Martín Fañanás-Mastral
Martín Fañanás Mastral licenciouse en Química pola Universidade de Oviedo no ano 2002. Realizou a súa Tese Doutoral na mesma Universidade, baixo a dirección dos catedráticos José Barluenga e Fernando Aznar, traballando no desenvolvemento de reaccións en cascada de carbenos de Fischer e a súa aplicación en síntese orgánica. Recibiu o título de Doutor no ano 2007 ("cum laude") e a súa tese foi galardoada co Premio Extraordinario de Doctorado. Realizou unha estancia predoutoral no grupo do Profesor Steven Ley na Universidade de Cambridge (Reino Unido), onde traballou na síntese total do produto natural Bengazol A.
No ano 2009 uniuse ao grupo do Profesor Ben Feringa na Universidade de Groningen (Países Baixos) como investigador postdoutoral. Alí traballou no desenvolvemento de reaccións catalíticas de substitución alílica enantioselectiva, reaccións de acoplamiento cruzado de compostos organolíticos e reaccións de oxidación.
En 2014, incorporouse ao Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CIQUS) da Universidade de Santiago de Compostela como investigador Ramón y Cajal. En 2021 foi promovido a Profesor Titular.
A súa investigación céntrase no desenvolvemento de novas metodoloxías catalizadas por complexos de metais de transición que permitan levar a cabo transformacións sostibles e de alta eficiencia atómica orientadas á formación enantioselectiva de enlaces C-C, a activación e funcionalización de alcanos, e síntese de compostos de fósforo con interese biolóxico.
Martín Fañanás Mastral foi galardoado co premio "Thieme Chemistry Journal Award" en 2015, co premio a "Jóvenes Investigadores" da Real Sociedade Española de Química en 2016 e co premio “Lilly Young Researcher Award” en 2018. Na convocatoria do ano 2019, recibiu unha beca ERC-Consolidator Grant concedida polo Consello Europeo de Investigación.