O papel da educación en xénero fronte á pornografía e ás violencias sexuais centra as xornadas de formación do CIFEX
O prazo de inscrición para asistir ao encontro remata este martes 7 de setembro
O prazo de inscrición para asistir ao encontro remata este martes 7 de setembro
As xornadas, promovidas pola Asociación Sectorial de Estudantes de Enxeñarías Agroforestais están estruturadas en sete relatorios que se desenvolverán no Campus de Lugo os días 19, 21, 26 e 29 de setembro e 3, 13 e 20 de outubro. As persoas interesadas poden formalizar xa a súa inscrición en liña
Isto non demostra unha relación causal directa entre as dúas enfermidades pero “no caso de que estudos máis grandes en mostra e extensos en seguimento, poidan confirmalo, o impacto na saúde pública mundial sería enorme”, apuntan os profesores da USC Antonio Salas e Federico Martinón
Os vicerreitores Pilar Murias e Francisco Fraga presentan xunto coa alcaldesa do Concello de Lugo, Lara Méndez, e o concelleiro Mauricio Repetto as xornadas ‘#BenVidaUSC!’ que se desenvolverán do 13 ao 15 de setembro en Lugo e Santiago para amosar a ampla oferta de actividades de que pode gozar o estudantado universitario
O profesor da USC pasará a ocupar a cadeira de ‘Historia da Medicina’ logo dun acto institucional que se desenvolverá o vindeiro 23 de setembro
Ángel Ruiz Pérez dá a coñecer na revista ‘Sarmiento, Revista Galego-Portuguesa de Historia da Educación’ a discusión entre un catedrático de grego, Santiago Usoz, e algúns alumnos que protestaron por perder o dereito aos exames ordinarios
O artigo, publicado na revista 'Ecosystems and People', é o primeiro que establece unha asociación positiva entre esta actividade e o benestar físico e mental dos seus practicantes dende unha perspectiva epidemiolóxica
O obxectivo deste certame consiste en distinguir proxectos de emprendedoras con carácter innovador, ademais de promover a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes no ámbito universitario e tecnolóxico
A finalidade última do ‘Proxecto Nós’ é situar o galego na vangarda da intelixencia artificial e das tecnoloxías lingüísticas para posibilitar o uso natural desta lingua nas interaccións dixitais entre as persoas e os dispositivos tecnolóxicos.
Ata o vindeiro día 7, este congreso reunirá a uns 250 integrantes dos grupos de investigación máis importantes das universidades españolas, así como a estudantes e representantes de empresas e sector público
As primeiras análises de difracción de raios X de policristal e monocristal revelaron que este corpo sólido achado no Monte Ermelo de Moaña non se atopaba rexistrado en ningunha base de datos internacional
As persoas interesadas en participar neste programa formativo para maiores de 50 anos poden formalizar a súa inscrición en liña ou de xeito presencial en Lugo e Santiago
Maricarmen Tapia Gómez, directora da revista ‘Crítica Urbana’, foi distinguida “polo seu traballo e rol social” xa que constitúe “un exemplo para lograr espazos de igualdade na sociedade e no mundo”
Tese de doutoramento defendida o 23 de setembro de 2022
O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) é un dos nove centros da contorna estatal involucrados no proxecto Hyper-Kamiokande
A Área Deportiva da USC ofrece un amplo abano de propostas nos campus de Santiago e Lugo, dirixidas a todo tipo de persoas usuarias que poden inscribirse dende o 1 de setembro