Constituído o Consello do Estudantado da USC
Creado ao abeiro do artigo 29 do Estatuto do Estudantado é o “órgano de participación e representación” do alumnado “na organización da vida universitaria”
Creado ao abeiro do artigo 29 do Estatuto do Estudantado é o “órgano de participación e representación” do alumnado “na organización da vida universitaria”
O Auditorio de Galicia acollerá un concerto experimental o vindeiro 30 de setembro no que se recollerán mostras biolóxicas das persoas asistentes ao inicio e ao final do espectáculo para medir a resposta dos xenes a ese estímulo musical
O vicerreitor de Organización Académica e Campus de Lugo, Francisco Fraga; a directora do IV Ciclo da USC, Esther Olveira, e a concelleira Olga López Racamonde, abren na Casa do Saber de Lugo o novo curso do Programa de Formación de Maiores de 50 anos nunha sesión na que o profesor Emilio Carral pronunciou a charla ‘Agricultura e sustentabilidade na Galiza: subimos ou baixamos?’.
Un relatorio sobre o impulsor da Veterinaria en Galicia e España, a cargo do doutor Diego Conde, e a visita ao seu arquivo persoal, depositado na biblioteca Intercentros de Lugo, abren o 21 de setembro os actos organizados pola Real Academia Galega de Ciencias para lembrar a figura e a pegada de Rof Codina, ‘Científico galego do ano 2022’
Esta iniciativa permitirá introducir o galego no ecosistema dixital a través das tecnoloxías intelixentes grazas á maior inversión que se ten realizado a prol da lingua, “o máis prezado sinal de identidade que temos”, sinalou o reitor Antonio López
A estratexia de captación de alumnado internacional deseñada para este curso académico combina eventos virtuais e presenciais orientados fundamentalmente ao mercado iberoamericano
O concurso está impulsado polas comisións de normalización lingüística das facultades de Ciencias, Enfermaría, Farmacia, Medicina e Odontoloxía, Óptica e Optometría, Psicoloxía e Veterinaria
Na tarde do xoves 15, desenvolverase unha MasterClass de elementos ximnásticos que contará coa participación de Melania Rodríguez Muñoz, campioa dos World Games 2022 en dobre mini-tramp
Un equipo da USC e da Universidade Complutense de Madrid logrou sintetizar por primeira vez un híbrido entre péptidos e unha molécula de fullereno que consegue recoñecer a E-selectina, unha importante diana terapéutica. Os resultados sinalan o potencial destas simples nanoestructuras para inhibir receptores proteicos involucrados no cancro
O certame dirixido a todo o alumnado das titulacións de grao, mestrado e doutoramento, matriculado na USC no curso 2022-2023, chega á súa cuarta edición
“Temos que garantir que a cidadanía poida acadar a formación e os resultados acordes coas súas capacidades, con independencia de cal sexa a súa condición social, económica ou familiar”, subliñou Antonio López
O programa complementario de capacitación continuará en outubro con tres módulos sobre deseño e fabricación de sistemas mecánicos e placas de circuíto impreso PCBs, ademais dun curso de cogomelos comestibles e velenosos en Galicia. A inscrición é gratuíta e xa se pode formalizar en liña
Isness-D, desenvolvida polo laboratorio do investigador da USC David Glowacki, logra diluír os límites convencionais do espazo persoal cun potencial uso terapéutico no eido da saúde mental
A formación, unha titulación propia de carácter bienal incluída na oferta de Posgrao e Formación Continua da Universidade, é de especial interese para aquelas persoas que desexen conectar profesionalmente co sector cultural
Profesionais do sector audiovisual, representantes de entidades de defensa das linguas minorizadas da contorna estatal e persoal investigador en comunicación e políticas públicas únense o 15 de setembro nun encontro cara á lectura crítica deste texto normativo
Intégrano os responsables dos diferentes tipos de infraestruturas cos que conta a institución e busca acadar unha xestión máis eficiente dos recursos enerxéticos