Ir o contido principal

"Mulleres STEM e Transición Enerxética: Acelerando o cambio cara a sustentabilidade"

04.05.2022 | 09.30h-13.30h
Mujeres STEM
Mujeres STEM

Científicas, directivas, enxeñeiras e investigadoras falarán sobre as súas experiencias e inquetudes en “Mujeres STEM y Transición Energética: Acelerando el cambio hacia la sostenibilidad”, o primeiro foro organizado pola Cátedra de Transición Enerxética creada pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e Genesal Energy.

Trátase dun espazo de debate onde se reunirá o talento empresarial e o universitario co perfil STEM como marco de oportunidades laborais e para compartir experiencias e inquetudes de destacadas profesionais nun foro onde se abordarán os desafíos da transición enerxética.

  • HORARIO

    De 09.30h a 13.30h

     
  • LUGAR

    Salón de actos dea Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE) da USC.

     
  • DIRIXIDO A

    Membros da comunidade académica (profesores, alumnos…), a profesionais e persoas interesadas na transición enerxética.

Programa

09.30 h: Inauguración

  • Antonio López: Rector Magnífico da Universidade de Santiago (USC)
  • Julia González: Directora da Escola Técnica de Enxeñaría (ETSE)
  • Ángeles Santos: Directora de RRHH de Genesal Energy

09.45 h: Presentación da Cátedra

  • Director da Cátedra: Enrique Roca

10.00 h – 11.30 h: Retos e oportunidades da transición enerxética

Andrea Míguez da Rocha. Desenvolvemento de Negocio - Reganosa.

Beatriz Mato Otero. Directora de Desenvolvemento Corporativo e Sustentabilidade - Greenalia.

María Landeira Suárez. Delegada Galicia -Desenvolvemento Renovables - Naturgy.

Natalia Barreiro Mata. Directora Refinería A Coruña - Repsol.

11.30 h – 12.00 h: Café

12.00 h – 13.30 h: Talento e emprgeo na transición enerxética

Ángeles López Agüera. Profesora Universitaria - Energy Sustainable Applications Group.

Ángeles Santos Casal. Directora de RRHH - Genesal Energy.

Rebeca Acebrón San Miguel. CEO - Acebrón Group.

Marta Gómez Palenque. Directora de Economía Circular - Goberno de Castilla-La Mancha.

13.30 h: Cocktail de clausura

Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.04.2022.