Iníciase a admisión de estudantes nos programas de doutoramento da USC
Os prazos para solicitar o acceso aos programas doutorais e para efectuar a matrícula en continuación de estudos arrancan o 1 de setembro
Os prazos para solicitar o acceso aos programas doutorais e para efectuar a matrícula en continuación de estudos arrancan o 1 de setembro
Especialistas en Enxeñaría do Software e Bases de Datos, Ciencia e Enxeñaría de Servizos, e Programación e Linguaxes, danse cita desde o vindeiro luns na capital galega para analizar os últimos avances nas súas respectivas áreas de investigación
Esta escola internacional de verán, na que a USC colabora con institucións e grupos de investigación da contorna europea, comeza o 1 de setembro
Ao abeiro da convocatoria ‘O Teu Xacobeo’ da Xunta de Galicia, o programa ‘A Vía Láctea e outros motivos xacobeos do Camiño’ proxecta novas sesións de observación e divulgación astronómica e conferencias sobre a arte xacobea
Impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística (CNL) da Facultade de Filoloxía da USC, o certame cumpre este ano oito edicións cara ao fomento da creatividade da mocidade universitaria e o estímulo da súa capacidade de expresión en lingua galega
A USC lidera o proxecto europeo de restauración de dunas e hábitats en 5 illas atlánticas de España e Irlanda, segundo avanzaron este luns o reitor Antonio López e a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, na sinatura do convenio para un programa que tamén prevé intervencións na illa canaria de La Graciosa e en Irlanda e que conta cun investimento de preto de 5,3 millóns de euros ata finais de 2026
A participación nesta actividade é de balde previa inscrición, aberta ata o día 7 de setembro
O prazo para o envío de ensaios e vídeos que fomenten a investigación sobre a Facultade remata o 15 de setembro
Profesora do departamento de Edafoloxía e Química agrícola ata a súa xubilación, foi vicerreitora de Responsabilidade Social e Calidade da USC e era, na actualidade, presidenta de honra da Asociación Alumni USC
Desenvolveu o seu labor en diferentes unidades da Área de Infraestruturas de Investigación e estivo tamén moitos anos vinculado á Facultade de Farmacia
Esténdese do 19 de agosto ao 16 de setembro e as prazas iranse ocupando pola orde cronolóxica de formalización da matrícula na Secretaría Virtual
A prestixiosa revista Scientific Reports publica un estudo deste grupo de investigación da USC que achega novas perspectivas para a análise dos solos cemiteriais
A USC destinará 180.000 euros ao financiamento de 10 proxectos enmarcados nas áreas deste campus de especialización
A edición 2022 do Academic Ranking of World Universities (ARWU), tamén coñecido como ránking de Shanghai, inclúe a institución compostelá no tramo 401-500 da clasificación mundial
O prazo para concorrer á decena de bolsas para a realización de estudos de grao, mestrado ou doutoramento remata o 17 de agosto
O convenio de colaboración entre as tres entidades permitirá cuantificar e documentar as pinturas rupestres que existen neste espazo considerado Ben de Interese Cultural