Ir o contido principal

VIII Encontro da Mocidade Investigadora

26.05.2021-28.05.2021 | 09.30h-14.00h
Cartaz
Cartaz

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) acollerá de maneira virtual o VIII Encontro da Mocidade Investigadora (VIII EMI) os días 26, 27 e 28 de maio. Este evento desenvólvese, dende o ano 2012, co propósito de favorecer as dinámicas de colaboración, debate e difusión do coñecemento xerado entre estudantes de doutoramento.

O VIII EMI estará aberto non só a tódolos investigadores e investigadoras procedentes da USC, senón tamén aos seus análogos do resto das universidades galegas (UDC e UVIGO). En resumo, calquera estudante de doutoramento dunha universidade do Sistema Universitario Galego (SUG) terá a oportunidade de participar nun único evento, que durante tres días ofrecerá sesións de relatorios, pósters e mesas redondas.

O obxectivo destas xornadas é dar a coñecer as principais temáticas de cada campo de investigación, o que sen dúbida constituirá unha experiencia enriquecedora para tódolos doutorandos que se animen a participar. Así mesmo, o programa contempla a entrega de premios á mellor comunicación de cada área de investigación (Artes e humanidades, Ciencias, Ciencias da Saúde, Ciencias Sociais e Xurídicas e Enxeñaría e Arquitectura).

O VIII EMI ofrece unha oportunidade única para mostrar e discutir as investigacións propias cos demais compañeiros predoutorais, potenciando así novas ideas e oportunidades. En definitiva, este encontro constitúe un marco incomparable para favorecer as relacións entre membros da comunidade universitaria, apostando pola colaboración inter e multidisciplinar entre áreas de coñecemento afíns.

Horarios e ligazóns

Mércores 26

9:30 - 10:00 Acto de apertura

10:00 - 11:00 Sesións de comunicacións orais 1 (paralelas) CIENCIAS - CIENCIAS SOCIAIS - SAÚDE

11:00 - 12:30 Sesión de pósters 1

13:00 - 14:00 Charla sobre o proceso de defensa dos distintos formatos de tese (simultáneas USC / UVigo)

16:00 - 17:30 Sesións de comunicacións orais 2 (paralelas) CIENCIAS - CIENCIAS SOCIAIS - ARTES E HUMANIDADES

18:00 - 19:00 Sesións de comunicacións orais 3 (paralelas) CIENCIAS - CIENCIAS SOCIAIS - SAÚDE

Xoves 27

9:30 - 11:00 Sesións de comunicacións orais 4 (paralelas) CIENCIAS - CIENCIAS SOCIAIS - SAÚDE

11:00 - 12:30 Sesión de pósters 2

13:00 - 14:00 Charla a cargo de InvestiGal

16:00 - 17:30 Sesións de comunicacións orais 5 (paralelas) CIENCIAS - CIENCIAS SOCIAIS, ARTES E HUMANIDADES - SAÚDE

18:00 - 19:00 Sesión de pósters 3

Venres 28

10:00 - 11:00 Sesións de comunicacións orais 6 (paralelas) CIENCIAS - CIENCIAS SOCIAIS - SAÚDE

11:00 - 12:00 Sesión de pósters 4

12:30 - 13:30 Charla a cargo da Asemblea de Investigadoras de Compostela

13:30 - 14:00 Clausura

Redes Sociais