Juan Lema é nomeado ‘Distinguished Fellow’ da Asociación Internacional da Auga
O profesor emérito da USC convértese no primeiro español en recibir esta distinción que se outorga cada dous anos
O profesor emérito da USC convértese no primeiro español en recibir esta distinción que se outorga cada dous anos
Redacción científica, falar en público e presentacións dixitais eficientes son os tres módulos que integran esta actividade formativa e que poden cursarse de xeito independente
A actividade que se desenvolverá os días 26, 27 e 28 de setembro permitirá que as persoas participantes escoiten pezas sonoras feitas a partir de historias recollidas da veciñanza e asociadas a distintos lugares do barrio
O conxunto de accións referendadas polo grupo de traballo sumaranse a un plan estratéxico do que se informará no Consello de Goberno con medidas a medio e longo prazo
Asinado por Benjamín Martín Biedma e Pablo Castelo Baz, o volume leva por título 'Protocolos clínicos necesarios en la endodoncia y en la reconstrucción del diente endodonciado'
Cecilia Pereira ofreceu o relatorio de apertura de curso na Facultade de ADE, no marco dunha sesión na que tamén participaron o vicerreitor de Organización Académica e Campus de Lugo, Francisco Fraga, o decano Roberto Bande, a profesora Paula Vázquez, en representación da Comisión de Xénero do centro universitario
Os campus de Santiago e Lugo presentan a oferta lúdica e de servizos da USC
A tese de doutoramento de Patxi Pérez Ramallo ‘Pilgrimage to Santiago de Compostela. Osteological and Biomolecular Analysis of Medieval Individuals’ e o libro de Victoriano Nodar Fernández ‘El Bestiario de la Catedral de Santiago de Compostela: Espacio, Función y Audiencia’ son os traballos premiados na edición de 2022
O I TriviGal, unha iniciativa lúdica aberta a participación de equipos de entre 2 e 4 estudantes, desenvolverase o 28 de setembro, a partir das 19.00 horas, na cafetería da Facultade de Veterinaria. A inscrición no certame é gratuíta e permanece aberta ata as 14.00 horas do día 27 no formulario xa habilitado en liña
As persoas interesadas en matricularse nun dos cursos ofertados sen ter previamente o nivel asignado polo CLM deben realizar unha proba clasificatoria que require inscrición
Creado ao abeiro do artigo 29 do Estatuto do Estudantado é o “órgano de participación e representación” do alumnado “na organización da vida universitaria”
O Auditorio de Galicia acollerá un concerto experimental o vindeiro 30 de setembro no que se recollerán mostras biolóxicas das persoas asistentes ao inicio e ao final do espectáculo para medir a resposta dos xenes a ese estímulo musical
O vicerreitor de Organización Académica e Campus de Lugo, Francisco Fraga; a directora do IV Ciclo da USC, Esther Olveira, e a concelleira Olga López Racamonde, abren na Casa do Saber de Lugo o novo curso do Programa de Formación de Maiores de 50 anos nunha sesión na que o profesor Emilio Carral pronunciou a charla ‘Agricultura e sustentabilidade na Galiza: subimos ou baixamos?’.
Un relatorio sobre o impulsor da Veterinaria en Galicia e España, a cargo do doutor Diego Conde, e a visita ao seu arquivo persoal, depositado na biblioteca Intercentros de Lugo, abren o 21 de setembro os actos organizados pola Real Academia Galega de Ciencias para lembrar a figura e a pegada de Rof Codina, ‘Científico galego do ano 2022’
Esta iniciativa permitirá introducir o galego no ecosistema dixital a través das tecnoloxías intelixentes grazas á maior inversión que se ten realizado a prol da lingua, “o máis prezado sinal de identidade que temos”, sinalou o reitor Antonio López
A estratexia de captación de alumnado internacional deseñada para este curso académico combina eventos virtuais e presenciais orientados fundamentalmente ao mercado iberoamericano