A Biblioteca Universitaria escolma recursos para a elaboración de traballos de investigación
Dende o inicio do confinamento, a Biblioteca Universitaria está a escolmar recursos de balde e en liña cos que axudar ao alumnado que recibe docencia en remoto por mor da crise da COVID-19. Neste senso, a elaboración de traballos de investigación é unha das actividades que esixe un meirande acceso a recursos bibliográficos. A Nova guía: Prepara o TFG/TFM, Citas e Referencias Bibliográficas, a Guía de Dereitos de Autor e Acceso Aberto, Cursos de Formación en Competencias Informacionais ou Novos Recursos Temporais son algunhas das categorías que alberga a Biblioteca Universitaria a través da súa páxina web.
Outros recursos que ofrece a USC neste eido son o Regulamento de Matrícula, Elaboración e Defensa dos TFG e TFM, o material que proporciona o Servizo de Normalización Lingüística sobre presentacións eficientes e de calidade, así como o Tradutor CIXUG. Asemade, a BUSC ten seleccionado guías doutras universidades, tradutores ou bancos de imaxes libres de dereitos.
Guías
Cómo buscar y usar información científica (Universidade de Cantabria)
Guía didáctica para la elaboración de un trabajo académico (Universidade de Salamanca)
Tradutores
Imaxes libres de dereitos
A Biblioteca escolmou con anterioridade fontes transversais, e realizou diferentes listaxes por áreas de coñecemento. Así, elaborou seleccións de recursos sobre Biomedicina, Artes e Humanidades, Ciencias, e Ciencias Sociais e Xurídicas.