Skip to main content

Latest news

A biodiversidade, unha nova oportunidade para o Campus de Lugo

A declaración da ONU da Década da Restauración dos Ecosistemas e as iniciativas europeas ‘Da granxa á mesa’ e ‘Biodiversidade horizonte 2030’ auspician novas nichos de emprego arredor da restauración de solos, enerxías renovables e a conservación da natureza, sinalan os investigadores da USC José Carlos Otero e Agustín Merino

Read more

Maio permitiu que a primavera se deixase ver en Santiago

A estación meteorolóxica do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC rexistrou 236 horas e 30 minutos de insolación no pasado mes. A temperatura máxima absoluta chegou aos 33º2 medidos o día 28, preto dos 32º4 do día 29 e os 32º1, do día 27. Tamén o día 30 os termómetros pasaron lixeiramente dos 30 graos

Read more

Botan a andar as aulas con reforzo wifi

A USC pon a disposición do alumnado espazos específicos con acceso á Rede para que poidan realizar as súas probas de avaliación, concretamente na Sala Norvet da Facultade de Veterinaria de Lugo e a Sala de Lectura da Facultade de Dereito de Santiago

Read more

Unha Universidade en condicións de máxima seguridade

O Grupo de Traballo para a Seguridade Sanitaria reuniuse este xoves coa intención de definir como será a actividade da USC no contexto presencial da nova normalidade, pero tamén no caso de ter que adaptarse a circunstancias de semi confinamento ou de confinamento total

Read more

D3Mobile senta cátedra durante o confinamento

O campionato científico internacional de modelado 3D promovido polo grupo Cigeo da EPS de Enxeñaría do Campus de Lugo sortea a pandemia da COVID-19 con récord de participantes finalistas e co recoñecemento explícito da Universidade de Florencia cara ao seu modelo educativo, que cualifica de “perfecto”

Read more