Dra. Déborah González Martínez

Profesora Contratada Doutora

Grupo Investigación: GI-1350 Románicas (Filoloxía, Literatura medieval)

Despacho: 111

Teléfono: +34 8818 11785 (ext.)

E-mail: deborah.gonzalez@usc.es

Ligazóns: Horario de clases

ORCID | Portal da Investigación | Academia.edu |

 

Redes socioculturais da lírica galego-portuguesa

Bibliografía de Referencia do Arquivo Galicia Medieval (BiRMED)

 

Doutora pola Universidade de Santiago de Compostela en 2009, desenvolveu a súa traxectoria noutros centros europeos de excelencia, consolidando unha experiencia internacional superior a cinco anos: a Université Rennes 2 – Haute Bretagne, o Centre d’Etudes Supérieures de Civilisation Médiévale de Poitiers y o Centre for the Study of the Cantigas de Santa Maria da Universidad de Oxford.

 

Participou en proxectos competitivos dedicados ao estudo e edición de textos literarios medievais, con atención especial a aqueles en galego-portugués. Ademais, acadou un proxecto de investigación no programa Fernand Braudel Incoming da Fondation Maison de Sciences de l’Homme (Braudel-IFER-FMSH),  dous proxectos posdoutorais consecutivos no programa I2C da Xunta de Galicia (2012 e 2016), todos en concurrencia competitiva.  Entre 2021 e 2023 foi Investigadora Distinguida a través da convocatoria da Xunta de Galicia para a retención de talento investigador. Desde 2023, é Profesora Contratada Doutora da USC.

 

A súa actividade investigadora céntrase na edición e estudo de textos líricos en galego-portugués, as Cantigas de Santa Maria e a produción literaria na corte de Alfonso X. Como publicacións representativas destas liñas de investigación, recóllense no seu CV numerosos artigos en revistas de alto nivel, capítulos en libros colectivos de relevancia para os estudos medievais e, sobre todo, os libros aparecidos en 2012 e en 2018. É directora do portal Redes socioculturais da lírica galego-portuguesa, publicado en 2023.

Publicacións destacables