Ciencias, do laboratorio á casa

A Biblioteca Universitaria leva semanas adaptando o seu servizo ás necesidades xurdidas da crise provocada pola Covid-19. Neste senso, a escolma de fontes de información solventes, de balde e en liña converteuse nunha prioridade. Logo de deseñar listaxes sobre Biomedicina, Ciencias Sociais e Xurídicas, ou Artes e Humanidades, a BUSC aborda agora ligazóns que poden facer máis doadas as clases no eido das Ciencias.
Novamente o servizo de préstamos de libros electrónicos Prelo debe ser unha das primeiras fontes a consultar polo alumnado. Aquí atoparán obras sobre Física e Química, así como relativas a Matemáticas e Estatística. Asemade, tamén dentro do mesmo ámbito, o repositorio institucional Minerva, alberga numerosos recursos clasificados nas categorías Recursos docentes, Traballos Fin de Grao, Traballos Fin de Máster, Teses, Departamentos, ChromChem ou Química Biofísica.
Outros recursos
Asemade, a Biblioteca ten escolmado tamén diferentes portais e bases de datos, repositorios, obras e centros de referencia, así como sociedades, asociacións e colexios profesionais.
Xerais
PSDS Physical Sciences Data-science Service
U.S. Department of Energy, Office of Scientific and Technical Information
Física
Databases for Atomic and Plasma Physics
Matemáticas
EUDML: the European Digital Mathematics Library
MacTutor History of Mathematics archive
Química
Chem Spider : Search and Share Chemistry
Repositorios
Obras de referencia
Dictionary of Algorithms and Data Structures
Sociedades, asociacións, colexios
RSME: Real Sociedad Matemática Española
Real Sociedad Española de Química
Centros de referencia