Créditos ECTS Créditos ECTS: 8
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2.5 Clase Interactiva: 1 Total: 3.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Prácticas Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Microbioloxía e Parasitoloxía, Química Física, Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía, Patoloxía Animal, Botánica, Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica, Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física, Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría, Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias, Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
Áreas: Microbioloxía, Química Física, Nutrición e Bromatoloxía, Tecnoloxía de Alimentos, Sanidade Animal, Botánica, Farmacoloxía, Xenética, Toxicoloxía, Anatomía e Anatomía Patolóxica Comparadas, Produción Animal, Produción Vexetal
Centro Facultade de Veterinaria
Convocatoria: Prácticas en Empresas de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Ver Regulamento de Estancias Non Clínicas e na Administración (ENCeA)
Ver Regulamento de Estancias Non Clínicas e na Administración (ENCeA)
Competencias xerais
• GVUSC01. Capacidade de aprendizaxe e adaptación.
• GVUSC02. Capacidade de análise e síntese.
• GVUSC03. Coñecementos xerais sobre o área de traballo.
• GVUSC04. Planificación e xestión do traballo.
• GVUSC05. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
• GVUSC06. Capacidade de traballar de forma autónoma e en equipo.
• GVUSC07. Habilidade para traballar en un contexto internacional.
• GVUSC08. Liderado, iniciativa e espírito emprendedor.
• GVUSC09. Capacidade de comunicarse en distintos ámbitos.
• GVUSC10. Compromiso ético e asunción de responsabilidades.
Competencias disciplinares
• CEDVUSC 01. Coñecemento xenérico dos animais, do seu comportamento e as bases da súa identificación.
• CEDVUSC 02. Estrutura e función dos animais sans.
• CEDVUSC 03. Cría, mellora, manexo e benestar dos animais
• CEDVUSC 05. Principios básicos e aplicados da resposta inmune.
• CEDVUSC 06. Coñecer os aspectos básicos dos distintos axentes biolóxicos de interese veterinario.
• CEDVUSC 07. Coñecemento das alteracións da estrutura e función do organismo animal.
• CEDVUSC 08. Coñecemento e diagnóstico das distintas enfermidades animais, individuais e colectivas, e as súas medidas de prevención, con especial énfase nas zoonoses e nas enfermidades de declaración obrigatoria.
• CEDVUSC 10. Coñecer as técnicas aplicables ós animais domésticos, incluíndo aquelas con influencia directa sobre a saúde animal e humana.
• CEDVUSC 11. Coñecemento das bases do funcionamento e optimización dos sistemas de produción animal e vexetal e as súas repercusións sobre o medio ambiente.
• CEDVUSC 12. Principios da Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos. Control de Calidade dos alimentos elaborados e Seguridade Alimentaria.
• CEDVUSC 13. Coñecer os aspectos organizativos, económicos e de xestión en todos aqueles campos da profesión veterinaria.
• CEDVUSC 14. Coñecer as Normas e Leis do ámbito veterinario e os regulamentos sobre os animais e o seu comercio.
• CEDVUSC 15. Coñecer os dereitos e deberes do veterinario, facendo especial incidencia nos principios éticos.
• CEDVUSC 16. Coñecer as técnicas analíticas básicas e a súa interpretación
• CEDVUSC 18. Coñecer os procedementos básicos para garantir o correcto funcionamento da actividade reprodutiva así como os procesos tecnolóxicos e os métodos para a resolución de problemas obstétricos.
Competencias profesionais
• D1VUSC 02. Recoller e remitir espécimes co seu correspondente informe.
• D1VUSC 03. Realizar técnicas analíticas básicas e interpretar resultados clínicos, biolóxicos e químicos.
• D1VUSC 04. Diagnosticar as enfermidades máis comúns, mediante a utilización dos protocolos e técnicas complementarias de diagnóstico.
• D1VUSC 05. Realizar estudos epidemiolóxicos e desenvolver programas de prevención, control e erradicación das enfermidades animais, con especial atención ás enfermidades de declaración obrigatoria e zoonoses.
• D1VUSC 09. Aplicar os procedementos básicos que garantan o correcto funcionamento da actividade reprodutiva, os procesos tecnolóxicos e a resolución de problemas obstétricos.
• D1VUSC 10. Identificar as materias primas destinadas á alimentación animal e manexo da dieta adecuada á especie e estado do animal.
• D1VUSC 11. Valorar e interpretar os parámetros produtivos e sanitarios dun colectivo animal, considerando os aspectos económicos, medioambientais e de benestar, buscando a súa optimización.
• D1VUSC 12. Realizar a inspección dos animais
Ver Regulamento de Estancias Non Clínicas e na Administración
O TITOR PROFESIONAL avaliará o traballo e a actividade realizada polo estudante, así como o reflexo dese traballo na memoria e autorizará a presentación da mesma ao titor académico. Concretamente valorará os seguintes aspectos referidos, no seu caso, tanto ás competencias xenéricas como ás específicas previstas no proxecto formativo. A cualificación será de 0 a 10 puntos:
1. Capacidade técnica e de aprendizaxe: 0 a 10
2. Actitude e iniciativa de resolución: 0 a 10
3. Habilidades de comunicación (oral e/ou escrita) : 0 a 10
4. Capacidade de traballo en equipo e relación no entorno laboral: 0 a 10
5. Puntualidade: 0 a 10
6. Reflexo da actividade realizada na memoria: 0 a 10
TITOR ACADÉMICO
Cada estudante deberá presentarlle ao titor académico unha memoria de prácticas. A memoria deberá conter unha descrición das actividades desenvolvidas e incluír os seguintes apartados: (1) Introdución na que se describa detalladamente o centro no cal se realizou a práctica; (2) Descrición da actividade desenvolvida; (3) Desenvolvemento e discusión de, polo menos, 2 procedementos (de laboratorio, inspección, protocolo empresa, etc., dependendo do destino); e (4) Valoración persoal e conclusión final da experiencia desta práctica para a formación. A memoria debe ter un máximo de 25 páxinas (excluíndo anexos), DIN A4, escrita con tipografía Times New Roman ou similares, de tamaño 11 e interliñado de 1,5. Terase en conta a redacción da mesma.
O titor académico deberá basear a súa avaliación na calidade da memoria presentada e no grao de aproveitamento da práctica e non no número de actividades realizadas, xa que isto depende do volume de traballo do destino e non do estudante. Os criterios para avaliar a memoria reflicten a normativa que regula a materia e a rúbrica coa que se corrixe estará publicada no Campus Virtual. A cualificación será de 0 a 10 puntos.
A CUALIFICACIÓN FINAL será a media aritmética da cualificación do titor profesional e a do titor académico. Se a cualificación outorgada polo titor profesional ou polo titor académico é menor de 5 puntos a materia estará suspensa e a cualificación final será a mínima das dúas. Se a parte suspensa é a memoria valorada polo titor académico, o/a estudante poderá presentar unha nova memoria na segunda oportunidade; se a parte suspensa é o traballo de prácticas valorado polo titor profesional, o/a estudante deberá volver a matricularse da materia.
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Traballo presencial:
• Prácticas pre-profesionais non clínicas e na administración: 170 horas
Traballo persoal do/a estudante:
• Elaboración da memoria de prácticas: 30 h
Ver Regulamento de Estancias Non Clínicas e na Administración
Esta materia ten un regulamento propio no que se definen todos estes aspectos. Ver Regulamento de Estancias Non Clínicas e na Administración (ENCeA).
PLAN DE CONTINXENCIA en caso de cambio aos escenarios 2 ou 3.
ESCENARIO 2: Non afectan a esta materia.
ESCENARIO 3:
DURACIÓN E MODALIDADE:
1. Considéranse cursadas se o estudante completou o 50% do tempo (10 días).
2. Se a estancia foi interrompida e non é posible retomala no mesmo destino, este tempo recoñécese e réstase ao que ten que cumprir.
3. Se é necesario reprogramar ademais a materia Estancias Clínicas (EC), ambas poderanse realizar nun único destino cunha duración mínima de 7 semanas. Se por razóns xustificadas non se poden completar as 7 semanas, consideraranse superadas cun 50% de finalización sobre a duración orixinal (4,5 semanas ou 23 días).
4. As estancias pódense dividir en varios períodos, segundo as necesidades dos alumnos (para facilitar a preparación de traballos, probas, exames ou TFG).
5. En casos moi excepcionais, debidamente xustificados, e previa solicitude e autorización do Comité de Prácticas Supervisadas e Prácticas Externas, as Estancias poderán ser substituídas por outra actividade equivalente.
6. No caso de alumnos que realicen un TFG experimental no laboratorio dun grupo de investigación da USC, recoñecerase como período de prácticas e, polo tanto, as ENCeA como cursadas, a realización dun período de polo menos 2 semanas de traballo experimental no laboratorio; esta equiparación debe ser solicitada polo estudante ao coordinador da materia e contar coa autorización do titor profesional.
MEMORIAS
7. Valorarase a calidade da memoria, nunca o tempo de estancia.
8. Se as Estancias se realizan nun único destino (segundo o punto 3), os estudantes tamén deben presentar dúas memorias, unha para EC e outra para ENCeA. Neste caso, débese contactar cos coordinadores das materias para que indiquen como realizalas.
Nota: Os alumnos que tivesen que interromper as prácticas e non poidan continuar no mesmo destino, non están obrigados
a realizar a memoria correspondente a ese centro (é opcional). Basta que presenten a memoria do destino onde rematan as Estancias. No caso de dúbida o estudante ten que contactar co coordinador da materia.
Rita Sánchez-Andrade Fernández
- Departamento
- Patoloxía Animal
- Área
- Sanidade Animal
- Correo electrónico
- rita.sanchez-andrade [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Carmen Louzao Ojeda
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Correo electrónico
- mcarmen.louzao [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Nuria Vicenta Alemañ Posadas
Coordinador/a- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Anatomía e Anatomía Patolóxica Comparadas
- Correo electrónico
- nuria.alemany [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Carlos Manuel Franco Abuin
- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Nutrición e Bromatoloxía
- Correo electrónico
- carlos.franco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Jesus Sainz Oses
- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Correo electrónico
- mj.sainz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Francisco Angel Meijide Del Rio
- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Teléfono
- 982824083
- Correo electrónico
- francisco.meijide [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Julia Melgar Riol
- Departamento
- Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría
- Área
- Toxicoloxía
- Correo electrónico
- mj.melgar [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Azucena Del Carmen Mora Gutierrez
- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Microbioloxía
- Correo electrónico
- azucena.mora [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ramon Alberto Diaz Varela
- Departamento
- Botánica
- Área
- Botánica
- Correo electrónico
- ramon.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Maria Del Pilar Calo Mata
- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Tecnoloxía de Alimentos
- Teléfono
- 982822424
- Correo electrónico
- p.calo.mata [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ramiro Antonio Fouz Dopacio
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Produción Animal
- Correo electrónico
- ramiro.fouz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU