Ir o contido principal

Presentación da tese

  1. Finalización do prazo para a presentación a trámite da tese

    A data límite para a presentación a trámite da tese correspóndese coa Data fin prevista que figura na secretaría virtual do doutorando/a, sen importar se devandito día cae en festivo ou período non lectivo. O trámite iniciarase por Sede electrónica.

  2. A tese

    Antes de redactar o texto definitivo da tese débese ter en conta as Directrices tanto xerais recollidas no artigo 34 do Regulamento de Estudos de Doutoramento da USC, como as específicas de cada Sección da EDIUS e de formato de elaboración das teses.

  3. Solicitudes de defensa de teses a través da sede electrónica 

    A solicitude farase sempre a través da Sede Electrónica. Existen dous procedementos:

    a)Procedemento ordinario, será o método de uso común. Supón que todos os implicados na solicitude (doutorando, directores, titores) teñen firma electrónica.

    No momento en que a Comisión Executiva da EDIUS autorice a lectura, o doutorando presentará  o exemplar impreso da súa tese na secretaría do persoal de apoio do programa quen o remitira á EDIUS. O exemplar conterá todas as firmas ben manuscritas, electrónicas ou mixtas. 

    b) Procedemento Extraordinario, será un método excepcional derivado da imposibilidade de conseguir algunha das firmas electrónicas.

    1. A solicitude será a través da sede electrónica.
       
    2. O doutorando comunicará ao programa de doutoramento a excepcionalidade da solicitude e presentará na Secretaría do Persoal de Apoio do Programa o exemplar impreso da súa tese que conterá todas as firmas ben manuscritas ou mixtas de existir algunha firma electrónica. Así como toda a documentación que precise dunha sinatura orixinal (formulario Teseo, Minerva, etc). O prazo entre a presentación da solicitude por sede electrónica e a da tese impresa non superará os 10 días hábiles.
       
    3. O persoal de apoio do programa poderá continuar coa tramitación unha vez recibido o exemplar impreso e o procedemento de tramitación será o ordinario referenciado nesta páxina.
       
    4. No momento do envío de toda a documentación á EDIUS, o persoal de apoio ao programa indicará no correo electrónico que se trata dun procedemento excepcional e que o exemplar conta con todas as firmas, para que na escola podamos darlle prazo de exposición pública. O prazo entre a recepción telemática da documentación e recepción da tese impresa na EDIUS non superará os 5 días hábiles.
  4. Os exemplares da tese

    Deben ser entregados:

    • En PDF tras a solicitude de admisión a trámite a requerimento do Programa de Doutoramento e en calquera caso antes de ser informada pola CAPD
       
    • En formato papel, tras a autorización da defensa por parte da Comisión Executiva da EDIUS coas firmas orixinais do doutorando, director/es e titor no caso de que sexa distinto do director.
  5. O idioma da tese

    A tese de doutoramento redactarase, como regra xeral, en galego ou castelán.

    A tese tamén pode ser escrita e, no seu caso, defendida nos idiomas habituais para a comunicación científica no seu campo de coñecemento. Neste caso, debe incluír un resumo en lingua galega de nada menos que 3.000 palabras. Tamén pode incluír outros resumos de lonxitude similar noutros idiomas.

    O idioma da tese será autorizado pola CAPD mediante a aprobación do seu plan de investigación.

    No caso de que a tese estea redactada noutro idioma que non sexa o galego ou o castelán, a CAPD deberá xustificar a súa relevancia tal e como se especifica no punto 2 deste artigo, garantindo que o panel proposto estea en condicións de xulgar a tese no idioma correspondente.

    O título, resumo, introdución, obxectivos, hipótese, metodoloxía, resultados e conclusións da tese deben escribirse no idioma seleccionado, aínda que pode incluír referencias, mencións, contribucións ou apéndices feitos polo doutorando e / ou por outros autores na lingua na que foron publicados.

    Na tese por compendio de publicacións, o corpo da tese pode estar escrito nunha soa lingua distinta ás das publicacións incluídas nela.

    Serán obrigatorias as peculiaridades relativas á lingua no caso das teses que optan pola mención de "doutorado internacional" e ás que se atopan baixo o réxime de supervisión conxunta establecido nos artigos 38 e 40 deste regulamento, respectivamente.

  6. O tribunal da tese

    CAPD: Proposta do tribunal

    Na proposta non pode aparecer máis de tres membros dunha mesma institución. No caso de programas interuniversitarios non poderá formar parte do tribunal titular máis dunha persoa da USC ou de universidades ou institucións colaboradoras no programa.

    Non poderán ser membros do tribunal nin o director/es, o titor/a ou calquera que incorran nas causas de abstención establecidas no artigo 23 da lei 40/2015 do 1 de outubro.

    No caso de teses que opten á Mención Internacional, na proposta do tribunal, aprobada pola CAPD, deben figurar dous expertos (un titular e un suplente) pertencentes a algunha institución de educación superior ou instituto de investigación non española e que non asinasen o certificado de estadía.

    No caso de teses realizadas en réxime de cotutela, estarase ao disposto no convenio asinado para o efecto.

    No caso de teses presentadas en formato de compendio de publicacións, non poderán formar parte do tribunal os coautores dos mesmos.

    Todos os requerimentos que deben cumprir os membros propostos do tribunal están recollidos no artigo 42 do Regulamento de Estudos de Doutoramento da  USC.

    EDIUS: nomeamento do tribunal

    Na designación dos titulares e suplentes do tribunal non haberá máis de dúas persoas dunha mesma institución, de modo que o tribunal que actúe na defensa non poderá estar constituído por máis dun membro da mesma institución.

    O tribunal nomeado estará formado por tres titulares e tres suplentes, un por cada titular

  7. Acto de defensa da tese

    O acto de defensa da tese debe realizarse nun día hábil e lectivo segundo do calendario académico da USC.

    Achegamos o enlace á páxina web da EDIUS onde se indican a que prazos lle afectan ou non os días non lectivos marcados no calendario académico da USC:

    https://www.usc.gal/gl/centro/escola-doutoramento-internacional-usc/calendario

 Procedemento

O doutorando/a deberá cumprimentar unha solicitude deseñada a tal efecto pola USC a través da súa sede electrónica.

Instrucións:

  • A documentación a incorporar na solicitude non pode exceder de 4 MB por documento e de 10 MB na suma do total de toda a documentación.
  • O PDF da tese de doutoramento non se presenta neste momento. Con posterioridade, o Programa de Doutoramento habilitará os medios electrónicos necesarios para que o doutorando poida incorporar o devandito PDF.
  • A solicitude non admite a posibilidade de saír e gardar, co que unha vez que se comece a tramitar debe finalizarse.
  • No caso de tramitarse máis dunha solicitude só se considerará como válida a última presentada.

Por todo o anterior, recomendamos que:

O doutorando/a recompile previamente a documentación requirida no documento-guía en formato PDF, gardando os ficheiros como Adobe PDF desde Microsoft Word, ou escanealos a baixa resolución.

 
A ligazón para acceder ao formulario por sede electrónica é:

https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/EDIUS_PresentacionTese.htm

Unha vez recibida a solicitude, a EDIUS trasladará a data de presentación da tese a Xescampus e enviará (nunha carpeta de Microsoft OneDrive) a solicitude xunto coa documentación ao correspondente programa de doutoramento.

O prazo máximo para remisión do informe da CAPD á EDIUS será de 1 mes.

Documentación: Existen variacións segundo as características da tese de doutoramento. Nembargantes, hai unha documentación mínima coa que deberá contar calquera solicitude. Ver documento-guía.

Expediente: Comprobar en Xescampus que o doutorando/a ten correcto o seu expediente administrativo:

- O título da tese coincide co que consta en Xescampus

- Cumpre cos prazos mínimos requiridos pola normativa da USC para a presentación da tese

- Ten asinado e subido a Xescampus o Compromiso Documental de Supervisión, no que constan o titor e director/es designados no momento de presentación da tese

No caso de detectar que a solicitude non cumpre cos requisitos ou falta documentación, o persoal de apoio ao programa de doutoramento poñerase en contacto co doutorando/a para solicitar a emenda da mesma.

No caso de estar completo o expediente, o persoal de apoio utilizará os medios electrónicos que teña dispoñibles para que o doutorando achegue un PDF da súa tese ao programa de doutoramento que estará desprotexido e sen firmas, nun prazo máximo de dez días dende que realizou a solicitude por sede electrónica. Ese PDF será incluído no OneDrive que facilitamos dende a EDIUS

No caso de teses por compendio de publicacións: Ademáis, no OneDrive da tese deberá incluírse outro PDF do exemplar da tese (desprotexido e sen firmas) onde se eliminen os artigos publicados e se indiquen as ligazóns onde consultalos.

No caso de teses por con protección de dereitos, no OneDrive presentarase a versión reducida da mesma.

Remitida a documentación á CAPD por parte do persoal de apoio, esta poderá acordar: informe favorableinforme condicionado á necesidade de correccións de erros/modificacións menores da tese, ou informe desfavorable da CAPD que deberá estar suficientemente motivado académicamente. Remitirase o informe correspondente á EDIUS.

No suposto de autorizar a trámite a tese de doutoramento a CAPD remitirá, ademáis do informe correspondente, a seguinte documentación relativa ao tribunal:

- A proposta de 8 especialistas para o tribunal que xulgará a tese (segundo os modelos de Xescampus) que terá que ser asinado electrónicamente polo coordinador/a ou polo secretario/a da CAPD.

- O informe de idoneidade (documentación para o persoal de apoio do PD). Un por cada un dos oito membros propostos.

- A aceptación dos membros propostos (galegocasteláninglés) na que constará unha declaración responsable de cumprir os requisitos para ser membro do tribunal. Neste caso, as sinaturas dos membros poden ser escaneadas para facilitar a integración de membros estranxeiros.

- Pódese incluír como documentación adicional un escrito da CAPD de suxestión de tribunal titular.

O persoal de apoio dará traslado a Xescampus de todos estes datos para a súa tramitación e remitirá á EDIUS a través do correo electrónico edius [at] usc.es (edius[at]usc[dot]es) unha carpeta de OneDrive con toda a documentación.

Revisada a documentación recibida de forma telemática a través de OneDrive, no suposto de estar incorrecta, a Escola de Doutoramento poñerase en contacto co Programa de Doutoramento para que a emende.

No suposto de estar correcta, procederase á apertura do prazo de exposición que será de 10 días hábiles en periodo lectivo (sen contar sábados, domingos e festivos). Esta situación quedará reflectida en Xescampus e aparecerá publicada na web da EDIUS.

Durante o período de exposición pública, se algún doutor/a quere ter acceso a unha tese en depósito deberá realizar unha solicitude por sede electrónica a través do seguinte formulario achegando o seu título de doutor/a:

https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/EDIUS_AccesoTese.htm

Finalizado devandito prazo, a Comisión Executiva da Escola de Doutoramento decidirá se autoriza ou non a súa tramitación, podendo no seu caso:

- Requirir información adicional e convocar ao doutorando/a ou director/es.

- Consultar á CAPD.

- Encargar informes externos a expertos na/s área/s de coñecemento relacionados co traballo de doutoramento para o asesoramento na valoración da tese presentada. Para a súa emisión disporán do tempo necesario.

En caso de admitir a trámite a tese, a Comisión Executiva da Escola procederá ao nomeamento do tribunal.

En caso de non ser autorizada, a Comisión Executiva da Escola notificará motivadamente esta circunstancia ao doutorando/a como interesado, indicándolle que aspectos deben corrixirse antes de proceder á entrega, no seu caso, dun novo pdf da súa tese  ou á presentación das alegacións que consideren oportunas. Informarase o director/es da tese e á CAPD.

a. A EDIUS notificará o nomeamento do tribunal e a autorización da defensa por correo electrónico:

- Ao doutorando/a

- Aos membros do tribunal

- Á CAPD, a través do correo institucional do Programa de Doutoramento.

b. Os programas de doutoramento, segundo o procedemento que establezan, deberán enviar aos membros do tribunal nomeado (titulares e suplentes):

- Un exemplar da tese en PDF

- No seu caso, a relación de patentes e publicacións orixinados polos traballos de investigación que culminaron na elaboración da tese polo doutorando/a

No caso dunha tese con protección de dereitos o envío da mesma farase polo persoal da EDIUS segundo o procedemento establecido para garantir a súa confidencialidade.

c. Antes do acto de defensa deberá comunicarse/solicitarse á EDIUS o tipo de defensa: presencial, semipresencial ou virtual cunha antelación mínima que permita a publicidade da tese con polo menos 7 días naturais.

Todos os pagos ou trámites relativos á defensa da tese deberán realizarse nos prazos establecidos, no Servizo de Xestión Académica e por medios telemáticos, a través dunha solicitude a doutoramento [at] usc.es (doutoramento[at]usc[dot]es).