Ir o contido principal
'Patrimonio vivo' reúne fotografías sobre os bens de Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI) inscritos na UNESCO de España.

A Biblioteca Intercentros de Lugo celebra o Día Internacional do Patrimonio Cultural Inmaterial coa mostra fotográfica ‘Patrimonio vivo’

O acto de inauguración, celebrado na carballeira da Biblioteca, foi presidido polo vicerreitor de Organización Académica e do Campus de Lugo, Francisco Fraga; acompañado do director da Biblioteca Intercentros de Lugo, César Gómez; o presidente de 'Ponte... nas ondas!', Santiago Veloso; e a Concelleira de Educación e Difusión do Coñecemento do Concello de Lugo, Iria Buide. Durante o evento, os participantes reivindicaron a relevancia do patrimonio cultural inmaterial, así como a súa divulgación entre as xeracións máis novas.

Ler máis

Día das Escritoras 2025

A Biblioteca Nacional de España, en colaboración coa Asociación Clásicas y Modernas e a Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) celebran, desde 2016, o Día das Escritoras co obxectivo de reivindicar o legado literario das mulleres.

Ler máis

Dispoñible a edición 2025 de Journal Citation Reports

O informe anual de Clarivate, que analiza o impacto das citas académicas nas revistas científicas, xa está publicado cos datos correspondentes ao ano 2024. Entre as novidades desta edición destaca o cambio á hora de xestionar as retractacións para protexer o JIF de posibles distorsións.

Ler máis

Horario de verán na BUSC a partir do 2 de xuño

O luns 2 de xuño as bibliotecas comezarán a abrir as súas portas en horario de verán, o que non afectará a aquelas bibliotecas que teñen horarios extraordinarios co gallo dos exames do segundo semestre e segunda oportunidade. O día 5 activarase o préstamo de verán para alumnos de grao e máster.

Ler máis