Ir o contido principal

Artigo

Resultados

DivulgaTerra 2020 achega á sociedade petiscos do I+D do Campus de Lugo

Docentes e investigadores dos centros universitarios lugueses presentarán os días 1 e 3 de decembro na Casa do Saber as súas liñas de traballo sobre movementos migratorios pre-COVID, pan galego, ácidos graxos no leite, viticultura de precisión, antibióticos, feromonas, dendrocronoloxía, STEM e perspectiva de xénero, ADN, usos terapéuticos do ouro, patrimonio artístico ou científicas na sombra

En loita contra a violencia machista

A difusión dun manifesto lido por diversas voces da comunidade universitaria centra o programa de actos que a USC impulsa co gallo do 25N, ‘Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres’, e que contará con webminars, seminarios e mesmo performances pola cidade de Compostela

A era dos “megaincendios” ameaza especies e transforma os ecosistemas terrestres

O investigador da USC Adrián Regos toma parte nunha investigación internacional que acaba de ver a luz en ‘Science’ e na que se constata como a escalada na frecuencia e intensidade dos grandes lumes forestais supón “un desafío social e ambiental sen precedentes”, que cambiará o modo no que as sociedades se relacionan co fogo

XuvenCiencia conclúe a VI Xornada para o Profesorado cunha sesión en liña

Docentes de ensino medio participantes no programa expoñen este venres a súa experiencia cos kits de investigación na aula durante un curso académico condicionado pola pandemia, ao tempo que poderán asistir a dous relatorios sobre CRISPR e os prexuízos que pesan sobre as mulleres para elixir carreiras tecnolóxicas

Saúde e terra, dianas da I+D+i da USC no Campus de Lugo

A procura de solucións ás antibiorresistencias na cadea alimentaria centra as pescudas do grupo de Azucena Mora cunha achega do Ministerio de Ciencia e Innovación, que financia na sede universitaria luguesa con 530.000 euros sete proxectos de I+D+i relacionados con bioprotectores cardiovasculares, cambio climático, vitivinicultura, prevención de lumes, formación de madeira e coa biblioteca de Emilia Pardo Bazán

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.10.2019.