A Facultade de Química acredita o seu Sistema de Garantía de Calidade (SGC)
O centro acadou o informe favorable de certificación da implantación do SGC por parte da ACSUG, o cal permitirá que se acade a acreditación institucional, trámite que iniciará proximamente a universidade.