Skip to main content

Exposición. Facultade de Medicina e Odontoloxía. Claustro baixo

‘Castelao: o médico que quixo ser artista​’

05.15.2025-05.31.2025 | 08.30h-21.30h

A biblioteca da Facultade de Medicina e Odontoloxía organiza esta exposición dedicada a Castelao, no 75 aniversario do seu pasamento

A mostra poderá visitarse no claustro baixo da Facultade de Medicina e Odontoloxía ata o vindeiro 31 de maio
A mostra poderá visitarse no claustro baixo da Facultade de Medicina e Odontoloxía ata o vindeiro 31 de maio

Este ano conmemórase o 75 aniversario da morte de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (1886-1950), motivo polo cal a Xunta de Galicia declarou o 2025 Ano Castelao. ​No marco deste recoñecemento, e co gallo do Día das Letras Galegas, a biblioteca de Medicina e Odontoloxía continúa a serie de mostras Medicina e Letras Galegas sobre estudantes da Facultade de Medicina que foron homenaxeados nalgún 17 de maio. ​

The contents of this page were updated on 05.14.2025.