Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 94 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 33 Clase Interactiva Seminario: 4 Clase Interactiva Laboratorio: 16 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Áreas: Psiquiatría
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
XENERAIS:
1.Obxectivos de índole social que deben esixirse aos profesionais médicos en virtude da súa vinculación a valores e actitudes ante as demais persoas e contorna sociocultural.
2. Hábitos e comportamentos profesionais correctos, tratando de actuar coa maior obxectividade e responsabilidade na atención tanto no estado de saúde como no de enfermidade.
ESPECÍFICOS:
1. Adquirir habilidade na exploración dos procesos psíquicos tanto no seu funcionamento normal como nas súas manifestacións psicolóxicas.
2. Aprender a diferenciar condutas normais e anormais
3. Coñecer os modos de manifestación das alteracións dos diferentes procesos psicolóxicos e as súas causas.
4. Aprender a metodoloxía da análise psicopatolóxica
DOCENCIA EXPOSITIVA:
MÓDULO I: INTRODUCIÓN
1. Presentación da materia
2. Concepto e fontes da Psicoloxía aplicada á Medicina
3. Concepto de proceso psicolóxico: clasificación
4. Psicoloxía médica e clínica
5. Dimensións básicas do comportamento humano: biolóxicas, psicolóxicas e sociais.
MÓDULO II: PROCESOS PSICOLÓXICOS
CONCIENCIA E SOÑO:
1. Evolución do estudo da conciencia
2. Ritmos biolóxicos
3. Ciclo de soño y vixilia
4. Soño: NREM y REM
5. Etapas do soño
SENSOPERCEPCIÓN:
1. Definición e concepto
2. O proceso sensoperceptivo
3. Os sistemas sensoriais e a súa clasificación
4. Factores psicolóxicos e socio-culturais
ATENCIÓN:
1. Definición e concepto
2. Procesos controlados fronte a procesos automáticos
3. Etapas do proceso atencional
4. Tipos de atención
MEMORIA:
1. Concepto e arquitectura da memoria
2. Memoria sensorial
3. Memoria a curto prazo
4. Memoria a longo prazo
5. Proceso e teorías do esquecemento
PENSAMENTO:
1. Concepto e tipos de pensamento
2. Razoamento inductivo e deductivo
3. Resolución de problemas
4. Categorización
LINGUAXE:
1. Concepto
2. Principais modelos teóricos
3. Adquisición e desarrollo evolutivo da linguaxe
4. Relación pensamento-llinguaxe
MOTIVACIÓN E CONDUTAS MOTIVADAS:
1. Proceso motivacional
2. Determinantes da motivación
3. Motivos primarios o biolóxicos
4. Motivos secundarios
5. Frustración e conflito
EMOCIÓN:
1. ¿Qué son as emocións?
2. Funcións das emocións
3. Tipos de emocións
4. A expresión e o recoñecemento das emocións
O ESTRÉS:
1. O modelo procesual do estrés
2. Tipos de situacións estresantes
3. Importancia do estrés nos distintos tipos do enfermar
4. Psico-neuro.inmunoloxía e estrés
APRENDIZAXE:
1. Condicionamiento clásico
2. Condicionamiento operativo ou instrumental
3. A aprendizaxe por observación ou modelado
4. Aprendizaxe e conduta
INTELIXENCIA:
1. Elementos básicos: modelos factoriais
2. Procesos psicolóxicos de sostén: modelos cognitivos
3. Bioloxía da inteligxencia
4. Factores xenéticosy non xenéticos
PERSONALIDADE:
1. Concepto e dimensións estruturais: os rasgos
2. Modelos dimensionais
3. Tipoloxías
4. Avaliación e delimitacións da desviación da normalidade
MÓDULO III: PSICOLOXÍA EVOLUTIVA
1. Influenzas do desarrollo
2. Paradigmas do desarrollo
3. Teorías do desarrollo
4. Desarrollo ao longo do ciclo vital
MÓDULO IV: PSICOLOXÍA SOCIAL
1. Concepto e principios da Psicoloxía Social
2. Bases biolóxicas da conducta social humana
3. Achegas da Psicoloxía Social á Psicoloxía Médica e a súa importancia
SOCIALIZACIÓN:
1. Proceso de socialización
2. Axentes de socialización
3. Efectos
4. Aprendizaxe Social
5. Aprendizaxe de roles
ESTEREOTIPOS E PREXUÍZOS:
1. Definición de estereotipo
2. Estereotipos, prexuízo e discriminación
3. A natureza dos estereotipos
4. Características dos estereotipos
5. Definición e causas do prexuízo
6. Efectos do prexuízo
7. Redución do prexuízo
ACTITUDES E O SEU CAMBIO A TRAVÉS DA COMUNICACIÓN:
1. Concepto e funcións
2. Formación das actitudes
3. Persuasión e conceptos relacionados
4. Procesos fundamentais no cambio de actitudes
5. Consecuencias do cambio de actitudes
PROCESOS GRUPALES:
1. Concepto de grupo
2. Influencia do grupo sobre os seus membros
3. Formación e desarrollo dos grupos
4. Cohesión grupal
5. As relacións intergrupais
MÓDULO V: ASESORAMENTO, APOIO PSICOLÓXICO E CUMPRIMENTO TERAPÉUTICO
1. Medidas encamiñadas a mellorar o cumprimento terapéutico
2. As técnicas de asesoramento e resolución de problemas
APOIO PSICOLÓXICO:
1. Al enfermo crónico y su familia
2. Al enfermo terminal y su familia
3. En los procesos de duelo
DOCENCIA INTERACTIVA DE SEMINARIO:
1. Psicopatoloxía da conciencia. Psicopatoloxía da atención
2. Psicopatoloxía da sensopercepción
3. Psicopatoloxía da memoria
4. Psicopatoloxía de pensamento y linguaxe.
5. Psicopatoloxía da afectividade
6. Psicopatoloxía dos procesos volitivos. Psicopatoloxía da psicomotricidade
7. Psicopatoloxía da personalidade
DOCENCIA INTERACTIVA DE LABORATORIO:
1. Mantense o criterio dun mínimo de contidos temáticos e instrumentais comúns sempre relacionados cos contidos teóricos que se contemplan na docencia expositiva
2. Cada docente implementará o seu propio programa que deberá estar dispoñible para todos os alumnos antes do comezo da Docencia Interactiva de Laboratorio
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
1. Psicología Médica.
Darío Díaz Méndez y José Miguel Latorre Postigo.
Ed. Elsevier. Barcelona, 2015
2. Manual de Psicología Médica.
Philippe Jeammet, Michel Reynaud, Silla M. Consoli
Ed. Masson. Madrid, 2003
3. Psicología.
Myers, David G.
Ed. Panamericana. Madrid, 2005 (9ª edición)
4. Introducción a la Psicopatología y la Psiquiatría.
Vallejo Ruiloba y Col.
Ed. Masson. Barcelona, 2011 (8ª edición)
5. Introducción a la Psicología Social.
Gaviria Stewart,E E. y cols. (Coordinadores)
Ed. Sanz y Torres. Madrid, 2010
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
1. Psicología concepto y aplicaciones
Jeffrey S.Nevid.
Cengage Learning, 2010
2. Procesos Psicológicos
Fernández Abascal E,y cols.
Ed.Pirámide. Barcelona, 2002
3. Fundamentos de psicología para ciencias sociales y de la salud
Delgado Losada.
Ed. Medica Panamericana. Madrid, 2015
4. Psicología Social
Morales Francisco y cols
Ed. Mc Graw Hill. Madrid, 2007
5. Procesos Psicológicos básicos
Santiago J y cols.
Editorial Mc Graw Hill.. Madrid, 2006
6. Psicología de la Salud.
Morrison Val, Bennet Paul
Ed. Pearson Prentice Hall. Madrid, 2008
7. Psicología para Ciencias de la Salud: estudio del comportamiento humano ante la enfermedad
Nieto Munuera J y cols
Ed Mc Graw-Hill-Interamericana. Madrid, 2004
8. Lecciones de Psicología médica
Ortega Monasterio, L
Ed. PPU. Barcelona, 1993
9. Introducción a la Psicopatología
Eguiluz I.;Segarra R.
Ed Ars Médica. Madrid, 2005
10. Psicología Social
Baron Robert A, Byrne Donn
Ed. Pearson Prentice Hill. Madrid, 2010
COMPETENCIAS DA TITULACIÓN ÁS QUE CONTRIBÚE A MATERIA:
1. Desenvolver a práctica profesional con respecto á autonomía do paciente, ás súas crenzas e cultura, dentro dos principios éticos e legais.
2. Recoñecer as propias limitacións e a necesidade de manter e actualizar a súa competencia profesional, prestando especial importancia á aprendizaxe de xeito autónomo de novos coñecementos e técnicas e á motivación pola calidade.
3. Desenvolver a práctica profesional con respecto a outros profesionais da saúde, adquirindo habilidades de traballo en equipo.
4. Coñecer e recoñecer as bases da conduta humana normal e as súas alteracións.
5. Obter e elaborar unha historia clínica que conteña toda a información relevante.
6. Realizar un exame físico e unha avaliación mental.
7. Ter capacidade para elaborar un xuízo diagnóstico inicial e establecer unha estratexia diagnóstica razoada.
8. Escoitar con atención, obter e sintetizar información pertinente achega dos problemas que aquejan ao enfermo e comprender o contido desta información.
9. Comunicarse de modo efectivo e claro, tanto de forma oral como escrita, cos pacientes, os familiares, outros profesionais e os medios de comunicación.
10. Establecer unha boa comunicación interpersonal que capacite para dirixirse con eficiencia e empatía aos pacientes, aos familiares, outros profesionais e os medios de comunicación.
11. Coñecer e recoñecer os determinantes de saúde na poboación, tanto os xenéticos como os dependentes do sexo e estilo de vida, demográficos, ambientais, sociais, económicos, psicolóxicos e culturais.
12. Recoñecer o seu papel en equipos multiprofesionais, asumindo o liderado cando sexa apropiado, tanto para o fornezo de coidados da saúde, como nas intervencións para a promoción da saúde.
13. Coñecer, valorar críticamente e saber utilizar as fontes de información clínica e biomédica para obter, organizar, interpretar e comunicar a información científica e sanitaria.
14. Saber utilizar as tecnoloxías da información e a comunicación nas actividades clínicas, terapéuticas, preventivas e de investigación.
15. Ter, na actividade profesional, un punto de vista crítico, creativo, con escepticismo constructivo e orien-tado á investigación.
COMPETENCIAS DA MATERIA:
1. Comprender e interpretar datos estatísticos na literatura médica.
2. Coñecer a historia da saúde e a enfermidade.
DOCENCIA EXPOSITIVA:
1. Clases maxistrais
2. Participativas
3. Interactivas
DOCENCIA INTERACTIVA DE SEMINARIO:
1. Traballo en sub-grupos con casos clínicos
2. Traballo en sub-grupos para a exploración psicopatolóxica
DOCENCIA INTERACTIVA DE LABORATORIO:
1. Preparación dos temas
2. Debate participativo sobre o desenvolvemento dos temas
3. Posta en común e conclusións
4. Elaboración de traballos individuais e en sub-grupos
5. Xogo de roles
DOCENCIA EXPOSITIVA:
1. A ASISTENCIA é OBRIGATORIA, por tanto, poderanse realizar controis aleatorios permitíndose un máximo de 4 faltas xustificadas #ante os docentes (o 10%)
2. Os contidos teóricos serán avaliados a través dunha proba test consistente en 60 preguntas, correspondentes a todas as unidades temáticas conxuntamente, con 5 opcións de resposta das que só 1 será correcta. As respostas erróneas non serán causa de penalización.
3. O punto de corte para APROBAR é de 30 respostas correctas, o que supón un 50% de preguntas respondidas correctamente
4. Dentro da AVALIACIÓN TOTAL da materia, próbaa test supoñerá o 50%
DOCENCIA INTERACTIVA DE SEMINARIO:
1. A asistencia a cada un dos Seminarios é OBRIGATORIA. Para poder ser avaliado é IMPRESCINDIBLE asistir a todos eles. As faltas de asistencia deberán xustificarse de acordo aos criterios que indica a Normativa da USC
2. A avaliación realizarase de acordo cos criterios establecidos polo docente correspondente, sendo comúns o interese mostrado, a participación e a realización dos correspondentes traballos que se vaian solicitando ao longo dos mesmos
3. A avaliación total dos Seminarios supoñerá o 20% da nota final.
DOCENCIA INTERACTIVA DE LABORATORIO:
1. A asistencia a cada unha das Prácticas é OBRIGATORIA. Para poder ser avaliado é IMPRESCINDIBLE asistir a todas elas. As faltas de asisten- cia deberán xustificarse de acordo aos criterios que indica a Normativa da USC
2. A avaliación realizarase de acordo cos criterios establecidos polo docente correspondente, sendo comúns o interese mostrado, a participación e a realización dos correspondentes traballos que se vaian solicitando ao longo das mesmas
3. A avaliación total das Prácticas supoñerá o 30% da nota final
Para SUPERAR a materia REQUÍRESE superar os SEMINARIOS, as PRÁCTICAS e o EXAME FINAL sendo exclusivos para o curso 2020-2021.
2ª OPORTUNIDADE
DOCENCIA EXPOSITIVA:
1. Seguirase o mesmo SISTEMA que na proba oficial.
DOCENCIA INTERACTIVA DE SEMINARIO:
1. NON SE CONTEMPLA ningunha proba de recuperación
DOCENCIA INTERACTIVA DE LABORATORIO:
1. NON SE CONTEMPLA ningunha proba de recuperación.
NON SE CONSERVARÁN As NOTAS OBTIDAS NAS PARTES QUE SE SE SUPERARON MÁIS QUE PARA O CURSO ACTUAL
DOCENCIA EXPOSITIVA: 37 horas presenciais
DOCENCIA INTERACTIVA DE SEMINARIO: 14 horas presenciais (7 Seminarios de 2 horas)
DOCENCIA INTERACTIVA DE LABORATORIO: 24 horas presenciais (12 prácticas de 2 horas)
HORAS PRESENCIAIS (85):
1. 37 horas de DOCENCIA EXPOSITIVA
2. 14 horas INTERACTIVAS DE SEMINARIO
3. 24 horas INTERACTIVAS DE LABORATORIO
4. 3 horas de TITORÍA
5. 5 horas de LECTURAS/TRABALLOS
6. 2 horas de EXAMEN
HORAS NO PRESENCIALES (100):
1. 60 horas para o ESTUDO
2. 15 horas para a preparación dos SEMINARIOS
3. 20 horas para a preparación das PRÁCTICAS
4. 5 horas para LECTURAS RECOMENDADAS
HORAS TOTAIS = 185 horas
RECOMENDACIÓNS AO ALUMNADO PARA A SUPERACIÓN DA MATERIA:
1. Asistencia OBRIGATORIA ás clases expositivas, seminarios e prácticas de laboratorio
2. Manter unha actitude participativa
3. Lectura dos textos recomendados
4. Utilización das titorías PRESENCIAIS e VIRTUAIS
5. Utilización OBRIGATORIA, regular e frecuente da aula VIRTUAL
6. PUNTUALIDADE: a porta da aula pecharase á hora sinalada no horario oficial correspondente, non permitíndose o acceso á mesma con posterioridade á devandita hora
7. Non haberá recuperación da docencia non impartida na súa data correspondente
8. O perfil do alumno na aula Virtual DEBERÁ ESTAR ACTUALIZADO coa incorporación dunha foto recente
Tendo en consideración que a superación dos Seminarios e as Prácticas son IMPRESCINDIBLES para poder superar a materia, RECOMÉNDASE ao alumnado pendente de CONVALIDACIONS (traslado de expedientes) ao comezo do curso, que SE INTEGRE no grupo que lle correspondería aínda que aún non puidesen formalizar a súa matrícula.
PLAN DE CONTINXENCIA:
ESCENARIO 1 (Normalidade adaptada)
DOCENCIA:
A docencia das clases expositivas e interactivas de seminario será fundamentalmente presencial.
As titorías poderán ser presenciais, e virtuais (a través das ferramentas do campus virtual).
AVALIACIÓN:
Avaliación continua formativa con proba final complementaria presencial.
ESCENARIO 2 (distanciamento; restricións parciais á presencialidad física)
DOCENCIA:
A docencia expositiva e interactiva realizarase de forma telemática empregando as ferramentas máis adecuadas para cada tipo e as plataformas institucionais.
As titorías serán exclusivamente virtuais
AVALIACIÓN:
Avaliación continua formativa, con proba final complementaria preferentemente telemática.
ESCENARIO 3 (peche das instalacións; imposibilidade de impartir a docencia con presencialidad física)
DOCENCIA:
A docencia expositiva e interactiva desenvolveranse de maneira exclusivamente virtual, a través das ferramentas máis adecuadas e plataformas institucionais.
As titorías realizaranse exclusivamente por vía telemática.
AVALIACIÓN:
Avaliación continua formativa con proba final complementaria de carácter exclusivamente telemático.
PARA Os TRES ESCENARIOS, A ENTREGA DE TRABALLOS E INFORMES REALIZARASE A través DO CAMPUS VIRTUAL.
Nos tres escenarios, para os casos de realización fraudulenta de tarefas ou probas, será de aplicación o recolleito na Normativa da USC de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Isabel Salazar Bernard
Coordinador/a- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Psiquiatría
- Correo electrónico
- isabel.salazar [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Del Carmen Garcia Mahia
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Psiquiatría
- Correo electrónico
- mcarmen.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Mario Paramo Fernandez
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Psiquiatría
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Maria Vidal Millares
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Psiquiatría
- Correo electrónico
- maria.millares [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Francisco Javier Vicente Alba
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Psiquiatría
- Correo electrónico
- franciscojavier.vicente [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Manuel Arrojo Romero
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Psiquiatría
- Correo electrónico
- manuel.arrojo.romero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Lucia Del Rio Casanova
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Psiquiatría
- Correo electrónico
- lucia.delrio [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Homero Indalecio Carrera Machado
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Psiquiatría
- Correo electrónico
- hindalecio.carrera [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Ignacio Gómez-Reino Rodríguez
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Psiquiatría
- Correo electrónico
- ignacio.gomez-reino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
10:30-11:30 | Grupo /CLE_04 | Castelán | Medicina-Aula 6 |
11:30-12:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 3 |
17:30-18:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Medicina-Aula 6 |
18:30-19:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 3 |
Martes | |||
10:30-11:30 | Grupo /CLE_04 | Castelán | Medicina-Aula 6 |
11:30-12:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 3 |
17:30-18:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Medicina-Aula 6 |
18:30-19:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 3 |
Mércores | |||
10:30-11:30 | Grupo /CLE_04 | Castelán | Medicina-Aula 6 |
11:30-12:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 3 |
17:30-18:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Medicina-Aula 6 |
18:30-19:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 3 |
Xoves | |||
10:30-11:30 | Grupo /CLE_04 | Castelán | Medicina-Aula 6 |
11:30-12:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 3 |
17:30-18:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Medicina-Aula 6 |
18:30-19:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 3 |
Venres | |||
10:30-11:30 | Grupo /CLE_04 | Castelán | Medicina-Aula 6 |
11:30-12:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 3 |
17:30-18:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Medicina-Aula 6 |
18:30-19:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 3 |
03.06.2021 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula telemática |
08.07.2021 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 7 |
08.07.2021 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 8 |