Dr. Antonio Fernández Guiadanes
Investigador colaborador
Grupo Investigación: GI-1350 Románicas (Filoloxía, Literatura medieval)
E-mail: aguiadanes@yahoo.es

Licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi bolseiro no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades no proxecto ArGaMed. Participou na publicación de Lírica profana galego-portuguesa (1996), obra de referencia que recolle o corpus completo desta tradición poética. Ademáis, é coautor do libro Cantigas do Mar de Vigo, edición crítica dos xograres Martín Codax, Mendiño e Johan de Cangas, por outra parte participou activamente nas sucesivas versións de MedDB e é Codirector de Palmed. Desde 2003 forma parte do GI 1350-Románicas da Universidade de Santiago de Compostela, onde participa en proxectos de investigación centrados na edición de textos medievais, no marco dos cales publicou varios artigos.
Participación en proxectos de I+D+i
- Consolidación e estruturación. Rede de Estudos medievais interdisciplinares
- Paleografía, Lingüística e Filoloxía. Laboratorio on-line da lírica galegoportuguesa
- Las Cantigas de Santa Maria. De la edición a la interpretación.
- Axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas do Sistema Universitario de Galicia
- Consolidación e estruturación. Grupo de Referencia Competitiva (GRC) GI-1350 Románicas (Filoloxía, Literatura medieval)
Publicacións destacables
- O Códice de Florencia das Cantigas de Santa María (B.R. 20). Transcrición Paleográfica
- Cando o “peso” da investigación filolóxica se pode converter nun lastre (I): que + vogal na lírica profana galego-portuguesa
- Dúas notas sobre a transmisión manuscrita da lírica profana galego-portuguesa
- Uso y funciones de la plica en el Cancioneiro da Ajuda: identificación del usus scribendi de los copistas
- Particularidades gráficas e de impaxinación do folio 79r do Cancioneiro da Ajuda: o seu copista é ¿un copista-corrector?
- Estudos de edición crítica e lírica galego-portuguesa
- Estudos sobre léxico dos trobadores
- Cantigas do Mar de Vigo