- Código
- MP0143
- Tipo
- Máster de Formación Permanente
- Modalidade
- Híbrido
- Duración
- 1 ano
- Créditos
- 60.0
- Curso
- 2022-2023
- Prezo
- 6.000,00€
- Centro
- Facultade de Administración e Dirección de Empresas
- Dirección
- 
                                                    Maria Luisa Del Rio Araujo
                                                      
 Jose Ramon Porto Pedrido
- Contacto
- marta.fernandez.formoso [at] usc.es 
Departamento / Centro Organizador
          
Departamento de Organización de Empresas
MARTA FERNANDEZ FORMOSO
marta.fernandez.formoso [at] usc.es
Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Datas
                      Duración: 21/09/2022 - 13/07/2023
          
                      Preinscrición: 05/07/2022 - 31/07/2022
          
                      Matrícula: 01/08/2022 - 09/09/2022
                  
                  Número alumnos/as mínimo: 18
                          Número alumnos/as máximo: 22
              
Comentarios: Classroom Nº 14. Faculty of Economics & Business Administration. Avda. do Burgo, s/n Campus Norte – 15782, Santiago de Compostela.
Seguro obrigatorio: 
17,50€ (Aos alumnos que formalicen matricula en cursos de Posgrao Propio, Formación Continua e Programa de Formación, se lles incluirá ademáis o importe do seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe para estudantes da USC, segundo o establecido na normativa vixente (Acordo Consello Goberno 29 de xuño de 2009) e emitirase xunto coa 1ª liquidacion de matrícula. Excepto nos curso que sexan 100% virtuais, considerados estos por curso académico; e nos casos en que os alumnos teñan pagado este mesmo seguro nunha titulación da USC no presente curso académico.)
        
Este curso engloba os seguintes cursos de posgrao ou formación continua:
| Código | Nome do curso | 
|---|---|
| MP0143-FA0165 | Curso de actualización en Optimización en Motores de Busca (SEO) | 
| MP0143-FA0166 | Curso de actualización en Vídeo Márketing | 
| MP0143-FA0167 | Curso de Actualización en Márketing en Motores de Busca (SEM) | 
| MP0143-FA0168 | Curso de actualización en Redes Sociais | 
Requisitos de acceso
Estar en posesión dunha titulación universitaria (grao ou licenciatura). Adicionalmente, poderá optar a unha praza aquel alumnado que lle falten menos de 30 créditos ECTS para rematar a súa titulación. Non se lle outorgará o título do Máster ao alumnado que non supere esos 30 créditos restantes antes de que rematen os anos académicos nos que se desenvolve o Máster. A USC está inscrita no catálogo de especialidades da Fundación Estatal para a Formación no Emprego (FUNDAE) polo que as empresas que inscriban aos seus traballadores no mesmo poderán beneficiarse de bonificacións nas súas cotizacións á Seguridade Social. É imprescindible dispor dun ordenador con cámara integrada operativa para as sesións en liña, pois é necesaria para interactuar e rexistrar a asistencia.
Preinscrición
Pode consultar un manual do procedemento de admisión na páxina web do CEP en Arquivo ou clicando aquí
Para realizar a solicitude de admisión acceda ao seguinte enlace da secretaria virtual 
https://matricula.usc.es/Posgrao/SolicitudeEstudosPropios
Acceso a preinscrición e matrícula
Sistema de selección
1. Curriculum vitae. 2. Carta de motivación. A carta de motivación necesariamente debe incluír: - Breve resumo académico, persoal e profesional (se dispón de experiencia laboral). - Nun par de liñas, citar os contidos do programa que máis lle chaman á atención e que busca conseguir realizando esta formación. - Razóns polas que considera que se lle debe outorgar unha praza. 3. Expediente académico. 4. Certificación de inglés. O nivel de inglés debe ser suficientemente fluido para levar unha conversa neste idioma e poder consultar ao profesorado durante as sesións as posibles dúbidas. O nivel de inglés será valorado durante a entrevista persoal e/ou a través de certificacións de nivel de idioma que se aporten no proceso de admisión. 5. Entrevista persoal. As persoas solicitantes deberán aboar unha taxa do 1% de matrícula en concepto de preadmisión. Unha vez admitidas, restaráselle ese importe da matrícula. Se finalmente non se matriculan, unha vez adxudicada a praza, non se devolverá a taxa de preadmisión do 1%. O Máster está estruturado cunha metodoloxía moi práctica, polo que para levar a cabo todas as actividades na aula e poder instalar todas as ferramentas precisas que facilitará o Máster, o alumnado debe dispoñer de ordenador portátil propio e levalo á aula cada día que se realice unha sesión formativa.
Calendario de pagamento fraccionado
| Prazo | Importe | Data | 
|---|---|---|
| 1 | 3.000,00€ | 01/08/2022 - 09/09/2022 | 
| 2 | 3.000,00€ | 09/01/2023 - 19/01/2023 | 
Obxectivos
O programa está pensado para formar ao estudante en tódolos ámbitos do márketing dixital a través das ferramentas máis empregadas hoxe en día neste sector e que se porán ao seu servizo, inclusive algunhas de acceso restrinxido/pago só accesibles para profesionais. Ísto conséguese mediante o logro de catro obxectivos esenciais:1.Familiarizarse co uso de todas as canles de comunicación dispoñibles, usando os medios dixitais.
2.Coñecer experiencias prácticas en márketing dixital e aplicalas.
3.Coñecer as últimas tendencias en márketing dixital, para ser quen de incorporalas con éxito á estratexia de márketing dixital da empresa.
4.Deseñar e xestionar as campañas de comunicación de maneira que xeren resposta nos clientes e resultados na empresa.
Competencias
Todas as sesións lectivas incluirán discusión e análise de casos reais e exercicios prácticos.Os alumnos terán conferencias online con prestixiosos especialistas de diversos sectores empresariais que explicarán a que problemas se están a enfrontar e como os están a resolver aplicando estratexias da mercadotecnia dixital.
Ademais, o estudante desenvolverá un proxecto para unha empresa galega ao longo do curso, que deberá presentar ao final deste e, en función dos resultados, levalo a cabo na empresa.
Avaliación
-	Asistencia a clase (mínimo dun 90%). Se o alumnado asiste a menos do 90% das horas de docencia non poderá obter o título.
-	Será necesaria a superación das probas puntuables desenvolvidas durante o Máster (formación continua). Será necesaria a presentación de polo menos o 90% das probas puntuables de cada unha das materias propostas na Guía docente.
-	O alumnado deberá depositar e defender un Plan de márketing dixital como Traballo de Fin de Máster (TFM) ante un tribunal oral. Será preciso obter a calificación de Apto no TFM para a obtención do título.
- Se unha sesión, por motivos razoados, ten que impartirse finalmente en liña, o alumnado deberá activar a súa webcam e mantela conectada durante a toda a formación, para que se poida rexistrar e ratificar a súa asistencia.
Titorías
Presencial, conferencias de curta duración en liña de maneira puntual e titorías en liña.
Mércores, xoves e venres de 16:00h a 21:00h, a excepción da materia "Metaverso"
Observacións
Agás na materia "Metaverso" que celebrará nun horario distinto do habitual.
Esta materia será impartida online os días 04/10/2022, 11/10/2022, 18/10/2022, 25/10/2022, 08/11/2022 e 15/11/2022 entre as 19:00h a 21:00h (CET). As tres horas restantes de introducción serán realizadas na aula en horario habitual.
Poderán sufrir lixeiros cambios de horario certas materias que puntualmente propoñan a asistencia a eventos que poidan ser de interese para a materia coa que teñen vinculación, sempre que todo o alumnado esté de acordo na asistencia aos mesmos e que dependerán das datas que se publiquen ditos eventos.
| Código | Materia | Créditos | 
|---|---|---|
| 1 | Web e Blog: Tendencias, Wordpress e Auditoría Web. | 3.0 | 
| 2 | Métodos de Investigación: Cuestionario e Entrevista. Análise de Datos Secundarios. | 1.5 | 
| 3 | O Novo Modelo de Comportamento do Consumidor Online. Customer Journey. | 1.0 | 
| 4 | Monitorización de Redes Sociais. | 0.5 | 
| 5 | Analítica Web e Tag Manager. | 3.0 | 
| 6 | Spss. | 1.0 | 
| 7 | Analítica Web. Informes e Optimización. | 0.5 | 
| 8 | Márketing de Chegada (Inbound Marketing). | 1.0 | 
| 9 | Estratexia Canvas. Novos Modelos. | 0.5 | 
| 10 | Neuromárketing. | 0.5 | 
| 11 | Optimización de Motores de Busca (SEO). Parte 1. | 2.0 | 
| 12 | Optimización de Motores de Busca (SEO). Parte 2. | 0.5 | 
| 13 | Márketing en Motores de Busca (SEM). | 2.0 | 
| 14 | Redes Sociais. Parte 1. | 3.0 | 
| 15 | Redes Sociais. Parte 2. | 0.5 | 
| 16 | Vídeo Márketing. | 2.0 | 
| 17 | Email Márketing. | 0.5 | 
| 18 | Móbil Márketing. Parte 1. | 2.0 | 
| 19 | Comercio Electrónico (E-Commerce). | 4.0 | 
| 20 | Gamificación. | 0.5 | 
| 21 | Planificación de Medios Online e Offline. | 1.0 | 
| 22 | Marco Xurídico da Ley Orgánica de Protección de Datos de Carácter Persoal (Rgpd). | 0.5 | 
| 23 | Performance Márketing. Lean Startup e Open Innovation. | 1.0 | 
| 24 | Integración de Medios Online e Offline. Internet das Cousas (Iot). | 0.5 | 
| 25 | Xestión das Relacións co Cliente (CRM). Parte 1. | 1.0 | 
| 26 | Brand Content, Storytelling e Fraude no Dixital. | 1.5 | 
| 27 | Xestión do Cambio Organizativo. | 1.5 | 
| 28 | O Plan de Márketing Dixital. | 4.0 | 
| 29 | Formación en Márketing Avanzado: Big Data, Márketing Preditivo e Intelixencia Artificial. | 1.5 | 
| 30 | Desenvolvemento de Habilidades Directivas e Empregabilidade. Capacitación de Talento Enfocado a Profesionais do Márketing Dixital. | 3.0 | 
| 31 | Publicidade Programática. | 4.0 | 
| 32 | Titorización e Traballo de Fin de Máster (Tfm). | 4.5 | 
| 33 | Prácticas Tuteladas en Empresas. | 12.0 | 
| 34 | Metaverso. | 1.5 | 
| 35 | Business Inteligence: Power Bi. | 3.0 | 
| 36 | Podcast. | 0.5 | 
| 37 | Connected Tv. | 0.5 | 
| 38 | Móbil Márketing. Parte 2. | 0.5 | 
| 39 | Xestión das Relacións co Cliente (CRM). Parte 2. | 0.5 |