Consumo de bebidas enerxéticas na rexión oriental do Mediterráneo: unha revisión sistemática.
Autoría
M.D.R.B.G.
Máster Universitario en Saúde Pública
M.D.R.B.G.
Máster Universitario en Saúde Pública
Data da defensa
25.06.2025 17:00
25.06.2025 17:00
Resumo
Antecedentes: As bebidas enerxéticas (BE) son bebidas ultraprocesadas que conteñen cafeína, azucre e outros estimulantes. O seu consumo asociouse con riscos cardiovasculares, neurolóxicos e de comportamento, especialmente entre a xente nova. A pesar das preocupacións para a saúde, as BE seguen estando amplamente dispoñibles e son obxecto dunha comercialización agresiva. Nos países con altos ingresos adoptáronse diversas medidas de saúde pública para regular o seu uso; porén, estes esforzos son escasos ou infórmanse de maneira inconsistente nos países con ingresos baixos e medianos, incluídos algúns da rexión do Mediterráneo Oriental. Comprender os patróns de consumo de BE e caracterizar ás persoas consumidoras nesta rexión é esencial para orientar accións de saúde pública específicas. Obxectivo: Avaliar sistematicamente a prevalencia do consumo de BE e caracterizar ás persoas consumidoras nos países da Rexión do Mediterráneo Oriental e Turquía, identificando patróns específicos por poboación e posibles lagoas nas políticas de saúde pública. Métodos: Realizouse unha revisión sistemática conforme ás directrices PRISMA 2020. As buscas leváronse a cabo nas bases de datos Medline, Embase, Scopus e Cochrane ata novembro de 2024. Os criterios de inclusión abrangueron estudos orixinais que informasen sobre a prevalencia do consumo de BE e/ou as características das persoas consumidoras nos países seleccionados. Catro revisores independentes fixeron a selección, extracción de datos e avaliación da calidade empregando unha versión modificada da escala Newcastle Ottawa. A síntese de datos foi descriptiva e estratificouse segundo o período de consumo, o grupo poboacional e as características do estudo. Resultados: Incluíronse un total de 103 estudos transversais que abranguen 106.659 persoas de 13 países. A maioría dos estudos centráronse en estudantes universitarios (55%) ou escolares (24%), e poucos incluíron a poboación xeral (9%). As estimacións de prevalencia reportadas variaron amplamente segundo o período de tempo: consumo diario (1: 87%), semanal (0.7: 81.8%), mensual (3.4: 60.4%), anual (2.8: 42.9%), algunha vez na vida (3.7: 95.6%) e outros descritores alternativos (1.4: 81.3%). Observouse unha alta diversidade clínica entre os estudos, en gran medida debido ás diferenzas na metodoloxía, poboacións obxectivo e definicións de consumo. Só 17 estudos empregaron mostraxe representativa. Os países con medidas de saúde pública documentadas (como Arabia Saudita, os Emiratos Árabes Unidos e Turquía) amosaron tendencias que suxiren unha redución do consumo co paso do tempo. Pola contra, nos países sen medidas identificadas non se observou ningunha tendencia consistente. Conclusións: Existe unha variabilidade considerable no consumo de BE entre países e grupos poboacionais dentro da rexión do Mediterráneo Oriental. A maioría dos estudos céntranse en estudantes, que parecen ser máis vulnerables ao consumo debido ás presións académicas e sociais. A alta diversidade nos deseños dos estudos limita a comparabilidade e dificulta realizar unha síntese meta analítica. Non obstante, estes achados poñen de relevo a necesidade urxente de estratexias de saúde pública adaptadas ao contexto e de marcos regulatorios máis sólidos para mitigar os riscos asociados ao consumo de BE na rexión.

Dirección
MONTES MARTINEZ, AGUSTIN (Titoría)
Teijeiro Teijeira, Ana Cotitoría
MONTES MARTINEZ, AGUSTIN (Titoría)
Teijeiro Teijeira, Ana Cotitoría
Tribunal
TAKKOUCHE SOUILAMAS, EL BAHI (Presidente/a)
Candal Pedreira, Cristina (Secretario/a)
MALLAH NASRALLAH, NARMEEN (Vogal)

Prevalencia e Risco de Síntomas Respiratorios en Usuarios de Cigarros Electrónicos: Unha Revisión Sistemática
Autoría
L.C.D.L.R.
Máster Universitario en Saúde Pública
L.C.D.L.R.
Máster Universitario en Saúde Pública
Data da defensa
25.06.2025 16:40
25.06.2025 16:40
Resumo
Introdución: Na última década, o uso de cigarros electrónicos experimentou un crecemento exponencial, especialmente entre adolescentes e adultos novos. Estes dispositivos, inicialmente promovidos como unha alternativa menos prexudicial ao tabaco convencional, xeraron unha crecente preocupación debido aos seus posibles efectos adversos sobre a saúde respiratoria. A pesar da súa popularidade, a evidencia científica sobre a súa seguridade a medio e longo prazo segue a ser limitada. Obxectivos: Identificar e describir os estudos que estiman prevalencias de síntomas respiratorios en usuarios novos de cigarros electrónicos e analizar o risco de desenvolver síntomas respiratorios asociado ao seu uso nesta poboación. Metodoloxía: Realizouse unha busca bibliográfica nas bases de datos MEDLINE (PubMed), Embase, CINAHL e Web of Science ata outubro de 2024. Incluíronse estudos que contivesen usuarios de cigarros electrónicos menores de 26 anos e que reportasen prevalencias de síntomas respiratorios e/ou riscos relativos (RR), odds ratios (OR) ou hazard ratios (HR) acompañados do seu intervalo de confianza do 95% (IC95%). Realizouse unha síntese narrativa dos resultados das prevalencias e unha síntese cuantitativa das medidas de efecto, cando foi posible, aplicando un metanálise de efectos aleatorios. A calidade dos estudos valorouse coa escala modificada de Newcastle-Ottawa. Resultados: Incluíronse 23 estudos, dos cales 6 valoraron as prevalencias de síntomas respiratorios, 5 a asociación entre síntomas respiratorios e o uso de cigarros electrónicos, e 12 ambos aspectos. A prevalencia de síntomas respiratorios variou entre estudos. A tose foi o síntoma máis frecuente en termos de prevalencia. Observouse unha asociación significativa entre o uso de cigarros electrónicos e a presenza dos seguintes síntomas respiratorios: calquera síntoma respiratorio (RR = 1,33; IC 95%: 1,13 a 1,56), disnea (RR = 1,44; IC 95%: 1,28 a 1,61), dor torácica (RR = 1,35; IC 95%: 1,23 a 1,49), esputo (RR = 1,49; IC 95%: 1,21 a 1,83) e sibilancias (RR = 1,36; IC 95%: 1,01 a 1,82). Tres dos estudos presentaron unha calidade alta, dezaseis moderada e catro baixa. Conclusións: Os resultados evidencian unha relación consistente entre o uso de cigarros electrónicos e a aparición de síntomas respiratorios na poboación nova. Son necesarios esforzos coordinados de prevención, regulación e educación sanitaria, así como máis estudos longitudinais que avalíen os efectos a longo prazo dos cigarros electrónicos.

Rey Brandariz, Julia (Titoría)
Teijeiro Teijeira, Ana Cotitoría
Rey Brandariz, Julia (Titoría)
Teijeiro Teijeira, Ana Cotitoría
Tribunal
TAKKOUCHE SOUILAMAS, EL BAHI (Presidente/a)
Candal Pedreira, Cristina (Secretario/a)
MALLAH NASRALLAH, NARMEEN (Vogal)
TAKKOUCHE SOUILAMAS, EL BAHI (Presidente/a)
Candal Pedreira, Cristina (Secretario/a)
MALLAH NASRALLAH, NARMEEN (Vogal)
Asociación entre Coñecementos e Actitudese a Práctica do mal uso de opioides entre estudantes universitarios en España.
Autoría
M.C.C.L.
Máster Universitario en Saúde Pública
M.C.C.L.
Máster Universitario en Saúde Pública
Data da defensa
25.06.2025 09:00
25.06.2025 09:00
Resumo
Antecedentes: Actualmente, o mal uso de opioides é un problema de saúde pública que pode ter graves implicacións para a saúde e os niveis social. En Europa, os opioides son a principal substancia consumida entre as persoas que ingresan en programas de tratamento de drogas. As intervencións educativas poden contribuír a controlar este problema. Obxectivo: Explorar a asociación entre Coñecementos e Actitudes e Prácticas de uso indebido de opioides en estudantes universitarios de Santiago de Compostela, Galicia, España. Métodos: Realizouse un estudo transversal utilizando datos do primeiro punto temporal dun estudo de cohorte sobre os determinantes psicosociais do consumo de drogas psicoactivas entre estudantes universitarios.Os datos foron recollidos entre outubro e novembro de 2025 mediante un cuestionario previamente validado, anónimo, voluntario e autoadministrado. Investigáronse os Coñecementos e as Actitudes en relación coas Prácticas de mal uso de opioides. Cada elemento de Coñecementos e Actitudes representaba unha variable de exposición. A variable de resultado estaba composta por Prácticas de mal uso de opioides. O mal uso de opioides definiuse como tomar opioides sen receita, tomar opioides con receita pero non cumprir as instrucións sobre a duración e a dose do tratamento, e comportamento inadecuado despois do final do tratamento con medicación sobrante. As Odds Ratio (OR) xunto cos seus intervalos de confianza do 95% (IC) calculáronse utilizando modelos de regresión loxística multivariante. Resultados: 5048 estudantes responderon ao cuestionario, o que representa unha taxa de participación do 90,64 %. Un total de 243 (5,1 %) estudantes consumiron opioides nos dous meses anteriores a responder ao cuestionario. Dos participantes que consumiron opioides, 177 (72,8 %) informaron de polo menos unha práctica de uso indebido. Non obstante, os estudantes con Coñecementos e Actitudes inadecuados tiveron unha maior odds de mal uso de opioides. Así, as persoas que non recoñeceron que o uso de opioides pode causar dependencia ou adicción tiveron cinco veces máis odds de mal uso de opioides en comparación coas que estaban de acordo con esta afirmación [ORa: 6,14 (IC do 95 %: 3,75;10,05)]. Aqueles que considerarían o uso de opioides sen receita tiveron ata 18 veces máis odds de mal uso de opioides [ORa: 17,98 (IC do 95 %: 11,39;28,4)] que aqueles que non os consumirían sen receita médica. Finalmente, o motivo máis frecuente para tomar opioides sen receita médica foi aliviar a dor cando os analxésicos comúns non son eficaces, o cal asociouse cunha odds case 7 veces maior de mal uso de opioides en comparación cos estudantes que non consideraría tomar opioides sen receita médica [ORa: 6,94 (IC do 95 %: 5,08;9,48)]. Conclusión: Os Coñecementos e as Actitudes inadecuados aumentan a probabilidade de mal uso de opioides. Estes achados poderían axudar a deseñar intervencións específicas para programas de control do mal uso de opioides entre adultos novos.

MALLAH NASRALLAH, NARMEEN (Titoría)
MALLAH NASRALLAH, NARMEEN (Titoría)
Tribunal
CAAMAÑO ISORNA, FRANCISCO (Presidente/a)
Rey Brandariz, Julia (Secretario/a)
RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ, Mª DE LA ALMUDENA (Vogal)

Coñecementos, crenzas, actitudes e prácticas do estudantado de medicina sobre cambio climático: revisión sistemática
Autoría
M.F.S.
Máster Universitario en Saúde Pública
M.F.S.
Máster Universitario en Saúde Pública
Data da defensa
25.06.2025 09:40
25.06.2025 09:40
Resumo
Introdución: O cambio climático (CC) constitúe a maior ameaza para a saúde pública do século. Os profesionais sanitarios desempeñan un papel fundamental na resposta ás ameazas do CC sobre a saúde. Obxectivos: Identificar os coñecementos, crenzas, actitudes e prácticas (CCAP) do estudantado universitario de medicina en relación co CC e analizar as súas perspectivas respecto da incorporación do CC no currículo académico dos programas de medicina. Métodos: Revisión sistemática. Realizouse unha busca nas bases de datos PubMed, Embase, Web of Knowledge, LILACS e Cochrane. Para seren elixibles para a súa inclusión, os estudos debían estar redactados en inglés, español ou portugués; debían avaliar as CCAP relacionadas co CC e/ou as perspectivas respecto da incorporación do CC no currículo académico; e a poboación obxectivo debía incluír estudantes de medicina. Resultados: Un total de 10 estudos cumpriron os criterios de inclusión. A maioría do estudantado de medicina recoñeceu a existencia do CC e que as actividades humanas son a súa causa principal. Porén, percibiron unha falta de coñecementos sobre como abordalo. Conclusión: O estudantado de medicina posúe unha comprensión xeral do CC. Porén, requírese formación e educación específica para os futuros médicos que poña o foco nos efectos do CC sobre a saúde.

SALGADO BARREIRA, ANGEL (Titoría)
ZAPATA CACHAFEIRO, MARUXA Cotitoría
SALGADO BARREIRA, ANGEL (Titoría)
ZAPATA CACHAFEIRO, MARUXA Cotitoría
Tribunal
CAAMAÑO ISORNA, FRANCISCO (Presidente/a)
Rey Brandariz, Julia (Secretario/a)
RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ, Mª DE LA ALMUDENA (Vogal)
CAAMAÑO ISORNA, FRANCISCO (Presidente/a)
Rey Brandariz, Julia (Secretario/a)
RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ, Mª DE LA ALMUDENA (Vogal)
As células intersticiais de Cajal e o sistema sistema nervioso entérico en patoloxía gastrointestinal e neurolóxicos. Relación co estrés oxidativo
Autoría
L.L.P.
Máster Universitario en Condicionantes Xenéticos, Nutricionais e Ambientais do Crecemento e Desenvolvemento NUTRENVIGEN G+D Factors

14.02.2025 11:45
14.02.2025 11:45
Resumo
Un dos ataques ás estruturas celulares é o estrés oxidativo. No sistema nervioso entérico (SNE) é interesante estudar a relación entre procesos oxidativos, patoloxía plexos nerviosos gastrointestinais e intestinais. Mediante unha revisión bibliográfica, analizouse a relación entre estrés oxidativo, ENS e células intersticiais de Cajal (ICC), en patoloxías gastrointestinais, neurodexenerativas e neurodesenvolvemento. E despois avaliamos a relación bidireccional entre o sistema nervioso central e o SNE. Realización dunha revisión bibliográfica en PubMed, cos filtros: Recensión, Texto completo, 10 anos, Humanos, con posterior expansión a: informes de casos, ensaios clínicos e metaanálise, e máis de 10 anos. Algoritmos de busca: Sistema nervioso entérico OU ICC E estrés oxidativo; ICC Ou SNE e cerebro; Parkinson E ENS NON microbiota; Alzheimer E ENS NON microbiota; ELA E SNE NON microbiota. Termos MeSH para cada algoritmo: Parkinson; SNE; GIST, Chagas; Íleo paralítico postoperatorio; Óxido nítrico; Plasticidade, Estrés oxidativo, entre outros. Os resultados estrutúranse nas seguintes seccións: 1) ICC no intestino; 2) Estrés oxidativo en CHF e ENS; 3) Trastornos gastrointestinais relacionados con CHF e ENS; 4) Enfermidades neurodexenerativas que afectan ao ENS; 5) Trastornos do neurodesenvolvemento con implicación do SNE. Os ICC están localizados no intestino e participan na neurotransmisión entérica. Son as células marcapasos do ENS, responsables da xénese das ondas lentas. Nas principais patoloxías gastrointestinais mostran alteracións no plexo mientérico e as súas conexións co ICC.

Leis Trabazo, María Rosaura (Titoría)
Muñoz Hoyos, Antonio Cotitoría
Agil Abdalla, Ahmad Cotitoría
Leis Trabazo, María Rosaura (Titoría)
Muñoz Hoyos, Antonio Cotitoría
Agil Abdalla, Ahmad Cotitoría
Tribunal
Leis Trabazo, María Rosaura (Coordinador)
COUCE PICO, MARIA DE LA LUZ (Presidente/a)
MARTINON TORRES, FEDERICO (Secretario/a)
Concheiro Guisán, Ana (Vogal)

Traballo Fin de Máster : Asociación dos coñecementos e das actitudes co mal uso de fármacos estimulantes no estudantado : un estudo transversal na poboación estudantil da Universidade de Santiago de Compostela
Autoría
A.M.M.
Máster Universitario en Saúde Pública
A.M.M.
Máster Universitario en Saúde Pública
Data da defensa
25.06.2025 09:20
25.06.2025 09:20
Resumo
OBXECTIVO: Explorar se existe unha asociación entre os coñecementos e as actitudes do estudantado universitario respecto a os fármacos estimulantes e o seu mal uso. MÉTODOS: Realizouse un estudo transversal entre os estudantes de grado da Universidade de Santiago de Compostela durante o primeiro cuadrimestre do curso académico 2024-2025. Recolléronse os datos usando un cuestionario validado de Coñecementos, Actitudes e Prácticas (CAP). Usáronse análises de regresión loxística multivariada para estimar odds ratios axustados (ORa ) cos seus intervalos de confianza (IC) ao 95 %. Cada ítem de coñecementos e actitudes presentou un factor de exposición e analizouse nun modelo de regresión independente. O desenlace foi o mal uso dos fármacos estimulantes, definido como ter polo menos unha destas prácticas: uso sen receita médica, uso prescrito sen adherirse ás instrucións médicas en termos de doses, tempo, duración, e/ou practicas incorrectas cara as sobras non usadas do fármaco (compartir con outras persoas, tiralas ao lixo ou gardalas). RESULTADOS: 5048 dos 5569 estudantes convidados a participar no estudo contestaron o cuestionario, representado unha taxa de participación do 90,6%. 133 estudantes declararon ter consumidos fármacos estimulantes nos dous meses anteriores ao estudo, 94 (70.7%) deles tiveron polo menos unha práctica de mal uso. Observouse unha asociación considerable entre a falta de coñecementos e as actitudes indebidas cara os fármacos estimulantes e o mal uso destes. Por exemplo, en comparación cos estudantes con bo nivel de coñecementos ou actitudes adecuadas, o odds do mal uso é considerablemente maior cando os estudantes descoñecen que estes poden causar dependencia ou adicción [ORa: 4,46 (1,80-11,03)] ou cando estarían dispostos a tomalos sen receita se cren que os precisan [ORa: 13,33 (6,30-28,22)]. O motivo de usar os fármacos estimulantes sen receita máis asociado co mal uso foi o de mellorar a concentración e o rendemento académico [ORa: 4,81 (3,00-7,71)]. CONCLUSIÓNS: Tanto a falta de coñecementos como as actitudes inadecuadas contribúen ao uso indebido de fármacos estimulantes. É necesaria unha maior concienciación sobre a importancia de seguir as instrucións médicas e sobre os efectos adversos das drogas estimulantes na poboación.

Medidas de control de tabaquismo: aceptación por parte da población
Autoría
J.M.M.M.
Máster Universitario en Saúde Pública
J.M.M.M.
Máster Universitario en Saúde Pública
Data da defensa
18.02.2025 09:20
18.02.2025 09:20
Resumo
O obxectivo é avaliar novas medidas de aceptabilidade en relación coas medidas de control do tabaco en España mediante unha enquisa á poboación maior de 16 anos. A medida de prohibición de fumar no interior dos coches en presenza de menores é a medida que tivo maior aceptación entre os participantes.

PEREZ RIOS, MONICA (Titoría)
Rey Brandariz, Julia Cotitoría
PEREZ RIOS, MONICA (Titoría)
Rey Brandariz, Julia Cotitoría
Tribunal
MONTES MARTINEZ, AGUSTIN (Presidente/a)
RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ, Mª DE LA ALMUDENA (Secretario/a)
VARELA LEMA, MARIA LEONOR (Vogal)

Cobertura vacinal fronte ao pneumococo en pacientes transplantados nunha área sanitaria do noroeste de España. Un estudo transversal
Autoría
A.N.G.
Máster Universitario en Saúde Pública
A.N.G.
Máster Universitario en Saúde Pública
Data da defensa
18.02.2025 09:00
18.02.2025 09:00
Resumo
Introdución: O Streptococcus pneumoniae é unha bacteria que provoca diversos cadros infecciosos, entre os que destaca a enfermidade pneumocócica invasiva debido a súa importante morbimortalidade, fundamentalmente en suxeitos inmunodeprimidos. A vacinación fronte a este microorganismo representa a principal ferramenta para reducir a probabilidade de infección. Métodos: Realízase un estudo descritivo para coñecer a cobertura vacinal fronte ao Streptococcus pneumoniae en pacientes pertencentes a unha área sanitaria do noroeste de España que fosen sometidos a un transplante de órgano sólido (TOS) ou transplante de proxenitores hematopoiéticos (TPH) durante o período 2017-2022. Os suxeitos foron seleccionados a partir do Rexistro de Actividade de Atención Especializada (RAE-CMBD) mediante os códigos CIE-10 de procedemento, mentres que os datos de vacinación extráense do Sistema de Información e Análise Complexo (SIAC). Resultados: Inclúense un total de 680 pacientes (649 pertencentes ao grupo de transplante de órgano sólido e 211 pertencentes ao grupo de transplante de proxenitores hematopoiéticos). No primeiro grupo, 326 pacientes (69,51%) recibiron a pauta de vacinación completa para pneumococo (polo menos unha dose de vacina conxugada 13 valente e unha dose de vacina polisacárida); no segundo grupo, 45 pacientes (21,33%) recibiron a pauta de vacinación completa (polo menos 3 doses de vacina conxugada 13 valente e unha dose de vacina polisacárida polo menos 3 meses tras a recepción do TPH). Conclusións: A cobertura vacinal fronte ao pneumococo en pacientes transplantados na área sanitaria é subóptima, fundamentalmente entre os pacientes con TPH. É necesario tomar medidas para concienciar sobre a importancia da vacinación tanto aos pacientes transplantados como aos seus profesionais sanitarios de referencia, así como levar a cabo un “catch up” dos pacientes que non completaron correctamente a súa pauta de vacinación.

RUANO RAVIÑA, ALBERTO (Titoría)
RUANO RAVIÑA, ALBERTO (Titoría)
Tribunal
MONTES MARTINEZ, AGUSTIN (Presidente/a)
RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ, Mª DE LA ALMUDENA (Secretario/a)
VARELA LEMA, MARIA LEONOR (Vogal)
MONTES MARTINEZ, AGUSTIN (Presidente/a)
RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ, Mª DE LA ALMUDENA (Secretario/a)
VARELA LEMA, MARIA LEONOR (Vogal)
Hábitos alimentarios da poboación galega
Autoría
A.M.P.V.
Máster Universitario en Saúde Pública
A.M.P.V.
Máster Universitario en Saúde Pública
Data da defensa
25.06.2025 16:20
25.06.2025 16:20
Resumo
O patrón de consumo de alimentos experimentou cambios nos últimos anos que se afastaron do patrón tradicional. Non existen estudos recentes que avalíen a dieta da poboación gallega. O noso obxectivo é describir a dieta da poboación gallega no ano 2024 e a súa relación coas características socioeconómicas, analizando os cambios nos hábitos alimentarios desde o ano 2007. Os hábitos alimentarios da poboación gallega mudaron en función das súas características socioeconómicas. O patrón de consumo de froitas e verduras frescas diminuíu e é baixo en comparación con outras comunidades autónomas.
O patrón de consumo de alimentos experimentou cambios nos últimos anos que se afastaron do patrón tradicional. Non existen estudos recentes que avalíen a dieta da poboación gallega. O noso obxectivo é describir a dieta da poboación gallega no ano 2024 e a súa relación coas características socioeconómicas, analizando os cambios nos hábitos alimentarios desde o ano 2007. Os hábitos alimentarios da poboación gallega mudaron en función das súas características socioeconómicas. O patrón de consumo de froitas e verduras frescas diminuíu e é baixo en comparación con outras comunidades autónomas.
Dirección
PEREZ RIOS, MONICA (Titoría)
PEREZ RIOS, MONICA (Titoría)
Tribunal
TAKKOUCHE SOUILAMAS, EL BAHI (Presidente/a)
Candal Pedreira, Cristina (Secretario/a)
MALLAH NASRALLAH, NARMEEN (Vogal)
TAKKOUCHE SOUILAMAS, EL BAHI (Presidente/a)
Candal Pedreira, Cristina (Secretario/a)
MALLAH NASRALLAH, NARMEEN (Vogal)
Impacto da exposición ao fume ambiental de tabaco na saúde respiratoria de nunca fumadores: unha revisión sistemática con metaanálisis
Autoría
W.R.A.
Máster Universitario en Saúde Pública
W.R.A.
Máster Universitario en Saúde Pública
Data da defensa
25.06.2025 10:00
25.06.2025 10:00
Resumo
Introdución. A exposición ao fume ambiental de tabaco (FAT) vinculouse con diversas enfermidades e síntomas, principalmente respiratorios, supoñendo un risco para a saúde pública. A evidencia dispoñible sobre o impacto da exposición ao FAT na saúde respiratoria das persoas nunca fumadoras presenta inconsistencias. Debido a isto, o obxectivo do presente traballo é realizar unha síntese da evidencia dispoñible sobre o impacto do FAT na función respiratoria e no desenvolvemento de síntomas respiratorios en persoas que nunca fumaron. Metodoloxía. Realizouse unha revisión sistemática con metaanálisis. A procura realizouse en MEDLINE, EMBASE e Web of Science. Incluíronse todos os estudos realizados en poboación adulta nunca fumadora que medisen o impacto do FAT na función pulmonar e/ou a presenza de síntomas respiratorios. Realizáronse metaanálises dos resultados que foran medidos por polo menos tres estudos, empregando un modelo de efectos aleatorios. Avaliouse a heteroxeneidade mediante o estatístico I ao cadrado, a influencia dos estudos mediante unha análise de sensibilidade e o sesgo de publicación mediante as probas de Begg e Egger e a construción dun gráfico de embudo. Resultados. Incluíronse 27 estudos, 19 transversais e 8 de cohortes, cunha mostra total de 135.363 participantes (67,4% nunca fumadores). Destes, 22 estudos avaliaron a función pulmonar e 15 avaliaron síntomas respiratorios. En canto á función pulmonar, determinouse que os suxeitos expostos ao FAT presentaban de media unha FEF25 - 75 un 5,92% menor que os non expostos (IC95%: -10,49% a -1,35%) e unha FEV1/FVC un 2,52% menor (IC95%: - 4,32% a - 0,73%). Entre os síntomas respiratorios, atopouse unha asociación estatisticamente significativa entre a exposición ao FAT e a tose [OR combinado 1,17 (IC95%: 1,08 - 1,27)]; sibilancias [OR 1,27 (IC95%: 1,00 - 1,62)]; e disnea [OR 1,16 (IC95%: 1,07 - 1,26)]. Conclusión. A partir dos achados da presente revisión pódese concluír que a exposición ao FAT en persoas nunca fumadoras supón unha deterioración na función respiratoria, especialmente da FEF25-75 e a FEV1/FVC. Ademais, obsérvase un aumento do risco para o desenvolvemento de tose, sibilancias e disnea en comparación coas persoas nunca fumadoras non expostas.

Candal Pedreira, Cristina (Titoría)
RUANO RAVIÑA, ALBERTO Cotitoría
Candal Pedreira, Cristina (Titoría)
RUANO RAVIÑA, ALBERTO Cotitoría
Tribunal
CAAMAÑO ISORNA, FRANCISCO (Presidente/a)
Rey Brandariz, Julia (Secretario/a)
RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ, Mª DE LA ALMUDENA (Vogal)
CAAMAÑO ISORNA, FRANCISCO (Presidente/a)
Rey Brandariz, Julia (Secretario/a)
RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ, Mª DE LA ALMUDENA (Vogal)
A abordaxe das drogas na prensa galega: análise das noticias publicadas en 2022
Autoría
E.V.R.
Máster Universitario en Saúde Pública
E.V.R.
Máster Universitario en Saúde Pública
Data da defensa
25.06.2025 16:00
25.06.2025 16:00
Resumo
Introdución: O consumo de drogas é un problema social e sanitario. Os medios de comunicación poderían ser unha ferramenta para difundir a mensaxe sobre os efectos das drogas na saúde e o seu impacto na sociedade. O tratamento deste tema polos medios terá repercusións na percepción na sociedade. Obxectivo: Analizar cuantitativa e cualitativamente a comunicación de temas relacionados coas drogas no principal xornal impreso de Galicia durante o ano 2022, ademais de contextualizar os resultados para a poboación galega. Métodos: Realizouse unha busca de todas as noticias publicadas en 2022 na edición dixital do xornal La Voz de Galicia que fixesen referencia á cocaína, á heroína, ao cannabis e ás drogas minoritarias. A busca realizouse individualmente para cada droga, a partir de palabras clave. A busca limitouse ás noticias publicadas entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2022. Recolléronse as seguintes variables nunha folla de cálculo prediseñada: edición, día da semana e data de publicación, título, sección do xornal, localización da noticia, presenza de imaxes, entre outras. As noticias clasificáronse segundo o seu contido e realizouse unha análise descritiva da información. Realizouse unha análise cualitativa (análise da información formal e análise de contido) das noticias clasificadas como saúde. Ademais, estimouse a prevalencia do consumo de drogas para as provincias galegas utilizando microdatos da Enquisa sobre o Alcohol e outras Drogas en España de 2022. Realizouse unha comparación entre a prevalencia do consumo de drogas por provincia e o número de noticias asociadas a cada provincia. As análises realizáronse co software IBM SPSS Statistics (versión 29.0.1.0). Resultados: Obtivéronse un total de 1.696 noticias para a análise final, predominando a cocaína, seguida do cannabis. A categoría de noticias predominante foi a policial-xudicial. O segmento centrado na saúde presentou moi poucas noticias relacionadas co consumo de drogas. Atopouse unha relación inversa entre a prevalencia do consumo e a porcentaxe de noticias publicadas por provincia. Conclusión: A visión das drogas que se presenta á sociedade é punitiva e estigmatizante, cun foco nas noticias policiais e xudiciais. Unha estratexia informativa equilibrada é esencial para garantir a capacidade da prensa de actuar como un axente máis de saúde pública. É necesaria unha maior colaboración entre as entidades de saúde pública e os profesionais cos equipos de prensa para deseñar campañas de prevención e educación.

GARCIA , GUADALUPE Cotitoría