Convocatoria de axudas “José Otero-Carmela Martínez” para doutorandos/as da USC 24/25
A USC, en colaboración coa Fundación José Otero-Carmela Martínez, pon en marcha a terceira convocatoria de axudas pecuniarias para fomentar a investigación a través dos estudos de doutoramento dos estudantes con menos recursos económicos, ou que se atopen nunha situación persoal e familiar que o requira.
Documentación da convocatoria:
-
Listaxe definitiva de axudas concedidas
As persoas interesadas disporán dun prazo de cinco días hábiles para formular alegacións, que abrangue dende o luns 13 de xaneiro ata o venres 17 de xaneiro de 2025, a través dunha instancia xeral de Sede electrónica dirixida á EDIUS.
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles, do luns 14 de outubro ao 11 de novembro de 2024.
Requisitos:
- Estar matriculado/a nun programa de doutoramento da USC.
- Ter a última avaliación anual positiva do seu Documento de Actividades e Plan de Investigación no curso 2023-24.
- Ter unha renda familiar que se atope dentro do limiar 2 establecido no Real Decreto 201/2024 do 27 de febreiro.
- Estar censado/a nun concello da Comunidade Autónoma de Galicia.
Conceptos subvencionables:
- Gastos da matrícula nun Programa de Doutoramento da USC.
- Gastos derivados da realización dunha estadía de investigación nun centro estranxeiro.
- Gastos derivados da asistencia a congresos, conferencias, seminarios ou reunións científicas.
- Gastos debidamente xustificados da adquisición de equipamento tecnolóxico.
Documentación a presentar:
- Anexo I - Impreso de autorización á consulta ás administracións tributarias asinada por todos os membros computables da unidade familiar.
- Anexo II - Xustificación dos conceptos da axuda.
- Anexo III - Declaración de outras axudas percibidas/solicitadas para o mesmo fin.
- Certificado do padrón de habitantes cun máximo de tres meses de antigüidade no que figuren todos os membros da familia que vivan no domicilio familiar, incluído/a solicitante.
Cando corresponda, para valorar as circunstancias de dificultade sobrevida que contempla a presente convocatoria, deberase achegar a seguinte documentación:
- Informe dos servizos sociais que reflicta a situación familiar.
- Acreditación de atoparse en situación de desemprego.
- Certificado de discapacidade do 33% ou superior.