Últimos días para concorrer á edición número catorce dos Premios á Introdución da Perspectiva de Xénero
Recoñeceranse iniciativas desenvolvidas tanto no ámbito da docencia como da investigación. O prazo permanecerá aberto ata o 31 de maio
Recoñeceranse iniciativas desenvolvidas tanto no ámbito da docencia como da investigación. O prazo permanecerá aberto ata o 31 de maio
A comunidade da USC atopará este xestor bibliográfico tanto na versión de Word para navegador como na de escritorio
Estudantado do grao en Odontoloxía difundirá material informativo o xoves 25, na Praza do Obradoiro, sobre como os propios pacientes poden desenvolver un rol activo no proceso de diagnóstico, “algo tan estendido noutro tipo de cancro como é o de mama e tan esquecido no noso terreo”, explica a coordinadora do proxecto ApSMO Aprendizaxe e Servizo no Ámbito da Medicina Oral, Pilar Gándara
A terceira edición destes galardóns aos mellores TFG e TFM sobre dereitos das mulleres recoñece a Cinthia Piñeiro Acevedo e Carmen Castrillo Sotelo por dúas investigacións desenvolvidas na USC
A sesión terá lugar no teatro Jofre de Ferrol a partir das 12.00 horas. O historiador lerá o discurso titulado ‘A memoria, a historia e a política. A esquecida polémica Cela versus Paz-Andrade sobre a lexitimidade democrática, a memoria republicana e a Autonomía de Galicia en xullo de 1977’ ao que dará resposta o profesor emérito da USC, Ramón Villares
O grupo liderado por Diana Guallar dende o CiMUS estuda as modificacións químicas do ARN asociadas ás patoloxías da idade e intenta revertelas ou neutralizalas co uso de fármacos
Impulsado pola área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC, premiará a aplicación social e económica dos resultados de teses, TFG e TFM. A inscrición remata o 26 de maio
As intervencións desenvolvidas por alumnado matriculado no grao de Paisaxe na EPS de Enxeñaría do Campus Terra da USC e na UDC transforman espazos degradados e achegan ideas para renaturalizar a ría de Pontevedra, embelecer os xardíns de Allariz, conectar o castro de Elviña coa trama urbana ou revitalizar a Valgada do Campus de Lugo
O programa consta de catro xornadas de traballo intensivas durante as cales, partindo dos retos propostos por dúas empresas, estudantado e coordinadores/as traballan de maneira conxunta para crear solucións innovadoras, seguindo un proceso de estruturado dende a oportunidade ata a solución
A programación de disciplinas e actividades de aprendizaxe deportiva ofertadas pola USC en Lugo durante o mes de xuño inclúen 125 prazas. A inscrición está aberta na páxina de Deporte da USC, onde tamén se poden consultar horarios e taxas
Baixo o título ‘O mundo en 2023: Anatomía dunha policrise’, o doutor ‘honoris causa’ pola USC profundará nas consecuencias de acontecementos como a COVID-19 ou a guerra en Ucraína
Un equipo da USC analizou as circunstancias nas que se recibiu a primeira noticia da discapacidade visual dun fillo/a e constatou que, unha década despois, o 53,3% das nais lembraban, de forma literal, a forma en que recibiran a información
O certame de vídeos promovido pola Comisión de Normalización Lingüística do centro lugués e dirixida a estudantes preuniversitarios busca fomentar a divulgación científica en lingua galega. O prazo de presentación de propostas ao certame permanece aberto ata o 15 de outubro de 2023
O reitor Antonio López preside a entrega de diplomas no marco dun acto no que se profunda nas matemáticas de onte e de hoxe
Unha delegación da Universidade de Tras os Montes Alto Douro, encabezada polo reitor Emídio Ferreira dos Santos, visita o Campus Terra da USC para incentivar a mobilidade interuniversitaria, avanzar no deseño de programas de doutoramento conxunto, ademais de para perfilar a candidatura dun proxecto Interreg sobre dixitalización da historia clínica veterinaria liderado pola Fundación Rof Codina e explorar outras convocatorias competitivas no marco do programa Horizonte Europa
Trátase do primeiro estudo deste tipo que se leva a cabo en España e desenvólvese no marco dun proxecto de investigación financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación