 5 |
19.12.2020 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 6 |
19.12.2020 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 7 |
19.12.2020 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 8 |
19.12.2020 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 9 |
19.12.2020 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula Castelao |
21.06.2021 12:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 4 |
21.06.2021 12:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 5 |
21.06.2021 12:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 7 |
21.06.2021 12:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 8 |