10.19.2023 | 10.00h-13.30h
Aula Luisa Cuesta. 10 horas

A importancia da comunicación científica en acceso aberto desde unha perspectiva de xénero será o fío condutor de "Mergullámonos en Minerva", unha xornada organizada pola Biblioteca Universitaria da USC (BUSC) e a Oficina de Igualdade de Xénero (OIX). Esta actividade, que terá lugar o día 19 de outubro na Biblioteca Concepción Arenal ás 10,30 horas, enmárcase dentro das actividades da Semana do Acceso Aberto, que se celebrará do 23 ao 29 de outubro e que ten como tema a importancia do control comunitario dos sistemas de intercambio de coñecementos