Máster curso 2021-2022

Objetivos y competencias

Os obxectivos resumidos do título son os seguintes:

  • Proporcionar un panorama plural e integrador da cultura europea medieval.
  • Capacitar os estudantes para establecer relacións recíprocas entre os principais eixes que configuran o Máster: histórico, artístico e lingüístico-literario.
  • Facilitar que o alumnado adquira un coñecemento completo das liñas de investigación e das propostas críticas máis relevantes no ámbito dos estudos medievais.
  • Incidir no manexo das novas tecnoloxías da información e da comunicación aplicadas ao campo dos estudos medievais.
  • Formar investigadores que contribúan ao desenvolvemento cultural europeo a través da interpretación crítica e da correcta transmisión do patrimonio cultural medieval.
  • Contribuír ao desenvolvemento cultural de Galicia mediante a correcta valorización, interpretación e contextualización do legado medieval que posúe.

Deseguido, recóllense os obxectivos ampliados (extracto traducido da epígrafe 3º da Memoria para a solicitude de verificación do título):

 

Conforme ao disposto na Lei 3/2007 de 22 de marzo, os obxectivos xerais do Máster definíronse tendo en conta os dereitos fundamentais e de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, os principios de igualdade de oportunidades e accesibilidade universal das persoas con discapacidade (Lei 51/2003 do 2 de decembro) e os valores propios dunha cultura da paz e democráticos (Lei 27/2005 de 30 de novembro).

 

Así mesmo, consideráronse os obxectivos xerais sinalados nos Descritores de Dublín, incluídos no MECES (Marco Español de Cualifaciones para la Educación Superior), que enuncian as cualificacións xerais que o estudantado debe conseguir ao finalizar cada un dos ciclos da nova estrutura dos estudos de Educación Superior:

  • DD1: Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
  • DD2: Aplicación de coñecementos e comprensión a través de capacidades de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos e multidisciplinares.
  • DD3: Capacidade de emitir xuízos, integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información incompleta.
  • DD4: Capacidade de comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados.
  • DD5: Habilidades de aprendizaxe: estudar dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.

Segundo os principios apuntados, os principais obxectivos do Máster proposto son os seguintes:

  1. Ofrecer unha visión plural e integradora da cultura europea medieval nas súas diversas manifestacións (DD1DD2).
  2. Capacitar os estudantes para establecer relacións recíprocas entre os principais eixes que configuran o Máster: histórico, artístico e lingüístico-literario (DD2DD3DD5).
  3. Capacitar os alumnos para que adquiran un coñecemento exhaustivo das liñas de investigación e das propostas críticas máis relevantes no ámbito dos estudos medievais (DD1DD2DD5).
  4. Proporcionar aos estudantes os fundamentos metodolóxicos e críticos que lles permitan acceder ao exercicio da actividade investigadora cunha formación versátil e interdisciplinar (DD1DD2DD3DD4DD5).
  5. Capacitar o alumnado no manexo das novas tecnoloxías da información e da comunicación aplicadas ao campo dos estudos medievais, así como indicar a súa utilidade na práctica investigadora e na divulgación do patrimonio cultural (DD1DD2DD5).
  6. Dotar os estudantes das destrezas fundamentais para aproveitar e aplicar os coñecementos adquiridos á correcta interpretación e difusión do legado cultural medieval (DD1DD2DD5).
  7. Capacitar os estudantes para abrir vías de investigación novas no ámbito dos estudos medievais (DD3DD4).
  8. Facer posible que os estudantes cos seus traballos de investigación contribúan ao desenvolvemento cultural europeo a través da interpretación crítica e a correcta transmisión do patrimonio cultural medieval nas súas diversas manifestacións (DD3DD4DD5).
  9. Contribuír ao desenvolvemento cultural de Galiza mediante a correcta valorización, interpretación e contextualización do legado medieval que posúe (DD3DD4DD5).

3.1 Competencias xerais e específicas que os estudantes deben adquirir durante os seus estudos, e que serán exixibles para outorgar o título. As competencias propostas deben ser avaliables. Deberán terse en conta os principios recollidos no artigo 3.5 deste real decreto.

  • CX1: Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo;
  • CX2: Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos;
  • CX3: Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións –e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan- a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades;
  • CX4: Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar progresando na súa formación dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo;
  • CX5: Que os estudantes sexan capaces de estableceren as pertinentes interrelacións entre as diversas disciplinas que integran o Máster;
  • CX6: Que os estudantes posúan habilidade comunicativa oral e escrita na difusión do patrimonio europeo medieval;
  • CX7: Que os alumnos saiban aplicar as ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas propias dos estudos medievais;
  • CX8: Que os alumnos teñan capacidade de síntese e análise na exposición dos contidos;
  • CX9: Que os estudantes sexan capaces de aplicar o xuízo crítico no dominio da bibliografía xenérica e específica relativa ao ámbito dos estudos medievais;
  • CX10: Que os estudantes posúan as destrezas fundamentais para aplicar os coñecementos adquiridos á valoración e difusión do patrimonio europeo medieval.

Competencias específicas:

  • CE1: Adquisición de coñecementos precisos sobre fenómenos relativos aos cambios históricos, artísticos e literarios producidos en Europa durante o período medieval.
  • CE2: Capacidade para situar en sincronía e diacronía os fenómenos sociais, estéticos e económicos dentro do contexto da Europa medieval, con xuízo para discernir as analoxías e diferenzas que se producen nas diversas zonas obxecto de estudo.
  • CE3: Capacidade para propor alternativas viables a cuestións problemáticas relativas á investigación no patrimonio medieval europeo.
  • CE4: Capacidade para elaborar un discurso histórico, artístico e/ou filolóxico de tipo crítico en calquera ámbito da docencia ou da investigación.
  • CE5: Aptitude para promover iniciativas investigadoras que dinamicen a nivel social a valoración do patrimonio cultural medieval.
  • CE6: Capacidade para dirixir equipos humanos con intereses académicos e investigadores na cultura medieval e a súa difusión.
  • CE7: Habilidade para realizar propostas novas no ámbito da conservación e interpretación do patrimonio cultural medieval nas súas diversas manifestacións.
  • CE8: Dominio da terminoloxía específica aplicada á investigación nos estudos medievais.
  • CE9: Manexo das novas tecnoloxías da información e da comunicación aplicadas ao ámbito investigador dos estudos medievais.
  • CE10: Capacidade para establecer a relevancia e prioridade de cuestións e problemas que xurdan durante o exercicio da actividade investigadora.
  • CE11: Facer posible que os estudantes coas súas investigacións contribúan ao desenvolvemento cultural europeo a través da correcta interpretación e transmisión do patrimonio medieval nas súas diversas manifestacións culturais.
  • CE12: Contribuír de modo especial ao desenvolvemento de Galiza mediante a correcta valorización, interpretación e contextualización do legado cultural medieval que posúe.

3.2 Garantiranse, como mínimo, as seguintes competencias básicas, no caso do Doutoramento, e aqueloutras que figuren no Marco Español de Cualificaciones para la Educación Superior, MECES:

  1. Que os estudantes demostren unha comprensión sistemática dun campo de estudo e o dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados con devandito campo;
  2. Que os estudantes demostren a capacidade de concibir, deseñar, pór en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación con seriedade;
  3. Que os estudantes realicen unha contribución a través dunha investigación orixinal que amplíe as fronteiras do coñecemento desenvolvendo un corpus substancial, do que parte mereza a publicación referenciada nacional ou internacionalmente;
  4. Que os estudantes sexan capaces de realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas;
  5. Que os estudantes saiban comunicarse cos seus colegas, coa comunidade académica no seu conxunto e coa sociedade en xeral acerca das súas áreas de coñecemento;
  6. Que se lles supoña capaces de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance tecnolóxico, social ou cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento;
  7. Que os estudantes demostren ao longo da investigación capacidade para establecer relacións mutuas entre os tres eixes principais que configuran o programa: histórico, artístico e lingüístico-literario;
  8. Que sexan capaces de relacionar a cultura medieval coa doutros períodos históricos;
  9. Que sexan capaces de abrir vías de especialización novas no ámbito dos estudos medievais;
  10. Que a súa formación avanzada contribúa ao desenvolvemento cultural europeo a través da correcta transmisión e interpretación crítica do patrimonio histórico e cultural da Idade Media europea.

Criterios de admisión

O Máster está dirixido fundamentalmente a egresados que proceden das titulacións de Historia, Historia da Arte e Filoloxía. Aínda así, a súa estrutura facilita o acceso de calquera licenciado (300 ECTS) ou graduado (240 ECTS) doutras titulacións, sobre todo do campo das Humanidades ou das Ciencias Sociais, que desexe completar a súa formación no ámbito dos estudos medievais.

 

O perfil de ingreso que se procura é o dun alumno interesado en profundar no estudo da Idade Media europea, desde unha perspectiva artística, filolóxica, histórica, lingüística ou literaria, mais sempre consciente de que, antes de centrar o seu interese nun aspecto concreto, debe coñecer de forma suficiente o contexto histórico-cultural no que se enmarcan as manifestacións concretas que desexa estudar, para establecer as oportunas relacións.

 

Titulacións por orde de preferencia:

  1. Licenciaturas ou Graos en Filoloxía (en todas as especialidades), Historia, Historia da Arte e Humanidades.
  2. Licenciatura en Xeografía e Filosofía. Diplomados en Documentación.
  3. Outras titulacións das ramas de Humanidades ou Ciencias Sociais e Xurídicas.

A USC aplica a este mestrado os criterios xerais de matrícula.

Matrícula

Prazas

  • Número total de prazas: 24
  • Número máximo de prazas ordinarias: 21
  • Número máximo de prazas para estranxeiros: 3
  • Número máximo de prazas a tempo parcial: 3

Prazos

Prazos curso 2022-2023 [pdf, 131 kb, en galego]

  • Solicitude de praza:  07/06/2022 a 19/07/2022
  • Matrícula xeral: 29/07/2022 a 09/08/2022
  • Matrícula de prazas vacantes : 19/08/2022 a 03/10/2022

Para máis información, consulte a seguinte ligazón á páxina oficial correspondente:

http://www.usc.gal/gl/servizos/oiu/cm/calm.html (Véxase o epígrafe B. Máster Oficial).

Prezos

  • Máster “Epígrafe B” (ramas de Artes e Humanidades e de Ciencias Sociais e Xurídicas): 21,61€ (por crédito) – 1.300€ aprox. (por curso de 60 créditos)
  • O alumnado externo á UE non residente: 3.700€ aprox. (por curso de 60 créditos)
  • Taxas administrativas: 28,22€
  • Taxas administrativas para maiores de 28 anos: 42,10€

Para máis información, consulte as seguintes ligazóns ás páxinas oficiais:

  1. Táboa de prezos (alumnado nacional, da UE ou residente): http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oiu/descargas/taxg.pdf
  2. Táboa de prezos (alumnado extracomunitario non residente): http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oiu/descargas/prexg.pdf

O alumnado deste mestrado, se cumprir cos requisitos específicos de cada convocatoria, pode optar a distintas axudas para financiar os seus estudos de máster. Recoméndase, en todo caso, que o alumnado consulte os sitios web das respectivas institucións.

 

N.B.: A información contida nesta páxina ten só carácter informativo. Recomendados ás persoas interesadas en se matricular que consulten sempre os órganos competentes (Unidades de Xestión Académica ou Oficina de Información Universitaria) para cada ligazón. A Área de Filoloxía Románica da USC e o grupo de investigación GI-1350 Románicas (Filoloxía, Literatura medieval) non se responsabilizan, por tanto, dos desvíos na información que poidan darse entre os contidos desta páxina e as convocatorias e páxinas oficiais.

Materias

O programa académico do mestrado ten unha duración académica de un ano. Para obter o título, é preciso superar un total de 60 ECTS, distribuídos en dous semestres. As actividades docentes desenvólvense ao longo dun curso académico en xornada de tarde, entre as 16h00 e as 20h30. As linguas de impartición son o castelán e o galego.

 

O plan de estudos do mestrado está formado por tres módulos dentro dos cales se agrupan as diferentes materias. No 1º semestre, o alumnado cursará as materias obrigatorias (30 ECTS) e, no 2º semestre, o estudante poderá escoller tres materias optativas (18 ECTS), entre as sete que se ofertan (42 ECTS). Por último, deberá realizar un Traballo de fin de máster (12 ECTS). Ademais, ofértanse prácticas externas en empresas e institucións, equivalentes a unha materia optativa ( 6 ECTS).

 

Deseguido lístanse as materias que configuran cada un dos tres módulos. Poden acceder á guía docente de cada materia premendo no nome da mesma.

 

A) MATERIAS OBRIGATORIAS (30 ECTS)

 

1. Fundamentos metodolóxicos e novas tecnoloxías (6 ECTS)

2. A Europa medieval. Perspectiva histórico-social (6 ECTS)

3. Arte medieval europea (6 ECTS)

4. Cultura escrita en latín na idade Media (6 ECTS)

5. Literatura medieval en linguas vernáculas (6 ECTS)

B) MATERIAS OPTATIVAS (18 ECTS de 42 ECTS)

 

1.  A escritura e o escrito na Idade Media (6 ECTS)

2. A Igrexa e a espiritualidade medieval (6 ECTS)

  3. Sociedade medieval e cultura cortés (6 ECTS)

4. O mundo clásico na Idade Media (6 ECTS)

5. Mitos e figuras no imaxinario medieval (6 ECTS)

6. Viaxes e peregrinacións na Idade Media (6 ECTS)

7. Feudalismo, territorio e poder (6 ECTS)

8. Prácticas externas (6 ECTS)

 

C) TRABALLO DE FIN DE MÁSTER (12 ECTS)

Prácticas externas

Convocatoria Curso 2021-2022
Convocatoria Curso 2020-2021
Convocatoria Curso 2019-2020
Convocatoria Curso 2018-2019
Convocatoria Curso 2017-2018

Trabajo de fin de máster

Na seguinte páxina atoparás toda a información relativa ao Traballo de fin de máster (normativas vixentes, a guía docente, diversos formularios, unha listaxe de características formais e o calendario cos prazos aprobados):

Normativa e regulamento en vigor:
Guía docente e características formais do TFM:
Formularios para o alumnado:
Formularios para o profesorado:

Calendario:

Solicitudes:

Tribunal de avaliación dos TFM curso 2021-2022:

  • Gonzalo Francisco Fernández Suárez (Área: Ciencias e Técnicas Historiográficas) 
  • Mª Isabel Morán Cabanas (Área: Filoloxías Galega e Portuguesa) 
  • Rocío Sánchez Ameijeiras (Área: Historia da Arte)  

Membros suplentes

  • José Miguel Andrade Cernadas (Área: Historia Medieval) 
  • José María Anguita Jaén (Área: Filoloxía Latina) 
  • Rosa Rodríguez Porto (Área: Historia da Arte) 

Horario

Horario do curso 2021-2022

Profesorado

O profesorado do mestrado pertence a grupos de investigación consolidados do Sistema Universitario de Galicia, de recoñecido prestixio, tanto nos ámbitos docente e investigador, coma no eido da xestión universitaria. As súas traxectorias axústanse, por tanto, ao perfil das materias que configuran a oferta docente do programa.

 

O recoñecemento e experiencia dos distintos grupos de investigación aos que están vinculados os docentes do título permite, aos estudantes que desexen completar un programa de doutoramento na USC, o acceso ás bolsas e contratos predoutorais convocadas polaXunta de Galicia (Predoutorais I2C), o Ministerio de Educación, Cultura y Deporte (FPU) e o Ministerio de Economía y Competitividad (FPI).

 

Na seguinte listaxe detállase o profesorado do mestrado, e a facultade e departamento ao que pertencen. Se premen no nome, poderán coñecer o horario detallado da docencia de cada profesor e aos seus datos de contacto.

Comisión del título

Decano da Facultade de Filoloxía e Presidente da Comisión

  • D. Elías J. Feijó Torres

Decano da Facultade de Xeografía e Historia:

  • D. Marco V. García Quintela

Coordinador do máster:

  • D. Emilio González Miranda

Responsable da Área de Calidade da Facultade de Filoloxía

  • D.ª Laurence Malingret

Responsable da Unidade de Apoio á Xestión de Centros e Departamentos (Facultade de Filoloxía) 

Representantes do profesorado:

  • D. Israel Sanmartín Barros (Secretario da Comisión)

  • D.ª María Dolores Barral Rivadulla

  • D. José Carracedo Fraga

  • D.ª Marta Cendón Fernández

  • D.ª Esther Corral Díaz

  • D.ª Elvira Fidalgo Francisco

 Representantes de alumnos (2021-2022):

  • D. Simón Fernández Guerrero

  • D.ª Cecilia González Pérez

Principais acordos das reunións

Documentación

Pensando na transparencia e co gallo de facilitar aos avaliadores a acreditación do título, poderá encontrar nesta sección diversa documentación oficial sobre o mestrado.

 

1. Documentos sobre o proceso de verificación do título:

2. Documentos sobre o proceso de seguimento do título:

3. Documentos sobre o proceso da acreditación do título:

4. Regulamento para o réxime interno do Máster Universitario en Estudos Medievais Europeos. Imaxes, textos e contextos:

5. Sistema de Garantía Interna de Calidade e outros datos importantes: