Alumnado obxectivo: Estudantes da EDIUS. O curso desenvolverase principalmente de forma virtual, cunha duración de catro semanas, e 25 horas de traballo por parte do alumnado. Organízase en catro módulos cos contidos e as tarefas correspondentes, de carácter obrigatorio.
Localización
Santiago
Modalidade
Semipresencial
Duración
Horas presenciais: 25
Total: 25
Matrícula na actividade
08/03/2022 - 15/03/2022
Desenvolvemento da actividade
21/03/2022 - 22/04/2022
Profesor/a
Ramon Luis Pazos Ferreiros
Profesor/a
Maria Carmen Cierto Castaño
Profesor/a
Maria Luisa Iglesias Otero
Grupo | Lugar | Datas | Horario |
---|---|---|---|
Recursos e fontes de información para a investigación | Aula Virtual por Teams e presencial na Biblioteca Concepción Arenal, Aula Luisa Cuesta | 21 de marzo a 22 de abril de 2022 | Sesión de presentación por Teams, 22 de marzo ás 13:30h; Sesións presenciais na Biblioteca Concepción Arenal, Aula Luisa Cuesta, 29 de marzo de 10:00 a 12:00h e 5 de abril de 10:00 a 11:00h |
- O alumnado asume que saber xestionar información é unha práctica transversal que debe completar o seu proceso de formación na universidade, que lle facilita o estudo, lle axuda a investigar, e a realizar traballos académicos cunha metodoloxía científica.
- O alumnado adquire, a nivel de especialización, habilidades e destrezas para buscar, localizar, seleccionar, analizar e organizar información.
- O alumnado coñece as principais fontes de información e recursos da súa área de coñecemento.
Os contidos distribúense en 4 módulos, que se axustan aos obxectivos propostos e competencias traballadas de acordo a un nivel de especialización.
0. Que necesito aprender e para que
- A biblioteca universitaria (BUSC). Recursos TIC da USC á túa medida
- Buscar información
- Avaliar e organizar a información.
Avalíanse os exercicios e/ou cuestionarios correspondentes aos distintos módulos temáticos (obrigatorios). A cualificación final será: “apto” ou “non apto”.
Para acadar o apto cómpre:
- Ter unha puntuación media de 5 como cualificación total do curso, tendo en conta que é requisito indispensable realizar todas as tarefas obrigatorias.
- Superar as tarefas de busca (deseño e execución) cunha nota igual ou maior que 5. Só a superación destas tarefas dará dereito ao cálculo da nota media sinalada no parágrafo anterior.
- A participación nos foros temáticos pode ser requirida, mais non conta para o cálculo da media.
- Asistir ás clases presenciais, salvo causa xustificada a valorar polo profesorado.
Profesorado (Persoal bibliotecario da BUSC):
Ramón Luis Pazos Ferreiros
María Luisa Iglesias Otero
María del Carmen Cierto Castaño