Araceli Luna Magariños
Investigadora en Formación e Perfeccionamento
Grupo Investigación: GI-1350 Románicas (Filoloxía, Literatura medieval)
E-mail: araceli.luna.magarinos@gmail.com

Universidade de Santiago de Compostela, onde tamén cursou o Mestrado en Estudos Medievais Europeos (2015). Posteriormente, completou o Mestrado en profesorado de educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional e ensinanza de idiomas (2017) na Universidade da Coruña.
Entre 2018 e 2021 foi docente no Centro de Estudos da Lingua e Cultura Galegas da Universidade Federal da Bahia onde, ademais, coeditou o número especial Camiñando Pola Lingua e a Literatura Galegas Na Atmosfera Conmemorativa Do Xacobeo 2021-2022 da Revista Estudos Linguísticos e Literários.
Dende 2022 participa do programa de lectorados da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento actuando como profesora no Centro de Linguaxe e Comunicación da PUC Campinas.
Actualmente é doutoranda no Programa de Posgrao en Ciencia da Literatura da Universidade Federal do Rio de Janeiro e no Programa de Doutoramento en Estudos Medievais da USC, co proxecto de tese titulado Representacións da violencia contra a muller na lírica medieval galego-portuguesa.
É integrante do grupo de traballo vinculado ao proxecto Voces, espazos e representacións femininas na lírica galego-portuguesa (PID2019-108910GB-C22) coordinado pola Universidade de Santiago de Compostela e a Universitat de Barcelona.
O seu principal obxecto de estudo son cantigas medievais, tendo como liñas de interese destacadas a violencia feminina, o retrato da violencia cara a muller, e os modelos transmitidos polo xénero do escarnio.