Ir o contido principal

Virtual

Resultados

Máster Universitario en Ensino do Español como Lingua Estranxeira ou Segunda Lingua

O Máster Universitario en Ensino de Español como Lingua Estranxeira ou Segunda Lingua é unha proposta interdepartamental das Universidades de Santiago de Compostela, de Vigo e da Coruña que pretende dar resposta ás crecentes necesidades académicas, científicas e profesionais do profesorado de español como lingua estranxeira ou segunda lingua (LE/L2), así como atender a alta demanda detectada entre o alumnado nativo e non nativo que desexa abrir as súas perspectivas académicas, científicas e laborais cara ao ámbito do ensino do español LE/L2, demanda claramente vinculada coa situación internacional da nosa lingua, como puxeron de manifesto distintos estudos socioeconómicos, nos que se fai patente unha vitalidade extraordinaria, relacionada, sen dúbida, coa súa cada vez maior peso demográfico e económico nun mundo globalizado.

Grao en Xestión Cultural (2ª edición) Virtual

Dentro do ensino universitario en España, a formación en xestión cultural atopou o seu lugar ao longo dos anos tanto en forma de licenciaturas e graos, adaptados ao recente EEES, como sobre todo en mestrados. Na actualidade podemos atopar unha oferta crecente, tanto baixo a denominación específica de “Xestión Cultural” como baixo outras denominaciones máis específicas, o que vén confirmar que a xestión cultural é unha opción moi demandada entre as universidades españolas que a ofertan.
Ademais establécese con claridade a escala profesional dentro do sector, diferenciando catro niveles con vistas a unha RPT dentro da Administración Pública, sinalando nos tres primeiros postos a categoría profesional de “xestor cultural”. En efecto, a inmensa maioría das convocatorias públicas de emprego de xestor/a cultural insisten unha e outra vez, como un requisito indispensábel, estar en posesión dun título universitario en xestión cultural.
Por outro lado, a implantación deste título na USC ten un carácter exclusivo e estratéxico dentro do seu ámbito territorial de influencia. Pois o cuadrante noroccidental da península ibérica non conta con oferta de graos en Xestión Cultural. Ademais, o feito de se oferecer en modalidade presencial e virtual pode resultar moi atractivo, porque abriría a posibilidade de captar alumnado doutras comunidades autónomas onde non existe este tipo de estudos e permitiría poder compaxinar a actividade profesional coa formativa a aqueles xestores culturais en activo que desexen conseguir unha titulación académica que lles sirva de aval para a súa carreira e promoción profesional.

Grao en Empresa e Tecnoloxía (2ª edición) Virtual

A presente proposta de Grao xorde da necesidade de adaptar á nova realidade e necesidades das organizacións a formación profesional e académica dos profesionais da administración e xestión de empresas. Cómpre profesionais que sexan capaces de xestionar a innovación tecnolóxica e poidan aplicar as solucións da tecnoloxía da información aos problemas das organizacións. De maneira que, ademais de coñeceren amplamente as diferentes áreas da empresa e a súa interrelación co contorno económico, o profesional debe ser capaz de incorporar e xestionar a tecnoloxía no ámbito da empresa, tanto na organización como nas súas estratexias de procura de competitividade.
A profunda transformación dixital que é necesario afrontar reviste unha importancia especial polo potencial efecto no investimento, no crecemento e na competitividade empresarial asociados ao uso destas tecnoloxías. A dixitalización da sociedade e da industria presenta retos e xera oportunidades para a industria que deberá adaptar os seus procesos, produtos e modelos de negocio. A competitividade do tecido produtivo e da economía depende en boa medida da capacidade das empresas para exploraren o potencial económico da tecnoloxía e competiren con éxito nun contorno dixital e global.

Máster Universitario en Computación de Altas Prestacións (Virtual)

O Máster en Computación de Altas Prestacións, organizado polas universidades de A Coruña e de Santiago de Compostela, xunto co Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), especializa aos alumnos nunha temática tan importante na actualidade como é o High Performance Computing (HPC).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.10.2019.