Dra. Maria Francesca Loffredo
Investigadora en Formación e Perfeccionamento
Grupo Investigación: GI-1350 Románicas (Filoloxía, Literatura medieval)
E-mail: mf.loffredo7@gmail.com

Ligazóns: CV | Academia.edu
De nacionalidade italiana, Maria Francesca Loffredo é graduada en Literaturas Modernas na Università degli Studi dei Salerno no ano 2014 cunha tese en filoloxía románica publicada posteriormente, titulada Il cammino dei Tristano. En 2017 obtivo A Laurea Magistrale en Filoloxías Modernas na mesma universidade coa Tesi dei Laurea titulada Voci dei donne nelle cantigas de amigo: femminilità testuale e personaggi femminili delle liriche galiziano-portoghesi, dirixida pola profesora Charmaine Lee. Ao mesmo tempo, cursou o Máster en Estudos Medievais Europeos. Imaxes, textos e contextos da USC, cun TFM titulado A muller no imaxinario literario medieval: cara á misoxinia e o vituperio na narrativa breve dos Fabliaux picardos e Boccaccio baixo a dirección da profesora Esther Corral.
Participou en diferentes congresos e proxectos do ámbito medieval e dos estudos de xénero. Actualmente está matriculada no Programa de Doutoramento en Estudos Medievais da USC. O seu proxecto de investigación céntrase no papel desempeñado polas mulleres en Boccaccio, concretamente no protagonismo feminino da Elegia de Madonna Fiammetta en relación coas súas fontes adquiridas polo mesmo autor durante o seu período napolitano.