Un curso abordará en Ciencias da Comunicación a configuración da paisaxe fílmica galega
Os vindeiros 4 e 5 de outubro profesionais da creación e persoal investigador reflexionarán neste foro organizado polo Grupo de Estudos Audiovisuais
Os vindeiros 4 e 5 de outubro profesionais da creación e persoal investigador reflexionarán neste foro organizado polo Grupo de Estudos Audiovisuais
Os catedráticos de Lingua española Emilio Montero e Alexandre Veiga tamén intervirán como relatores este venres, a partir das 16.30 horas, no seminario ‘Tres olladas na historia das letras españolas’, organizado en homenaxe a Folgar Fariña
O reitor presidiu o evento no que participou alumnado procedente de 40 países
A delegación internacional implicada nesta experiencia ambiental está a visitar diversos espazos afectados polas lapas para avaliar o impacto dos efectos provocados polo lume, a fin de promover proxectos de aprendizaxe-servizo
Esta formación que bota a andar o luns 26 é o paso previo á Feira que Universidade e Concello de Santiago organizan o venres 30 de setembro no Teatro Principal e que contará con espazos expositivos e mesas de debate integradas por “entidades con liderados feministas, creadas moitas delas por mulleres referentes”
A ollada crítica de Cristina Alonso Salgado sobre o caso Wannikhof e o estudo das Pandereteiras de Mens que realizou Beatriz Busto Miramontes foron os traballos distinguidos co primeiro premio no marco dos galardóns que a Universidade outorga en materia de introdución da perspectiva de xénero
O graduado en Farmacia Iván Lamela Gómez formula modelos de microcápsulas aptas para tratamentos a nivel intraarticular na investigación de doutoramento desenvolvida na Facultade de Ciencias da USC baixo a dirección de José Blanco e Asteria Luzardo
Trátase de tres pezas audiovisuais divulgativas que recollen os traballos realizados por Xosé M. Sánchez Sánchez da Fundación Catedral de Santiago, e por M. Isabel Morán Cabanas e Israel Sanmartín da USC
A comunidade científica galega dá pulo á Noite europea das persoas investigadoras o vindeiro 30 de setembro cun diverso programa integrado por relatorios e obradoiros de divulgación
Dende o punto de vista meteorolóxico, a estas alturas do ano en Santiago lévanse rexistrados 670 litros/m2 de precipitacións, cando a medio anual é de 1.800 l/m2
O encontro reúne na Facultade de Filoloxía da USC especialistas referenciais de Galicia, a Península Ibérica, Italia e Francia nos eidos da toponimia, a filoloxía, a historia e a xeografía
A Universidade recoñeceu o compromiso co idioma do profesor Beiras a través do galardón que leva o nome de Luis Porteiro Garea, quen o día 16 de setembro de 1915 pronunciou no Paraninfo a primeira lección en galego da que se ten constancia
Os datos preliminares son froito das mostras extraídas nun concerto piloto celebrado o 14 de xuño. O vindeiro 30 de setembro, o Auditorio de Galicia acollerá un novo concerto que permitirá ampliar a mostra
O evento contará coa asistencia de preto de 300 alumnos e alumnas
Un curso de análise sensorial de alimentos abre este xoves na Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias (APLTA) o catálogo de formación especializada do Campus Terra. A inscrición nas actividades programadas é gratuíta e xa está aberta en liña
A matrícula esténdese ata o día 27 nos cursos semestrais de alemán, inglés, francés, italiano, portugués, galego ou catalán, con prazas libres