Skip to main content

Latest news

Pedra cósmica ou lixo espacial?

O director do Observatorio Astronómico da USC, José Ángel Docobo, sostén que a bola de lume avistada este martes desde Galicia corresponde a unha fases do foguete ruso Soyuz, ao tempo que explica que a duración do refacho de luz durante máis de 45 segundos descarta que se tratara dunha pedra cósmica

Read more

O coidado da Terra como estratexia sostible e saudable

A USC achega no Día da Terra solucións innovadoras apoiadas na formación e a I+D para garantir a provisión de alimentos a partir da restauración de solos degradados, unha problemática que, segundo a ONU afecta á cuarta parte da superficie terrestre e que está detrás de crises humanitarias e sanitarias como a provocada pola COVID-19

Read more