09.30.2025 | 13.00h-13.30h
eLibro organiza varias sesións de formación, para estudantes e profesorado, que teñen como obxectivo dar a coñecer a plataforma e as súas funcionalidades.

Esta sesión terá unha duración aproximada de 30 minutos e para participar é necesario inscribirse previamente. As sesións serán gravadas e enviadas aos correos dos asistentes. Entregarase un certificado acreditativo da participación.
Neste webinario ensinarase a usar a plataforma en xeral: crear unha conta, ler on line, eLi (ferramenta de intelixencia artificial), descargar libros coa APP...
Podes inscribirte nesta ligazón.