O envellecemento da poboación e un fenómeno solidamente constatado, e que alcanza en rexións europeas como Galicia un carácter progresivo e consolidado. A distribución demográfica por idade supón novas realidades para a empregabilidade e o emprendemento, e tamén novas necesidades de coñecemento nos diferentes eidos científicos e académicos. Arredor do envellecemento da poboación xorden estratexias específicas de innovación e transferencia (p.ex. co-deseño, interxeracionalidade, silver economy) que buscan ir máis alo dos estereotipos negativos sobre envellecemento patolóxico, dependencia e demencia asociados á idade avanzada. Senior Innovation Lab é unha experiencia educativa no ámbito das persoas maiores, que combina traballo presencial e en liña, buscando favorecer a adquisición de coñecementos e ferramentas de innovación por parte do alumnado da USC para desenvolver novas solucións aos distintos retos e oportunidades dunha sociedade envellecida. Para o desenvolvemento de solucións innovadoras utilizamos unha aprendizaxe baseada en retos, traballando directamente con entidades do sector, e empregando metodoloxías de innovación áxil como design thinking e lean start-up. En esta edición, Senior Innovation Lab adoptará o formato de hackaton, nunha única sesión de traballo presencial, o que busca maximizar a implicación do alumnado e a axilidade no proceso de xeración e consolidación de ideas innovadoras. Senior Innovation Lab forma parte do Deep INVETHEI, do que a USC é parte convidada pola Universidade de Porto, dentro da terceira cohorte de proxectos da EIT HEI Initiative (https://eit-hei.eu/projects/deep-inventhei/).
Ubicación
Santiago
Modalidad
Presencial
Duración
Horas presenciales: 12
Horas de trabajo: 13
Total: 25
Matrícula en la actividad
03/11/2023 - 10/11/2023
Desarrollo de la actividad
17/11/2023 - 17/11/2023
Profesor/a
María Del Carmen Gutierrez Moar
Profesor/a
Manuel Gandoy Crego
Profesor/a
David Facal Mayo
Profesor/a
Maria Julia Diz Lopez
Profesor/a
Sonia Maria Valladares Rodriguez
Profesor/a externo/a
Pablo Osorio Diéguez
Profesor/a
Laura Touriñán Morandeira
Grupo | Lugar | Fechas | Horario |
---|---|---|---|
Senior Innovation Lab (Santiago) | Aula de formación da EDIUS, Edificio CEA, Parque de Vista Alegre | 17 de novembro de 2023 | de 09:30 a 20:00h |
A formación plantéxase arredor dun hackaton, que terá a seguinte estrutura:
9:30 Inicio da sesión de mañá. Presentación da xornada
9:45 Dinámica de activación
10: 15 Escoller as ideas / retos sobre os que traballaremos
11:00 Buyer Persona
12:00 Primeira versión da Proposta de Valor
12:30 DAFO da proposta
13:00 Mellora da Proposta de Valor
13:45 Dinámica de peche
14:00 Peche da sesión da mañá
16:30 Inicio da sesión de tarde. Testimonios de entidades e empresas innovadoras.
17:00 Business Model Canvas
17:45 Plan de Acción
18:30 Prepararación de Elevator Pitch
19:20 Presentación de Elevator Pitch
19:50 Deliberación e entrega de diplomas.
20:00 Peche da xornada
Realizaranse ademais dúas sesións de traballo online, unha previa ó hackaton, para traballar as expectativas e motivación arredor do Senior Innovation Lab, a unha posterior ó hackaton, en grupo pequeno, sobre as posibilidades de comunicación e traballos futuros arredor da idea innovadora.
Pablo Osorio Diéguez
Licenciado en CC. Políticas e Administración pola USC e International MBA polo Instituto de Empresa de Madrid. Docente dos certificados de profesionalidade de marketing e comunicación, xestión comercial de ventas e creación de empresas. Mentor en emprendemento para diversos organismos e institucións: ICEMAR e SUCEDE da UVigo, Vigoemprende, Vigo Xoven Emprende, Fundación Ronsel, Fundación Roberto Rivas, Emprende Tics o Consellería de Medio Rural, entre outras.
Sonia María Valladares-Rodríguez , ORCID: 0000-0003-1195-9949
Doutora pola Universidade de Vigo coa tese “Detección precoz del deterioro cognitivo mediante técnicas de gamificación, aprendizaje máquina y herramientas tic”. Profesora axudante doutora na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Investigadora responsable no proxecto DeepINVENTHEI (https://eit-hei.eu/projects/deep-inventhei/).
David Facal Mayo, ORCID: 0000-0001-6230-0090
Doutor en Psicoloxía, é profesor titular da Facultade de Psicoloxía e Coordinador do Máster en Psicoxerontoloxía da USC. Investigador no proxecto DeepINVENTHEI. Director do Senior Innovation Lab (SIL) da USC.
Manuel Gandoy-Crego, ORCID: 0000-0003-0193-8175
Doutor en Psicoloxía, é profesor na Facultade de Enfermería e Coordinador do Máster de Xerontoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Investigador no proxecto DeepINVENTHEI. Membro coordinador do Senior Innovation Lab (SIL) da USC.
María do Carmen Gutiérrez Moar, ORCID: 0000-0003-0193-8175
Doutora en Ciencias da Educación, é profesora na Facultade de Educación e nos Mestrados de Xerontoloxía e Psicoxerontoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Investigadora no proxecto DeepINVENTHEI. Membro coordinador do Senior Innovation Lab (SIL) da USC.
María Julia Diz López, ORCID: 0000-0003-1422-7479
Doutora en Ciencias da Educación, é profesora axudante doutora na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Investigadora no proxecto DeepINVENTHEI e membro do Senior Innovation Lab (SIL) da USC
Laura Touriñan Morandeira, ORCID: 0000-0001-9765-178X
Doutora pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese “Marcial del Adalid (1826-1881) biografía, catalogación da súa obra musical e a súa vinculación coa creatividade cultural socio identitaria”. Forma parte do grupo de investigación Estudios Históricos de Música en Galicia y América (ss. XI-XX). Investigadora no proxecto DeepINVENTHEI e membro do Senior Innovation Lab (SIL) da USC.