Arquivos

Diálogos satíricos en las redes socioculturales de la lírica gallego-portuguesa. (REDES LÍRICAS)

Resultados derivados da investigación
Portal web Redes socioculturais da lírica galego-portuguesa

 

Novas sobre o portal na prensa
Diseminación de resultados en coloquios e congresos

Póster: D. González, Redes líricasI Xeira CLARIAH-GAL. Santiago de Compostela, 2 de maio de 2024.

Póster: D. González, Diálogos satíricos nas redes socioculturais da lírica galego-portuguesa. II Xeira CLARIAH-GAL. Santiago de Compostela, 9 de maio de 2025.

Comunicación: D. González, “Canciones en tiempos de guerra”, IX Congreso Internacional de La SEMYR, Madrid, 4-6 de setembro de 2024.

Outros resultados da investigación

33 Entradas de autoría individual: “Abril Perez”, “Alhariz”, “Arnaldo, Don”, “Cogominho”, “Espital”, “Fi d’Escallola”, “Garcia Perez”, “Gonçalo Martins”, “Johan Airas de Santiago”, “Johan Airas, reedor”, “Johan Baveca”, “Johan Vasquiz”, “Josep, Don”, “Juião”, “Lourenço”, “Maior Garcia”, “Maria Balteira”, “Meca”, “Monçon1”, “Monçon2”, “Nun’Eanes”, “Orgaz”, “Pae Gomez”, “Pero da Ponte”, “Pero d’Ambroa”, “Pero Martinz”, “Pero Velho de Taveirós”, “Picandon”, “Riba de Limia”, “Roi Garcia”, “Rui Martinz”, “Sordel”, “Vasco Martinz”. En S. Marcenaro e D. González (eds.): Glossario prosopografico della lirica galego-portoghese medievale, Roma: L’Erma di Berschneider, 2024.

BiRMED. Bibliografía de Referencia do Arquivo Galicia Medieval

Bibliografía de Referencia do Arquivo Galicia Medieval (BiRMED) é unha base de datos de bibliografía especializada na literatura medieval galego-portuguesa. Recompila referencias á produción científica con dedicación á Lírica Profana Galego-PortuguesaCantigas de Santa Maria e Prosa Literaria Medieval, obxecto de estudo do Arquivo Galicia Medieval (ARGAMED).

O principal obxectivo deste recurso dixital é ser unha ferramenta de apoio aos investigadores da literatura medieval galego-portuguesa, brindando a posibilidade de afinar na localización de referencias bibliográficas, a partir da elaboración de rexistros que contemplan unha serie de etiquetas especializadas e que serven como guía para o usuario. Ademais, BiRMED dá a coñecer a produción científica que se está a levar a cabo tanto en Galicia como noutras áreas xeográficas sobre a literatura medieval galego-portuguesa.

Nada como complemento dos proxectos Lírica Profana Galego-PortuguesaCantigas de Santa Maria e Prosa Literaria MedievalBiRMED é un proxecto autónomo que ambiciona reforzar os seus resultados. Desde a apertura da súa primeira versión en 1998, BiRMED recompilou máis de 5000 fichas bibliográficas, ampliando, nas sucesivas versións, as posibilidades da ferramenta, que agora se mellorará coa actualización do propio etiquetado e dos campos de pescuda.

Diseminación de resultados en coloquios e congresos

Póster: Déborah González & Pedro Basalo Bembibre. Unha base de datos especializada en literatura medieval galego-portuguesa. VIII Congreso Internacional de La SEMYR. Santiago de Compostela, 7-9 de setembro de 2022.

Relatorio: Déborah González. A base de datos BiRMED. Perspectivas sobre o seu desenvolvemento. I Xeira CLARIAH-GAL. Santiago de Compostela, 2 de maio de 2024.

Póster: Déborah González & Sabela Puentes Vega: BiRMED. A bibliografía da literatura medieval galego-portuguesa nunha base de datos. II Xeira CLARIAH-GAL. Santiago de Compostela, 9 de maio de 2025.

 

Historial de Dirección/Coordinación

  • Déborah González (desde 2021)
  • Mercedes Brea, Elvira Fidalgo e Pilar Lorenzo (2019)
  • Mariña Arbor Aldea (2018)
  • Mercedes Brea, Esther Corral Díaz, Elvira Fidalgo e Pilar Lorenzo Gradín (ata 2018)

 

Redes socioculturais da lírica galego-portuguesa

Principais resultados do proxecto
Portal web Redes socioculturais da lírica galego-portuguesa

Diseminación de resultados en coloquios e congresos
  • Relatorio: D. González, “As vozes dos trovadores e jograis galego-portugueses. Diálogos num cenário de temas e motivos”. Encontro internacional Cantigas e cancioneiros: poesia, música, oralidade, Universidade de Göttingen – Cátedra José Almada Negreiros, 21-22 de xuño de 2022.
  • Panel: D. González (coord.), “Trama de versos, trama de trobadores. Autores e textos da lírica galego-portuguesa”, VIII Congreso Internacional de La SEMYR (Santiago de Compostela, 7-9 de setembro de 2022). Contribución: D. González, “As tenzóns de tema amoroso. Unha rede de temas e motivos”.
  • Comunicación: D. González, “Redes socioculturais da lírica galego-portuguesa: os trobadores e xograres das tenzóns”, VII Congreso Internacional Convivio (UdC, 3-5 de novembro de 2021).
  • Comunicación: D. González, “Debates e ataques ‘animais’ entre os trobadores galego-portugueses”, XIII Colóquio da Secção Portuguesa AHLM (Braga, 2-3 de xuño de 2022).
  • Comunicación: D. González, “Por que unha nova edición das tenções galego-portuguesas?” Coloquio Internacional de la AHLM Editar textos medievales en el siglo XXI (Madrid, 5 e 7 de setembro de 2022).
  • Comunicación: D. González, “La corte alfonsí y las redes socioculturales de la lírica trovadoresca. Los diálogos del rey y de sus cortesanos”. ALFONSO X: El universo político y cultural de un reinado (Toledo, 19-21 de octubre de 2022).
Outros resultados da investigación

33 Entradas de autoría individual: “Abril Perez”, “Alhariz”, “Arnaldo, Don”, “Cogominho”, “Espital”, “Fi d’Escallola”, “Garcia Perez”, “Gonçalo Martins”, “Johan Airas de Santiago”, “Johan Airas, reedor”, “Johan Baveca”, “Johan Vasquiz”, “Josep, Don”, “Juião”, “Lourenço”, “Maior Garcia”, “Maria Balteira”, “Meca”, “Monçon1”, “Monçon2”, “Nun’Eanes”, “Orgaz”, “Pae Gomez”, “Pero da Ponte”, “Pero d’Ambroa”, “Pero Martinz”, “Pero Velho de Taveirós”, “Picandon”, “Riba de Limia”, “Roi Garcia”, “Rui Martinz”, “Sordel”, “Vasco Martinz”. En S. Marcenaro e D. González (eds.): Glossario prosopografico della lirica galego-portoghese medievale, Roma: L’Erma di Berschneider, 2024.

Une histoire sociale des langues romanes

Baixo a coordinación xeral da Profa. Carmen Alén Garabato (Montpellier 3), o equipo estaba conformado, ademais, por outros dous membros de Montpellier 3, o Prof. Henri Boyer e o investigador Mathias Valiente; a Profa. Chamaine Lee (Universidade de Salerno), a Profa. Eugenia Bojoga (Universidad Babe-Bolyai), a Profa. Rosa Medina Granda (Universidad de Oviedo), e Déborah González (USC).

O obxectivo principal do proxecto consistiu en ofrecer unha historia social das linguas románicas dispoñible en formato dixital e de acceso libre: Une histoire sociale des langues romanes. Publicado en 2018, este recurso (unha grande lesson que se beneficia da tecnoloxía para incorporar distintos soportes) foi concebido para estudantes de grado e mestrado, a través de seis módulos  (1. Les origines; 2. La conquête de l’écrit; 3. Langues, Royaumes, Empires; 4. Langues, États-Nations; 5. Langues, Peuples; 6. Créolisations), coa finalidade de contar unha  historia social das linguas románicas mediante a cal o estudante pode descobrir a configuración sociolingüística da Romania, pode apreciar o papel fundamental exercido por sucesos políticos, relixiosos e culturais na formación das linguas e na evolución ecolingüística de Europa.